10 de dezembro de 2007

Jana de leria

Levabamos uns dias tranquilos, cousa rara neste pobo, e resulta que para animar o cotarro salta o Rabizo os medios para poñer a caldo o concello de Ogrobe pola suposta indefinición do governo municipal no tema do campo de futbol das Lampans. Polo que se ve, este home debe ser un enamorado perdido do deporte rei, pois dada a cantidade de campos de herba que a deputación está a facer en toda a provincia, ou fanlle moi bon prezo a empresa que os monta ou xa non sabemos nin que pensar. De todas as maneiras, parece ser que no caso concreto de Ogrobe, e segundo declaracions do noso alcalde, "no la querian meter dobrada" dito asi en linguaxe coloquial, xa que para facer as obras como quería a Deputación, o concello debería desembolsar case medio millon de euros,e parece ser que non estan as arcas como para tirar a casa pola ventá.
Claro que o noso alcalde, poderia aproveitar para preguntarlle o Rabizo se pensan rematar a carretera de San Vicente-Ogrobe algun dia,pois moito me temo que con 4 traballadores por moita vontade, gañas e horas que lle poñan, non van a acabala no próximo qinquenio. O millor, "como agora non governan os nosos", xa non ai apuro para acabar algo que leva mais de 4 anos a voltas. De paso, poderia decirlle tamen que tipo de criterios usa a Deputación para que a alguns veciños se lles obrigue a retirar o muro o seu cargo e fanllo poñer a escasos 90 centimetros da fachada da casa (se dades unha volta por Reboredo, veredelo). Por outra banda, nesa mesma carretera, a casa dun destacado militante do PP, pai dun concelleiro da actual corporación, non solo non se lle toca a unha pedra do muro, senon que se varia a linea das aceras e se saca mais a carretera. Esto podedelo ver en Campos, e penso que os carballos non vos impderian ver cal e a casa da que falamos. Esta e a igualdade que imparten os do PP. Como nos millores tempos do difuntiño.
Claro que postos a preguntar, tamen lle poderia preguntar pola carretera de Meloxo, pois se nos queixamos que na de San Vicente estan a traballar so 4 homes, na de Meloxo fai meses que xa nadie traballa ali. Tres carreteras ten a Deputacion en Ogrobe: A de San Vicente, a de Meloxo e a da Virxe das Mareas. De todo canto pasou nesta ultima e de como quedou, xa tod@s as veciñ@s de Ogrobe o coñecen. Estas cousas pasan dende que Rafael Louzan é presidente da Deputacion de Pontevedra, e as veciñ@s de Ogrobe, deberiano de saber.
Da piscina prometida, case millor que non se lle pregunte nada, pois igual lle entra a risa floxa e temos que levalo o medico, pois eu, o igual que moitas veciñas deste concello nunca acreditamos daquela promesa electoral de que "si ganan os nosos", haberia piscina na Lanzada. O igual é que o home se referia a praia, ide vos saber.

13 Comentários:

Às 7:24 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¿Que problemas ten O Grove?:

- Políticos: xa os coñecemos dende lonxe, nunca houbo unha corporación municipal que fixese algo útil, (menos para o seu interés proprio, e bolsillo persoal; claro).

- Sociais (que UN DELES PASA POR ALTO): O problema que pasa por alto, veciños/as, é o problema das drogas, por si alguén non se entera, A-S D-R-O-G-A-S. Non me considero a persona máis axeitada para ser columnista de ningún medio de comunicación, nin son un gran comunicador, pero aproveitando este blog, gustaríame facer saber a Marina do Xarabal, que aqui sí ten un tema moi preocupante. Falando dende a miña experiencia propia coas drogas, quero dicir que a sociedade grovense está vivindo unha época de "relaxamento". O Grove foi un pobo moi castigado polas drogas nos oitenta e nos noventa, algo que NADIE debería olvidar. Deberiamos pararnos a pensar que está sucedendo na actualidade. A día de hoxe, xa nadie pensa en meterse "un pico". Hoxe, a xuventude pensa en esnifar tres ou catro raias nunha noite aguantar a "marcha", tomar un MDMA para pasalo bem e fomarse uns porros para poder durmir despois. ¿Que vos parece?. Eu non pertenzo a xeración do "caballito blanco", pero si á xeración da COCA, do MDMA e dos petas pa durmir.

A maioría da xuventude de O Grove, carece de pais e nais que se preocupen realmente dos problemas dos fillos, si eso o unimos a escasa oferta lúdica ( falo de oferta sana)e a falta de futuro laboral, temos o resultado que se desgrana nas noites de desenfreno psicotrópico. Iso sí é máis preocupante que as aventuras do Rabiso, Ned Flanders e Rosio Jurado. Gracias polo teu ciber espazo, Marina.

 
Às 12:29 da manhã , Blogger xarabal disse...

Agradezcoche un monton o teu comentario. Por desgraza non coñezo o tema das drogas hoxe en dia na mesma profundidade que o coñecin nada mais chegar a este pobo a mediados dos 80 donde a pouco case se levou por diante unha xeneración. Podo dicer que cheguei a contar mais de 30 enterros de xente xoven que se subiran, sobor de todo, enriba dun cabalo que non poideron controlar. Parei de contalos cando a quen levaron foi a un achegado intimo pero por desgraza os viaxes sen volta seguiron,e siguen ainda que afortunadamente en moita menor medida.
E ben certo que agora non se fala do tema e que existe un relaxo total. Descoñezo en profundidade o tema como se move hoxe en día e de ahi que nunca falara sobre eso. Coincido o cento por cento a que esto, de ser asi, é con diferenza o problema MAIS IMPORTANTE para todas as casas de Ogrobe, pois daquela, a morte non respetou a naide. Porque creo que esto nos pode afectar a todo, poño o teu dispor este blog para publicar, co maior realze e difusion, todo aquelo que poidas contarnos sobre este tema. Moitas grazas de novo

 
Às 2:53 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Marina, grazas pola túa rápida resposta. A situación, hoxe, é a seguinte:

- Para min, é imposible barallar cifras aproximadas, pero habendo estado varios anos no mundo da noite meca ininterrumpidamente (ata fai uns anos), podo dicir que un 20% de xoves entre os 19 e os 35 anos que saen de festa, son consumidores habituales ou esporádicos de cocaína, nas noites de ocio mecas.

- Coñezo a moita xente de fora do pobo, que saben de primeira man, que polo pobo circulan cantidades importantes de coca, elixindo esta poboación para vir a "pillar". E sendo comentario xeralizado, que aqui -hai bo "material"-.
A maioría dos consumidores habituais máis xoves, pasan a ser pequenos distribuidores menudeando uns poucos gramos, entre os amigos e coñecidos. Para así custearse os seus vicios.

- En canto ó consumo de hashise e marihuana, o seu consumo (aínda que bastante menos perxudicial que a cocaína, pero non adecuado, para os xoves, está moito máis xeralizado (ó millor un 40% dos xoves e non tan xoves), baixando case seguro, a idade dos rapaces que o consumen, ata os 14 ou 15 anos. Teño visto rapaces de menos de 13 anos fumando canutos, no Grove.
Sendo a xente xove que comeza a facelo, os máis perxudicados, porque todavía non saben ben o que están facendo.

Información hai dabondo sobre as drogas, e unha persoa elixe o seu camiño, tendo información de sobra. Pero penso que, nos olvidamos que a información non é o máis importante; o máis importante é o estímulo necesario que se necesita para vivir dunha forma máis saudable, algo do que carece unha parte do noso pobo.

Aínda que poida parecer unha locura ou algo imposible, penso unha causa moi probable deste problema, podría ser a mala relación que existe entre a xente do pobo. Un lugar donde se vive tan dividido, crea algo que se chama "desarraigo", algo que persoalmente penso que pasa no Grove. No Grove non hai "variedade", hai división, entre este problema, entre estes dous cantíns atópase a xente do Grove. Sen saber moi ben a donde ir, e sen acordarse moi ben de donde ben.

- Gustaríame imaxinar, como imaxinaba John Lennon, e imaxinar que todo fose distinto.


A miña modesta opinión.


Un saudo a todos/as.

 
Às 3:27 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O análisis anterior é un lugar común. triste. Evidentemente trátase dun problema grave que non merece ser analizado tan á lixeira. Sobre todo sorprende que neste blog non hai ´temor algún a dar nomes e lugares. Sen embargo ó falar da droga, o único que se di é que é un problema da xuventude e tipéanse datos estatísticos.

 
Às 3:37 da manhã , Blogger Escévola disse...

Olas a tod@s e bo nadal:
Primeiro decir que hai moitos problemas aos que non facemos referencia (creo que falo tamén por Marina) porque non se nos ocorren ou porque non nos cremos o suficientemente capacitados para falar deles por iso súmome á invitación anterior e convído a todos aqueles que teñan algún tema que queiran comentar a que se animen e nolo fagan chegar por mail ou vía comentario para poder publicalo.
Respecto da Deputación debo dicir, unha vez máis, que a culpa é nosa; dos cidadáns. Creo que é así xa que non castigamos este tipo de comportamentos e non dicimos claramente que os cartos non son do señor Louzán senón nosos e temos dereito a esixir que a Deputación leve a cabo os proxectos e investimentos para os que se supón que existe. Tamén coido que estes comportamentos esixen que os cidadáns nos mobilicemos e deixemos ben claro que queremos tal estrada ou piscina. É obvio que non inviste a Deputación en Ogrobe porque non goberna o PP (non o digo eu que o dixo o propio Louzán cando se estaba negociando o goberno).
O que penso que se debería facer é deixar as cousas claras: que goberna aqueles aos que os cidadáns lle deron a capacidade de facelo nas eleccións e non quen Louzán queira, que se se segue por este camiño o PP que quere castigarnos porque non goberna ainda vai ter menos votos na proxima quenda e que se fai falla manifestarse para conquerir as cousas o pobo de Ogrobe vai manifestarse e pelexar o que sexa necesario para conquerilas. Se non facemos nada e deixamos que nos tomen por parvos despois tampouco creo eu que valgan de nada os queixumes e os laídos.

 
Às 12:25 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

A todos y todas los que mienten, critican y calumnian.
A todos y todas los que día a día convertís a cualquier persona en el objeto de vuestro odio
A todos aquellos que no les importa dañar a las personas y a sus familias
A todos y todas los que se entrometen en la vida íntima y personal de los demás
FELIZ NAVIDAD
Y que los Reyes Magos os traigan la capacidad de aprender a respetar a los demás

 
Às 5:19 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Do mesmo xeito dígolle, querid@ anónim@, e que a súa relixión lle permita separa-la palla do lixo. Non sei quén dixo que as palabras son ár, e van ó ár, namentres que o tempo pón a cada quén no seu lugar.

 
Às 11:09 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Día: Venres 21 de decembro.

Ciclo: Cinema Dixital

Lugar: Cine O Mariño, do Grove

Hora: Dez da noite

Entrada: libre ata completar aforo

Organiza: Concellería de Cultura. Concello do Grove





Mentíndolle á vida no Cine O Mariño do Grove





Unha nova sesión de Cinema dixital vai ter lugar no Cine O Mariño do Grove, no que se proxecta este venres, ás dez da noite o trhiller sicológico Mentíndolle á vida, dirixido por Jorge Algora no ano 2005. Un film de Adiviña Producións, que ten entre os seus protagonistas aos actores revelación do panorama artístico de Galicia, como Marta Larralde ou Chete Lera.



Esta película narra o conflito que manteñen dúas familias, os Durán e os Souto, ante a desaparición de moza Cristina Durán. Todo indica que o culpable é o seu mozo, Enrique Souto, ata que a investigación policial, dirixida polo inspector Diego Martí, exculpa ao principal sospeitoso. A interevención do xornalista Hannibal Bretal será determinante na resolución do caso.



O ciclo cinematográfico denominado Cinemas Dixitais está organizado pola Concellería de Cultura do Concello do Grove, e ten lugar todos os venres, ás dez da noite, de decembro e xaneiro, con entrada libre ata completar o aforo. Nesta serie poden verse as mellores películas producidas en Galicia nos últimos anos, e ten por obxectivo vencer as dificultades de exhibición do cine galego nas salas comerciais dominadas pola industria norteamericana.

 
Às 2:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Concellería de Cultura do Concello do Grove.

Programación Cultural Nadal 2007

Día 22, decembro, sábado. Ás 19.45 na Igrexa de San Martiño
Concerto de Nadal da Coral Polifónica da Confraría de San Martiño.
Concerto do Coro infantil e xuvenil da Coral Polífónica da Confraría de San Martiño.



Días 26 a 30, decembro. Cine O Mariño.
Xornadas de Teatro Afeccionado do Grupo Enxebre.



Día 26. Ás 21.00 horas. Inauguración.
O grupo O Trasno, representa a
obra D2N23.

Día 27. Ás 21.30 horas.
O grupo Expresión Teatro, representa a obra Ofimax.

Día 28. Ás 21.30 horas.
O grupo Porta Aberta, representa a a obra O arce no xardín.

Día 29. Ás 21.30 horas.
O grupo Libélula, representa a obra Un mal día

Día 30. Ás 21.30 horas.
O grupo Enxebre, representa a obra Lacras.


Todas as representacións das Xornadas de Teatro Afeccionado do Grupo Enxebre son con acceso mediante pagamento de entrada.

O Concello do Grove colabora co grupo de Teatro Enxebre, a quen lle agradece o seu compromiso co Teatro e a Cultura, cedéndolle o Salón do Cine para o desenvolvemento desta importante actividade.


Día 30, decembro, domingo. Ás 12.45horas da mañá. Igrexa de San Vicente
Concerto de Panxoliñas da Coral Polifónica Boca da Ría de San Vicente.

Día 2 de xaneiro, mércores. Ás 18.00 horas da tarde. Cine O Mariño.
Entrada libre ata completar aforo.
Concerto do grupo de música Infantil MAMACABRA.


Día 3 de xaneiro, xoves. Ás 18.00 horas da tarde. Cine O Mariño.
Entrada libre ata completar aforo.
Proxección do Cine de Animación O Vello e o Mar.

Día 4 de xaneiro, venres. Ás 18.00 horas da tarde. Cine O Mariño.
Entrada libre ata completar aforo.
Actuación do Grupo de Monicreques de Kukas. Coa obra Sen Título

Día 4 de xaneiro, venres. Ás 22.00 horas da noite. Cine O Mariño.
Entrada libre ata completar aforo.
Proxección do cinema dixital O Partido. Film producido pola govense Emma Lustres.

Día 5 de xaneiro, sábado. Ás 13.00 horas da mañá. Biblioteca Lueiro Rey, do Monte da Vila.
Entrada libre ata completar aforo.
Presentación da obra e entrega do premio Lueiro Rey de Novela ao gañador da XV edición Ramón Caride Ogando.
Participan: Olegario Sotelo, editor; Francisco Martínez Bouzas, profesor e crítico literario; Ramón Caride, escritor; José Antonio Cacabelos, alcalde e Antón Mascato, Concelleiro de Cultura.

Día 5 de xaneiro, sábado. Ás 18.00 horas da tarde. Cabalgata de Reis.


A Biblioteca Manuel Lueiro Rey, do Monte da Vila permanece aberta dende as 8.30 horas da mañá ata as 21.30 horas da noite, ininterrompidamente, de luns a venres. Os sábados abre de 9.30 a 14.00. Durante todo o ano, non sendo os festivos.

 
Às 3:44 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Teño unha certa desilusión do que se podería estar a facer ou xa feito e non o vexo por ningures. Sei que poderedes dicirme que as cousas de palacio van despacio, mais eu tamén digo que pode darse o problema de que de tan despacio que se vai, poden non chegar nunca a facerse realidade.
Sinto por Antón Mascato, polo labor que esta a facer, xamais vira a un Concelleiro de Cultura repartir propaganda á porta da Igrexa, e digo que é máis que meritorio que dea a cara, que descargue e poña as sillas para calquer acto cultural sen por elo caírlle os aneis, máis tamén amosa o que hai, desgrazadamente é así. E non quero falar de urbanismo donde de seguir así pouco tería mudado ou casi nada o tema. De verdade que me sinto un tanto defraudado.

 
Às 1:41 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Xa que tanto falades da pouca formación dos empregados municipais por que non nos explicades que fai un amigo do concelleiro de turno (sen formación algunha e sen pasar por ningún tipo de proba)traballando de auxiliar de bilbioteca na Casa de cultura.
E por qué non explicades tamén, xa que tanto sabedes, por que foron rexeitadas varias persoas con formación en biblioteca e arquivos.
e por que non explicades que proceso selectivo se sigueu para contratar a esta persoa

 
Às 2:04 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pregçuntallo ao do PP que son unhos mestres niso de enchufar ao persoal tendo como únic mérito ou ben ter o carnet do PP ou ser familiar dun ou dunha que o teña.
Na Deputación Provincial de Pontevedra tés montes e moreas, agora xa se está a formular o troco de nome da mesma polo de Deputación de Ribamia.

 
Às 1:49 da tarde , Blogger ulises disse...

ENCANTARIANOS A TÚA PARTICIPACIÓN:

www.ponteatro.mi-web.es

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial