25 de maio de 2007

O Plumeiro

Vades a permitirme queridas amigas e seguidores deste Blog, que vos propoña unha pregunta. A mesma, estaría relacionada sobre cal sería o voso primeiro comentario si mañan, cando forades a ler o xornal vos atoparades coa nova de que un alcalde do Levante, Costa do Sol, Murcia, etc. aproba un convenio urbanistico a 3 días de renovarse as Corporacións Municipais. A bon seguro que diriades que menudo pelotazo que ven de pegarse ese alcalde e compañia.
Pois nin mais nin menos eso e o que acaba de acontecer neste pobo dos nosos sufrimentos no día de hoxe. O xefe do clan Simpsons (que neste caso non é o barrigudo Homer, senon que é Ned Flanders) ten datos que o dan fora do concello e ten que pagarlle os seus amigos o favor de aprobarlle ese convenio. Un convenio que , todo mundo debe saber, NON TER INFORME FAVORABLE DO EQUIPO REDACTOR DO PLAN, e que a preguntas dun concelleiro do BNG, e diante da sua insistencia, tivo que recoñecerlle QUE SEGURAMENTE É ILEGAL.
O chamativo de este asunto, non é so a aprobacion do convenio en si, con toda a gravidade que eso conleva (tiñades que ver os Carballos, e outros promotores como se movian polo pleno)senon os actores que fixeron falla para representar esa comedia. Do candidato do PP , até el mesmo recoñece con esta maniobra que é xa un cadaver político, pero dos membros do PSOE e de Ayda, eso xa é a traca.
É curiosisimo, que o unico partido que presumia ate o de agora de ser os unicos que votaran en contra do PXOM (impedindo desta maneira que os veciños puderas coñecer o que se pretendia facer coas suas propriedades) sexa agora quen participe desta mascarada. E dende logo un perfecto epílogo da coherencia que demostraron o longo dos pasados 4 anos. Si mais do mesmo é o que nos van a dar os novos candidatos deste partido, millor era que se quedaran na sua casa.
Pero a que realmente rompe a pana con todo e a señora Ayda. Fai aproximadamente 15 días nunha reportaxe nun periodico da comarca, amosabanos os seus modelos, o seu armario, etc. , pero daquela quedoulle algo sin amosar: Era o plumeiro. Moitas e moitos que coñecemos de vello a Ayda nunca acreditamos da súa profesion de fe anti-PXOM como agora da sua batalla anti-partido. Ayda é nin mais nin menos que un camaleon que quere estar no machito e para elo fai o que faga falla. LITERALMENTE. E agora fixo falla votar a favor deste convenio, e si durante os ultimos anos, e en todos os mitins que nos ven dando este dias, dixo Diego, hoxe a mañan tivo que dicer Digo. Por que quen paga manda e as campañas electorais non se fan gratis. Xa me entendedes. Esto é o peligro que dende este Blog veño denunciando xa fai días, a votar a xente como Ayda, autenticos chiringuitos que o unico que valen e para reter votos de xente que SI REALMENTE está por un PXOM participativo, e que , de sair elexida, lle preste o seu voto a Flanders si o precisara. Realmente patético.
O pobo de Ogrobe non pode seguir mantendo estos filibusteiros da politica, estas e estos mafiosos de via estreita. Hai que aplaudir a posición de aqueles partidos que votaron en contra, ou millor, desautorizaron a manobra do candidato do PP non asistindo o pleno e denunciando publicamente que, o igual que o seu querido Asnar, o candidato do PP intenta a ultima hora maniobras mafiosas, filibusteiras e caciquiles. O pobo de Ogrobe debe tomar boa nota de eso inflixindolle a estos sirvengonzas un duro castigo nas urnas o domingo dia 27.

19 Comentários:

Às 1:40 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Totalmente dacordo co comentario, e felicitar os concelleiros de Esquerda Unida-Esquerda do Grove por ser valientes e dala cara no pleno eles sos manifestandose en contra dese pelotazo urbanistico.

 
Às 3:06 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Tódolos partidos da oposición deberían ter solicitado a suspensión deste pleno para que lle quedara perfeitamente claro a Miguelito que non pode facer co concello e cos veciñ@s o que lle pete. Que explique porque convoca por vía de urxencia un pleno extraordinario tres días antes dunhas eleicións e lle pon trabas para consultar o expedente aos partidos que non comulgan. Que compromisos adquireu para verse na obriga de deixar todo ben amarrado. Ou será que se decata que se lle acaba O CHOIO

 
Às 5:00 da manhã , Blogger Escévola disse...

Totalmente de acordo coas opinións do teu artigo. O dos chiringos independentes que nacen por aí é un problema. Son un problema xq nn se sabe o q defenden, quen os paga, que ideoloxía teñen e ademais viven da pura e dura demagoxia. Sempre q escoitas a algún oes: " fagoo polo ben da vila, non falamos de ideoloxía senón da xente etc". Ben eu non coñezo proxecto político que se poida levar a cabo sen directrices ideolóxicas que o guien e o sustenten e toda acción política amosa ideoloxía. O que ocorre e que son chiringos de dubidosa procedencia cando menos e que se construen para levar ao poder a certa xente. E o do PSOE xa é para tirar foguetes, hai que ter un mínimo de decencia cando se pretende representar aos cidadáns. Estas cousas tamén pasan porque os cidadáns lle lo permitimos, se cando chegan as eleccións a xente recordara e lles fixera pagar caro este tipo de indecencias e ladronadas, estas tamén se acabarían. Porque tamén vos digo unha cousa os políticos teñen a decencia e honradez que nos lle esiximos e o comportamento que despois os cidadáns premiamos. Amosémoslle dunha vez por todas o que queremos e amosémosllo xa. Ao final somos nós os que decidimos se queremos estes comportamentos, estes políticos, este Ogrobe ou queremos outra cousa moi diferente.

 
Às 9:12 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

O conto é que isto era, é e seguirá sendo esa república independente aquén-do-bao, e -ogallá por fin estea trabucado- chegará o domingo e estaremos nas de sempre. ¿Será que a amnesia da veciñanza xa ven dun día cara outro? ¿Será que Mecolandia ao final é un tipo de Springfield que a faia de centrais nucleares ten Raeiros? ¿Será que ao final os grovenses temos o que merecemos?
Este domingo temos unha vez máis na man cambiar as cousas. A ver se vai desta. Da noxo pensar que por culpa dos Simpsons e agora doutros monicreques doutras series que se lle colaron no capítulo ao Flanders este Grove remate sendo outra mar
bella. Ou mar-fea.

 
Às 10:07 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Os de Esquerda Unida dixeron que non ían ir ao pleno, e Jose Cacabelos que ían votar en contra, ou non ir. Aida non fixo máis que deixar clara a súa alianza no PP. Desta vez cumpriron coa palabra dada os do Pg e os do Bng. Este asunto non vai quedar aí, vai traer moita tralla, e Vivendiño e Lolita Caralla, terán que responder no xulgado polas graves acusacións que pesan sobre Raeiros Dous...

 
Às 10:07 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Os de Esquerda Unida dixeron que non ían ir ao pleno, e Jose Cacabelos que ían votar en contra, ou non ir. Aida non fixo máis que deixar clara a súa alianza no PP. Desta vez cumpriron coa palabra dada os do Pg e os do Bng. Este asunto non vai quedar aí, vai traer moita tralla, e Vivendiño e Lolita Caralla, terán que responder no xulgado polas graves acusacións que pesan sobre Raeiros Dous...

 
Às 11:39 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Adiante co BNG. Contra a falsidade contra os "xuntaletras" manipuladores, contra os inconsecuentes, contra os cómplices da especulación.
Progresaremos social e eleitoralmente porque sabemos o que decimos e sabemos o que queremos.

Forza.

 
Às 12:08 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Si algo lle faltaba a este pobo era o espectáculo de onte. o ainda alcalde e candidato do PP debe cheirar a súa derrota e ten que pagar os favores e dar o ultimo pelotazo e para eso fai pasar polo aro a dos modelitos e os impresentables do PSOE. Menuda herencia lle deixa o seu fillo !!!.
Penso que nunca deberon ir a ese pleno. Esto non é unha pelicula de vaqueros donde hai que demostrar valentias ou cobardias. Esto é un problema de dignidade e Flanders non pode seguir nin un minuto mais marcando a axenda politica deste pobo. ( e si habia que asistir o Pleno, seria para sacalo pola ventana ), pero esa é outra historia.

 
Às 5:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Polo que eu sei non houbo acordo en non acudir o pleno e en todo caso os unicos que claramente se posicionaron contra o convenio foron o PG e EU.

 
Às 5:06 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

E que un partido se comprometeu a aceptar engadir o convenio na redacción do pxom, e a última hora por rédito electoral decidiu non ir e non defender os intereses do pobo, so os seus intereses electorais. Isto son palabras de unha muller veterana da lista que onte arremetía contra o seu propio partido. Por diante unha cara e por atras outra,¿a qué xogamos?

 
Às 10:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¿ E iso quen cho dixo Carmen Castro ou Manuel Mendez actuando de intermediario Carlos O ferreiro e Vivencito? . Canta miseria moral !!!

 
Às 6:06 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O único que lle pode joder a indeseables como Méndes do Faro é que non compremos o periodico no que jomita ese veneno que ten dentro do serebro, e xa que ahora dalle por rebentar o pacto de esquerda porque ten previsto chupar do concello do Grove estes catro anos con Perèz, pois xa sabedes proclamemos un Boikót a ese panfleto barato, non comprando, arrancando as páxinas do Grove nos bares, e poñéndoas no rollo do papel do bater, devolvéndolle así a merda que vota co seu estilo máis cagalera...
BOIKÓT AO FARO, PASÁDELO E FASÉDELO

 
Às 8:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Totalmente de acordo contigo, BOICOT e mandar cartas o director denunciado a este aprendiz de Goebbels

 
Às 11:40 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu que léo o FARO e sei "de que vai" Mendes, e sei que o que lle gusta e que siga o alacalde en funcións, e sei que lle gusta intosicar, e sei que lle arrebenta do peito que poida haber un goberno chamado de progreso (que xa me diredes que significa eso), etc... preguntome ¿e vos proclamades a liberdade de expresión?. Non me fagades rir. Eso mo creerei cando se pida boikot a medios escritos contra aqueles que defenden a lenin ou stalin ou a franco ou... ¿ou por que son de "esquerdas" ou "dereitas" teñen unha patente de corso que se lle perdóa todo? a xente ten dereito a leer, a escoitar e pensar por si mesma. E despois xuzgar e votar.
Dicia a daministradora do foro como é posible o resultado electoral deste domingo. Pois é o que temos filla, a xente gustalle votar o poder, e pagar favores, e non cree en salvadores (para eso está o nosos señoriño dos sielos), e mentras o voto sexa sendo secreto a xente pensará por si mesma, polos seus intereses persoales, e despois, pensará no pobo e enon sei en que cousas mais. Eche unha pena pero é así. Os que votamos partidos da chamada esquerda non temos a verdade absoluta. E os que se presentan nesas listas tamén son persoas con defectos e virtudes e NON DIOSES. E a xente que vota ten cuarentamil "porqués" para votar a uns e outros. O pobo ten dereito tamén a equivocarse, o igual que os nosos políticos. Son os que temos.
Ainda así, os valores morales e políticos de cada un, non nos deben facer cair por uns resultados adversos. Haberá que seguir sendo persistentes no mensaxe e respetar aquela xente que pense distinto a nos.
Saudos

 
Às 1:03 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

En aras dunha falsa "libertade de expresion" non se pode permitir a calumnia, a insida, a mentira nin a amenza e esos 4 calificativos usaos a menudo o Sr. Mendez. Creo na libertade pero combatirei con todos os medios legais a eses manipuladores, insidiosos, mentireiros e amenazadores. E unha das poucas armas que teño e pedirlle os que me leen e escoitan que pasen de ler ese panfleto tendencioso na súa edición de Arousa.
Evidentemente, nun mundo tan globalizado e tan "politicamente correcto" un ten que ver, ler e escoitar como se monta un Cristo cando un goberno legalmente lexitimo como o venezolano NON LLE RENOVA a concesion a un medio que RECOÑECE PUBLICAMENTE que promociona e ampara o golpe de estado. En cambio, cando aqui se pechou algun periódico todos democratas de todalavida aplaudiron esa decision. Que queres, cousas da globalizacion. Por certo, tal e como vimos en algunha reportaxe, moita xente do interior ( e non de tan interior) cando vai votar nos acarretos, vota con total libertade. Manda carallo !!

 
Às 11:30 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Entre Mendes e Hugo Chavez non che ahi moita diferencia forero Carlos (eu polo menos non a vexo). Acarrear votos polo PP non é democratico nin etico, nin pausible, nin... pero vexo que non te pasaches moito polos colexios pois daba justo ver como aljuns de esquerdas tamén levaban a paisaniños da man a ver o listado. de verdade que destas eleccións aprendín e vin moito. E neste mundo de jlobalisasión que tanto nos afartamos de denunsiar todo se "contajia".

 
Às 4:39 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Estiven nos colexios electorais. Axudin a un par de persoas a saber cal era a sua mesa. NON LLE DIN O VOTO NIN LLE DIXEN A NAIDE PORQUEN TIÑAN QUE VOTAR. A xente que traias os prohomes do PP nos seus coches viñan co voto na man. Non todos somos iguais. Afortunadamente.
Comparar a Mendez con Chavez .... .. de coña.

 
Às 7:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Boas
Non sabía que Hugo Chavez fose un exemplo de Comunista ou socialista (mais ben sociolisto), o vin unha vez que fun o sindicato de comisións no grove e casi me voto a rir.
De todas formas e para non crear polémica sobre esto, espero que tamén ti denuncias o acto salvaxe, fascista e cobarde dos que lle "rajaron" as rodas a Enrrique o fotografo do faro.

 
Às 10:23 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Aparte do aprezo persoal que sinto por Enrique e que me honro da sua amistade, por suposto que condeno calquera mal que se lle poida facer os bens del, ou de calquera persoa, que no lexitimo desempeño do seu traballo poida sofrir. Por desgraza en Ogrobe xa estamos mais que afeitas a esas actitudes cobardes e mezquinas, que, por desgraza, neste caso non é a primeira vez (a Manolo Mascato por exemplo) e que desexaría que SI fora a ultima. Animo compañeiro, ningun mal nacido vai ser capaz de pechar esa ventá a realidade que reflexa o visor da tua camara.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial