Democracia e corrupcion
O problema da corrupcion, non é da democracia. O problema da corrupción e de uns aproveitados que pasando por riba de calquera norma civica non teñen ningun problema de expoliar, roubar e venderse con tal de conquerir un lucro persoal. A ventaxa da democracia precisamente é que se pode denunciar (ainda que por decir estas cousas, corras o perigro de que che pechen o Blog)
3 Comentários:
Lamentablemente o problema non é denuncialos en blogs, sinón poder obter probas e podelos mandar a cadea.
Obter probas e metelos na cadea ??. Pero en que mundo vivimos. Acaso coñeces moitos politics corruptos que estena na cadea con condena firme ???. No pior dos casos, o que lle pode pasar os seis ou 7 anos de sairlle o xuizo e que os inhabiliten para o cargo durante 4 ou 8 anos, pero a pasta ninguen a devolveu. Casos temos abondo para velos. E que acaso fan falla mais probas ainda para ver os signos externos de riqueza de xente que fai 8 anos eran cociñeiros, ou conserxes de colexios e que agora teñen uns patrimonios de non te menees.
por eso mesmo, mentras non os metan na cadea, seguirán a facer o que fan,levo moitos anos defendendo para determinados delitos a inversión da proba, e decir, que demostren eles que son inocentes e de onde lle veñen os montes e moreas.
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial