26 de outubro de 2007

Transferencias

Para que non digades que son unha monotematica, hoxe quería falar dun tema que está nos medios de comunicación estos días. Resulta que disque, que parece ser, que o anterior Ministro de Admons. Publicas chegara a un acordo con Vicepresidente Anxo Quintana para levar a cabo algunhas transferencias dende o Estado a Galiza. Entre estas trasnferencias estaría a seguridade marítima e parece ser que tamen se falara algo sobre tráfico, ainda que esta estaba mais cruda.
Pero tate que agora, chega a ministra Elena Salgado e dille a Quintana que tarari que te vi e que non habia nada de nada. A min a verdade e que me costa creer que non sexa certa o que viron os meus olliños fai uns meses na TVG cando Quintana salia xunto a Jordi Sevilla e os dous anunciaban o principio de acordo para levar a cabo esas transferencias. Aparte, parece ser que hai actas desas reunións. A maiores, unha, na sua iñorancia non entende que pinta o Salvamento Maritimo das nosas costas dependendo de Madrid (non hai mais que facer memoria de todo canto leva acontecido nestas costas e senon vexase o exemplo do PRESTIGE). Por outra banda, que o tráfico estea transferido a Euzkadi e a Catalunya e que a Galiza se lle negue esa posiblilidade é algo dificil de entender a non ser que se nos tome por tontos do bote ou que a ministra estea mentindo e o que está dicindo estos dias non sexa verdade.
Neste asunto de dimes e diretes, o mais curioso de todo é que Elena Salgado dí que é galega. Dende logo vai permitirlle que lle diga a señora ministra que será nacida nesta terra, pero que dendo logo non exerce como tal galega pois a sua actitude, en vez de axudar a sua terra ainda por riba intenta poñer por trampon a un representante elexida polos galegos. Que se sepa, ate o de agora, a esa señora só a elixeu o presidente Zapatero.
E este é a clase de persoal que os galegos sempre tivemos que aturar cando chegan o poder do Estado. Vos imaxinades un ministro catalán, andaluz, vasco, etc. que fixera eso coa sua comunidade. ???.
Agora anunciannos que posiblemente esta señora vaise presentar nas eleccions xerais de marzo por unha provincia galega. E todavía terá a santa cara de pedirnos o voto despois de negarnos o dereito a poder decidir os galegos sobre aquelo que nos afecta diretamente e que outras nacions do estado xa estan disfrutando. Que veña, que veña a pedirnos o voto que imos BOTAR ven por ela. Pero o mar.

49 Comentários:

Às 7:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

"Que veña, que veña a pedirnos o voto que imos BOTAR ven por ela. Pero o mar."
Fala en singular filliña, que cada un xa pensa por sí.

 
Às 1:21 da tarde , Blogger Panaide disse...

Para o anónimo anterior....Estás seguro/a que de verdade pensas por ti mesmo/a?..Non será que mentres outros pensen por nós, e nós conveña, non pasa nada,pero si outros expresan a súa opinión (que seguró que é a de moitos,donde me incluo eu mesmo) e choca coa vosa xa non se pode dicir nada e todos a tragar e calar...Galegos que mexan por vos e dicides que chove...DESPERTADE DUNHA VEZ e reclamade o que por dereito como pobo vos pertence...estou dacordo con Xarabal,había que botala ó mar e a algúns/as tamén...
Os "manexes" do PP e dunha parte do PSOE van a rematar coa nosa identidade e co noso dereito a reivindicar o noso...

 
Às 6:00 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

"estou dacordo con Xarabal,había que botala ó mar e a algúns/as tamén..."

Non é proprio de alguén que se considera democrático. Pensamento totalitario, ou pensas coma min, ou bótote ó mar.
Pero veña home, "certos" nacionalistas teñen a xenrreira dos fascistas.

 
Às 8:09 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Se o di xarabal, xa se sabe de que pé coxea, se o di Alberti: " A galopar, a galopar hasta enterrarlos en el mar...".
O sentido co que se din as cousas pode ser metafórico e as veces empregamos o plural aínda que quen este a falar sexa un (singular) e non literal, pois tamén hai que entender o sentido do que o quixo dicir a persoa que o dixo, e así cando eu digo que hai que enterralos nas furnas, quero dicir que hai que derrotalos electoralmente. Se se entende ou pretende entender outra cousa, alá cadaquén, pero ver extranas maniobras orquestais na escuridade, resulta un tanto chocante.
Hai que recoñecer que o PSE está nun tesitura involucionista a respecto do marco xurídico-político, de aí que manteña unha postura un tanto coincidente no fondo, quizais non na forma, co PP.
A verdade que tén certas patacas quentes: Estatuto de Catalunya, Plano Ibarretxe, etc... polo tanto parece lóxico desde esta perspectiva que non lle dea azos ao nacionalismo galego, aínda que legalmente todas as competencias as que se chegara ao principio dun acordo, poidan ser cedidas como exclusivas á Galicia; elo ao abeiro do disposto na CE e no Estatuto de Autonomía de Galicia. Entenden que non é o momento (estratexia política) e o de menos é o dereito de soberanía política e financieira do pobo galego a decidir cuestións que non lles son alleas.

 
Às 7:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

adiviña, adiviñanza: cantos concelleiros actuais do Grove teñen rematados os seus estudios?
Resposta: Mascato, A. Dguez., e Noemí Outeda

 
Às 7:50 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

o anonima da 7:49. Cando decimos normalmente "Vamos a ganar", nadie se sente aludido e responde co "ganarás ti". Simplesmente, o de "imos BOTAR ven por ela. Pero o mar", non deixa de ser unha frase que supoño responderá o desexo da autora que a bon seguro pensa que e compartido por mais xente. Dende logo eu atopome no medio desa xente que pensa que sí debemos BOTALA pero o mar, o igual que a de Fomento.
O que agocha no fondo o anónimo e unha xenreira e un autoodio a si mesmo que lle impide protestar cando mexan por el, e por riba, botache a bronca se ti protestas.
Son no fondo, a clase de xente que protesta porque "a sus hijos se le esta educando en gallego por imposición", non parandose a pensar , que a todos os galegos, estasenos a impoñer dende sempre unha educación nun idioma que non é o noso (inclusive contra os ditamenes da propria UNESCO), e por riba temos que estar contentos porque agora danos o 50% das asinaturas no noso idioma. Pais, pais. (Bos imaxinades un sueco, un fines, un danes, etc. etc por poñer paises con poucos habitantes, renegar deste xeito do seu idioma?)

 
Às 9:17 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Please, queres darme unha respota, perdóame pero e que son un tanto curto: Con da Besuja ¿ É que son máis intelixentes, quizais máis cultos, ou máis educados uns Concelleiros que outros polo mero feito, pola sorte ou polo bo dispor económico das súas familias o ter rematado unha carreira?. Ao meu parecer, admitindo a miña subxectividade, é que non, aínda recoñecendo de que o ter unha carreira universitaria poida dárche unhas certas táboas no xeito de ver as cousas.

 
Às 8:35 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

É propio de pensamentos clasistas menospreciar a quen non ten estudos universitarios, curiosamente non se valoran os estudos formativos ou profesionais como o de mestre torneiro, técnico contable, ou maitre de hotel... que raios os fai mellores a uns que aos outros? non será o traballo, o labor realizado día a día no seu posto de traballo o que da valor ás persoas, e lle quita méritos a quen non fai ben o seu labor? Para min sí. Pero xa digo non coincido con esas mentalidades reaccionarias, clasistas e despreciadoras. Hai médicos do Grove, con máis de catro trienios no paro, e peóns traballando cun salario digno. Seguramente o médico ten sana envexa do peón.

 
Às 11:12 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Burro: m. animal solípedo. 7. fig. y fam. asno, hombre rudo y de poco entendimiento. Ú.t.c. adj. 8.fig.Hombre o niño bruto e incivil. Cargado de letras, fig. Persona que, a pesar de haber estudiado mucho, no discurre con inteligencia.

El diccionario es un tesoro para entendernos.

 
Às 1:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

A verdade é que non entendo ren de ren. Eu que fixen unha carreira profesional, daquela era maestría industrial para nada amoso menosprezo as carreiras profesionasi, e non sei a que vén o de non son conroibo nin ghana que teño, pois o meu artigo vai no mesmo sentido que o teu.
En fin!

 
Às 3:59 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

que sí home que sí, era só aliñarme contigo, decindo que non son tí (o auténtico) nin jana que teño, estás nervioso?

 
Às 4:37 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O Cine O Mariño acolle de novo unha programación estable de cinema



A Concellería de Cultura do Concello do Grove continúa dotando de contidos culturais ao recuperado Cine O Mariño, e nesta ocasión súmase ao proxecto Cinemas Dixitais, organizado pola Consellería de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Axencia Audiovisual Galega en colaboración co Igaem.
Ao longo dos meses de novembro, decembro e xaneiro, todos os venres ás dez da noite realizarase a proxección de trece filmes, non comerciais, feitos en Galicia, que contarán nalgúns casos coa presenza no mesmo cine O Mariño de directores, actores, guionistas, produtores ou actrices que participaron nalgunhas das películas que se inclúen neste ciclo

O concelleiro de Cultura, Antón Mascato, valorou de xeito positivo “o feito de recuperarmos no Grove unha programación estable de cine”, e que esta veña marcada polas “producións que actualmente se realizan en Galicia e que normalmente non chega ao circuítos comerciais” nos que dominan os carísmos e ben promocionados proxectos norteamericanos. “Estou convencido de que se conseguimos interesar ao público na visisón destas producións acabaremos vendo con absoluta normalidade a nosa produción cinematográfica”, que neste caso foi ben seleccionada nestas trece obras de ficción cinematográfica.

A primeira proxección terá lugar o venres, 2 de novembro ás 10 da noite. Trátase do filme que leva por título A Atlántida, dirixida por Belén Macías, e que ten a Nancho Novo como protagonista, e na que participan ademais Antonio Durán Morris e Isabel Blanco. Un film de ficción que narra historias actuais nas que o drama e os conflitos socias toman a forma de crónica.

 
Às 7:24 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Conroibo autentico, sin animo de entrar na vosa discusión sobre os concelleiros, quedo un pouco perplexo pola tua afirmación " ¿ É que son máis intelixentes, quizais máis cultos, ou máis educados uns Concelleiros que outros polo mero feito, pola sorte ou polo bo dispor económico das súas familias o ter rematado unha carreira?. "
Quero entender que non quixeches dicer que para ter rematado unha carreira universitaria soio hai que ter sorte ou bo dispor ecónomico das familias. Digo por que no meu caso como o da gran maioria dos que acabamos estudos universitarios, supoño que en algo influiría o noso traballo, empuxe ou tesón para con os estudos.
Un saudo

 
Às 7:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

como di conroibo auténtico: eu tampocuo entendo ren de ren (¿quen escoitou algunha vez dicir ren de ren?)e o que non entendo é ó conroibo poli-mili (a)porque non sei cales serán os concelleiros burros. Os que acabaren os estudios, os que non os acabaren ou os que non os teñen?. Quén é máis burro o cargado de letras ou o burro-burro?

 
Às 9:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Se o paradigma da intelixencia é por exemplo Mariano Rajoy que disque en tres meses foi quen de preparar as oposicións a Rexistrador da Propriedade e o paradigma de non estudiado e Señor Cristobal, un home sen estudios pero que foi quen de diseñar e construir os motores Lores, quedome co "burro" de Sr. Cristobal e para vos, os "intelixentes" das carreiras. (como di un amigo meu, antigo traballador do INEM "Teño visto a un tio con tres carreiras de peon forestal"). Pois eso.

 
Às 8:42 da tarde , Blogger Escévola disse...

Olas a tod@s, queriavos recomendar un blog a tod@s. Marina íache mandar un mail para se che mola que o engadises a lista de blogs pero non o fixen porque non sei o teu correo. Mirade o blog a ver se vos mola:
xgaliza.blogspot.com

 
Às 8:43 da tarde , Blogger Escévola disse...

xa topei o mail, sintoo. Non me gusta pegar anuncios nos blogs a próxima vez mirarei ben polo mail antes de facelo.

 
Às 9:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

"Primeiro ser, despois trunfar"... xa o dixo Castelao.
Non se trata de ter unha carreira universitaria, senón de ser alguén na sociedade, no mundo do traballo, da cultura, etc... Iso é o fundamental antes de meterse a vivir da política.

 
Às 11:07 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Lo de tener o ser también lo dice Antonio Banderas en un spot. ¡Qué nivel!

 
Às 3:17 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Prego arredas (isto tamén se escoita ben pouco) como moi ben diría o meu amigo Pío Dalonga, efectivamente quizais non me expliquei moi ben, e iso é un defecto que teño. Tampouco fixen mención ao poder ou non de decisión das persoas que optaron no seu día por estudiaren unha carreira universitaria, nin á posibilidade hoxendía moito máis doada que fai anos, de accesibilidade a facelo.
Quixen dicir que daquela a oportunidade non estaba ao alcance da man; tamén dicir que moi poucos eran os afortunados. Entendo que "polo mero feito", tamén inclúo a aquelas persoas que non o foron pola sorte ou porque as súas familias tiveran "pasta". Para min a mellor carreira é a experiencia que che dá a vida, hai persoas que marabillan pola súa cultura do mundo do seu traballo, polo seu civismo, pola súa educación, pola súa intelixencia, pola súa prudencia e moitas delas apenas saben leer e escribir; en resume quero dicir que para levar un Concello ou calquer outra empresa, sexa pública ou privada non é requisito imprescindible, nin creo que unha carreira universitaria sexa dunha grande axuda. Ás veces pode máis a aplicación dun certo siso, prudencia ou aplicación do sentidiño, ou mesmamente ter bos asesores.
E con todo isto non quero desmerecer aos que estudiachedes ou estudiaddes carreiras universitarias, nin tampouco aos que estudiaron ou estudian carreiras técnico-profesionais, nin por suposto aos que por outras cuestións se ben na obriga de traballar, pois a capacidade de todos creo que é moi digna, diante carreira de obstáculos que é a vida. Creo as persoas poden ser tan intelixentes, éticas, honradas etc, etc... aínda que non teñan estudios ningúns, por iso non podo estar de acordo coas pretendidas mensaxes que algúns lanzan, de que para acceder aos cargos públicos electos haxa que ter un título, pois ista é unha das poucos temas no que o seu acceso tén un tanto de igualdade no seu exercizo (sufraxio pasivo), ben é certo que ligado na grande maioría das veces a unha dependencia coas asociacións e partidos políticos imperantes.
Saúdos.

 
Às 6:12 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

La titulitis es un síntoma de idiotez como cualquier otro; ej. babear. Pero eso no quiere decir que los que tengan un título no hayan seguido un camino previo de formación que hace presumir que dispongan de mayores conocimientos y, por ello, de mejor comprensión de las cosas. A fin de cuentas estudiar es, simplemente, recibir conocimientos y acelerar los que naturalmente vas recibiendo en la vida. Y eso, simplemente, quiere de cir, que el estudio es básico para el conocimiento y, por lo tanto, para la comprensión del mundo.

 
Às 9:30 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Hai moita xente con título que podería facer un bó traballo na política. Podemos incluir neste grupo a xente con pais con recursos e tamén a outras persoas que, grazas a becas e sen un patacón sairon adiante. Hai de todo. Pero tamén hai moita xente sin título, que tamén poderian ser bos políticos. Agora ben, tamén existe xente moi intelixente (con e sen título) que son auténticos sinvergonzas, e poderíamos seguir indefinidamente con esta retórica valeira dun neno de 5 anos, falando de tal e cal individuo para demostrar que a parte e igual ó todo.
Vivimos nun mundo rexido, ó menos dende o punto de vista matemático, pola teoría do caos. Uha cousa non leva necesariamente á outra. A nadie se lle ocurre pensar que polo feito de ser un xenio en fusión nuclear, unha persoa debe ser un cidadán exemplar e ter unha familia feliz, pagar a facenda, e non correr no coche e ... E o mesmo pasa cos títulos. Agora ben, eso que non sirva de excusa para que xente que tivo a posibilidade de acabar unha carreira, e por falta de esforzo non o acadou, sendo maior de idade, se escude no da titulitis. Para acadar un posto de traballo, calquera debe demostrar algo, un título, unhas capacidades profesionais, algo. Por desgracia, ahi podemos incluir ser fillo de..., amigo de..., primo de... E, sempre na miña opinión, ese é o mérito principal na política. Ser primo de Touriño, Feijoo ou Quintana é máis importante que ser unha persona con ou sen título e con capacidade, no mellor sentido da palabra. Todos loitan contra a corrupción e amiguismo e cando están arriba nadie se encarga de modifica-las leis que permitan modificalo. Ou alguén vai investigar o enriquecemento ilícito da (metade? cuarta parte? maioria? 1? só os do outro partido?) dos políticos que chegan arriba e sancionalos como merecerían?. A política NON é vocación, é un modo de vida, de gañar cartos, de asegurarse un porvir, de que che levanten estatuas,etc. E para un grupo reducido de persoas, que case nunca chegaran arriba por razóns pra mín obvias, un modo honrado de servir á xente.

 
Às 10:54 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Si amiga, un modo honrado de servir á xente e de ser feliz un mesmo coa súa decisión de estar dese xeito no mundo. Nin cartos, nin estátuas, necesariamente. Pero tampouco insultos e faltadas constantes.

 
Às 11:54 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Como di un amigo meu moitas veces, "Ei de creer nos politicos cando vexa os directores e secretarios xerais ir a traballar no seu coche particular". Eu teño que recoñecer, que esta medida podía ser só un simbolismo, pero diria moito de quen a practicara.
Contabase fai uns anos, que a Presidenta de Finlandia desplazabase normalmente en metro. Por ahi podían empezar. Logo, o de corromperse ou non corromperse, leis ai abondo para evitar esas cousas. Outra historia é que a mesma se queira aplicar oun non, e a vista de actitudes e sentenzas como as emitidas por alguns tribunais (a ultima, a desestimacion da denuncia da CIG contra as obras do mausoleo de Fraga), a verdade é que deixan pouco marxe para pensar que estas cousas poidan cambiar.

 
Às 2:02 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Exposición

Etnografía do Salnés

O Deputado Provincial de Cultura da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, e o concelleiro de Cultura do Concello do Grove, Antón Mascato, teñen o pracer de convidarvos á inauguración da exposición Etnografía do Salnés, que vai ter lugar o xoves día sete de novembro, ás 17.30 horas da tarde na Casa da Cultura Manuel Lueiro, do Grove.


A exposición recolle unha escolma das mais salientables pezas do valioso patriomonio etnográfico da comarca do Salnés, presentada mediante paneis fotográficos e textos documentais, incluíndo muíños, pombais, fontes e lavadoiros, piornos e cruceiros.


Neste acto participarán, ademais de José Juan Durán e Antón Mascato, Marta Lucio, comisaria da Exposición e José Antonio Cacabelos, alcalde do Grove


A mostra comisariada por Marta Lucio, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, poderá ser visitada ata o día 22 de novembro en horario de mañá e tarde, de luns a venres, e os sábados pola mañá.

Serán organizadas visitas escolares guiadas en colaboración cos Centros educativos do Grove.

 
Às 7:05 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Adiviña, adiviñanza: ¿de quen virá sendo o edificio de Conchases que o Concello para ou non para?

Adiviña, adiviñanza: ¿ e lo que consorte municipal estará a faguer un ático ilegal indo para Rons?

Ai, señor: cuan dura es la vida del político.

 
Às 10:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu non sei, pero acabo de decatarme de que debo estar un pouco fora do tempo. O motivo cal ven sendo? pois que acabo de botarlle unha ollada as páxinas webs dos partidos políticos do pobo de Ogrobe, e as miñas conclusións son:

1º.- o pesoe é o partido mais probiño porque non ten páxina web

2º.- seguimos tendo un alcalde do PP.- Como? pero que dis?.... pois sí amijosssssss...! na páxina web do PP, hoxe día 10/11/2007, dí:


PARTIDO POPULAR

Saúdo do Alcalde
Ideoloxía
O Grove que queremos
A historia do PP local
Resultados electoráis
Sede do PP de O Grove
Executiva local
Contacta con nós

SAúDO DO ALCALDE
PARTIDO POPULAR > Saúdo do Alcalde
Benvida de Miguel Pérez.
Na actualidade a Sociedade da Información estase a converter na pedra angular da eficiencia económica, grazas ....


despois de que no mes de xuño tomase posesión o novo alcalde, na paxina web do PP de Ogrobe aparece nun primeiro apartado o "Saúdo do Alcalde".... pregúntome eu, a ver si é que Cacabelos se pasou o PP?, a ver si é que Pérez aínda non se decatou de que xa non é Alcalde? A ver si resulta que é todo un mal soño meu?

 
Às 10:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

jjjjajaaaa, pois creo que non é un soño meu... na mesma páxina web do PP de Ogrobe seguen decindo:

Miguel A. Pérez, o Alcalde que desbloqueou xestión aprazadas dende hai tempo, xestións de vital importancia para o Grove.

Un Alcalde comprometido co seu pobo, acompañado dun equipo que supo estar a altura das circunstancias. O Grove non é o mesmo que fai uns anos, Catro Carrís de entrada polo Bao, reordenación do tráfico, mellora da estrada de ardía, nova ponte da Toxa, novas instalacións portuarias, plan de excelencia turística, Casa de Acollida, Paso de Meloxo, Praia de Peralto, recuperación do rural, Campo de Fútbol, humanización da vila e así un largo etc de obras que nos permitiron facerlle unha lavada o noso municipio en beneficio de todos.

 
Às 10:38 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

E que decir da prensa dixital que ma citada web se recomenda, mirade, mirade amijos, "el no va mas":

www.libertaddigital.com
www.elmundo.es
www.fundacionbranas.org
www.fundacionfaes.com

¿Alguien da mas? Abran juego Señores......!

 
Às 11:11 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Que mal pensados sodes, si esos
rapaces son de centro !!! (ou e que querian decir que "eran del centro" ?)

 
Às 2:51 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

A xente da vila queremos cabalgate e entroido como sempre.
Abaixo Tonton e kkbelos. Dimisión por unha vila ceibe, fora a opresión dos talibáns

 
Às 6:06 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Tranquilosssssss amijosssssss, tranquilos, que imos ter cabalgatas, carnavais, e demais festas a rachar, que pa eso tivo que votar man delo unha muller, Noemí, CONCELLEIRA (si, concelleira con maiusculas)do PSOE e que ten unha grande vontade e compromiso co pobo de Ogrobe....

Tranquilos que seguro que Noemí non nos vai deixar nin tirados nin decepcionados...!

 
Às 1:49 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pois xa que carga con todo que liberen a Noemi que polo menos ela si que merece un sueldo tódolos meses e non outros

 
Às 9:50 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

E que os fala é Marina a ex mandona de cultura que ahora ten que ir traballar pola tarde e os sábados, e está que vota lume polo escote de vampiresa co que disimula o FEA que é por fora e por dentro. No Grove temos ahora a biblioteca aberta todo o día o os sábados. Esa é a mecha que arde, e quen o fixo foi eses dous aos que insultades:Cacabelos e Mascato. E Marisa a sindicalista disfrasada de amarillo, color que tan ben lle vai ao seu sindicatillo. Canta máis rabia teñan esa pécora e ese bicho, mellor o estades facendo.

 
Às 1:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

En relación coas Festas Locais, na reunión do goberno celebrada o luns pasado pedín que se considerase o feito de que non deixamos establecido, no pacto de goberno, quen se ía responsabilizar da organización das Festas. Referín que varias desas festas incluían responsabilidades, competencias, e necesidade de recursos económicos, que ían máis alá dunha única area de xestión, e que a organización dalgunha delas trascendía as competencias dun único concelleiro. Algo no que estiveron dacordo todos os membros do goberno presentes. E que foi ratificado polo propio Alcalde. Puxen o exemplo da celebración do Nadal, que na miña opinión incumbía a diversos concelleiros, no que eu debería responsabilizarme dos concertos conmemorativos tal e como xa me comprometín coas corais de San Martiño e San Vicente, pero non da Cabalgata, que incumbía a outros colectivos, como as Anpa´s, ou as Asociacións de Veciños e a Alfredo Bea o relacionado coa seguridade vial; ou o Entroido, no que eu tería que asumir a responsabilidade principal, e que xa comecei a organizar cos directivos das comparsas; pedindo o apoio doutros compañeiros con delegacións en educación ou seguridade pública; e dese xeito acordamos que a concelleira de Educación, Noemí Outeda, excelente compañeira, fixera de coordinadora da organización das Festas Locais, contando coa colaboración de cada concelleiro delegado cando se estimase necesario, e según a celebración específica.

Dese xeito, o concelleiro Antón Mascato, colaborará coa concelleira Noemí Outeda, igual que os restantes membros deste goberno, naquela parte da programación que se refira a actividade cultural. Non sendo da súa competencia a organización de actos relixiosos, nin actividades escolares, nin aqueles aspectos relacionados con protección civil, ou o regulamento do tráfico. Eso é todo. Nese sentido teño que rexeitar as distorsionadas informacións que hoxe se publican. Lamentando que podan darse falsas interpretacións de problemas internos no grupo de goberno do Concello do Grove, algo que non se corresponde coa realidade. E que o único que conseguen é reforzar a cohesión interna deste grupo de catro forzas políticas e nove persoas diferentes.

 
Às 3:53 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pero Anton: Co mundo que ti tes e todavia a darlle "cancha" o impresentable ??.
Pero pode facerselle caso a quen trata este asunto como se foran as enchentes do ano pasado ??. So había que ver algun "politico" local non-nato, como opinaba do tema e pedialle medidas de forza o alcalde para evitar esas cousas. Meu Deus vaia banda. Ti sigue traballando como sabes que cun persoal mediatico como o que temos, polo menos habemos de fartarnos de rir

 
Às 5:17 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Quero felicitar ao Mendaz, é un artistaso, aínda está doente porque o seu amigho del alma non foi Alcalde con todo o que fixo por el, saíulle ben a primeira vez, cando puxo a dinamita da trampa, da mentira e do engano, pera desta as súas coñecidas artimañas de raposo non deron resultado ningún. Pobriño infeliz!.

 
Às 5:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Antón: ánimo con esa Concellería. Traballa co tesón, ansia, liberdade, xustiza, .... que todos te coñecemos.

E para a ridícula da Malina, que se ve que anda pululando por aquí:
"es como un grano no cu"".... "Ou peor". (con perdón)

 
Às 5:43 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

que sorte a chegada da esquerda o grove,en san vicente xa temos caixeiro automatico,que afortunados nos sentimos que o noso señorirño feudal se precoupe por nos,gracias mi señor
la voz de galicia periodismo de altura,que asco dais¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

 
Às 5:46 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

eso e todo o que a esquerda coas novas forzas vivas o mais puro estilo da liturgia franquista cree que somos,uns tontos os que se nos pode decir que xa podemos ser felices,que temos un caixeiro,recorda o puro franquismo,o abogado ,o profesor editor ,e o cura neste caso disfrazado de periodista facendonos creer que somos tontos,os da memoria historica recordanme o franquismo puro e duro,,,,,

 
Às 9:31 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Antón, están rabiosos, e van a por tí e a por Cacabelos por que saben que vos entendedes e que tedes ideas na cabeza. Miguel Pérez por que sabe que lle das os informes da corrupción aos de delitos urbanísticos. Malina porque a puxeches no seu sitio, traballando na biblioteca e abrindo pola tarde e mailos sábados. Porfirio político non nato, porque non lle ides aprobar o pelotaso de Río Seco-Reeiros dous. E Faro de Méndez porque cobra a billetasos da 500 de Pérez que os colle da mafia Promotora así vai este noso pueblo.

 
Às 10:58 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Oe pepe: Pero o ferreiro pescador pode vender o terreo de Raeiros ?. Fai uns meses aparecia na lista de subhastas por impago a Seguridade Social. E este era o representante dos empresarios locais. Vaites, vaites

 
Às 7:23 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Hai moito intelixente por estes foros de Deus, mirade ben un comenta (5.43 P.M.)o que lle peta (xa se sabe que pola banda de estribor) e aos tres minutos, dáse resposta asímesmo (5.46 P.M.) e para dicir o que dixo tardou nada máis e nada menos que 3 minutos, toda unha proeza.

 
Às 7:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Fai tempo un amigo meu afirmaba que o mundo anda do revés, ou alomenos as ideas dalgúns franquistas sociolóxicos que militan en certo Partido Político, pois botaranse ao monte; elo vén a conto, polos comentarios que vexo que alguns comparan certas cousas cos males do franquismo, coa contradicción antagónica que implican as devanditas afirmacións, pois eles sí creen no franquismo da pura e dura reacción, pero é máis avogan por elo.

 
Às 7:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O Concelleiro de Cultura o sr. Antón Mascato non deixou tirado a ninguén, e precisamente este non ten a condición imperativa sine qua non para porque levar Festexos varios, cal é o problema se non existe ou algunha mente lúcida pensaba que isto era Babilonia co Kaos e que non se ían facer?. Sei da capacidade de Noemi, sei que o fará ben se ten os medios, porque amigos e amigas non nos esquezamos, un non pode ser Supermán, e outros teñen os seus traballos e fan moitísimo máis que algúns por aí adiante liberados, incluído o Rabiso da Deputación.

 
Às 7:53 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Teño varios amigos na Comparsas, polo que eu sei, Antón Mascato tiña previsto unha reunión fai tempo e deu os primeiros pasos para que se fagan as cousas contando con todos. Polo tanto o que afirmou Méndez no Fóra de Vigo e a dun auténtico trampón, pois actúa como unha delusiña traidora.

 
Às 10:46 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

hoxe cando ia para traballar, parei a tomar o cafelito diario no bar de sempre e ollei a prensa do día... Medo me da!.. disque Alternativa Meca vai neghosiar con Rosa Diez para entrar no partido desta última.

Vaites, vin o "retrato" da comisión neghosiadora, menudo escándalo! Alá foron Aida, Bombero, Xé, Uca e o mozo de Aida. ¿Cecais agasarían a Rosa Diez con algunhas centoliñas (en veda) das que Prol, o mozo de Aida descarjou durante estas semáns atrás con tanta rapidez dende o barco nejro ese no que anda a unha furjoneta?

Vaites, vaites... e despois saen na prensa os melloriños.... Hai que telos rectangulares...!

 
Às 11:54 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pois se o barco negho anda a centola en veda, que desir dun barco que se chama EDU, e logho os Grandes Soles do paraghuai..., e logho aqueles barquiños que teñen a centola colghada nas bateas dos familiares, ou os que os venden nos jalpons (menudas colas fan no Hipermercado Chapel, ou os que descarghan noutros portos e van as suas donas coas furghonetas a recoller a centola?... Vaites, vaites... por non falar do jran surtidor de Noalla e Villalonga...!

Manda Carallo na Habana....!

 
Às 12:56 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Ánimo Aida. Mulleres ao poder! Ti sí que podes presumir de que eres unha Política de categoría non coma outros que morren de envexa.
Ánimo de parte de tod@s @s que te admiramos

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial