19 de maio de 2007

Eppur si mouve

E sen embargo, movese que diria Galileo. Recibo cunha grande alegria a presencia na rede doutro blog Cartas desde Delfos que ven traer nova luz neste noso apatico concello. Reconforta pensar que unha non está sola na rede neste desigual combate contra a mentira e a manipulacion, contra as trapalladas e o cretinismo encarnada polo homiño do bigote e a súa corte de aduladores.
Quedan só 8 días para, si o pobo de Ogrobe quere, podamos dar fin a este pesadelo de governo que so sinificou un estancamento no desenvolvemento do noso pobo. Oito presupostos despois (que hai que traducilos en miles de millons de pesetas), o unico que nos deixaron foi bocados de aceiras de cores (que nin siquera teñen continuidade unhas con outras) e unha apatía na xente que vai ser dificil recuperar.
Coincido co autor de Cartas desde Delfos de que é o BNG quen, pola lista que presenta a estas eleccions o que sumado a fragmentacion e loitas internas de outros partidos, asi como a proliferación de grupos satélites (Partido Galeguista, Mecas), está en millor situacion de poder facerlle frente as hueste de Flanders. Dende éste blog, pidovos nesta semana que falta, entusiasmo e ganas. Que transmitamos a todos aqueles que coñecemos que outro pobo é posible, que Ogrobe ten que recuperar esta autoestima, ese empuxe esas ganas de ocupar o espazo que por traballo, por historia e por meritos lle corresponde no concerto da ría de Arousa e Pontevedra.
Fagamos casao a Galileo, que digan as enqusisas o que queiran pero, o pobo de Ogrobe, a xente de Ogrobe .... eppur si mouve.

6 Comentários:

Às 3:40 da manhã , Blogger Escévola disse...

Olas: Moitas grazas pola benvida a estes mundos virtuais. Espero que esta comunidade non pare de medrar e que cada vez sexamos máis os que charlamos, expoñemos e denunciamos cousas que nos parezan importantes. Do das eleccións só digo que miremos como se comportaron os Simpsons durante oito anos sen maioría absoluta ( despotismo,falla de democracia, nepotismo...) e que imaxinemos como sería con outros catro anos máis, e xa non quero pensar como sexa con maioría absoluta... . Pero bueno somos nós quen o decidimos, non?

 
Às 10:22 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Coincido co comentario de escévola, ainda que penso que os Simpsons sí tiveron maioria absoluta, polo menos estos ultimos 4 anos pois dende o primeiro o ultimo minuto (os derradeiros orzamentos co cheque en branco de 3,5 millons de euros e boa mostra) grazas os traidores o legado de Castelao (Chesquis e Katelos). Penso que a autora do artigo acerta totalmente cando fai que nos preguntemos donde estan as realizacions do PP (auditorio, infrastruturas deportivas, piscina, centro de saude, postos de traballo, etc. etc.) eso sen entrar no que moita xente de Ogrobe pensa referindose o patrimonio de alguns elementos do concello.

 
Às 10:59 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu fun ao mitin do Bloque e gustoume moito o que vin alí. O candidato foi claro, non se pasou de revolucións e deu razóns do programa. A conselleira falou da xente do mar que larja a quen non traballla e que hai que larjar ao PP do concello. Lina, un pouco nerviosa, falou das necesidades que temos. O diputado foi o máis cañero, como fai sempre. Antón Mascato fixo unha presentación moi boa, falando da xente da candidatura e demostrando que teñen o mellor equipo, o máis preparado, a min convencérome. Funa a outros e non me gustou Cacabelos, Aida mete medo ela e a súa tropa, Fredi non ten nin idea e a Lamelas fáltalle ferver catro anos máis. É o que hai, como non nos salve o Bloque temos Flanders outros catro anos, coa súa mafiada municipal, e eu xúrovolo, marcho do Grove.

 
Às 2:45 da manhã , Blogger Escévola disse...

Olas: queriavos preguntar se sabedes porque o redactor/a do bologue cousas de O Grove non escribe novos artigos. E polos problemas xudiciais derivados da denuncia do PP?

 
Às 9:03 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Así de simple: É porque nin máis nin menos afastada polas razóns que sexan -incluída a creación do blog con isa única fin-, Ana Isable Domínguez, rematou a rabia.

 
Às 9:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non sei se sabedes que certo alto funcionario do Concello se adicou a mandar mensaxes SMS, para que o personal (non do Concello) fora ao mitin do PP, e despois presume de apolítico e de progre.
Teño unha testemuña presencial, aparte de min, de quen mo afirmou.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial