15 de fevereiro de 2007

Xa estan chegando

Enteramonos hoxe polos medios de comunicacion, que onte mercores foron detidos 2 concelleiros do PP de Gondomar, asi como a moza dun deles e o Arquitecto Municipal, acusados do presunto cobro de comisions en casos de corrupcion urbanística. Non se debe esquecer tamen , que no mes de marzo do pasado ano, foranlle queimados os coches a dous concelleiros do BNG por denunciar presuntas tramas urbanísticas. (Polo que se ve, a estos elementos cando lle das un pouco de cama, dalles por queimarche o coche, como fixeran no seu dia co doconcelleiro do BNG , Manolo Mascato durante a epoca de Bea Gondar). Estas detencions veñen a demostrar unha vez mais o que dende este Blog e dende diferentes medios se está a denunciar, dun desembarco das mafias da corrupcion que unha vez rematado o seu traballo (porque xa non queda un metro donde edificar) polo Sur do estado, veñen agora para Galiza donde, co concurso de politicos corruptos, pretenden repetir aqui a desfeita que fixeron na Costa do Sol.
As veciñas e os veciños desta zona, temos a obriga de estar alertas e denunciar en todos os medios, incluidos a fiscalia, aquelas actuacions que vexamos van contra dos intereses d@s veciñ@s e para enriquecemento de catro sinvergonzas.
De todos xeitos, cando alguns que todos coñecemos se enteraran desta noticia, estou seguro que lles debeu entrar unha descomposición da que van tardar en recuperarse. Que vaian preparando o petate pois igual un dia destes o fiscal, como na pelicula, chamaos duas veces.
Pero @s veciñ@s e veciños non debemos de parar aqui. Neste intre, esta presentada unha denuncia por parte do deputado Bieto Lobeira no Parlamento Galego pola urbanización dos Rueiros e outras barbaridades que estan a facer. Temos que pararlle os pes deste Plan Xeral feito para negocio especulativo de catro. En fin, HAY QUE BOTALOS

1 Comentários:

Às 1:51 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O que está a pasar ten un eixo fundamental, o troco de goberno a nivel estatal. Se o PP ocupara o Poder non habería Alcaldes nin Concelleiros bailando coa Xustiza.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial