10 de maio de 2007

O Panexirico

Os dirixentes do PP de Ogrobe non deben ter avoas que os gaben e para eso, supoñemos que cos cartos do concello, acaban de sacar a rúa un panexírico luxosamente editado que baixo o elocuente nome de "Parladoiro Popular" (PP) fai un repaso das ¿maravillosas? obras que levan feito nestos 8 anos (pregovos por favor que non deixedes de miralo porque non ten desperdicio, e logo valorade pausadamente se pagou a pena perder 8 anos de desenvolvemento de Ogrobe e miles de millons de Ptas. dos presupostos para eso).
Pero o motivo de falar do Panexirico Popular (PP) non é pola falta de obras, senon polo "sesudo" artigo que cubre a ultima páxina e a parte interior do panexíric para defender "manu militare" o golpe de estado fascista do ano 36. Sabiamos que o PP de Ogrobe estaba tomado pola extrema dereita (o proprio alcalde xa nos ten ofrecido elocuentes perlas a conta do "Ano da Memoria"), pero non sabiamos que a cousa pudera chegar a tanto.
Debo confesar que sinto unha autentica curiosidade feminina por saber quen e o autor ou autora intelectual dese artigo, pois, dado que as plumas ideolóxicas nas que se asenta a base propagandista e golpista do PP son de antiguos militantes de esquerda (Cesar Vidal, Jimenez Losantos, inclusive o ex-grapo Pio Moa, etc.etc.), non me extrañaria nada que para esta ocasion se surtiran tamen das fontes de algun renegado aproveitado. Xa se sabe que o poder da para moito e o ladrillo moito mais.
Na sarta de mentiras (¿que é unha verdade a medias mais que unha grande mentira?),e en citas literarias sacadas de contexto, moi o modo dos seus escribidores Pio Moa, Cesar Vidal, Ricardo de la Cierva, etc., o/a autor@ do artigo querenos facer ver o necesario que foi que viñera un caudillo, procedente de Africa e nos liberara da tirania comunista. Menos mal que para ben ou para mal, en Ogrobe nos coñecemos todos, e todos sabiamos quenes eran D. Angel Cadavid, D. Xacobe Otero, D, Jose Chiqutin, Allo, e tantos e tantos outros, que deron a sua vida e a súa libertade por algo tan noble e honroso como é a de loitar pola igualdade e o respeto as persoas.
Eso é o que nunca entendeu o fascismo. A estos "intelectuales" lectores entrelineas da República, recomendarialle un libro, este si, documentado e con citas do libro e da páx. , como debe ser, escrito polo catedrático de C. Politica da Universidade de Tarragona, profesor da Universidade de Harvard e da de Madrid, entre outras, Alberto Reig Tapia que no seu libro "Anti Moa", deixa o descuberto o novo discurso da extrema dereita imperante hoxe no Estado Español e que no caso concreto de Ogrobe, é mais cobarde todavia se cabe, cando non ten a valentia de asinar o que escribe.
Unha sempre tuvo claro que o xefe do PP de Ogrobe, o inefable Ned Flanders non podia volver a pedirlle a confianza as veciñas e veciños de Ogrobe para recuncar no cargo, entre outras cousas porque foi o responsable directo da perda dos ultimos 8 anos de desenvolvemento de Ogrobe. Agora, teño mais claro que nunca que por hixiene democrática, esta xente non merece un só voto d@s veciñ@s de Ogrobe.

14 Comentários:

Às 9:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non deixedes de ver La Voz de Galicia nos vindeiros días, é seguro que sairá un artigo dando resposta ao Canis Lupus da amnésica barbaride. Coméntase por aí, que pode ser un dos que hai moitos na Mancha e que andan as súas aspas movidas polo vento.
Do artigo do amnésico, todo che é copiado de Libertad Digital, imáxinadevos o "artisto" que pode ser. Hay de nosotros que lo metimos aí!. Pues cuando entremos habrá que sacarlo con cajas destempladas, menudo vendío!.

 
Às 9:33 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Miguel o alcalde en funcións cometeu moitos erros, innumerables, de auténtico bulto, pero o do escritor amnésico resulta de película. Sen ningún xénero de dúbidas, coa asunción dogmática deste artigo no seu voceiro Parladoiro Popular, a reafirmación nos valores antidemocráticos é tán diáfana que con este paso adiante xa non hai volta atrás. Se desde logo e esa a democracia da súa Terra de Promisión, a confianza xa non é futuro é o pasado da morte e do terror.

 
Às 9:46 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu tiven onte ocasión de ler "en diagonal" o devandito artigo, e teño que recoñecer que tiven que deixalo porque se me estaba a poñer a vena que non me pechaba a camisa. Se ao final inda vai resultar que a culpa foi de República por estares ahí. Se non houbese República non habería nen golpe fascista nen Guerra Civil.
O que tal hai que ver a conta de liberdade de prensa, manda carallo.

O desencantado da política local, agora furibundo cos Flandeiros e os seus secuaces, a ver se os botamos fora dun carallo dunha vez!!

 
Às 10:18 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Hai que botalos, pero xa, non podemos aturar catro anos máis esta ralea de fachas vestidos de Cortefiel. E con eles aos seus cachorros, que fagan oposición, na Xunta, na Deputación e no Concello, qué bonito sería, non?

 
Às 11:07 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Hai cousas que se descalifican soas, que non precisan do máis mínimo comentario, e nesas está o pobrísmo comentario que asina Lente di Luppa, publicado nun panfleto que ninguén asina, sen o esixible depósito legal, e do que unicamente pode facerse responsable ao Partido Popular de O Grove, xa que nel se trata de facer propaganda das obras do Concello que eles xestionan.
Nun texto perralleiro mesturan a segunda República coa Guerra de 1936, e fan unha empanada de bosta de vaca que non ten pes nin cabeza. Solo xentiña como Carballo Junior, Fujas e Flanders poden comela; ao resto dos seres humanos resúltanos noxenta. Que peniña de Partido Popular, manifestándose cos falangistas e agora esta, vaise vendo quen son os fillos bravos do Grove dos Franco, Primo de Rivera e Tejero.

 
Às 5:56 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Tamén eu oín que ese personaxe do libro de Miguel de Cervantes, o manco de Lepanto, ese das aspas que move o vento e contra os que pelexa don Quijote está emparentado nunha sociedade de gananciales co noso escritor local, don Miguel de Flanders, o coxo de Confín. Entre os dous, o das aspas de vento e o das muletas non dan contado os cartos redaudados na festa do marisco, por eso nunca presentan a tempo as contas, e disque teñen que levalos en bolsas para a casa por facer traballo en horas extra...
Vaia tropa, pena duns cen votos que faltan para larjalos a todos do concello...

 
Às 7:24 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pois eu escotei que quen escribeu semellante bazofia, foi un que estivo enchufado de chófer na Deputación pero que sempre estaba no Jrove e non se lle vía por ninjures o traxe nin por suposto o coche ofisial e que viña sendo pariente de siña aquela, e de siño aquel, máis tamén parientísimo do Ned, incluso estivo "exiliado" en México disque entrenando as animadoras dun equipo de futebol.

 
Às 1:10 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pois vai ser verdade que o farsante escribidor de libros, asesor aulico do seu tio é o autor "intelectual" de tamaña xolla. Dende logo é un traballo moi propio de tal elemento. ... E para rematar a faena esos Pais do Centro, traeran a Fraja para o mitin final. Xa o veredes.

 
Às 1:10 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pois vai ser verdade que o farsante escribidor de libros, asesor aulico do seu tio é o autor "intelectual" de tamaña xolla. Dende logo é un traballo moi propio de tal elemento. ... E para rematar a faena esos Pais do Centro, traeran a Fraja para o mitin final. Xa o veredes.

 
Às 12:51 da tarde , Blogger Escévola disse...

Pois coma sempre. Estes artigos que agora anda Flanders a ler son o revsionismo puro e duro. Seguramente os autores intelectuais son o pseudo historiador Pío Moa e os seus compinches que apoiados por grupos editoriais ligados á dereita actualizan o discurso historiográfico franquista. Eu recoméndovos que leades os libros de Moradiellos e Casanova sobre o franquismo. Agora de extraño non ten nada xa que o PP nunca condenou o golpe de estado do 36 e Flanders non ía ser menos.

 
Às 8:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Tamén se anda a decir que os da Memoria Histórica -louvados sexan- solo recordan os nomes dos ricos das esquerdas.

 
Às 9:12 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Probe pobo este, que a todo canto se fai se lle intenta sacar chatas. Dende logo os que dicen o que comenta o anonimo das 8:18, ou actuan de moi mala fe ou non se enteran de nada, nin estiveron en ningun dos actos organizados pola Asociacion pola Memoria Historica.

 
Às 10:40 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Dende que comezamos os traballos de recuperación da Memoria, na Asociación, todos e todas (a Memoria tamén ten mulleres) os que padeceron cárcere, tortura, fusilamentos, asasinatos ou represión van sendo rescatados do esquecemento e da infamia. Ricos ou pobres, tanto ten eso para nós. Ou acaso Juan Álvarez, O Grañeiro; José Costas, O Panxón; Pepe Casas e Ricardo Figueiro, O Chiquitín (os catro paseados) eran ricos...? Non, eran mariñeiros. Non era rico Perfecto Allo Sabor, asasinado, e sí o era Francisco Otero, o carniceiro; non o era Juanito, O Panadeiro. Todos asasinados. Ricos? só tres: Ángel Cadavid, e Francisco Otero (e matáronos aos dous) e don Jacobo Otero (cadea perpetua, e represión o resto da vida...) e aos tres lles roubaron, sí roubaron, boa parte dos seus bens. E teñen moito mérito porque por cartos, terían que estar no lado contrario do que estiveron. O resto son todos como José Prol Figueiro, o cabo Chiquitín, tamén fusilado, Miguel Mandías, encarcerado moitos anos, xunto cos seus irmáns; como Juan Allo, abatido a tiros despois dunha fuxida do cárcere de Ezkaba, en Pamplona. Canta MEMORIA queda aínda por recuperar, e canta falsedade por descubrir!!!
Non nos van parar con máis mentiras, ameazas, acusacións ou falseamento da historia (vai para tí Canis Lupus covardón...). Impórtanos entregarlle ás familias, ricas ou pobres, a reparación moral, ética, do que levan padecido. Vai por eles, e por elas, que ben o merecen.

 
Às 9:44 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Sempre se atopan choíñas que son gardas de corps dos que os dirixen, os seus grandes soños son os de saír na foto ou na caixa tonta para a posterioridade e non se decatan que primeiro terían que ser persoas libres. Ises son os seus momentos de groria, os seus cerebros non poden apartarse da Lei do Chip que lles di en cada intre o que teñen que facer, como auténticos robots ¿que pasará cando os que lle cargan as pilas non esten no machito?.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial