19 de janeiro de 2009

A erotica do poder

Logo dun tempo ben longo sen asomarme a esta miña - vosa - ventana, decidome hoxe a facelo para falar dunha serie de cousas que estan a acontecer neste pobo das nosas penas e amores e que coido que non se pode calar mais, por moito que unha apostara por un governo de progreso, que moitas veces parece mais ben unha reedicións dos governos que padecemos nos ultimos anos.
Decia Manolo Mascato na sua epoca de concelleiro do BNG referindose o sillon da alcaldia "Que carallo tera ese sillon que nada mais sentarse nel fai cambiar tanto a xente" . E iso e o que vexo que está a pasar ca trasmutación do noso alcaldiño (ainda que a dicer verdade, pouco lle sabemos da sua actuación publica antes de ser alcalde) pois cando no pasado o PSOE defendia con razons e valentia a non construcción do campo de golf en Feans, agora este homiño aparecenos como o mais firme defensor dese adefesio, recurrindo para eso a autenticas chorradas e tonterias made in Conselleria do Medio Ambiente, como cando dice "Me pregunto por qué algunos se rasgan las vestiduras cuando se habla de instalar los 18 hoyos en Feáns y sin embargo no dicen nada o apoyan los parques eólicos aunque también invadan zonas de gran valor natural y paisajístico" . Debera saber o Sr. Alcalde, que ningun parque eólico foi concecido dentro da rede Natura actual e que, en todo caso, si a mesma rede Natura non foi incrementada como debera, e UNICA e EXCLUSIVAMENTE pola inoperancia do seu compañeiro de filas Pachi Vazquez a sazon, Concelleiro de Medio Ambiente. Claro que o alcalde o igual que o resto dos compañeiros do seu partido que están mais o dictado do que di algun periódico que do que din as suas bases, está mais que enterado e sabedor de que eso e así e que a corto, medio ou a longo prazo, o campo de golf de Feans acabará cunha urbanización nos terreos de A Toxa, pois eso e non outra cousa é o obxecto social de calquera campo de golf, pois do contrario serían unha autentica ruina. Que llo pregunten senon os promotores do campo de golf do Castrove - a Falin que montou ese campo e agora anda querendo montar este outro - ou sinon millor os veciños daquela zona e depaso que lle digan cantos postos de traballo crearon.
Na miña iñorancia, descoñezo a que intereses representa o alcalde (xunto co PP, A Meca, ou o PG) neste tema pero dende logo non creo que defenda os intereses dos veciños. Porque sinon, non fai A Toxa o campo de golf na sua parcela ???. Porque non fixo xa eso en A Toxa, ampliando o campo de golf os terreos do vello campo de futbol ou os lindantes co Monte Central.
E evidente que o negocio e construir e vender os chalets, e para eso, os veciños que poñan o terreo para poder nos xogar e no noso terreo facemos o negocio. Os problemas de auga (pensaron neso estas luminarias) que os solucione o concello cando no vran teñamos escasez, nos o noso, que é facer o negocio e mentras dure a historia Fakin que teña un bo choio mensual (no Castrove eran daquela 300.000 Ptas o mes).
Mentras tanto, o PXOM durme o sono dos xustos. Cando estamos a pasar a millor época (algo bo teria a crises) para acometer a redaccion deste documento pola paralise no sector immobiliario, o máximo responsable de Urbanismo (o alcalde) teno a bon recaudo no seu caixon. Por outra banda, o concelleiro de cultura laiase porque os compañeiros de corporación non fan nada polo tema do auditorio, e eso que o home dalle alternativas. Esta visto que con crises ou sen crises sempre hai espabilados que ven donde esta o negocio - o seu negocio - que nada ten que ver cos intereses xerais, a non ser o de un par de restaurantes que poden ter 15 ou 20 mesas mais o cabo do ano, ainda que esto supoña regalarlle os bens publicos os 4 espabilados de turno.
Ven mirado, pouco cambiou o conto. Como dicia aquel vello "E pa eso fixemos unha guerra !!!!".
Sentidiño

19 de outubro de 2008

Mais sobre a crises economica

Moito temos leido e moito mais escoitado estos dias sobre a crises económica. Unha crises por outra banda , baixo a miña opinion, bastantes dificil de entender. Unha, na sua inorancia podia entender que as crises se producen cando de repente empezan a pechar as empresas, ocurren unha serie de catástrofes naturais que deixan o pais desabastecido ou o prezo do petróleo disparase. Aqui vemos como nos ultimos meses o prezo do barril de petróleo baixou mais do 50 % (ainda que esa baixada non se nos reflexo o publico nos prezos da gasolina ou do gasoil), e afortunadamente desgrazas naturais tampouco tivemos que padecer por esta zona, Enton, eu preguntome, que é o que está a pasar. Parece como se de golpe e porrazo os cartos desapareceran das entidades bancarias e agora fose imposible conseguir un creto ( aunha compañeira miña por un aval para alugar un piso de 500 € mensuais, pedianlle tal cantidade que nin que quixera mercar o piso!!!). Donde estan logo os nosos cartos, ou os inmensos beneficios acumulados o longo destes anos - sen ir mais lonxe, no que vai de ano levan gañado 24000 millons de euros)e unha entidade, o Banco de Santander está estes dias en negociacions para mercar entidades financieiras no exterior.
Para tratar de dar un pouco mais de lus sobre estas reflesión, achegovos o seguinte artigo de Xose Ramon Ermida. Nos proximos dias, teremos que voltar a falar deste mesmo tema, pois moito nos tememos que o duro ainda no lo teñen reservado e está por vir.


30.000 millóns, para que?

Xosé Ramón Ermida Meilán


Tras varias semanas botando peito sobre a saúde do sistema financeiro español, en contraposición coa situación que se vivía en Estados Unidos ou noutros Estados europeos, o Goberno español descolgouse cunha sorte de plano rescate que vai significar a achega de entre 30.000 e 50.000 millóns de Euros ao sector bancario. Ao igual que o Goberno Americano ou aqueloutros que optaron polas receitas máis neoliberais, os dous partidos do turno tentaron de convencernos que a medida respondía a necesidade de dotar de máis liquidez ao conxunto do sistema, e nomeadamente as familias e a economía produtiva.



Agora ben a realidade é ben distinta, e a iniciativa non ten máis obxectivo que tentar de salvar ao sector económico que nos últimos trinta anos estivo no Estado español, ano tras ano, a cabeza dos beneficios empresariais. Outravolta o aparello do estado conxugase para tentar de transferirlle as perdidas do sector bancario ás clases traballadoras, coma sempre en momentos de crise toca socializar as perdas. A medida non merecería un comentario, a pesar da súa inutilidade para facer fronte a situación económica, se non fose porque indica as claras como, e a conta de quen, se pretende xestionar esta nova crise do capitalismo.



A altura de xullo de 2008 o boletín do Banco de España recollía que o crédito total concedido polo sector financeiro naquelas datas ascendía a 962.233 millóns de euros dos que 311.279 millóns se correspondía co sector inmobiliario e 154.237 millóns co da construción. Así no ano 2000 a contía do crédito total ascendía 302.034 millóns, do que 33.559 millóns destinábanse a actividades inmobiliarias e 42.627 millóns a construcción. Que parte do aforro dos galegos se drenaría para operacións especulativas no Levante ou Canarias, de escaso éxito empresarial?. Cal é a porcentaxe da débeda bancaria que se atopa titulizada?.



Tamén en xullo de 2008 o patrimonio neto do conxunto do sector situábase en 179.927 millóns fronte aos 86.977 millóns do ano 2000. Xa que logo, no prazo de oito anos o patrimonio neto do sector financeiro multiplicábase por dous mentres os créditos ao sector inmobiliario multiplicábase por dez. E o que é máis preocupante; que parte deses 311.279 millóns, aproximadamente o 50%, teñen como garantía solo, garantía que hai que actualizar a valor de mercado cos balances anuais. Tamén así, nos últimos catro anos, tense pasado dun endebedamento neto por depósitos na banca de 50.000 millóns a outro de 232.000 millóns no primeiro trimestre de 2008.



A partir de agosto de 2007 ao sector financeiro do Estado español cortáselle a billa no interbancario, polo que xa non pode financiarse no mercado exterior. Daquela os créditos que tiña contraídos no mercado bancario internacional era de 270.000 millóns de euros en bonos e obrigas e 404.000 millóns de euros en depósitos, cantidades que tiña que devolver en cinco ou seis anos a razón de 50.000 ou 80.000 millóns ano entre cotas e intereses. Os bancos e as caixas do Estado deben pagar antes de que remate 2008 por razón de vencemento da débeda exterior e non renovación de creto 50.000 millóns de euros.



Está claro logo cal é o destino dese fondo de axuda do Goberno de Zapatero, garantir que o sistema bancario español faga fronte aos compromisos internacionais cos seus provedores, e a inxección publica será de 30.000 millóns se logran librar risco ou conseguir recursos propios ou será de 50.000 millóns se non conseguen o apalancamento suficiente. Non deixa de ser paradoxal que nos toque operar de prestamistas dos banqueiros mais, brincadeiras a parte, cómpre clarexar a sociedade sobre o destino deste fundo e desmitificar a súa funcionalidade.



Non agardemos solucións que veñan da man das intervencións en bancos de varios Estados europeos, nin das supostas inxeccións de liquidez no sistema e moito menos de pomposos planos rescate cheos de opacidade, como así mostran os mercados, dos que tanto gostan os pais da criatura. A crise aínda non chegou na súa plenitude. E este paquete de medidas para pouco máis vai servir que para transferir na súa totalidade os custos iniciais da crise ás clases traballadoras e, como consecuencia, afondar no proceso de concentración da riqueza e centralización do capital. A enfermidade é vella e chámase capitalismo, a medicación é diversa e os oligarcas xa escolleron a súa. Mentres tanto, nós a que agardamos?.

12 de outubro de 2008

Entrevista a Francisco Rodríguez Sánchez

Diante dos tímidos pasos do nacionalismo galego, a "reserva natural" do noso idioma foi desaparecendo engulida polo colonialismo lingüicida do español, pois non hai máis que ver o panorama no ensino primario e secundario con organizacións tan belixerantes e activas como Galicia Bilingüe ou AGLI. Que opinas disto?

Son varias as reflexións. Na Galiza houbo debate ideolóxico-científico a respecto do dereito á normalidade do noso idioma e do proceso correspondente xustamente entre o marxismo que asumía a causa nacional e o españolista, precisamente cando se produciu a aparición social da reivindicación lingüística e o uso consecuente no ensino e nas funcións sociais das que estaba excluído (asembleas estudantís ou obreiras, panfletos e documentos políticos, escrita ensaística e científica...), durante os últimos anos do franquismo. Curiosamente, pretendeuse entón desanimar aos que iniciabamos unha ruptura da diglosia social, en condicións de precariedade e de represión, desde unha aparente análise radical. Se era dramática a situación do galego en 1973, como teriamos que cualificala hoxe? Non hai que ser moi agudo para comprender que se non hai proceso normalizador un idioma non pervive: retrocede nos usos sociais e pode desaparecer. Pasaron 40 anos. O galego non desapareceu, iso que nen se cumpren hoxe as condicións que, entón, Alonso puña para garantir a pervivencia do idioma 25 anos máis tarde. Unha cousa é ser realistas e críticos e outra moi diferente é facer profecías derrotistas desde actitudes prácticas enleadas nun bilingüismo ideal e nunha ideoloxía antinacionalista. Non sei se o galeguismo folclórico do que falas é o de Piñeiro. Curiosamente, o dramatismo monterista acabou nunha converxencia de intereses co piñeirismo na democracia, por exemplo, na concepción e o control das institucións culturais oficiais (RAG, Instituto da Lingua,estudos de lingua e literatura galega na Universidade de Santiago..).

As estatísticas que chegan a nós, indican que o galego perde falantes e gaña lectores. Como se pode entender?

Non teño eu tan claro de que gañe lectores. Certamente ten máis persoas capaces de lelo. Sen dúbida perdeu falantes, isto é, o aspecto cuantitativo. Pero seguramente ten un núcleo máis forte de falantes conscientes, plenos, non diglósicos. Non hai, pois, contradición. É o esperábel cando non se producen procesos plenos de normalización social dun idioma proscrito. O que se dá co galego é fragmentario, inestábel, parcial...A evolución do galego está condicionada, ademais, pola contracción da sociedade labrega, polas mutacións da base económica precapitalista, pola urbanización, pola globalización-españolización, pola falta de clases dirixentes que o asuman como proprio e pola fraude da política lingüística institucional, durante máis de 25 anos.

Houbo unha normativa que se adxectivou "de concordia". É para ti acertada, ou hai que volver e tentar achegarmos a outros espazos?

A normativa de "concordia" é a vixente. Pero algúns entenden a concordia como unha concesión fastidiosa, que a nada obriga. A intención, o espírito e a concreción da alternativa de "concordia" estaba no bo camiño: o do achegamento prudente, sen desnaturalización, á outra ponla, o portugués, do idioma común. Porén todas as institucións oficiais, a comezar polo sistema educativo, seguen ancoradas maioritariamente, na normativa anterior e nas súas opcións fonetistas, españolizantes e aillacionistas...É sintomático de canto custa aquí facer algo para mover a realidade positivamente...Hai que se achegar, concretamente, ao espazo do portugués. Pero non cunha actitude puramente testemuñal ou filoloxista, senón de pasos precisos e efectivos, que necesitan tamén conivencia da parte portuguesa e clarificación de por parte da nosa sociedade. As institucións culturais da oficialidade na Galiza non están polo labor. O nacionalismo fixo un serio intento por dar un paso adiante, dialogando cos que teñen o carimbo oficial, RAG, Instituto da Lingua Galega... En fin, hai aínda moitos prexuízos e intereses mesquiños e atomizadores. É curioso, durante o franquismo, non había ninguén que discutise a unidade do galego e do portugués. Hoxe xa ves que panorama, por obra e graza de institucións científico-lingüísticas. Tamén colaboraron, entusiastas, algúns nomeados intelectuais galegos radicalísimos... Aplicar ben, e de forma xeralizada, a normativa de "concordia" sería un primeiro paso positivo.

Recordo que Álvaro Cunqueiro, nada sospeitoso de "rojo" (nobremente falando), dicía que o bilingüismo era imposíbel, que sempre habería un idioma que interfire no outro. Que cres?

Xa dixen que o
s idiomas son fenómenos sociais. Unha sociedade, de forma natural e espontánea, non produce nin necesita máis ca un idioma para desenvolver a súa vida cotiá. Se é normal, é o seu proprio, orixinario. Pretender que unha sociedade use dous idiomas, cun equilibrio perfeito, é imposíbel. Sempre un tenderá a desprazar a funcións secundarias ou non formais ao outro, polo que a deterioración do que non se considere xerarquicamente superior, está cantado. Outra cousa é o coñecemento e uso funcionalmente preciso, para contactos no exterior ou excepcionais situacións interiores, dun idioma que poida ter vantaxes na comunicación internacional ou simplemente no sistema de múltiples relacións internacionais posíbeis. Fálase moito do bo que é coñecer moitas linguas. Ninguén o discute, malia ser claro que non hai xente menos coñecedora de idiomas que os norteamericanos. Dito isto, debe quedar claro que se os galegofalantes gozasen na Galiza dos mesmos dereitos que os castelán falantes en todos os ámbitos, para todos os usos, todas as funcións e con todos os interlocutores, o paso que daríamos sería de xigante, canto vivir en galego no propio país. Por outra parte, sería bo recoñecer que, co actual nivel de intercomunicación, é imposíbel que un galego-falante descoñeza ou sexa incapaz de usar o castelán. Non se pode dicir o mesmo dun castelán-falante respecto do galego. A política lingüística, que se venda como defensora do bilingüismo, debe telo moi en conta.

O bipartito que hoxe ten presenza no pazo do Hórreo, é o mellor para unha nación negada polo imperialismo hexemónico español que se autoproclama de esquerdas?

É o posíbel, a non ser que se prefira que goberne quen nos gobernou durante moitos anos, con tan malos resultados para a nosa consciencia como pobo diferente, con capacidade, para a nosa base material produtiva e para a nosa lingua. Imaxino que o imperialismo hexemónico español, ao que te refires, no eido político, estará representado polo modelo do bipartidismo estatal. Facer política é tamén comprometerse e luxarse as mans para avanzar algo, embora sexa paseniñamente. Ás veces as escollas son limitadas, pero non se pode renunciar ao esforzo de tirarlles o proveito posíbel nun contexto determinado. Unha resposta ideoloxista, moralista, a unha situación complexa ou a unha posibilidade limitada, pode deixarnos moi tranquilos como individuos, pero é ineficaz, inútil e contraproducente no aspecto colectivo. As nacións negadas hai que facelas visíbeis e operativas no día a día, na definición política práctica. Estarás comigo en que o apenas iniciado debate no Parlamento autonómico, acompañado dunha certa campaña social, grazas ao BNG, a prol dun estatuto de nación para Galiza fixo máis por esta idea que os purismos que a nada obrigan.

No nacionalismo digamos "oficial do BNG", non observas unha deriva cara á socialdemocracia que se aproxima e coincide coas posturas e actitudes dos socialistas españois, e tamén desoutra sucursal do nacionalismo español que representa o PP na Nación galega?


O nacionalismo do BNG é o que arde, o existente de forma clara e contundente. Todos os debates, alternativas e solucións que teñen algo de incidencia no país, referidos a Galiza, á súa sociedade, á súa economía, á súa cultura, á súa lingua e ao noso futuro como pobo, teñen marbete do BNG. Xa me gostaría a min que houbese máis nacionalismo operativo, non testemuñal. Dígoo desde a consciencia dos nosos defectos, das nosas limitacións. Nós temos que convivir nun goberno co PSOE. Porén a nosa política é nidia, dentro dos límites competenciais da autonomía, e orientada dunha forma que non é a dos nosos socios, con deseños pensados para Galiza, na Consellaría de Mundo Rural, na de Industria, na de Vivenda, no Benestar Social... Polo demais, non contrasta a nosa postura respecto do sistema de financiamento autonómico, respecto dos planos de acuicultura, da normalización da nosa lingua, do deseño das infraestruturas ferroviarias, do voto emigrante, do sector naval galego, do pequeno e mediano comercio, da política internacional, só por citarmos algúns exemplos...Outra cousa distinta é convivir. Sería bo que todos recoñecésemos o esforzo que, desde unha posición eleitoralmente minoritaria, se fai para que Galiza exista.

O Estatuto, a súa renovación... Un novo texto que non se afunda nesa entelequia metafísica de "nacionalidade histórica". Cal é o teu ponto de vista?

A situación política estatal é difícil para avanzar cara a un Estado plurinacional. Un novo Estatuto debe contemplar tres requisitos, se queremos que signifique un avance cualitativo no autogoberno, na capacidade de Galiza para enfrontar os seus problemas:a) a definición de Galiza como nación, isto é, como pobo definido con vontade política; b) un status para a nosa lingua que a conciba como lingua con dereitos para os seus falantes e deberes para a administración; c) a transferencia de competencias de grande importancia na vertebración económica e social e na autorresponsabilidade (policía de tráfico e seguranza vial, inspección de traballo, política enerxética, Axencia Tributaria, dominio público marítimo-terrestre e augas territoriais...)... A sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Estatut vai ser decisiva, para avaliar se é posíbel avanzar algo, ou se o Estado español práctica unha intolerancia inmobilista, incapaz de respectar mesmo o que son textos ditaminados polas Cortes e aprobados en referendo popular... Se non son posíbeis avances no camiño devandito, o nacionalismo non debe avalar o resultado... Pero xa se sabe que só o BNG está empeñado en que estes avances se produzan...

Que pode garantir para vivir e sobrevivir unha nación sen Estado de si?

As nacións sen Estado témolo moi duro, precisamente nesta etapa de globalización...Velaí por que é tan importante avanzar e comprometernos na batalla polo autogoberno real, pola autorresponsabilidade...Un pobo diferente que non sexa consciente da súa capacidade e da súa diferenza, que se limite a depositar o seu futuro en decisións alleas, non contribúe nada á rectificación do actual modelo, que xa vemos a onde nos está a levar. Para vivir e sobrevivir temos que participar desde unha perspectiva galega, con aspiracións propias, organizarnos e ter espazos de decisión de nós, poder dialogar con outros desde o respecto e o mutuo interese. O peor é acubillarse na desesperanza, no hipercriticismo e no individualismo autodestrutivo.

Democracia e monarquía, dous termos antagónicos... Como o entendes?


En certa maneira así é. A forma monárquica non deixa de ser un restroballo do antigo réxime. Dito isto, unha república non garante en por si unha verdadeira democracia. Non hai máis que observar exemplos como os de USA. No caso do Estado español, unha república que non se organice de forma plurinacional, pode ser unha verdadeira inquisición autoritaria. Imaxinas a un Aznar presidente da República española? Nos tempos que corren, hai moitas democracias fraudulentas e estamos moi necesitados de que as democracias non se articulen só sobre liberdades e dereitos formais, senón tamén sobre dereitos sociais e económicos, sobre dereitos colectivos... Do contrario pode parecer que a democracia só é de utilidade como cobertura, como lexitimación, da acumulación capitalista.

Libros, literatura, autores... despois dos "célebres" manifestos, palabras e outras rexoubas, está a literatura galega nunha singradura dourada, comprometida e certa?

Non o creo. Esa si que é unha visión optimista, xurdida de elementos do proprio gremio, que teñen pouco senso autocrítico. A incidencia práctica, social, cualitativa, da nosa literatura é hoxe menor que nos últimos anos do franquismo. De idade de ouro, nada. Hai traballo, obra cuantitativa. Algunhas obras e autores, de admirar e respectar, moito desnorte e pose, pouca atención ao real circundante, para afondar na súa complexidade e humanidade. O campo literario expresa moitas limitacións e miserias da nosa realidade socio-cultural e da súa forma de institucionalización. Resúltame difícil de entender que haxa compracencia sobre o estado e situación da nosa literatura neste contexto.

Que hai en Francisco Rodríguez de poeta, novelista, ou autor dramático que aínda non deu a luz pública?

Soamente fun poeta ás agachadas, como necesidade vital. Sígoo sendo na comunicación especial con algunhas persoas, nada máis. Nunca serei novelista nin autor dramático. Non teño esas capacidades. Na miña situación, coa miña experiencia, aos meus anos, só sinto a chamada da escrita ensaística. Algo podo esclarecer sobre nós, sobre Galiza, en relación co mundo.

Cal é o retrato que poderías amosar do tempo?

Son tempos de escepticismo e confusión, de duro individualismo. Tamén de hipercriticismo destrutivo. Curiosamente todo está mesturado cunha certa dose de inxenuidade e de inconsciencia. Sabemos que o mundo actual non serve, que non vai ben orientado. Cada vez énos máis difícil permanecer inactivos e indiferentes, por máis que así o pareza...

Respecto dos credos, cal é a túa opinión e mesmo situación como persoa?


Son galego, nacionalista. Considero que o nacionalismo comporta transformación social e económica, cambio de mentalidade colectiva, normalidade e dignidade para o país, para a maioría da sociedade. Estou dentro dunha tradición galega que harmoniza nacionalismo e aspectos substanciais do marxismo. Intento que a miña práctica corresponda ao meu pensamento. Sempre tiven aprezo polos esforzos reais para mellorar ou cambiar as cousas. Non gosto do ideoloxismo, de encubrir en soflamas críticas ou puristas a inacción ou a indisposición a mollarse. Por iso non gosto do esquerdismo infantil, como non gosto da acomodación. Curiosamente, nunca fun máis feliz como persoa. Resulta paradoxal, porque nunca tiven unha visión máis de sacougada do mundo

Como lector que sei que es, con que novela, poemario, ensaio ou calquera forma de expresión compromiso poderías estar e ser?


Estou coas novelas de Blanco Amor, a comezar por A Esmorga, cos poemas de Rosalía, especialmente de Follas Novas e En las Orillas del Sar, co ensaio de Castelao e Ramón Vilar Ponte, con Prisciliano e A cuestión homosexual de Chao Rego... Atendo ao reclamo tan satisfactorio de Eça de Queiroz e de Eugenio de Andrade...

Está a Nación galega aínda ben negada no mundo? Negar o dereito de autodeterminación non é, ademais dunha falacia, un xeito de perpetuación do colonialismo exterminador?

Xa o creo. Negada na España, negada en Portugal, por falarmos de quen nos arrodea. Negada moitas veces por nós mesmo perante nós e os demais, cando servimos de eco a quen nos dita submisión. Negar o que naturalmente existe é unha proba de fanatismo inquisitorial e de prepotencia anti-democrática. Cando quen ten o poder nos nega debe recorrer a moitas falacias, censuras, mentiras, enganos e, sobre todo, intolerancia,e abuso. O dereito de autodeterminación ten unha vertente práctica, de esforzo continuo por existir e reivindicar, incidir, auto-organizar, non é só o acto puntual dunha definición nas urnas. Quen impide mesmo a decisión nas urnas, naturalmente non pode chamarse demócrata.

No Parlamento do Hórreo, e para a próxima lexislatura, non cres que o BNG debería coincidir con outra esquerda que si é nidiamente galega, nacional e por suposto marxista?

Onde está na práctica esoutra esquerda? Existe unha certa tendencia en sectores do esquerdismo que se intitula de independentista a facer crítica fácil ao BNG desde posturas dunha total incoherencia persoal, sen incidencia social positiva, cun mimetismo de nacionalismos doutras latitudes que mete medo... A falla de autoestima e o auto-odio condicionan tamén aos sectores nacionalistas na Galiza. Sería bo que houbese unha actitude máis construtiva, máis apegada ao país e máis disposta a recoñecer que nada se inventa continuamente e que os xuízos deben facerse sobre prácticas contrastadas e incidencia social das alternativas políticas. Respecto todas as posicións que sexan respectuosas co BNG. Non gosto de reviravoltas ideoloxistas, demagóxicas. Os seus resultados, especialmente na mocidade, non son precisamente positivos.

E por último, Francisco, en que libro estás a laborar agora?


Estou a traballar sobre o século XIV na Galiza, especialmente sobre a guerra entre Pedro e Enrique de Trastámara, período chave para comprender moitos aspectos da evolución das relacións con Portugal e do proceso de submisión a Castela, e por suposto dos grandes esforzos dun sector das clases dirixentes e do pobo galego por manter a soberanía de Galiza. Non sabes canto ignoramos sobre nós e canta censura e desinformación padecemos sobre o noso pasado e tamén sobre o noso papel na historia.

2 de outubro de 2008

De Guapos e Presuntos delincuentes

Despois de moito tempo sen aportar nada da miña propria colleita, motivada sobor de todo por motivos laborais, poñome agora diante do trebello para comentar as ultimas novidades que se estan a dar neste bendito pobo. E non me resisto a comezar, sen falar do "espectáculo" que se está a dar ca organizacion da Festa do Marisco, donde o "merlo blanco" que o PSOE levaba na súa lista, parece ser que lle saeu ran e agora di que o responsable de todo o embolado é o alcalde. Xa o dicia o meu sogro que "unha cousa era predicar e outra dar trigo", e que a nivel mediatico podemos ser os mais guapiños e os que millor caché temos, pero a hora de traballar,organizar as cousas e arrimar o lombo descubrese que tras desa pose só existe palla. Menos mal todavia queda un pouco de sentidiño comun e os membros do goberno (de todos os partidos do goberno) decidiron cargarse as pilas e suplir as deficencias de quen tiña a responsabilidade de levar a bo porto esta festa.
Pero a nova da semana coido que está na sanción que a AXENCIA DE PROTECCION DE DATOS ven de notificarlle o PP polo tema das Listas vascas, aquelas listas que foron cubertas a espaldas de veciñas de Ogrobe (e non só de Ogrobe, penso eu) usando fraudalentamente datos que as veciñas tiñan no concello. Non sou tan inxenua para esperar que tanto o "cabeza de turco" Alexandre como o do bigote teñan a honradez de presentar a dimision dos seus cargos e pedir disculpas os afectados, entre outras cousas porque esta xente (e un dicer) fixo da politica a sua profesión e ter que volver os fogons e moi jodido. Inclusive non me extrañaría nada, que logo da petición de dimisións feitas polo PSOE e o BNG estos dous elementos retrucaran e nos fixeran creer que nada do que pasou iba con eles. Jeta teñen abondo para seguir paseandose e paboneandose como si non pasara nada. Meu Deus !!, en que mans estabamos. De todolos xeitos, ai unha cousa en todo este asunto que non deixa de sorprenderme. Asegun publicaba onte "La Voz de Galicia", parece ser que a persoa que cubreu materialmente os papeis (Susi Otero) inculpara nunha nova comparecencia no xulgado a tres funcionarias municipais, na actualidade en activo e con importantes responsabilidades no organigrama do concello (Yovana Prol, Paula Besada e María Meis)as cales non serían alleas a todo o que ali se estaba cocendo, coa agravante de ser funcionarias públicas. Por ningun lado dos dous comunicados vemos que se pidan ou se vaian a tomar algun tipo de actuación contra estas 3 funcionarias, o cal, cando menos dame medo só de pensar no poder que pode ter ese persoal para, nun caso da gravidade do presente, poidan salir de rositas e cando non con chuleria. O Sr. ALcalde e/ou o concelleiro de persoal, penso que terían que explicarlle @s veciñ@s de Ogrobe este proceder.

12 de setembro de 2008

O Plan Acuicola da Xunta (do PSOE)

O nacionalismo galego, que traballa nos distintos ámbitos da nosa sociedade por unha transformación real de Galiza en beneficio das maiorías, sabe desde sempre do difícil que é transmitir sen interferencias e deturpacións as súas posicións; ao igual que sabe o fácil que resulta a publicitación polos medios do sistema de mensaxes e actuacións supostamente radicais que na meirande parte das veces o único que consiguen é desmobilizar á sociedade, extendendo a famosa cantinela de que "todos son iguais" ao tempo que engordan o ego dos "supercoerentes" que son incapaces de construir alternativas serias que axuden a esa transformación do país.
Está claro que na situación actual, presentes como socio minoritario no goberno galego hai moitas cuestións que non podemos levar adiante ou que non podemos parar ao carecermos dos apoios suficientes; sendo esta a realidade na que nos movemos e non outra inventada, debemos actuar tendo en conta as forzas coas que contamos e amosando a intelixencia que nos permita quitar os maiores beneficios para Galiza e aumentar os apoios ao nacionalismo.
Nos últimos tempos, foi obxecto de debate, mesmo de polémica, a posición do BNG en relación co Plano de Acuicultura de Galiza; co obxecto de informar sobre a actuación do BNG nesta cuestión envío este artigo de Bieito Lobeira deputado no Parlamento Galego e portavoz do BNG en temas pesqueiros.



O BNG e o Plano de Acuicultura de Galiza

Bieito Lobeira Domínguez



1. O BNG sempre defendeu un modelo de planificación pública da actividade acuícola no noso litoral. Mesmo para rematar coa auténtica anarquía que posibilitou a existencia de plantas piscícolas en situación ilegal do ponto de vista urbanístico e de verteduras ao mar, que aínda se manteñen na actualidade.



2. O anterior “Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria” aprobado o 30/06/05 polo anterior Goberno do PP (en funcións) representaba un proxecto absolutamente inasumíbel. En consecuencia, foi prioridade para o BNG a súa supresión, acordada no Parlamento de Galiza, por certo, através dunha Proposición non de lei presentada polo BNG.



3. Ponse a continuación en marcha, a iniciativa da Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos, un novo proceso de elaboración do que sería o “Plano de Acuicultura de Galiza”. Cumpre sinalar que son só departamentos baixo responsabilidade do PSOE quen o elaboran, existindo ademais atribución de competencias en materia de dominio público marítimo-terrestre ao Goberno Español (Dirección Xeral de Costas/Ministerio de Medio Ambiente). Non son novidade as posicións antagónicas que esa forza política mantén co BNG en materia de pesca, marisqueo e acuicultura. Pode isto gostar máis ou menos, mais é unha realidade. E cando falamos de decisións políticas o pior é refuxiarnos na fantasía.



4. Na análise do proxecto por parte do BNG, conclúese que a) Non consideramos necesariamente incompatíbel a actividade piscícola con outros usos do litoral; b) Cumprirá analisar, en consecuencia, proxecto por proxecto para avaliar o seu grao de impacto; c) Defínense emprazamentos que consideramos agresivos polo impacto que representan, reclamando nalgúns casos a súa supresión, e noutros un redución substancial da superficie afectada; d) Reclamación de melloras xenéricas no Plano, en canto ás garantías medioambientais, garantías de solo público concesionado (para evitar especulación), criterios de edificabilidade, etc.; e) Garantías de xeración de emprego digno nas zonas nas que se asentan, e das que algunhas delas presentan unha taxa de emigración intolerábel.



5. Estes criterios deféndense públicamente, tanto no Parlamento (en numerosas ocasións, en Pleno e en Comisión), como socialmente nos lugares afectados polos proxectos que consideramos agresivos e nos que reclamamos a súa supresión. Mantéñense contactos con ADEGA e diversas plataformas constituidas de cara a elaborar unha estratexia común.



6. Non só non foi posíbel pór en marcha esa estratexia, senón que ademais o BNG foi obxectivo directo de ataques inxustificados por sectores claramente anti-BNG, cunha intencionalidade política descarada, e nos que confluiron intereses diversos (desde a patronal do rodaballo, até IU, certos sectores pseudoindependentistas, PP –co control dalgunhas das plataformas locais constituidas-). A ocultación das nosas posicións, a manipulación, foi unha constante durante todo ese proceso. Chegáronse a boicotar actos do BNG, isto é, da única forza política que contribuía –coas limitacións coñecidas en función da correlación de forzas no Goberno e das responsabilidades sectoriais atribuidas a cadaquén- a evitar os maiores impactos no noso litoral.



7. Foi posíbel, contodo, e grazas á acción do BNG, suprimir algúns proxectos durante a tramitación do Plano: Galloufa (nas imediacións do Castro de Baroña), Couso-Aguiño, e Ardía (Ogrobe); e redución dos previstos en Orelludas-Oia (37%), Mougás-Oia (35%), Seráns-Porto do Son (80%), e Lago-Xove (33%); a maiores outros sete emprazamentos fican condicionados polo principio de “cautela arqueolóxica”. Daquela, ainda non tendo responsabilidades directas na elaboración do Plano, o traballo do BNG serviu, na práctica, para modificar parcialmente o proxecto inicialmente previsto. Outro tipo de melloras xenéricas foron tamén incluidas.



8. O PP mantén unha posición claramente oportunista: defende o Plano, e combate o Plano cando lle convén. Mais, sobretodo, exerce como auténtico axente comercial dun dos grupos empresariais máis interesados: PESCANOVA. Pasa, así, de defender o proxecto de Touriñán (auspiciado obviamente por PESCANOVA) cun impacto brutal sobre unha das zonas virxes do litoral muxián, e cunha adquisición previa de terreos a prezo colonial (1 euro/m2), a combater a ampliación, tamén en Muxía, da factoría de Merexo (neste caso de Stolt Sea Farm).



9. Mentres, o PSOE antepón claramente os intereses empresariais (tamén con simpatías a determinados grupos) aos intereses sociais. O seu empeño por facer realidade o Plano no menor prazo de tempo posíbel foi unha constante, e só o papel do BNG evitou que o Plano se aprobara no 2007 e baixo condicións ainda piores. A colisión BNG-PSOE por este motivo tense evidenciado no Parlamento en máis dunha ocasión.



10. As posicións do BNG foron asumidas coherentemente polos nosos compañeiros no Goberno durante a tramitación do Plano.



11. O Conselleiro de Medio Ambiente, tras a aprobación (e inclusión unilateral na Orde do Día, contra o criterio do BNG) no Consello da Xunta do 28/08/08, afirma sen rubor que o Plano foi aprobado por unanimidade no Consello, gozando ademais de informes favorábeis de todos os departamentos (incluidos os do BNG) do Goberno. É unha mentira burda.



12. A partires deste momento comezará a tramitación administrativa individualizada de cada un dos proxectos. O BNG realizará un seguimento exhaustivo para facer valer as súas posicións (obviamente ao amparo da legalidade) e evitar a realización dos proxectos, xa definidos, que consideramos máis agresivos. A batalla, pois, non rematou.



13. A Unión Europea (através do Fundo Europeu para a Pesca) e o Goberno español levan anos empeñados en desmantelar o sector pesqueiro galego. En definitiva, en eliminar un competidor produtivo e comercial no mapa europeu. Neste esquema, no que se insire a política de subvencións ao despece, ao abandoo de actividade, ou o papel residual e discriminatorio coa nosa frota no reparto de posibilidades de pesca, aséntase tamén a consideración da acuicultura (en rigor, piscicultura) como prioridade política e mesmo orzamentaria. Os fundos destinados a este cometido polo PSOE non difiren aos dedicados, no seu día, polo PP (véxanse orzamentos das sucesivas consellarías de pesca). O nacionalismo galego, sen desbotar a actividade piscícola –como complemento: non como substitución!- segue a defender como prioridade a defensa da capacidade produtiva e do emprego na pesca e no marisqueo. Posúe a nosa nación un litoral extraordinariamente dotado para o exercio da actividade extractiva, ao que non podemos nin debemos renunciar.

1 de agosto de 2008

Crisis ... What crisis ??

Por fin, iba este dia a poñerme a escribir sobre os nosos mandatarios locais e como vai a cousa baixo o punto de vista desta meca de adopcion cando caeu nas miñas mans, este interesante traballo de Juan Torres e Alberto Garzon. Polo interese do mesmo, xa que coa que se nos ben enriba é convinte que sepamos con quen nos xogamos os cartos, publico este traballo para o seu debate e discusion.


Especuladores, grupos de presión, enormes beneficios empresariais... e moita hipocresía

¿Por qué suben realmente os prezos? As razos que os medios non contan

JUAN TORRES LÓPEZ E ALBERTO GARZÓN ESPINOSA

Os prezos están subindo en todo o mundo. Nos países máis probes a alza do prezo dos alimentos está provocando unha situación dramática: fame e escasez, "un crime contra da Humanidade", tal e como o calificou con toda razón o relator das Nacions Unidas para os asuntos da Alimentación, Jean Ziegler. Os prezos de materias primas estratéxicas como o petróleo disparanse e provocan subidas sucesivas en todos os mercados e suben tamén os prezos ó consumidor en case todos os países.
Achegase de novo o pantasma da inflación, pero xustamente cando esto acontece non podemos esquecernos de duas cuestions esenciais.

Desmontar o mito
A primeira é que a suba de prezos, ainda que sempre é obxecto do debate económico, é un dos fenómenos económicos conscientemente peor e máis equivocadamente analisados, pois as explicacions teóricas da inflación utilizanse para xustificar políticas radicalmente anti sociais.

Favorable a certos grupos

A segunda, que a inflación non so ten causas senon tamén e sobre todo propósitos porque, na maioría das ocasions, os grupos con poder pode mellorar a posición na distribución da renta desencadenándoa.

Manter a alerta
É por estas duas razos que conven ser intelixentes e non deixarse levar polos análises tan sesgados que enchen os medios e os discursos políticos.

A entrada do euro e alguns espexismos
Respecto os prezos ó consumo en estados europeus como o Estado Español, hai que sinalar en primeiro lugar que a sua alza non é do todo nova. A realidade é que se está producindo dende a entrada do euro, ainda que se ven disimulando gracias a tramposa configuración dos indicadores estatísticos, sucesivamente modificados para evitar que adquira rango oficial a efectiva sensación de pérda do poder adquisitivo que sinten @s ciudadan@s.

A nova especulación
E sobre a subida dos prezos dos alimentos, e incluso do petróleo e outras materias primas, non hai que esquecer que xustamente estase a producir cando os especuladores veñen de deixar os mercados financieiros como consecuencia da crise inicial das hipotecas.

Cantinela liberal...
Pero agora, como sempre, sexa o que sexa o que esté acontecendo, cando os prezos suben en maior ou menor medida, as autoridades económicas de signo liberal non teñen na sua boca nada máis que unha mesma cantinela: hai que moderar os salarios (porque os prezos suben -según din- como consecuencia de subidas previas nos salarios) e hai que subir os tipos de xuro (porque tamén din que si suben os prezos é que hai excesiva cantidade de diñeiro en circulación e para reducila hai que subir seu prezo).

Os únicos da OCDE

O Banco de España, por exemplo, xa recomendou públicamente a conxelación salarial a pesar de que o Estado Español é o único dos 30 países membros da OCDE no que o poder adquisitivo dos salarios está baixando dende 1995.

O BCE non é neutral
E, pola sua banda, o Banco central Europeo empeñase en subir os tipos a pesar das xeralizadas voces que indican que eso, en lugar de favorecer a economía e incluso os prezos, provocará unha maior crise. Ainda que, eso sí, tamén grandes beneficios para a banca e os propietarios de capital (sólo a suba que se produxo fai uns días como consecuencia da "indiscreción" do seu gobernador, nin siquera como efecto dunha medida formal, provocou un custo de 3.000 millons de euros as familias hipotecadas, ou o que é o mesmo, un maior ingreso desta mesma magnitude os bancos, o que deixa ben claro para quén traballa e o servizo de quén está o Señor Trichet).

A mwsma doble resposta
En suma, sempre unha mesma doble resposta ante a inflación que se traduce inexorablemente nunha millora dos beneficios e as plusvalías no conxunto das rendas e na maior explotación e pérda do poder adquisitivo dos traballadores.

Verdadeiras causas

Pero as verdadeiras causas das subas dos prezos hai que buscalas en outros sitios. Vexamos, por exemplo, o caso dos prezos e os salarios.

¿Farianno?
É verdade que si os salarios subiran de modo continuado eso aumentaría os costes das empresas. Pero, ¿necesariamente produciríase entonces inflación, é dicer, trasladarían inevitablemente as empresas esos custes máis altos os prezos de venda? Lóxicamente, sólo poderían facelo... se puderan.

A clave: o poder do mercado

Non é un xogo de palabras. É que as empresas poden subir os prezos cando suben os custes só se teñen poder de mercado, si se enfrentan a unha demanda cautiva (ou, como decimos os economistas, moi inelástica, é dicer, que apenas disminue cando sube o prezo). Se eso non acontece, as empresas que ven subir os seus custes salariais (ou outros calquera) teñen que reacionar de outro modo se non queren sair do mercado: mellorando a calidade, as condicions de venda, a productividade mellorando as técnicas de producción, etc.

O caso español
¿Qué ocurre no Esatdo Español? Pois que nin siquera tendo salarios máis baixos as empresas son capaces de facer fronte as subas de custes que soportan, e o que buscan é procurar ter poder de mercado e impoñer os consumidores prezos máis altos que lles proporcionen beneficios extraordinarios.

O mesmo de sempre
Os economistas do Banco de España que estudian a inflación, e os seus responsables políticos deberían ser máis perspicaces antes de decir sempre o mesmo: que hai que baiar os salarios.

Sete veces Europa
¿Por qué non mencionan o feito de que no Estado Español, donde se queixan por prezos máis altos, hai salarios máis baixos e que crecen menos, pero beneficios empresariais sete veces máis altos que no entorno europeu? Unha mostra indiscutible de que non son os salarios os que suben os prezos, ainda que non parece que eso chame a atención a inteligentsia do Banco.

Rixideces inducidas
O que ocasiona a inflación, o contrario do que os poderosos e os economistas o seu servizo nos queren facer crer, é o maior poder de mercado das empresas. Gracias a él influen no goberno para que acepte tarifas máis elevadas, para que non combata as estratexias anti competitivas e as que despilfarran millons de euros para fidelizar os clientes e así disfrutar dunha demanda máis ríxida. E grazas a él poden impoñer a seus consumidores prezos máis altos.

E isto non so pasa no Estado Español cos prezos ó consumidor.

Con alimentos e petróleo, igual
Os prezos dos alimentos ou os do petróleo, están subindo po la mesma razón de fondo: porque as grandes corporacions impoñen a sua lei, porque os gobernos as deixan facer, porque falan e falan de mercados libres e de competencia cando o que existe de verdad e son mercados sumamente imperfectos, oligopolios con máis poder que os gobernos e con influencia suficiente nos mercados como para impor prezos que constantemente lles garantan beneficios extraordinarios.

Outras razons
Sempre falan de salarios para explicar as subidas de prezos, pero nunca se refiren, polo contrario, os enormes gastos financieiros que impoñen bancos que actúan en mercados corruptos, en donde non existeu competencia prácticamente nunca. Non falan dos despilfarros en publicidade, en financiamento a grupos de presión, en inversions irracionais, nos custos que supon a especulación debido o risco que leva consigo e que se trata de conxugar logrando beneficios moi altos nas operacions exitosas. Non se di, por exemplo, que si o custe de producción dun barril de petróleo de Arabia Saudí é de uns 6 dólares, a especulación ebgade un custo de entre 30 e 40 dólares.

Nin, por suposto, tampouco falan dos custes que impoñen os grandes intermediarios.


Datos interesantes
Diversas organizacions agrarias e de consumidores calcularon no Estado Español un Índice de Prezos en Orixe e Destino dos alimentos (IPOD) que lles permiteu comprobar que os alimentos encarecense de media un 436% (e nalguns casos ate un 900%) dende o campo ate a mesa.

O poder intervir
Non se fala, en suma, do PODER para maquinar sobre o mercado, que non é algo que precisamente esté o alcance dos traballadores, nin de sua desigual distribución.

¿Hipocresía?
Se quixeran que os prezos non subiran como están subindo donde habría que actuar é sobre ese poder antisocial, desigual e nefasto. O demáis son excusas con un único propósito: facer que os beneficios suban sin cesar.

Juan Torres López é Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Málaga e Alberto Garzón Espinosa é economista e investigador na mesma Universidad. Editan conxuntamente Altereconomía.org: Outra forma de ver a economía

30 de junho de 2008

Tratado de Lisboa, perspectiva galega

por Francisco Rodríguez Sánchez

O espectáculo non pode ser máis expresivo. Os gobernos dos grandes Estados europeos están empeñados en levar adiante o seu deseño, oligarquicamente interesado, mesmo violando as regras de xogo estabelecidas. A democracia só lles vale se lles dá a razón. O non irlandés ao Tratado de Lisboa foi outra ducha de consciencia sobre a orientación dun proceso negativo para as clases populares e as pequenas nacións. Agora foi unha pequena nación, con Estado propio, quen maioritariamente se expresou sen complexos nas urnas. Fíxoo en contra dun modelo que non garante nin sequera a representación de todos na Comisión, considerada o goberno da Unión Europea. Rexeitou a proposta de toma de decisións, en asuntos chave, articulada a través de combinatorias nas que son só ineludíbeis algúns dos grandes como Alemaña, Franza ou Gran Bretaña.

Afortunadamente hai pobos que valoran o exercicio da soberanía, moito máis neste contexto de globalización. Cada vez é máis notorio que o cerne da maquinaria europea é o mercado único, a globalización económica da rexión, a moeda única. Este cerne está a triturar progresivamente, onde o había, o Estado de benestar en nome da modernización e, agora xa, da necesidade de confrontar a “crise” do sistema, favorecendo as minorías oligárquicas e provocando máis desigualdade.

Amplos sectores das clases traballadoras irlandesas votaron non ao Tratado de Lisboa pola súa orientación social regresiva. Desde a tradición de neutralidade formal de Irlanda, felizmente moitos dos seu homes e mulleres opuxéronse co seu voto negativo a facer do seu país un refén do militarismo atlantista na política internacional. A carón da contundencia coercitiva do Tratado nalgunhas materias escintila a fraxilidade dos dereitos e liberdades individuais e ,non digamos xa, dos colectivos nel contemplados. As nacións sen Estado como Galiza son inexistentes, no exercicio do seu autogoberno actual,a efectos prácticos, e negadas ou hostilizadas de aspiraren á autodeterminación . Só un reducido número de linguas estatais acada o rango de oficialidade plena, con tendencia á hexemonía do inglés. Xa se pode comprender que cabe esperar para o galego, o catalán ou o vasco.

Irlanda, din como reproche, recibiu moitos fondos europeos para o seu desenvolvemento. Esquecen que o desenvolvemento irlandés, por certo con grandes desigualdades internas, provén dunha globalización que foi confrontada cun aparato de Estado propio, actuante en materia fiscal, comercial e cultural, en cómoda e aberta posición cara ambas beiras do Atlántico. Alguén descoñece a atracción irlandesa para importantes sectores sociais e económicos dos Estados Unidos, vinculados á vella Eirín por lazos de sangue, de cultura, e de lingua?. Galiza non recibiu tantos fondos europeos. Do total de recursos comunitarios destinados a España, entre 1986 e 2006, a porcentaxe galega non pasou do 6%, inferior ao seu peso poboacional, malia o que digan os panexiristas da UE. Poren, viu como se destruíron e reduciron sectores básicos e estratéxicos da súa economía, como se avellentou a súa poboación, como perdeu peso demográfico no conxunto do Estado e como continúa a ter emigrantes, xusto en idades mozas. Non tivemos nen temos un aparato de Estado. Non é tan difícil saber o que pode pintar Galiza, aínda enriba cun autogoberno limitado, no contexto do deseño do Tratado de Lisboa. A anulación política reforzaríase nesta falsa unidade, fundamentada na desigualdade e nunhas regras dictadas de forma interesada para gobernar un mercado único insaciábel. Non podemos ser esquizofrénicos. Hai moita xente crítica,contestataria ou simplemente desacougada polas consecuencias que se derivan do modelo, agora brutalmente á vista. Algunha desta xente é hipnotizada por un europeísmo que agacha as causas reais da evolución negativa da súa sociedade. Unha concepción europeísta paifoca, acomplexada, é letal para Galiza. Nesta concepción está precisamente a negación da primeira premisa fundamental para que un pobo teña futuro: acreditar na súa capacidade e na súa autorresponsabilidade.