23 de maio de 2007

É hora de compromisos

Debo advertirlle os que me lean que vai ser a primeira vez que pida públicamente o voto nunhas eleccions para unha opcion politica determinada, espero que non teña que arrepentirme. E fago esto, ca firme conviccion de que é necesario que o 27 de Maio, os votos progresistas se decanten polo BNG por varias razóns que fundamentaría sobre todo en 3 : Porque presenta un equipo, non só para ganar, sinon o que é mais importante, un equipo potente para poder gobernar. Porque presenta un programa creible e razonable (o tempo dirá se o cumplen ou non, pero ahi estará este blog para denuncialo e demandalo) e, sobre todo, porque dos partidos clásicos (PP,PSOE,EU,CDS,. etc.) é o único que até agora non tuvo a oportunidade de ter a alcaldia a pesar de que os seus votos sempre sirviron para poñer na alcaldia a opcions progresistas.
Vai ser a segunda vez nos meus 32 anos que vou votar o BNG ( a primeira vez, foi nas pasadas eleccions autonómicas) e considera que desta volta, se o pobo de Ogrobe se entusiasma, se nuclea orredor desta alternativa e o domingo acude a votar en masa, o noso pobo pode cambiar a tendencia que está a levar nestes ultimos 8 anos e que nos empuxa a situarnos na cola dos concellos da comarca.
Decía mais arriba que o programa que presenta o BNG é un programa creible. Só hai que ter en conta que nesta lexislatura que ven de rematar, mais do 60 % das mocions foron presentadas por esta organizacion, das cales foron aprobadas por maioria ou unanimidade o 80%. Que non se levaran a cabo da unha idea da nula capacidade de xestion de Flanders e bo exemplo é o tema da rede Wifi, Centro de Saude, Centro de Dia, Instalacions deportivas, etc.
Demoslle xa que logo un voto de confianza o BNG na persoa de Carlos Alvarez e a xente que o acompaña na lista. En todo caso, quero deixar claro que este apoio non é ilimitado, pois estaremos vixiantes para que se cumpra o programa e que o pobo de Ogrobe non sexa unha vez mais enganado e defraudado. O DIA 27 VOTEMOS BNG !!!

9 Comentários:

Às 2:50 da manhã , Blogger Escévola disse...

O apoio nunca é ilimitado, é unha obrigación inexcusable o control por parte da sociedade dos seus representantes electos ou polo menos debería selo. Eu podo apuntar unha razón máis: por pura matemática electoral ten que haber un partido que acade un número importante de votos na oposición para evitar unha sobrerrepresentación da primeira forza ( os Simpsons) moi alta que posibilitaría unha maioría absoluta. Non acadan a mesma representación 3 con douscentos votos cada un que un con seiscentos.

 
Às 10:38 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Perfectamente expresado. Nada que decir, so sumarme o comentario é o titulo do Blog. Familia Simpsons idevos para Springfield !!

 
Às 12:41 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

De acordo, pero eu, ademais de pedir que se vixie o cumprimento do programa tamén agardo que o respecto e a lealdade entre os socios do goberno sexa exemplar.
Penso que esto é o que quere a gran maioría das veciñas e veciños de O Grove.
Forsa, que xa case está.

 
Às 2:09 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Completamente de acordo con Xarabal, a oportunidade está ahí, e hai que aproveitala. E estaremos vixiantes para que os compromisos se acaden.
Forza Galiza! Forza BNG!

 
Às 7:16 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O meu pronóstico é este:

PP: 7
PG: 0
A Meca:1
EU: 1
PSOE: 3
BNG: 5

¿Que decides?

 
Às 7:39 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ai, se Deus te oira!

 
Às 8:52 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Os meus pronósticos son os seguintes: BNG 4, PSOE, 4, EU-EdG, 1 ou no mesmo sentido 4,3,2.
É lóxico que o BNG suba alomenos un, da outra estivo a piques de acadar o 4º. por 19 votos, e na actualidade unha forza creíble, emerxente, seria e coherente, pero que poida acadar 5 é un tanto dubidoso, xa que logo na nosa Vila eses logros tan significativos non se dán. (ogallé me equivocara). O PSOE a pesar dos cristos (en menor medida sempre acaen cada 4 anos, aínda que o deste ano foi importante) vai subir e no pior dos casos non baixara de concelleiros. EU-EdG, creo que perderá un pola baixa do gran faixador, honrado e honesto Xan Caneda e pola inexperiencia e mocidade de Xan Lamelas (neste noso pobo desgrazadamente castígase ambas as dúas cousas, pero tamén hai que ter en conta que o seu electorado é moi fiel, polo cal tamén cabe a posibilidade de que manteñan os dous.
No que atinxe á outra banda, o PP vai perder 2 concelleiros por múltiples razóns: a primeira porque ao non estar Fontán cae de por sí un, e pola outra el aínda lle axudada a acadar outro, pero existen máis circunstancias, Paula Janza e toda a súa familia, que a min me dá impresión que esta foi a que intermediou para que Víctor fóra de núm. 2 na lista do PG e polo tanto os seus votos non irían ao PP, se a elo lle sumamos o affaire (o que lle fixo o PP a) Ana Isabel, tamén dubido que vaia votar a familia ao PP, e tamén se temos en conta a familia dos Cabesudos que é moi prolífica, así como se Chesqui logra convencer por enésima vez aos Fraga, non hai dúbida ningunha que o PG sacaría un folgado, e no máis dos casos A Meca cos descontentos do PSOE, máis algun cabreado do PXOM, quizais un pouco apretados sacaría outro.
Creo que é posible o cambio e que outra nova etapa comece por moitos anos na nosa Vila.

 
Às 8:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Engado outras dúas cuestións non menos significativas: Por unha banda o desgaste lóxico de Miguel Pérez (cantidade de promesas incumpridas) e pola outra a conformación da lista que é moi mala, ao non ter ningún referente importante no plano social local que lle dera un certo crédito ou que contrarestara na medida do posible a caída á baixa de Miguel Pérez.

 
Às 1:42 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Vaia quinielas!! jajaja

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial