20 de fevereiro de 2007

Concelleiros

Xa empezou o entroido. O entroido electoral refirome. Esta fin de semana foi farturenta en novas relacionadas cas listas, e abofé que a miña capacidade de asombro non deixa de medrar. Cando xa pensara que o vira todo, chega esta nova andaina de candidatos (eso que é a primeira oleada) e xa empezamos a ver nomes que, si a cousa non fora o que é, era para botarse a chorar.
Asi, contannos que un militante do PP, con moito que ver na desfeita de Protecion Civil, vai con Cheski. Parece ser que este partido tamén tentou a Pantoja e outros Kleenex do PP (que non nos enganen, o final van resultar o mesmo equipo, e para exemplo xa vemos o maridaxe que tiveron nesta corporacion que esta a rematar).
Pero o entroido non vai solo polo PP ou polo PG. Resulta que no PSOE recunca o "especialista en temas urbanismo" do PSOE na actual corporacion, (supoñemos que será como premio polas guerras que lle fixo a Aida co tema do PXOM), ainda que o maís chamativo de todos os fichaxes, é sin dubida o do numero 2 do PSOE membro do sector hosteleiro local. Resulta que nas anteriores eleccions, era o grande mirlo blanco buscado por case todos. O mesmo PSOE lle ofreceu por activa e por pasiva o nº 1 da sua lista, pero o rapaz supo permanecer virxe. Agora, con todolos cristos que ten o PSOE a nivel local, precisamente polo tema da lista, acepta ir de nº 2. Claro que fai catro anos, o presidente da Xunta era do PP e agora é o PSOE. I é que eu, como muller arpía, sou unha mal pensada.

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial