26 de fevereiro de 2007

Sabias que .......

O 29/07/03 Rias Grove Promociones SL solicita licencia urbanistica para dous edificios de vivendas de planta sotano, planta baixa, duas plantas piso e planta baixo cuberta e un edificio de vivendas de planta semisotano, planta baixa, tres plantas piso e planta baixo cuberta.
O 26/08/03 a promotora presenta escrito no concello comprometendose a realizar as obras de edificacion e urbanismo da zona de forma simultanea.
O 28/08/03 o Tecnico Municipal, (ou sexa, o Aparellador Munuicipal) emite informe favorable para construccion do solicitado pola empresa.
O 24/02/04 a Delegacion en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia emite escrito o concello relativo a citada edificacion na que entre outras cousas dice “como se da la circunstancia de que el proyecto en cuestion incumple la normativa urbanistica..... participo a VS al objeto de que si llega a interesarse la concesion de tal licencia, se deniegue la misma por cuanto no se halla de acuerdo con las previsiones de la legislacion”. E sigue decindo “para el supuesto de que, de haberse solicitada, ya se hubiese concedido dicha licencia, entonces nos permitimos señalar la procedencia de que por VS se suspendan sua efectos de acuerdo con el art. 212 d la misma Ley”
O 10 de maio de 2004 a Xunta de Goberno Local do Concello de Ogrobe, presidida polo alcalde, acorda por unanimidade da la conformidade o proxecto de execucion das citadas obras en Borreiros
O 27 de maio de 2005 o Secretario do Concello emite informe donde ven a dicer que a vista do requerimento do Colexio de Arquitectos de Galicia e dado que un dos edificios esta ubicado en zona de ordenanza nº 2 e os terreos por donde discurre o vial o leste da obras non son publicos nin de Rias Gorve, este feito IMPLICARIA A NECESIDADE DE UN PROXECTO DE URBANIZACION PARA O VIAL LESTE E A CONSECUCION DOS TERREOS.
O 2/07/04 os portavoces do BNG, PSOE e EdG-EU dirixen escrito o Alcalde no que lle fan constar as irregularidades na concesion da liencia e advertindolle xa que logo que a licencia e nula de pleno dereito e dado que ainda as obras estan so en fase de execucion e polo tanto o mal que se pode causar e menor, proceda a dictar a suspension e paralizacion immediata das obras e adecuar mediante novo procedemento as obras a legalidade urbanistica. Escrito similar e remitido na mesma data o Conseleiro da COTOP (Sr. Feijoo) que por aqueles dias enchiase a boca dicindo “ ESTA CONSELLERIA NO VA A AMPARAR LIOS URBANISTICOS”
O 1/07/04 e a peticion do Secretario Municipal, o Tecnico Municipal emite informe xustificativo da procedencia da licencia das obras nos que en sintese, aparte de decir unha vez mais que a licencia esta ben concedida, faille unha demostracion, diccionarios en man das diferentes acepcions do termo ATICO.
O 8/11/04 os Servizos de Inspeccion e Disciplina Urbanistica da COTOP xiran visita de inspeccion as obras cuio informe e remitido con data 21/12/04 xunto co resto do expediente a Subdireccion Xeral de Disciplina e Informes
O 15/03/05 estos Servizos de Inspeccion xiran nova visita as obras e o dia 1/04/05 visitan o concello de Ogrobe recadando unha serie de documentacion chegando a algunha das seguintes conclusions :
Que as obras ainda non se atopan rematadas
Que as obras contan con licencia municipal
Que a licencia NON ESTA EN CONSONANCIA COA NORMATIVA URBANISTICA
Que os aticos dos tres bloques son ILEGALES
Que o Bloque 3 non cumpre a condicion de dispor dunha fachada minima de 8 metros
Que a altura excede CATRO METROS
Que os retranqueos laterales NON ACADAN a distancia minima esixida
O 22/06/05 o Director Xeral de Urbanismo mediante escrito dirixido o Concello require o alcalde para que dispoña a suspension da licencia otorgada para o edificio de Borreiros e consecuentemente a paralizacion das obras, o ser constitutivas ditas obras dunha INFRACCION URBANISTICA GRAVE
Xa o 26/11/04 os tecnicos do Servizo Provincial de Urbanismo en Pontevedra advertian da ilegalidade da licencia e facian mencion as advertencias do Colexio de Arquitectos, as inspeccion realizadas na obra, o informe xuridico do secretario municipal facendo constar asimesmo, que o INFORME DO TECNICO MUNICIPAL (ou sexa, o Aparellador Munuicipal) E FAVORABLE.
Asiesmo fan constar o grave erro que se produce na concesion da licencia porque autoriza a construccion de 3 bloques baixo a mesma ordenanza cando en realidade o bloque 2 esta afectado por outro tipo de ordenanza.
Un punto que non debe deixar pasarse por alto, e a cesion que neste tipo de obras lle pertence o concello e que neste caso, este 15% desapareceu por ensalmo.
O citado informe remata dicindo “Podese concluir que as obras que estanse a realizar e mesmo a concesion da licencia municipal que as ampara, poden constituir unha infraccion grave ou moi grave da normativa urbanistica.”
Logo de todo este relatorio, vedes que o esdificio esta a piques de ser rematado. Despois de todo o que aqui se expon e que está convenientemente documentado, vemos que hai falsificación de informes, faise caso omiso das advertencias do Colexio de Arquitectos, dos informes do Secretario Municipal, dos técnicos da COTOP e inclusive dun requeremento do Director Xeral de Urbanismo. E todo eso baseado nun informe do Técnico Municipal (ou sexa, o Aparellador Munuicipal) que se demostra , sendo moi bos, como erróneo. ¿Porque se fan estas cousa? ¿Que beneficio sacan os que otorgan estas licencias contra toda lei?. Porque se permite embarcar os veciños de Ogrobe que se empeñan ate as cellas na compra desos pisos que, co que esta caendo en toda España e aqui o lado, podenlle vir abaixo nun plis-plas. Porque se quere facer outro gueto no medio de Ogrobe ?
Cando os atopedes pola rua, preguntadello a Nell Flander ou o Tecnico Municipal.

1 Comentários:

Às 8:11 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¿ que fai a Consellería da COTOP-PSOE, porque non denuncia a Miguel Pérez no Xulgado por desobediencia?. ¿Porque non vai ao Contencioso-Administrativo para declarar nula a licencia concedida?.
¿ Porque non asume as competencias en materia de urbanismo de conformidade coa Lei do Solo?

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial