10 de maio de 2007

Miserable !!!

Di o diccionario que miserable é aquela persoa perversa, abyecta ou canalla. Tamen se usa o calificativo para decir da persoa malvada, mezquina, desdichada ou infeliz. Todas estas acepcións e quedariame corta, podería aplicarllas a - en acertada calificación do SeñorX - o xuntaletras que se dedica día si, dia tamen dende as páxinas do Faro de Vigo a facerlle a campaña a Ned Flanders valéndose para eso de calumniar a todos aqueles que non son da corda do homiño do bigote.
Ven esto a conto, do artigo que no dia de hoxe publica o Faro para decirnos que non se pudo asinar o convenio coa Comunidade de Montes de San Vicente por culpa de que o secretario, tardou 15 dias en facer a acta. Esto, que para calquera persoa que estivera nunha asociacion non sería nada extraño, entre outras cousas, porque nestas asociacións un non esta cobrando como o xuntaletras ou Ned Flanders, senon que fai as cousas cando pode ( e xa me gustaria a min que todas as asociacions fixeran as actas en 15 dias) coincide neste caso que a persoa encargada de facer a mencionada acta vai de numero 6 na lista do BNG e é ahi donde o xuntaletras ve unha posible intencionalidade de non facer a acta para que Ned Flanders non poida apuntarse o tanto do convenio. Pensa o ladron que todos son da súa condición.
Coñezo a Luis Chan, o secretario da comunidade de montes de San Vicente, dende fai varios anos e teño a certeza que nunca se prestaria a facer unha trapallada de ese estilo, trapallada que por outra banda estou seguro que o BNG nunca sería quen de pedirllo nin de permitirllo.
O que o miserable xuntaletras non di, e como se esperou 8 anos, e se fai coincidir ese acto coas eleccions, ou ese afan de obras que se observa estos dous ultimos meses, coincidindo coas eleccions, (ten razon meu sogro cando di que debera haber eleccions cada 15 dias, para que fixeran algo) . En definitiva, se o xuntaletras non fora un miserable, tería que decirlle a xente o que pasa na realidade, ainda que eso non lle conveña os intereses de seu xefe Ned Flanders, como por exemplo o que está a pasar ultimamente coa obra de Raeiros, pero deso falaremos outro día e podo asegurarvos que a mais de un vaille entrar cagaleira.

17 Comentários:

Às 1:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

En relación con todo isto, e recoñecendo que tes boa razón en todo o que dis, resaltar que é de vergonza que mesmo no Faro de Vigo de hoxe, 10 de maio, se lle adique a Ned Flanders e ao seu nocello media páxina, co máis que curioso título de "Pérez suda para defender la Alcaldía". Así vai a prensa, e así nos vai a todos...

Asinado,
Un desencantado da política local.

 
Às 2:02 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Coincido totalmente ca autora do artigo e co comentario. Son precisamente estas cousas as que me convenzen unha vez mais que é unha necesidade de limpeza cidadan o sacar a estos elementos e os seus bufons do poder, polo que con desencanto ou sen desencanto, o dia 27 veremonos as caras

 
Às 4:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pois eu sei de al menos unha persoa máis das listas que vai a fisioterapia, eso si en Baltar, que os cartos non lle dan para o privado, e non leva consigo a un periodista.

 
Às 5:22 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Luís Chan, secretario da Comunidadde de Montes de San Vicente fixo esa acta, pero como sabe calquera que teña algo que ver con calquera asociación, unha acta só pode ser considerada como tal, cando sexa aprobada na seguinte reunión que se convoque; polo tanto esa acta é só un borrador. E como tal carece aínda de calquera valor xurídico. A presa do Presidente en facerlle un favor alectoral ao PP do Grove é máis que evidente; pero sabe el mellor que ninguén que tomaron un acordo ilegal, que ten o mesmo valor que se acordaran regalarlle o mundo a Miguel Pérez, alcalde en funcións do noso concello... O resto son ganas dfe faltarlle ao respeto a unha persoa cunha alta preparación profesional, que se ergue cada día ás cinco e pico da mañán para ir traballar á Citroen, en Vigo, e dedicarlle tempo libre ao ben común, ao patrimonio comunal, que o señor presidente dos montes de San Vicente quere ofrecerlle debalde ao Concello, xustamente en período electoral.
É a miña opinión. Agardo os disparos, grazas. Luís, cando un fai o que ten que facer, o que digan os romanos cabreados tanto ten... amigo.
Por certo eu tamén vou á Fisio, de pago, doce euros sesión de 50 minutos, correntes incluídas, porque ás veces teño contraturas no lombo que non me deixan traballar. Non será delito?

 
Às 6:44 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

EU SÍ ACUSO…

Teño que dicir me molestan as acusacións inxustas, máxime cando se fan á marxe dunha análise obxectiva dos feitos, amosando así unha tendenciosidade e parcialidade claramente subxectivas e insidiosas. Non teño a honra de coñecer ao Secretario da Mancomunidade de Montes de San Vicente e a verdade que o pretendido linchamento, por motivos claramente electorais, deixa moito que desexar aos seus instigadores, que máis que centrados noutras cousas, seguen fieis ao slogan centrados en ti, eso sí tentando esmagar a un.
Tremendo delicto cometeu o pobre home, como pode alguen pedir que un acta se remita nun prazo super urxente dunha semana, se aínda non foi aprobada e ratificada polo máximo órgano que decideu a cesión entre outros asuntos do pavillón de As Bizocas?, agás claro está que queira facerse tan á presa (polo ár, respondendo a non sei ben que intereses espurios) que os xeitos e as formas resultan un tanto chafulleiros. Deixando á marxe o delicto que para alguns exaltados pudiera ser motivo de patíbulo ou garrote vil, porque os insidiosos non se preocuparon de que o Sr. Alcalde en funcións e o PP, cumpriran a moción que por mayoría se aprobou fai anos polo Concello-Pleno de O Grove, coa abstención do PP, e así hoxe aínda non estariamos a voltas como co Centro de Saúde?. Por certo o do amaño do pavillón foi unha promesa electoral do PP no ano 1999. Aos instigadores tráelle coidado unha semana de retraso, máis non lles trouxo coidado ningún os anos nos que a moción estivo e está nun caixón en Stand By e non precisamente por falta de coñecemento?. De auténtica mágoa!.
E xa que falamos de preocupacións, dous son principalmente os temas fundamentais pola súa posible repercusión no plano legal da decisión que se tomou, por unha banda a falta de quórum, xa que logo se precisaría dun 30 % dos comuneiros para aprobar a devandita cesión, cuestión ista que non se produxo e outra o preceptivo informe previo da Consellería do Medio Rural, tal e como sinala a Lei. Aos instigadores non lles preocupa que se actúe ilegamente e que poida acaír un desastre no económico, tanto para eles como para o Concello?. Parece ser que non, pois son a inconsciencia supina e coa súa actuación manifestan que o da defensa do interese xeral, píllalles moi lonxe.
Menos mal que agora se nos promete unha Casa das Asociacións e por suposto que haberá que creerlle unha vez máis ao ínclito - sendo máis paciente que Santo Job-, a quen non foi capaz de pór unha caixa de correos (buzón) en máis de cinco anos, tantas veces demandada e reiterada por un partido político e ao que por Lei tiña dereito. Haberá que creerlle, unha e outra vez vez máis, a quen nos prometeu publicamente no ano 1999 que o Auditorio xa viña de camiño (X= Promesa Electoral de Cuíña=PP). E tamén haberá que creerlle por suposto faltaría máis!, que vai defender (Confianza é futuro) a todos os veciños por igual creando postos de traballo. Significativo é o slogan de Traballemos xuntos… pero a propósito esqueceron pórlle o engadido da segunda parte… os familiares, os amigos, os que teñan carnets do PP na Deputación Provincial de Pontevedra.
O Grove, 9 de maio de 2007.
P.D.: este artigo foi remitido a dous medios de comunicación hoxe, vos que decides sairá publicado?.

 
Às 7:40 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Últimas noticias: En nuestra maravillosa Villa, ha aparecido un nuevo medio de intoxicación que se denomina Libertad Digital impresa 2-Parlanchines Populares, donde el intelectual de la secta "Lente di Luppo", fiel copiador de Jimenez Losantos nos deleita con su interpretación de la Histeria y nos la traslada tal cual el paquete existente en Libertad Digital, confirmándose así que el PP acepta como dogma de fe y a pies juntillas lo que la extrema derecha viene afirmando desde los tiempos del Generalísimo. ¡Ya era hora de que se quitaran la careta!.

 
Às 10:28 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Coñezo a Luis Chan dende fai tempo e podo afirmar da súa integridade persoal e da súa incapacidade para actúar da forma que se pretende acusalo así como de plegarse a intereses escuros ou bastardos, dende logo quen pretenda emporcallar agora a súa persoa polo simple feito cidadán de integrar unha candidatura politica, non merece a mínima consideración. Amigo Luis, nin p. caso a eses agoreiros. saude

 
Às 11:11 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu non digo que ir o fisio sexa delito, nin o de pago nin o Sergas, o que é delito é que, con todos os problemas que ten este pobo, se lle dedique case unha páxina a rehabilitación do señor alcalde.¿Ou non temos cousas máis importantes nas que pensar?,¿canta letra escrita se vai facer para rehabilitar a dignidade de Luis Chan?, ¿é mais importante a rehabilitación dun nocello ou a da dignidade dunha persoa?

 
Às 12:09 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¿ E qué vos parece que ningún directivo da citada Comunidade de Montes saia en defensa de tal institución?. Porque a realidade das cousas é que Flanders enganou á Comunidade de Montes porque no Concello non hai trámite algún que permita a aceptación das parcelas cedidas de balde.

 
Às 9:17 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Sabemos moi ben o fume que vende o Sr. Alcalde, a cuestión e saír nos medios, como o asunto do Centro de Saúde, ¿por certo aínda está alí o cartel anunciando a próxima inauguración?.

 
Às 12:56 da tarde , Blogger Luis Chan Lamelas disse...

Gracias Antón, XanCaneda, Xesús, amais ós anónimos restantes, po-lo apoio amosado.
Seica non estou só i esto é de inmenso agradecemento.
Porque sí o estiven o día da famosa Asamblea. Non é doado facer un acta veraz e, á vez, no mesmo intre, defender unha postura na que crees. Así que optei po-la axuda das novas tecnoloxías, có que estou en posición de poder probar a veracidade da acta.

Mais a realidade é sempre aplastante: todos aqueles comuneiros que foron votar víanse convencidos de que os seus terrenos (o monte comunal é unha propiedade PRIVADA e VECIÑAL) tiñan que ser, inexorablemente, cedidos de balde ó Concello, os mesmos que o 10 de marzo, 28 días antes, non puxeron ningún "pero" ante a proposta que varios comuneiros lle fixeron ó Omnipresidente para mellorar o convenio. Uns convenios desta seriedade i envergadura non poden ser aprobados á lixeira, sin esperar a pasar as elecións, que mediatizan e distorsionan o estado das cousas, e sin haber depositado os convenios de Lampáns e Vizocas nalgures para que a xente os olle i estudie con tempo.
Si tíñamos, a directiva, tanta presa en aproba-lo convenio, si se hubera pedido a aprobación de Medio Rural na súa data, amais de cumprir a legalidade, que non se fixo segundo se desprende da propia acta, agora terían tempo dabondo para gañar "una buena baza electoral" (segundo o artigo do Faro) baza que xuraron diante dos seus comuneiros non existir.
I esta é a verdadeira clave del entuerto!.
País.

 
Às 9:25 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

A todo isto hai que engadir que o boletín que sacou o PP -ese que leva na contraportada o "monumento" máis kitsch imaxinable -por favor que o tiren- e na contraportada o texto dalgún bandullo agradecido- leva como obras estrela do PP para a vindeira lexislatura o remate de Pavillón das Bizocas e o tema da dotación de herba artifical a Lampáns. Así que o mesmo PP di, claramente, que é unha obra partidaria o que implica, sin volta de ningún tipo, que o Presidente da Comunidade de Montes engañou ós comuneiros. A pesar do noxo que da o tal Boletín, quédome con un para recordarllo, no seu día, a Manolo o do Camping. Por certo: alguén lle podería facer chegar este comentario?

 
Às 10:52 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Miguel de Cervantes, o manco de Lepanto, escribeu unha novela en oito anos, é unha obra tristísima porque se trata de facer ver que os soños e as utopías non son realizables. Que a realidade é unha cabronada. Outro escribidor, nacido no Grove, e tocallo seu, un tal Miguel de Flanders, o coxo de Confín, escribeu outra obra tristísma tamén, e nos mesmos oito anos. Nas dúas perdemos os de sempre, os que queremos un mundo mellor. O coxo de Confín preocúpame porque cada ves imítalle máis a Cachuli, no físico quero decir, non no outro, no das bolsas de plástico negras, aí non que este non ten nada que ver con mafias de ladrillo, como sabemos todos no Grove, por eso o botamos, ou é votamos? Bueno escollede vós!!!

 
Às 10:53 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

E agora vénnos Ayda, tocando o autobombo en plan bollo brasileiro e copiando do Hola e do Lecturas, e meténdonos a todos e todas no seu armario. Este Grove da pa todo... Ai miña nai queridiña, non podías ser doutro sitio? ¿quédanos moito ver ver?

 
Às 6:05 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ayda Filgueira se va a quedar pronto en el paro, y que sepais que ya habló con el alcalde para venderle su voto para que siga gobernando el PP, con Alfredo Bea de concejal de deportes, enchufado en la Diputación, y ella de teniente de alcalde. Esa es la verdad. Y los de izquierdas ya os podeis olvidar de que haya un cambio...

 
Às 7:38 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Desgraciadamente Ayda non ten un asesor de imaxe como pode ter Ned, e por eso, non é que nos metera ou sacara do armario, metéunos na súa cama!. Eso desde o punto de vista da vendeduría do marketing é nefasto.

 
Às 1:04 da tarde , Blogger Escévola disse...

O do PP non ten prezo, cando fai calquera obra en terreo comunal, fana eles e cando venden fume resulta que a culpa e dos malvados comuneiros que miran polo seu " y no por el progreso del pueblo". Os que miran polo progreso "del pueblo" son os familiares de algún dos novos candidatos do PP que ten moito interese no convenio de Raeiros. Por certo o "trailer" que anuncia o centro de saude está ainda alí e mira que non levará tempo.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial