13 de fevereiro de 2007

Os Kleenex

Como todos vos saberedes, os kleenex son esos panos de papel que se din vulgarmente de "usar e tirar". Usase unha vez e tirase. Non vale para mais nada. O sumo, as aproveitosas usano un par de veces por aquelo de aforrar. Normalmente tamen se usa a palabra "Kleenex" para referirse a aquelas persoas de un so uso, e dicir, aquelas que os comenencias e aproveitados se aproveitan dela para un fin particular e unha vez que cumple o obxectivo proposto, tirase a un lado.
Esta "finde" falabase moito polos bares e lugares de ocio de Ogrobe (supoño que tamen polas casas), dos candidatos "kleenex" do PP, esas mulleres e homes que poñen a sua cara e o seu palmito para facerlle a lista a Nell Flanders, e logo o fin de lexislatura, expulsanse o lixo, o igual cos Kleenex porque xa non valen para ser usados outra vez.
Ilustrabanos os periodicos desta fin de semana que Nell Flanders andaba a procura de Kleenex para esta nova andaina do mes de maio. De seguro que non lle van faltar candidatos para esta función (ten un bo axudante para este cometido na persoa do seu sobriño). Eu, na miña inocencia, so lles pediria os novos candidatos Kleenex que antes de dar o SI, falaran con Paula Janza, Jose Cores, A Pantoja, ............. . O millor desta maneira, deixan o kleenex e decidense polo pano de tea que é mais ecolóxico e saludable.

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial