21 de agosto de 2007

Amores rotos

Acaba de chamarme unha amiga madrileña que fai moitos anos que pasa as vacacions en Ogrobe para felicitarnos, pois porfin fumos quen de sacar un dos ultimos monumentos do franquismo que quedaban por ahi adiante. Esta amiga, como xa comentei en algunha ocasión, está conectada cos circulos de poder da capital do Reino e comentoume tamen que os dous do bigote - ate fai pouco os amos do concello - e quizas algunha persoa mais, poden ir preparando o petate, pois parece ser que na documentación que obra en poder dos investigadores, a fiscalia pudera haber atopado información suficiente que podería mandar a "sombra" a Cachuli e Cía.
Dende logo Cachuli algo debe saber do tema pois as suas declaracións de onte a saida do xulgado despois de declarar polo tema dos falsos candidatos en Euzkadi, son un aviso os navegantes por si a el o acusan en firme. Asi debemos de entender das suas palabras cando di que "os incluídos nas listas son un grupo de persoas afectadas que traballan no Grumir ou na brigada forestal" e acto seguido sacar a relucir os nomes de Alexandre Aguín, responsable do proceso electoral en Ogrobe e de Ana Isabel Domínguez, naquel enton responsable do GRUMIR para rematar dicindo que "non poderia acusar a naide" pero que cree na inocencia de Alexandre Aguin. Blanco e en botella ..... . A Cachuli, e xa o dixemos nalgunha ocasión, prepararonlle a cama (non hai pior cuña que a da mesma madeira, nin peor moza que unha despechada) e agora vese que a lo tonto a lo tonto pode acabar no caldeiro. De ahi este aviso, que contra o que alguns pensen, vai dirixido a sua propia xente (evidentemente a persoa que fixo a trapallada en Ogrobe seguia ordes ou estaba pagada por xente de mais arriba) .
Os proximos meses van ser moi farturentos en noticias deste tipo. Non me extrañaria que acabaran todos no Tomate e no Salsa Rosa.A vista de todo isto, alguns funcionarios municipias deberan valorar se paga a pena seguir boicoteando por activa ou por pasiva o goberno lexitimo. Deberan aprender do pasado e dende logo deberan saber que - a vista do Manolito - a este goberno non lle debera tremer o pulso para poñer a funcionar de unha vez por todas, a institucion municipal.

25 Comentários:

Às 10:21 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Xa veremos que é o que cae aquí, polo de pronto están perseguidos pola sombra da lei máis o goberno local demostra ser firme nas suas posturas. So espero agora que o Alcalde non se doblegue agora como fixo coa carallada da misa do carmen ou da procesión, ainda que estando o BNG detras seguro que esas investigacións urbanísticas van chegar a bo porto.

 
Às 6:31 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Aos que están nerviosísimos coa retirada "momentánea" da foto do rei, recomendo a letura do artigo "Vento da Travesía" de hoxe domingo en "La Voz".
Eu.... "ni quito ni pongo rey"

 
Às 11:35 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Estás moi equivocada a respecto do que dis sobre a implicación de Flanders (ti chamalo cachuli), Xandre Aguis (alias culofino) e Maria Isabes (alias Rocio Jurado).
Evidentemente non quero que penses que estou a defender a eses delincuentes mangantes, sobre todo Flanders, causante do retraso cultural de Ogrobe e polo que o povo deberia telo desterrado. En fin. vese que andas pouco informada, e algo que me corroe é a contaminación nos medios de comunicación como este.
Metes a pata acusando co dedo a xente que nomeas no teu artigo e as razons de por que o fixeron.
Pois ben, comentoche que dentro da militancia do PP, dentro da directiva do BNG, PSOE e IU e por ende, dentro do Concello de Ogrobe está identificada a persoa física que cometeu o delicto.
Por que se sabe quen foi? pois pola sinceridade do/da delincuente con unha das suas vitimas.
O problema é que non basta dicir que fulanito dixome que foi el ou ela, o que fan falla son probas, e o goberno local ten calado o asunto porque sabe que sen probas non pode acusar a ninguén, e as probas non as hai.
Por que te equivocas acusando a Flanders, Culofino e Rocio Jurado? sinsexalemente porque eles non teñen nada que ver, non foros os promotores da idea nen xentes ao mais alto nivel foron quen artellaron o plan. O plan xurdiu da propia iniciativa particular do/da delincuente para gañar prestixio dentro do partido ao veren de arriba que en Ogrobe a xente colaboraba e solidarizabase co partido en Euskadi.
Por que crees que Flanders sae das portas do xulgado dicindo que está tranquilo? porque el NON ten nada que ver.

Nada mais, somentes pido rigor nas tuas informacions, e se queres contruir un medio de publica informacion, infórmate. Porque eu son un particular, nada afin ao PP e informeime e sei o que pasa con datos e sinais. Así que non caigas no radicalismo, que mais ben é o xogo que fai Jimenez Losantos e as xentes dese lado.

Nada mais, un saudo.

 
Às 4:01 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu coñezo o caso e corroboro totalmente todo o anterior, Flanders está tranquilo porque despois das probas caligraficas non quedara lugar a dudas sobre quen foi, e que nada ten que ver con él nin coas persoas imputdadas e dende logo La Voz columpiouse neste caso (mal asesorados) e por facer puntos dentro do Goberno, esperemos que traten da mesmo forma a noticia cando se sepa toda a verdade.

 
Às 11:00 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Non dubido en absoluto da veracidade dos dous comentarios anteriores, mais xa que falamos de rigor e seriedade non estaría de máis practicalo. É posíbel que as persoas ás que facedes referencia nos vosos comentarios non teñan nada que ver mais non deberiades deixar de lado un dato, estamos a falar de listas electorais dun determinado partido político e polo tanto os responsábeis últimos das súas listas son os dirixentes dese partido, non é de recibo que por falta de probas que inculpen a esa persoa da que vos sospeitades, todo este caso caia en saco roto. Sexamos serios e deixemos que a xustiza actue deixando de lado as simpatías políticas que evidentemente, cada un de nós temos.
Un saúdo

 
Às 2:39 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Que Flanders non esbribira no papel, nin firmara en falso, non o quita da súa responsabilidade com o mandamáis político. Ollo ao dato, unha cousa é a quen se lle encarga facer o traballo, e outra é quen manda facer o traballo; os doous son responsables e seguro que así o entende o xuzgado. E o papanatas de Faro sin enterarse e actuando de jefe de prensa de Flanders.

 
Às 4:53 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Fixadevos se funciona mal o PP que Flanders non é quen leva o asunto, el non estaba ao tanto.
O tema das lista vascas repito foi iniciativa dunha persoa en particular, persoa que se sabe quen é e que según consta vox populi mais dun dos implicados aos que lle falsificaron a firma coñece e non denuncia por falta de probas e porque dita persoa pediu pola sua vida que non se fixera.
Os procedementos internos do partido fan que presentarse a unhas listas en euskadi seña como firmar un donativo nunha ONG, somentes basta coas firmas e as fotocopias do carnet, por iso que Neddy permaneceu alleo a todo.

Quero recalcar que me parece mal e caer baixo atacar a un delincuente como Miguel Perez, máximo responsable do atraso cultural, social e economico de Ogrobe con estas cousas. Un minimo de rigor. A semejantes individuos sobran cousas polas que atacalos e se ben o Goberno de Esquerdas é tan valiente de quitar monolitos con nocturnidade, por que non é valiente de transmitir a opinion publica os problemas de corrupcion, malversacion, caciquismo e politica circense que esa xente deixou en 8 anos de xestion desastrosa. Debe ser que o alcalde e o lugar teniente andan moi ocupados arranxando a desfeita da administracion Flanders. Pido que se fagan publicas as facturas sen pagar, os contratos por amiguismo, os pelotazos etc.
pero bueno, xa sabemos todos que Neddy non era parvo, foi tan listo que el facia e desfacia de palabra, como eses grandes persoeiros da historia como Hitler, Fidel, Tatcher, Franco Bahamonde etc.

 
Às 5:25 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pero imos ver llogo. Quen carallo falsificou enton os papeis ??. Podo estar de acordo con xarabal en que a Cachuli lla meteron doblada (ainda que como maximo responsable debera estar o tanto), pero algun cargo do partido tiña que estar no allo, pois supoño que non seria un simple funcionario municipal o que fixo a xogada sin a supervision ou as ordes de alguen mais arriba. ¿Estades seguros que a Pantoja non estaba o tanto ???

 
Às 5:29 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Sería moi interesante que o cuatripartito fixera público os salarios de todos os funcionarios do Concello do Grove, porque aínda que poden estar a disposición de calquera que os queira consultar, a máis de un baixaríanlle os fumes, xa que non podemos esquencer que estos salarios págamolos o pobo, pagámolos os que recibimos malas contestacións, e pagámolos os que non se nos atende como é a súa obriga. Xa está ben de cafés interminables, de chegar á hora que queiran e sair cando lles pete. ¡¡¡xa é hora de que esto remate !!!

 
Às 6:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Querido "as de picas", ti sabes moito mais do que dis. Eu que sei como foi todo este asunto (pois mo dixo o circulo do afectado-a) estás dando datos falsos ADREDE. Sabes aquel refrán que di "que se colle antes a un trampón que a un coxo"??.
Eso de quererlle endosar o morto a Alexandre sabedes de sobra que non vai resultar por que Alex non ten nada que ver (ese non se entera nin quen o fode por detras). E Miguel Perez si sabe quen foi (gosta de presionar e amedrenatr os seus suvordinados-as), pero e moi listo e por suposto non firmou nada.
Estes dias sabredes todo, pero a miguel non o van coller. Aver quen paga os pratos rotos.

 
Às 10:52 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu tamen son da opinion de que os traballadores do concello son uns impresentables, sobre todo os da basura e os que están no papeleo do ayuntamiento. Xa está ben de pagar a impresentables, o concelleiro lamelas deberia poñer a eses cantamañanas a andar antes de andar de guai e de republicanito co do rei.

 
Às 1:50 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

eres ti moi presentable papamoscas das 10:52

 
Às 3:46 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Mirade que acabo de atopar, as últimos datos da investigación, aquí están todos no allo, unha información moi boa e completa e con nomes polo medio: http://www.todogrove.com/index.php?option=com_content&task=view&id=132&Itemid=1

 
Às 3:49 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

bueno o enlace creo que non funciona, en todo caso entrade en www.todogrove.com e mirade na sección Destacado "Las indagaciones desmontan los informes oficiales de la dirección del partido"... unha información de El Pais

 
Às 7:18 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Para o anonimo das 5,25 e outros: Os nomes d@s responsables diretos sabense xa fai dias: A principal responsable - segundo llelo recoñeceu @s afectados - e a tocaia de Jesus, a da zona de San Vicente. Hasta ahi todo moi ben, se non fora porque a susodicha tamen facia as veces de secretaria de Cachuli, e de que non era funcionaria pública (condicion que si ostentanba o alcalde polo seu cargo) e de que non é creible que o seu xefe direto non estuvera o tanto do que facia neste e outros temas. Por outra banda temos a garda e custodia da documentacions (os carnets de identidade que se usaron para facer a falcatruada) que deberan estar baixo a custodia de algun funcionario publico (alcalde, secretario, etc.) e non nas mans dunha persoa nomeada a dedo no seu dia polo alcalde.
Menos tranquilo do que aparenta tamen debe estar Culofino pois como ben di unha das entradas, non fai falla que sexas ti diretamente quen asines os papeles para ter responsabilidade ou non, pois si el era o responsable da campaña se supon que estaba o tanto do que se estaba a facer. Aqui é evidente que Cachuli e Cía vai intentar descargar todas as culpas na de Sus* de San Vicente e eles quedar como "pasabamos por ali". De ahi ven o nomeamento de Cachuli como xerente do parque de bomberos ( que nos seus tempos de alcalde, bombardeouno canto quixo)., para que cale a boca e faga de muro de contencion o Rabizo. El pola sua banda, mete a Culofino de 2º - como no seu dia fixo coa Pantoja - para que lle sirva de parachoques.
O tema será cando a rapaza teña que declarar, lle fagan tres ou catro preguntas con volta e cante mais que a Pantoja. Ahi veremos se Cachuli, Culofino e o Rabiso siguen estando tan tranquilos, porque no fondo de todo late a principal pregunta: Quen lle ordenou a esta empregada facer ese traballo no concello ???

 
Às 12:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Coido que algúns dos comentarios que se publican neste espazo teñen unha clara intención protectora, mais se facemos unha análise seria dos acontecementos penso que a lectura é ben clara. Non é de recibo que se diga que as persoas nomeadas non son culpábeis e que están moi tranquilas, incluso se afirma que é un segredo a voces a identidade do/da culpábel. Se son quen de inculpar a esta persoa que o fagan e se demostre con probas, de non ser así a culpabilidade ten que recaer nos cargos de responsabilidade do partido. Só faltaría que por non atopar ao brazo executor estes delictos quedaran sen pena algunha.
O responsábel máximo dunha lista eleitoral é o partido que a presenta, pois é o propio partido quen se encarga de confecionala.
Calqueira partido político que se apresente a unhas eleicións faino coa clara vontade de recabar o máximo apoio posíbel, e por tal motivo confeciona as súas listas incluindo nelas a persoa que lles poidan aportar algo cara á opinión pública. Que o Partido Popular inclúa nas súas listas a calqueira persoa soamente por coñecer os seus datos persoais fala ben ás claras de cal é a súa forma de actuar.
Polo tanto, se se identifica a esa persoa que sexa a xustiza a que actúe e se non terá que ser o Partido quen se enfronte á mesma.

 
Às 1:31 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Para min é evidente que a persona da que se fala (a Sus*) non actuou solo e pola sua conta, risco e para agradar os xefes como se quere facer creer. E evidente que alguen mandou e supervisou o que facia e esa/s persona/s estaban nun nivel mais alto que ela. O que de verdade me sigue preocupando e como tiña esa persoa acceso a esa documentacion. Quen lla facilitou?. Quen a autorizou a usala ??. Pero na man de quen estabamos nos ??.
Si esas cousas se facian asi en esa casa, que non pasaria con moitos expedientes. Que hai de certo no que se dixo varias veces de desaparicion de alguns expedientes, digamos "problematicos". E que o secretario non ten nada que dicer desto ???

 
Às 11:27 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Que es eso de llamarle mi vecinito NED FLANDERS como a Cachuli. Habrase visto!!!!! Por favor dirigios a el por su verdadero nombre, es NED FLANDERS, para algo tiene bigotito, va a misa los domingos y es un hombre de ideas fijas, algo rancias y pasadas de moda, pero en fin, es NED FLANDERS

 
Às 5:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

o fillo de carbayo pule farlopa. moita jeta esteban moita jeta.

 
Às 9:35 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Ultimas novas!! O sinto moito pero a NED non o collen, ten as espaldas moi ben cubertas. Outra cousa, non sabía que denunciar a drogadictos fose ser de esquerdas. Tede un pouco de sentido.

 
Às 10:16 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Torres mais altas xa cairon e veredes como mais ben cedo que tarde, NED vai cambiar de residencia, e non para unha donde poida porse moreno. Hai xente que lle ten moitas gañas e el e consciente de que non pode salir de rositas. O tempo.

 
Às 8:11 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

e non irá o mendes con il ao caldeiro? pena, penita, pena, non importa esperaremos porque tyemos a santa pasiensia dos revoltosos

 
Às 11:45 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

E o que se comenta por aqui é que un fillo do Grobe como é Xosé Lois Oubiña esta sendo boicoteado e casi non pode facer as fotos na cidade que o viu nacer. O poder do Mentireiro MM é moito...non sei como os do Faro non se enteran....

 
Às 1:22 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Así vai a prosperar o país,perdendo o tempo sacando pedras que nin van nin veñen...eses momumentos só ofenden a quen quere ser ofendido. Se eu non quero, nada me ofende.
Venga, a seguir perdendo o tempo....

 
Às 8:24 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

1.22 PM: ¿ Na Alemaña nazi existe algún momumento a Hitler ou ao nazismo?. Polo que vexo ti non che arrepía o holocausto nazi, nin calquera acción que viole os dereitos e a dignidade humana xa que logo só che ofende o que ti estimas oportuno, vale como como exemplo paradigmático da túa mentalidade.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial