31 de agosto de 2007

Tolemia

Unha vez prometin que non iba a volver a falar neste blog do Mentireiro Manipulador pero por unha vez e sin que sirva de precedente vades perdonarme este incumprimento, pois despois de leer o escrito no dia de onte por este homiño en relación co asunto de Raeiros a cousa non pode quedar asi. Eu non sei se esto home di as barbaridades que di para chamar a atencion e se fale del ou e que de pequeno caeu da cuna e ainda non se repuxo do golpe. Dende logo por unha cousa ou por outra consigeu que eu rompera a miña promesa.
Debo dicer que cando estaba lendo o escrito no Faro, pensaba para min "Dende logo o que non ten este home e sentidiño da oportunidade, pois co que se fixo publico no dia de hoxe (a notificacion no DOG a empresa proprietaria do complexo) este artigo está totalmente fora de lugar", pero xa o final, decateime que o Mentireiro Manipulador si coñecia a noticia pero a despachaba nun par de lineas sacandolle toda a importancia que tal notificación pode ter para a saude do complexo ou como algo que - mecanicamente - os funcionarios da COTOP fan con todas as obras en Galiza.
Ou sexa que cando vostede veciña ou veciño de Ogrobe recibe unha notificación de Facenda por haber feito mal a sua declaración, non se preocupe pois segundo a teoria de MM estanse cousas fanse porque os funcionarios non teñen outra cousa que facer e adicanse a enviar cartas as xentes e as empresas sen maior consecuencia. MM como as suas iniciales indican e un mentireiro manipulador e sabe perfetamente que a notificación da Xunta e unha reafirmación das teses das denuncias contra esa obra e por eso, mandalle que os terreos volvan o seu estado orixinal, sobre todo porque ali non se fixo a obra para a que se pideu permiso, senon que se fixeron 52 chalet individuais. Agora podran presentalos como queiran, pero o que se ve non se agacha. Por si esto fora pouco, MM debera asegurarse a cantos metros está o muro da linea de costa. Ou que efecto pode ter sobre a obra e os propietarios a notificacion de que o rexistro da propriedade non escritura os chalet, ou ........ Moitas preguntas que o Mentireiro Manipulador intenta tapar con tonterias e literatura barata. Evidentemente MM escribe o dictado de quen lle paga que, loxicamente ten que defender os seu intereses - tirar o maior beneficio - e cando teñan todo vendido, a otra cosa mariposa que esta vaca xa deu o leite que tiña que dar.
Estou segura que o tempo porá a cada quen no seu sitio, entonces veremos que milonga nos contan estos Mintireiros Manipuladores. Mentres tanto, haber o que nos conta da foto da ONCE. Seguramente lle vaia votar a culpa o rapaz ou os pais por deixalo solo. Non me estrañaria nada.

50 Comentários:

Às 12:52 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ai, miña xoia.
Éche o que ten ser o gabinete de prensa oficial de Springfield. E claro, entre ter que dar o parte oficial de Ned, as vivencias e os Vivencios vividos para poder colocar os chalés e poder deitarse co peto ben cheo de cartos pseudolegais enriba dunha Carballa (ius, non, perdón. Dise "deitarse debaixo dun carballo), e as licencias de aparta-hoteis-que-poñemos-chalés, pois non queda outra que contar historietas como para que eles mismos as crean, e poder que encher as follas dun periódico (?) que perde credibilidade a cada día que pasa. En fin, ¿qué podemos esperar?
Mellor non tomalo en serio, que as veas hinchadas non son cousa boa. E ademáis, nen sequera merece a pena cabrearse.

 
Às 12:56 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Por fin vexo unha reflexión clara sobre a manipulación periodistica que fai o Faro de Vigo. a min xa me da igual que sexa o MMM ou perico dos palotes, o culpable é o faro de vigo por permitir que se publique noticias como estas e consentilas. O Jueves foi censurado por dibuxar, e aquí se paga por manipular algo tan serio como un conflicto urbanístico que está mans da polícia xudicial.
esta é unha nova cantada do amigo, Espero que a editorial teña a ben considerar o papel que xoga este empregado na política municipal. E duro decilo pero é indignante o que temos que leer na prensa, xa non sei si este terá algo nesta obra, xa que non é normal.

 
Às 12:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Exacto non merece a pena cabrearse, pero tampouco perdemos nada si non o lemos nin mercamos.

 
Às 12:59 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Parece que este goberno non pasa por taquilla... jejejeje

 
Às 1:23 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pareceme ben o que di a ultima entrada e outros que se teñen escrito neste e outros blogs sobre o tema de non ler o Faro, pero e que mentras se siga con esta politica de total manipulacion por parte deste sirvengonza, e de lei denuncialo aqui e en todas as partes. O que é indignante e que a súa empresa, en casos como o de onte donde so consultando o DOG e vendo o que ali se publica, non lle dera un toque polas barbaridades que el comentaba. Eso si que xa é preocupante.
Por outro lado chama a atencion que neste caso se fale tan pouco de Cuiña, cando foi el quen deu a licencia co informe en contra de todos os seus proprios servizos.

 
Às 1:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

DOG 30-08-07:
Contido da parte dispositiva da resolución:

Primeiro.-Declarar que as obras executadas por Improin, S.L., consistentes en 52 apartamentos acaroados en grupos de catro, cinco e seis vivendas, compostas de planta soto, planta baixa e planta baixo cuberta, articuladas ao redor dunha zona central onde se sitúan piscinas, edificio de servizos, viais interiores, muros de contención de terras e grandes movementos de terras en Balea, San Vicente do Mar, O Grove, constitúen unha parcelación urbanística en solo rústico prohibida polos artigos 206 e 207 da vixente Lei 9/2002.


Segundo.-Ordenar a restitución da parcela matriz inscrita no tomo 887, libro 93 do Grove, folio 96, predio número 10.968, ao seu estado orixinal.


Terceiro.-Ordenar o axuste do uso e destino da edificación ao uso autorizado pola autorización autonómica e pola licenza.


Cuarto.-Comunicarlle ao Rexistro da Propiedade de Cambados para a súa constancia a imposibilidade xurídica de división, segregación ou parcelación da parcela matriz inscrita no tomo 887, libro 93 do Grove, folio 96, predio número 10.968, dado o seu carácter indivisible.


Quinto.-Notificarlles aos interesados esta resolución, indicándolles que pon fin á vía administrativa e contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante o conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, ou ben, se non exercita o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado denunciado en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.


Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2007.


Eu non son xurista, pero logo de ler e reler o que di o DOG, non se di por ningun lado que as edificacións sexan ilegais, nin que se teñan que derrubar. Soio dí que o uso non e legal e que a situación rexistral tampouco xa q se fixo unha division rexistral ilegal. Polo tanto o unico que teñen que cambiar e a situación xuridica rexistral e adpatarse a o uso adxudicado na licencia de obras de apart-hotel.....Licencia esta de hai mais de 14 anos???? Y nos acordamos ahora, carambalas....

Aqui polo que se be o falar non ten cancelas, pero outra cousa son os dous panfletos que sairon onte: Panfleto 1- Faro de Vigo (MM-PP); Panfleto 2- La Voz de Galicia (XM-BNG).
Os dous panfletarios faltan a verdade e intoxican a opinion publica.

 
Às 2:19 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu tampouco son xurista, pero creo saber ler e parece evidente que a vista de diversas manobras realizadas pola promotora, recollidas na notificacion do DOG e que ti te ocupas de ocultar, esas edificacions non poder ser destinadas o uso que se lle esta a dar, e dicer, chalet individuais en parcelas individuais. E asi foi como a compraron moita xente e asi foi como as escrituraron alguns. Agora, a esa xente haberá que decirlle que temos que seguir facendo manobras para que non no las tiren.
Xa sabemos que é dificil - que non imposible - que eso veña abaixo, pero si que terá que ter algun costo - e non pequeno - para alguen, incluidos notarios e rexistradores que fixeron e desfixeron. E o mais importante, aqui, coa connivencia dos que mandaban, intentouse dar un pelotazo urbanistico. Seguramente o primeiro proprietario que fixo face esa manobra e que tivo que vender o terreo polo agobio e as pegas que lle poñian, hoxe estará algo mais contento.

Para informacion da xente, ahi vai a parte do DOG que non publicastes:
Primeiro.-As obras executadas por Improin, S.L. consisten en 52 apartamentos acaroados en grupos de catro, cinco e seis vivendas, compostas de planta soto, planta baixa e planta baixo cuberta, articuladas arredor dunha zona central onde se sitúan piscinas, edificio de servizos, vías interiores, muros de contención de terras e grandes movementos de terras en Balea, San Vicente do Mar, O Grove.


Segundo.-As obras foron autorizadas por Resolución do 9 de abril de 1992 do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas que estima o recurso de alzada interposto contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 19 de xullo de 1991 que denega a autorización para construír unha instalación turística en solo non urbanizable, no lugar de Balea do concello do Grove, que en consecuencia revoga e outorga a autorización solicitada.


Terceiro.-As obras foron autorizadas por acordo da Comisión de Goberno do 11 de xuño de 1993 que outorga licenza de obras a Raeiros, S.L. para construción dun apartahotel en Balea, San Vicente do Mar.

Cuarto.-As edificacións executadas axústanse ao proxecto de execución ao que se lle outorgou licenza agás a distribución do edificio de servizos, pero como consecuencia da división horizontal, da modificación de estatutos e da constitución da sociedade civil particular denominada Complexo Turístico Raeiros, o uso e destino da edificación incumpre o uso autorizado pola autorización autonómica e pola licenza, uso non susceptible de cambio segundo condición inscrita rexistralmente.

Quinto.-A execución física das obras e o réxime xurídico contido nas sucesivas escrituras notariais (de división horizontal, de modificación de estatutos, de constitución da sociedade civil particular denominada Complexo Turístico Raeiros) constitúen unha parcelación urbanística ilegal.

Sexto.-As edificacións destinadas a apartamentos atópanse fóra da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre pero a unha distancia inferior a 200 metros do límite interior da ribeira do mar.

 
Às 3:31 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

vaiche de non xustistas, pois eu tampouco o son, o que si son e lector habitual da prensa e o BNG si que estivo denunciando esta obra no momento no que comezou. Por outra se non se axunta a licencia E ILEGAL mirese por onde queira. Nin o será nunca, xa que acondicionalo a turismo non creo que lle guste moito a idea aos que alí compraron.
Polo tanto é un FRAUDE en TODA regla. ILEGAL

 
Às 3:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

con todo, o periodista o que fai co seu artigo é burlarse da xente dos politicos, do goberno, da xusticia, e do seu propio periodico. Eu tamén penso que o nota debe ter parte no PP na obra ou onde lle salga das narices, pero é unha cantada coma mundo. Para min, sinceiramente é un delincuente protexido pola lei que ampara aos periodistas e protexido polo Faro de Vigo.

 
Às 4:38 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Sodes a ostia todos! que bueno todo dios sabe de todo e cada un posicionase según de que pé coxee, eu xa penso que sodes todos a mesma persoa ou como moito dous e xogades a intoxicar interesadamente o ambiente con un fins moi claros, algún intentan por aquí conseguir o que non conseguen nos kioskos despois de ternos tantos anos olvidados mirandonos por riba do hombro e ainda ahora solo se adican ó negativo e outros desesperados por desviar os seus cristos internos e na carreira contra-reloj pa noon quedar rezagados despois da última ostia electoral.
Nantronte sinxelamente saeu publicado no DOG o informe que xa fora feito público fai meses, pero non houbo ningunha novidade ao respecto por eso a metedura de pata da VOZ DE GALICIA que o quita en portada e Galicia a bombo e platillo como se fora algo novo e querendo intoxicar a todo o mundo como se este fora a Marbella, que flaco favor ao Grove, e algúns ainda se alegran desto! Por contra no FARO DE VIGO fan un repaso ao que foi a polemica, con datas cronoloxicamente e donde alo menos contataron cos implicados, e dende logo con moitos más datos concretos dos que dan na VOZ donde solo falan de caos urbanístico e tramas invisibles, crispación sin máis. E conseguirono eso si, onte deciame unha compañeira que traballa nun bar: ¿que pasou hoxe, que nun ano que levo traballando aquí hoxe é a primeira vez que a xente que ven dexaiunar me pregunta pola VOZ? sensacinalismo rancio como a nova do domingo de acercar o porto deportivo ao centro a pe da visita de Touriño, cando xa se leva falado bastante dexo e no FARO xa lin fai un mes unha declaracións de Cacabelos sobre o asunto. E hoxe no DIARIO DE AROUSA tamén dan a noticia do publicado no DOGA e mira ti por donde incluso eles que teñen a redacción do Grove na sede do BNG solo din que eso publicouse o que xa se sabía.
Veremos si a partir de ahora LA VOZ segue na mesma línea sobre todo con este caso.
Que se dediquen a cubrir as noticias día a día como fai o DIARIO e o FARO, que hasta o DIARIO un xornal novo lle comeu as papas a VOZ, non se pode pretender vender quitando un escandalo cada 15 días. ¡O GROVE é máis que eso!

 
Às 5:01 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

me limpio el culo con el faLo de Vigo.

 
Às 5:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Totalmente de acordo co anonimo das 4:38 cando di "cada un posicionase según de que pé coxee,". Xa sabemos de que pe coxea el.

 
Às 8:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Méndez é un vómito que nos cae cada día desde un periódico que vai deixando merda na súa caída de ventas e de desprestixio. a ESTAFA É FACER CHALETS CON PERMISO PARA APARTHOTEL, eso é o que dixo sempre o Bloque, e o que agora tamén dixo o Diario Oficial de Galicia. PERO MÉNDEZ SIGUE PUBLICANDO BASURA, E ENTREVISTANDO A PÉREZ E AO XERENTE DA EMPRESA PROMOTORA. Mentres insulta aos do BNG. Solo nos queda o boikot, non comprar, non leer, combatir o Faro. Todos. Todas.

 
Às 1:25 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Fantástico, mentras vos boicoteades o Faro eles non paran de subir en ventas porque a xente sensata sabe onde ten que ler as noticias. Mentras Xurxiño, que se come as uñas cada vez que se fala do Faro, dedícase a manipular e tergiversar a información coa axuda do seu corresponsal no Grove.

 
Às 1:32 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Oe meu . Ti non follas, verda ????

 
Às 2:40 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Todos sabemos que Méndez é un xornalista que se pode dicir "a soldo do PP" ese soldo vai en ceas, enchufes para cuñadas del na deputación, favores varios e declaracións sempre de amigo a amigo. Un exemplo de como o Faro de Vigo se vende ao neofascismo é o acoso a Xan Lamelas, que hoxe por hoxe é atacada ata dende a "cartas al director".
O Faro non deixa de ser unha realidade mais da realidade galega. Neste pais todo, todo, todo e por todos, segue funcionando por clientelismo, por interese, tanto de uns como outros. Por eso este pais chamado Galiza é a antepenúltima rexión en riqueza de España. Non digo mais. Temos o que merecemos.

 
Às 3:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ningun pobo "per se" ten o que merece. A culpa non é dos pobos, senon dos que gobernan e dos que mandan nos que gobernan (por desgracia, "o pobo NON é quen mais ordena). Estou totalmente de acordo no resto do comentario, se lle unimos a lista dos afectados os concelleiros do BNG que para o impresentable nin lle valen arre nin só. Pero non vos preocupedes que como decía Bibiano Moron " ai rabioso e vello can de de pallerio, daste conta de que vas morrer, e non podrás travar e non podrás morrer e teus feridos dentes verás caer."

 
Às 6:16 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

XAN CANEDA

DE VERGOÑA



Os próximos días 8 e 9 do actual, celebrase en Hungría o Campeonato do Mundo de Maratón de piraguismo. Integran a Selección de España seis palistas de Ogrove, Fredi Bea, Tono Campos, Alvaro Bravo, Cristian Ribadomar, Yoel Alonso e Jaime Dobarro, todos eles con posibilidades de medalla. O que me leva a escribir esta carta de denuncia é as condicións nas que éstes rapaces, a maioría xuvenís, teñen que participar nunha competición o mais alto nivel representando a España, en condicións inferiores os deportistas doutros paises, xa que as Federacións españolas non lles facilitan o material (embarcacións, palas, etc), material que para competir a éste nivel non é barato, e os rapaces, fillos de familias modestas, non están en moitos casos en condicións de afrontar estes gastos, polo cal teñen que buscar axudas, chegados a este punto, a pregunta é ¿entón para que están as Federacións de Galicia e España, en que gastan os directivos os presupostos?, non creo que noutros deportes os deportistas teñan que comprar eles as pelotas, os balons, as canastas, as porterías, etc,etc., o traballo dos deportistas e facer deporte e traballar para conseguir estar no mais alto, e o traballo dos directivos das Federacións debería ser procurarlle ós mesmos os medios materiais axeitados para competir cando menos en igualdade de condicións que os demáis paises, pois estes rapaces están representando a todo un Estado. Gustaríame coñecer en que gastan as Federacións os cartos, polo que parece nos deportistas non, será en viaxes de luxo para eles. En todo caso pareceme de vergoña que os chavales que van representar a España, a Galicia e a Ogrove, teñan que buscarse a vida para ter un material en condicións que entendo que lle debería ser aportado polas Federacións, so con boas palabras e palmadiñas na espalda e sacarse a foto con eles cando gañan non chega e non se consiguen éxitos deportivos. En calqueira caso e a pesar deles, adiante chavales.

 
Às 7:35 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Méndez eres a caspa da información na comarca, e coa ghomina o único que consigues é que se che faga un emplaste no coco retorcido que tes.
Sabes que cheiras a rancio, alitosis e sabor dun fascismo tan vello como inoperante. As uñas pode roelas quen as ten, a pena é para quen coma tí, basura, ten que roer os pezuños de porco. Non leas, nin compres, esa basurilla de periódico.

 
Às 7:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Tremendo pola sua franqueza a entrada de Xan Caneda a quen felicito. Era bo que o governo municipal se movera un pouco para arreglar esa inxustiza. O concelleiro de deportes, debera saber algo do tema, probablemente por habelo pasado en carne propia

 
Às 11:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Claro porque o bloque non posicionou a un dos seus no diario de arousa do Grove e a varios na voz.

 
Às 2:53 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pois si mirades o reportaxe que fixo sobre o APARTAHOTEL no Faro de hoxe Sabado e pa flipar.

 
Às 3:23 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Que fácil é verquer inxurias ou falsas acusacións contra certas persoas ou colectivos excudándose nunha identidade anónima.
Ao do comentario das 11:57 xa que falas dende o anonimato non terás problema en ampliar esa información e amosar probas sobre o comentario que publicahes.

 
Às 4:25 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Lema tes razon no teu e o oytro no seu, para que a cosa quede clara leede todos o que di o DOGA, aqui vos deixo o enlace: http://xunta.es/Dog/Dog2007.nsf/FichaContenido/337A6?OpenDocument
e asi quedamos todos contentos.

 
Às 5:44 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

E si Fredi fai todo o posible para solucionar honrrosamente ese problema... Será enchufismo, será dos nosos, será....?

 
Às 8:20 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Será facer o que, por razon do seu cargo, tiña xa que haber feito.

 
Às 9:23 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

a fameneghra e a pepe gondar:

non quero perder tempo en esta porquería de ¿blog?.. Sinxelamente decir-vos, a os dous merdeiros, que vos excudades na fantasmada para ser mais homes, que estou a un anaco de saber-es quen sondes.
Coido, que unha vez que vaia a por vos, cara a cara, non negarédes as inxurias,insultos, que estades a verquer sobor da miña muller e de min.
Claro, o mundo e a historia, esta chea de Pilatos, Judas,etc.
Dame o mésmo, non tendes perdón...

V.R.O. ( Biriguens )

 
Às 11:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

MENUDA CHORRADA O ARTIGO DE XAN CANEDA. NON HABERÁ COUSAS MAIS IMPORTANTES NO PUEBLO QUE RAJAR POR RAJAR COMO O DA FOTO DO REY

 
Às 1:54 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Outra tades a rajar do faro e resulta que Antón Mascato publica un reportaje no grove15!! en que quedamos¿?

 
Às 7:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non sei que ten que ver Anton Mascato co que se está a falar aquí, se pública ou deixa de publicar nun periodico ou noutro. a min o que me importa é que o Faro e un periodico manipulador, me la suda Anton e os demais, este é un escaldalo como Mendez intentando defenderse neste blog do indefendible. haber si despois de todas estas criticas volve a facer un reportaxe coma a do sabado, por si lles quedaba algun chale por vender. Ou por si realmente a axencia publicitaria do hotel-raeiros é o Faro de Vigo

 
Às 3:05 da manhã , Blogger Escévola disse...

O da publirreportaxe era por se alguén de nos quere mercar un chalet en Raeiros. Bromas aparte, a min o que me parece raro é que un xornal que aspire a ser minimamente serio publique novas coma esta publirreportaxe e obvie outros temas como o das listas. O asunto é que este xornal non informa, manipula. Poderían informar e darlle caña toda canta queiran ao goberno pero facendoo sen manipulacións e medias verdades ( as máis das veces nin a ese nivel chegan). Porque o tema non é se poñen ben ou mal ao goberno, o tema é que faltan á verdade unha vez si e outra tamén, que obvian as noticias que non conveñen e que ademais manipulan outras moitas. Eu cada vez estou máis convencido de que hai que deixar de mercalo xa que parece a única maneira de que se den conta de que a manipulación non vence, nin vende, nin convence e de que lle están faltando ao respeto a todos os lectores.

 
Às 10:34 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Hoxe aparece outra noticia inquietante na Voz de galicia, onde un propietario admite que mercou un chalet a sabendas do que mercaba, e entre outras afirma... y si luego lo quieres alquilar es mas sencillo... como ? admite el fraude ? sabe que é un apartahotel? ademais admite que pasa en moitos sitios.. e o seu chalet o podo alquilar eu caqueira fin de semán ou so si a el lle apetece deixalo de usar?.. Isto non lles chega ao fiscal que frenou o caso ? ou tamén temos que sospeitar del ?

 
Às 10:38 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

chega o PP na xunta da unha licencia xustificando o uso hotelero, chega un listo asesorado por un avogado ainda mais listo, mercan todo fan un apartahotel e o venden como chales. O uso non é ese o permitido, asi o admiten todos os propietarios socios ou como lles queiran chamar.. polo tanto ilegais"" fiscal ? xuices ? está nas vosas mans.

 
Às 10:40 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Me cago por encima del Faro de Vigo. O tambien es muy bueno para hacer brasas, arde muy bien, os lo recomiendo.

 
Às 11:15 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Dende logo, entre o que sale no Faro estos dias e esto de hoxe de La Voz, os da Brigada de Delictos Urbanisticos deben estar fregando as mans.

 
Às 2:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Parece que algo lle doe ao Faro e ao Ex-alcalde flanders. o que sae públicado hoxe no faro é o mais denigrante ao que se pode chegar, metendose con persoas alleas a vida pública e sin ningunha relación coa infracción de raeiros, e totalmente denigrante.
e non sei si é peor o Faro por darlle cancha. Parece que lles doe que esa obra sexa ilegal, QUE maneira de defenderse como si fora deles..... Cada un que pense o que queira.
A MIN NON ME GUSTARIA ESTAR NO SEU PAPEL ESTANDO HABERTA UNHA INVESTIGACIÓN POR CORRUPCIÓN URBANISTICA EN CONTRA DELES

 
Às 6:21 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

en referencia ao artigo anterior. Eu penso que iso é fruto da tolemia como di o artigo, e que tanto o ex-alcalde do PP como o periodista que públicou esa barbarie deberian pedir disculpas. a metedura de pata é brutal, e eu ata os denunciaria aos dous.

 
Às 6:25 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Parece mentira
Que ides esperar dese periodista, que parece o mais afectado polo caso raeiros. Agora sae flanders defendendo a obra como si se lle fora a vida niso... joder que cantada!! non está claro o rollo ou ainda queredes mais mostras. pois si queredes mais mostras seguide as públicacións do Faro de Vigo nos últimos meses e valorade". parece que o BNG debeu tocar algo gordo e molesto que o Faro non para de dar caña. Bueno concretamente o MMM.

 
Às 6:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Tendo periodistas así, para que sirve o PP. jejeje veña Mendes que metechela pata ata o jueso e estas loqueando!!!

 
Às 6:38 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Así asi. fasendo amijos. Con periodistas asi quen quere nemigos? A decandecia o Faro e do "escritor" MMM chega ao seu fin, un paxaro contoume que na redación do Faro de Vigo está moi mal visto e seguro que artigos coma o de hoxe lle costará caro a el e o seu socio Ned. Este paxariño dime que o fulano en cuestión perdeu o norte e que a sua decadencia non rematara con episodios coma este.

 
Às 9:01 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu non me creo que o boten fora a MMM. En realidade, tal e como conta as cousas, que parece que anda a falar de mundos distintos, para min que lle serve ao Faro para ter a xente esperando para ver a proxima "cronica" de MMM por pura curiosidade e seguir vendendo o periodico, e se non e asi a ver como se explica que el soiño consiga facer fios tan largos en todos os blogs. Raro e o dia que non se comenta algo del.

 
Às 11:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Hoxe sae publicado no diario de arousa o anuncio de exposicion pública do pleno do outro pelotazo de raeiros, primeira proba de fogo para o governo cuatripartito: psoe a favor, bng, pg e eu en contra, o lóxico e que o governo alegue contra ese convenio.

 
Às 12:31 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Estou dacordo co de antes, pero o mellor para iso e non compralo. boicot ao faro de vigo
boicot ao faro de vigo
boicot ao faro de vigo
boicot a MMM
boicot a MMM

 
Às 11:21 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Cantos intelijentes e coherentes ahi neste blog!! menuda tropa.

 
Às 1:21 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

No vou entrar a analisar a nova narrativa sicodélica do sr. Mendaz, nin siquera o seu interese particular que se deduce do publicado, elo no que atinxe a obra de Raeiros; e do máis normal quen fale de fútbol sexa un ignorante das súas reglas e descoñeza siquera como é un campo de fútbol, pois para el tranquilamente puidera ser un círculo ou un triángulo.
A existencia dunha infracción grave é indubidable por fraude de Lei, o que non chego entender é a permisión da Xunta de Galicia na volta ao "status quo" anterior, na vez de abrir expediente sancionador, con proposición de multa. Para min é un actuar totalmente permisivo, máxime tendo en conta a carencia de licenza de primeira ocupación.
O falar non ten cancelas e escoitar a representantes da propiedade manifestar de que o que está en dúbida é o uso e non a obra en cuestión, é de auténtico alucine, pois o uso está indisolublemente ligado a urbanización e se este se adica a outras cousas na vez do que se lle concedeu na licenza o fraude está máis que á vista, pero é máis toda a obra pasa a ser ilegal, podendo o Concello revogala licenza e mesmamente expropiala obra, sacándoa a subhasta (aparte doutras medidas coercitivas e cautelares). Quen non coñece o Dereito Administrativo e o Dereito Urbanístico fala por falar.

 
Às 11:25 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

E o dos chales é moito....E o que se comenta por aqui é que un fillo do Grobe como é Xosé Lois Oubiña esta sendo boicoteado e casi non pode facer as fotos na cidade que o viu nacer. O poder do Mentireiro MM é moito...non sei como os do Faro non se enteran....

 
Às 6:51 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Para os que tendenciosamente preguntan e agora despois de 14 ou 16 anos a que vén o de denunciar a obra do Aparthotel de Raeiros?, as respostas sónche ben sinxelas, a obra comezou a construírse fai pouco máis dun ano, perto de dous, aínda non está rematada (creo incluso que cando comezou a súa construcción o máis seguro é que estivera caducada a licenza e Ned Flanders mirando para outro lado), amais da parcelación prohibida expresamente pola Lei do Solo é ilegal por fraude de lei, pois se pretende que a licenza se adique a destino contrario ao que foi concedida; polo cal é obriga do Concello revogala, iniciar expediente sancionador (con precinto e desaloxo incluído) e tamén expediente de reposición da legalidade, tendo en conta a gravidade a maiores de non ter licenza de primeira ocupación.
O que non me cabe na cabeza é que o Director Xeral de Urbanismo manifeste publicamente que as obras son legalizables, isto noutro país occidental sería motivo de cese fulminante por tamaña aberración, esquecéndose da legalidade a aplicar, co cal incluso podería incorrer en prevaricación por omisión, aquí non pasa nadiña de nada. Eu como cidadán síntome aterrado de que un cargo público poida afirmar tal despropósito, e pido a súa demisión.
O BNG denunciou todo isto en varios Plenos e Ned Flanders, aparte de mirar para o ceo, aínda non lles deu a información de que a PL. ía comezar unha investigación sobre o caso, que de seguro nunca recibiron a súa orde.

 
Às 1:15 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Qué òca vergüenza tenéis de hablar con ese libertinaje de gente que ni conocéis. No voy a caer tan bajo yo de meterme con vuestros familiares, pero alguno debería lavarse la boca con jabón. Estáis implicando a gente que no tiene absolutamente nada que ver con el asunto de Raeiros....es increíble.
Además....aquellos que van de libertadores, justicieros y recuperadores de la memoria histórica les recordaré aquello de "vive y deja vivir".

 
Às 8:52 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Amiguiño que queres dicir con eso de vive y deja vivir, que fagan a vista gorda os que exercen como cargos públicos?. Creo que erras, a xustiza é o contrario da vinganza e o cumprimento da Lei, sí esa que tanto vos enche a boca debera de ser aplicable a todos por igual, non só aos probriños de turno.
Sei que no caso do aparhotel de Raeiros a maioría da xente foi antes informarse ao Concello para saber como estaba, se se sinten presuntamente estafados que denuncien pola vía penal á promotora. Están no seu dereito, pero que non pretendan,entre outras, ter un contador da auga cada apartamento, senón un contador xeral.

 
Às 7:46 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Hai unha cuestión que resulta chocante, fálase de libertadores e como sempre os tópicos típicos aparecen indisolublemente unidos a opinións totalmente subxectivas, totalmente dogmáticas e prexuízosas de antemán e o que xa non tén nin pés nin cabeza é que xamais se da unha soa argumentación lóxica ou racional.
A simpleza do mecanismo do chupa-chup é a raíña destas opinións e obvian que os cargos públicos son elexidos democraticamente polos cidadáns, teñen a lexitimidade das furnas e a legalidade no seu actuar, pero é máis están obrigados no exercizo dos seus cargos a denunciar e a perseguir todas as clases de delictos urbanísticos, sexa no Goberno como na oposición. Algúns dos do mecanismo do chupa-chups queren con ese "vive y deja vivir" que se poñan as vendas nos ollos, para iso xa está a Xustiza non os cargos electos.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial