16 de maio de 2007

Trampon, ruin ...

Estou moi cabreada. Logo de escoitar onte a noite en Tele Salnes e hoxe en radio Arousa o candidato a alcalde polo PP sintome profundamente ferida porque un elemento desa calaña fora alcalde do meu pobo, e dicer, meu representante, durante os ultimos 8 anos. Ter que escoitarlle a eso home o que tiven que escoitarlle nestos dous días, demostra ate que punto este home esta desesperado e teme perder o choio da sua vida. Que perda coidado, pois segundo as malas lenguas se se queda sin ese choio, probablemente non teña que voltar os fogons.
Porque, como pode dicer este home que en Ogrobe temos unha rede Wifi gratis . Como pode falar ese home de obras feitas, como o da carretera interior de San Vicente, que fai 3 anos e medio que se adxudicou e que vai sair da alcaldia e ainda non esta feita, (por non falar do seu maravilloso trazado, que queda con mais curvas cas que tiña que xa e dicer). Ou atraverse a falar das maravillosas (en palabras suas) infraestruturas deportivas que temos no Monte da Vila que son o orgullo de toda a provincia (a que Monte da Vila se referirá este homiño), ou da carretera das Mareas (que llo diga os veciños que tiveron que padecer esa obra inacabada).
Pero o que evidenciou este homiño e a fixacion que ten cos do BNG. Pau se bojo, au se non bojo. Que si non apoiastedes o PXOM, que si vos tamen apoiastedes o PXOM. Depende para o que faga falla, usase unha formula ou outra.
O que non foi capaz de decirnos este homiño con grande bigote é que pasou co Centro de Saude que se iba a facer fai varios anos e cuxo cartel pende o lado do cementerio, ou que pasa coas instalacions deportivas que o pobo de Ogrobe reclamou na rua (non as "maravillosas" instalacions do Monte da Vila), ou que pasa coa Piscina Climatizada (agora xa se conforma co PipiCan), ou donde estan esas empresas que el iba a traer a Ogrobe , en definitiva, Miguel Pérez minte.
Pero non lle chega con mentir. Na sua intervencion final en Radio Arousa, unha vez mais, este homiño con bigote intentar mancillar o nome e a honra das persoas cunha bonhomia mais que demostrada, para tapar a sua nula xestion. Estoume a referir como vos imaxinades, o intento do candidato do PP, xunto co fiel manporrero, a sazon Presidente da Comunidade de Montes de San Vicente, de culpar a Luis Chan, secretario da mesma Comunidade de Montes e Candidato polo BNG de non redactar a acta de cesion do pabellon por intereses politicos espureos, e asi se atreveu a decilo publicamente na emisora de radio.
Miguel Perez, sabe perfetamente que Luis Chan sí fixo esa acta, pero que como todo o mundo sabe (ou non é asi tamen nos plenos) a mesma non acquire carta de validez até que é aprobada na seguinte asemblea. Pero como decía Anton Mascato noutro comentario, Miguel Pérez, o igual que o presidente da Comunidade de Montes saben perfetamente que fixeron un acordo ilegal, e que ese acordo ilegal era única e exclusivamente en beneficio electoral do candidato do PP. Porque sinon, que sentido ten que unha proposta aprobada xa fai anos, estivera pechada nun caixon e se quixera sacar agora a última hora con nocturnidade e alevosia.
Miguel A. Pérez, candidato do PP é un trampón e un ruín. Non se pode mancillar o nome dunha persoa honrada por querer sacar uns puñados de votos. Por todas estas cousas, o pobo de Ogrobe non se merece a un elemento como este homiño de alcalde .... nin na oposición.

4 Comentários:

Às 12:45 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¿Alguén sabe en que ano a COTOP otorgou a 1ª axuda para iniciar os traballos do PXOM? ¿Cantas reunións da comisión de urbanismo se tiñan convocado, e canto tempo pasou ata o momento da paralización das normas? Se alguén o sabe que conteste, quedareille agradecido. Saúdos e grazas de antemán pola información.

 
Às 3:52 da tarde , Blogger Perico disse...

Hoxe asistin na Praza de Arriba a homaxe rendido pola Asociacion pola Memoria Historica o noso recordado veciño Manolo Lueiro. Un dos intervintes, foi o autor intelectual, politico e responsable das mentiras, calumnias e medias verdades vertidas no Parladoiro Popular, e ainda, alcalde de Ogrobe. Meu Deus, meu Deus, Canta miseria.

 
Às 3:24 da manhã , Blogger Escévola disse...

O problema nn é que este personaxe fose o noso alcalde durante anos, senón que ainda o pode ser durante catro anos máis. Eu tras a escisión do PSOE nn teño máis q pesadelos cunha maioria absoluta dos Simpsons durante catro anos.

 
Às 3:51 da manhã , Blogger Escévola disse...

No meu blog teño algún artigo sobre o tema da memoria histórica se alguén lle interesa, non o digo por publicidade senón porque parece que os historiadores non temos outra maneira de combatir a certos individuos que non sexa internet

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial