16 de fevereiro de 2007

SOLIDARIDADE con solcostas e SeñorX

Vimos de enterarnos que un xuiz de Cambados admiteu a tramite a denuncia presentada por concelleir@s do PP de Cambados e Ogrobe contra os blogs dest@s compañeir@s . Sen entrar nas circunstancias da denuncia nin na súa tramitacion polo xulgado (que mais pronto que cedo falaremos delo e vos vades a poñer dos ovarios), si queremos denunciar as diferentes varas de medir que se empregan neste noso Estado, asegundo sople o vento.
Parece increible, e asi podemos leelo e ouvilo por comentarios da xente, que todavia alguen, invocando o sagrado dereito a presuncion da inocencia e a defensa da honorabilidade das persoas, critique a que, baixo o anonimato, o unico que fai e dicer aquelo que é do dominio público e esta máis que suficientemente contrastado. Non deixa de ser curioso que todas estas cousas coincidan no tempo : Denuncia contra Dionisio Pereira polo seu traballo sobre a Memoria Historica (hai o dia que empezemos a falar dos matarifes de Ogrobe, con sotana e sin sotana!!!) , denuncia contra os Blogs de Sol Costas e SeñorX. Queren amedrentarnos, e iso quere decir, nin mais nin menos que estan acojonados. Estan vendo que estamos a vivir outros tempos e que a xente (sobre todo a xente xoven), perdeulle o medo, e por eso se poñen nerviosos.
E increible, e eu pedirialle a xente que escribe contra os autores dos blogs. que se sacrificaran un dia e escoitaran durante 10 minutos a Jimenez Losantos, Cesar Vidal, e compañia. Sen ir mais lonxa, hoxe pola mañán, o mais suave que lle chamaron o xuiz instructor do 11-M foi inutil, corrupto e sirvengonza. E non pasa nada. Dedicanse a pedir alzamentos civis, e non pasa nada. E a uns blogs por manifestar por escrito feitos contrastables e documentados, sen insultar a ninguen admitese a tramite unha denucia. O dito, este é o mundo o reves. Comprendedes agora porque alguns temos que escribir con anonimo ?
Temos que seguir denunciando estas cousas, dado que é a millor maneira de axudar a Dionisio, a Sol Costas e a Señor X., porque e xusto e o merecen porque coa sua valentia abriron o camiño para que no noso caso, Cambados e Ogrobe alvisque mais pronto que tarde un futuro prometedor e de esperanza que os veciños nos merecemos. ANIMO COMPAÑEIR@S A VITORIA E DIFICIL PERO E NOSA !!!!!

2 Comentários:

Às 9:37 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu non sei se a victoria sera nosa, polo de agora resistiremos a embestida, contratacaremos pois a razón está da nosa parte.

 
Às 1:48 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Amosar a miña solidariedade cos que son perseguidos e dar azos á liberdade de expresión.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial