12 de fevereiro de 2007

Redes Wi-Fi e xestion municipal

Parece ser que o goberno municipal de Ribadumia vai por en marcha nas vindeiras semanas unha rede wi-fi municipal, para que, nun primeiro momento os habitantes de Ribadumia poidan acceder a rede de redes especialmente pola tecnoloxía sen fios, e a un precio menor co que esta a ofrecer o mercado. Cando me enterei desta nova, lembreime fai aló aproximadamente dous anos cando os concelleiros do Bloque no noso concello presentaron tamen esa proposta (é dicer, foron pioneiros) que se aprobou por unanimidade, pero da que nunca mais voltamos a saber nada.
É evidente, que con este desgoberno que padecemos, todo que non sexan ladrillos non ten ningun interes para eles. Deberan mirar un pouco para fora e ver donde está quedando Ogrobe. De ser unha referencia na ria e na provincia, cada vez estamos quedandonos mais a cola de todo. Agardemos que dempois de maio, alguen cun pouco mais de cabeza e de interes polas veciñas e veciños de Ogrobe, lle de un impulso a este proxecto e poña a Ogrobe no camiño do progreso.

4 Comentários:

Às 10:44 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Parece ser que nos vindeiros dias o BNG vai presentar un Plan para a Sociedade da Informacion. Eso polo menos era o que poñia a prensa fai uns dias. Como tamen foron eles os que presentaron no seu dia a proposta para montar a rede wi-fi en Ogrobe, agardemos a que pasen as eleccions e si pode formar goberno, pule para diante con esa iniiciativa que vai ser moi beneficiosa para Ogrobe E NON SO PARA DESCARGAR PELIS OU MUSICA DE INTERNET (que tamen)

 
Às 8:30 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

A día de hoxe no noso concello seguen a existir zoas que carecen da infraestructura necesaria para unha conexión ADSL, mais a pesares de aprobarse por UNANIMIDADE a moción do BNG a equipa de goberno non dou nin medio paso para poñela en marcha. Non é máis que un novo exemplo da falta de interese que amosan por situar a este concello donde de verdade merece estar

 
Às 12:23 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

pioneiros pioneiros, é moito dizir, ¿nom che parece?

 
Às 11:48 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Con de Peroucho, és un tipo pseudo escritor, que falas sen ter coñeçemento de nada, sacaches unha chea de barbaridades das que non te documentaches primeiro.
Deixa de pintar a mona e xogar a periodista que calquera día caeche unha denuncia. Adícate a outra cousa!!

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial