10 de novembro de 2007

Sanidade dos nosos pecados

Fai uns meses, falaba neste blog sobre os problemas sanitarios que tiñamos na Casa do mar do Monte da Vila. Nesta ocasión non vou referirme a situación do Monte da Vila (que non é que este moito millor que naquela ocasión), senón do Hospital de Montecelo e concretamente do servizo de urxencias.
Vaia por diante que non culpo os profesionais da sanidade da caótica situación na que se atopa ese servizo (non vaia ser que o colectivo medico se mosquee con nos e compliquemos mais as cousas), pero veciñas e veciños que me leedes, se tuvestedes a desgraza de ter que ir a urxencias nos ultimos meses, estaredes de acordo conmigo en que aquelo mais que unhas urxencias hospitalarias, son a antesala do inferno.
A pasada semana tiven que levar o meu sogro por urxencias a ese centro. Entramos as seis da tarde cun COLICO O RIÑON. Aparcaronnos como mal puderon nun pasillo e eran as 4 da mañan (si, leedes ven 10 horas despois) cando nos atenderon. Nestas interminables horas, tes tempo de sobra para pensar se realmente estamos ben en canto a sanidade, para escoitar o que contan os outros pacentes que estan como ti - e nalguns casos mais horas, no mesmo pasillo de urxencias, alguns deles separados por uns biombos colocodos provisionalmente no medio do corredor, para escoitar unha e mil historias sobre esta sanidade que tanto costou levantar e que alguns queren tirar abaixo, porque por enriba de todo teño que dicer que eu creo firmemente na sanidade pública, pero ou esto se millora ou a volta da esquina aqui so imos ter centros médicos e mais chiringuitos de pago.
Non é de recibo que a unha persoa que ten que pasar unha revision do corazón, xa que foi operada fai 2 anos e tiña a cita prevista para primeiros de novembro, se lle chame uns dias antes e se lle diga que queda anulada a sua cita sen darlle data para a nova (neste caso teño que dicir que unha consulta co especialista para a miña filla, foime anulada pero na mesma carta donde me avisaban, dabanme nova cita para 15 dias mais tarde). Parece ser que o caso dos enfermos do corazón e bastante frecuente neste Hospital de Montecelo i e normal que se lle aplacen as revisións sen fixar nova data. Ou a da enferma que tardan 9 meses en darlle vez para sacar unhas radiografías e tardan 6 meses en volver a darlle vez para ver o resultado. Patético de verdade.
As veciñas e veciños de Ogrobe, debemos ser conscentes do que está a pasar nese centro Hospitalario do que dependemos. Debemos ser conscientes que cedo ou tarde imos necesitar ir ali e podedes creerme que a experiencia que tuven que vivir nestos días non é nada agradable. E preciso que estas cousas se arranxen. Hai prioridades como a saude e a educación que deben ter prioridades sobre portos exteriores, cidades da cultura e outras gaitas polo estilo.
Debemos exixir os nosos políticos, dende o concello ate a Xunta, pasando por todos os organismos intermedios que se mollen para que esta situación mude. Debemos convocar a todas forzas socias ( e non só de Ogrobe ) para que os cidadans desta zona de provincia poidamos ter unha asistencia hospitalaria digna e eficaz, porque, en defitiva esos son os problemas que realmente mais nos interesan os cidadans.
PD.- Sou conscente de que algun lector do blog virá agora decindo que esos problemas serán os que mais me interesen a min, pero que non fale por todos. Eu seguirei pensando que esos problemas mais tarde ou mais cedo, importannos a todos, inclusive o politico non-nato, metido a pescador que non falta en todas as salsas deste pobo.

21 Comentários:

Às 8:25 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Si os venres e sábdos pola noite ñe un escándalo. Cadoume de me atopar ás catro sa mañá con catro comas etílicos, mentres outros "menos graves2 a esperar. A estes tínanos que mandar á priivada e que pagasen os seu papas, que xa que lle dan cartos para cubatas tamén haberá para hospitais.

 
Às 5:36 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

pois e precisamente a progresia,que neste blog esta tan ven representada o que extendeu a sua politica de dereitos cuasi legislando o dereito a beber dignamente,e que a verdade confundides a velociadade co touciño

 
Às 5:38 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

tes toda a razon,tamen me pregunto agora que o noso ilustre concellal de cultura nos ilumina coa sua doctrina superior,o emborracharse coa aquiscencia gubernamental e cultura ou non?

 
Às 6:21 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

e preguntome eu na miña iñorancia ¿Que terá que ver o touciño ca velocidade?. A progresia como ti dis, truxo a sanidade universal, para todo o mundo, e foron eses gobernos liberales que parece tanto añoras os que puxeron as primeiras pedras para empezar a desmontalo (fundacións, promocions de empresas privadas, concertos, etc. etc.) . O dereito a beber, a pegarlle a muller e a matar (inclusive metendote nunha guerra ilegal) e algo proprio das persoas que cada un, ca sua conciencia, ten que saber xestionar.

 
Às 12:57 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Aparte do touciño e a velocidade, alguén me pode dicir quen é o político non-nato metido a pescador? ando un pouco despistado....

 
Às 1:28 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Si home, ese que quixo ser o Kissinguer local (menos mal que so se quedou na foto), o prebe que está en todas as salsas, que mesmo fala de Conroibo que do concellal de cultura, o mesmo que no Bar Giso, durante a celebración do Galicia-Uruguay non se cortaba en dicer "mira que mundo de terroristas xuntos, en definitiva, un que se facia chamar "Carlos el del Crisol".
Capichi ?

 
Às 11:47 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Crisis, what crisis at the Grove´s Historician Memory? and who will be the new President? and Why the President goes?

 
Às 3:56 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

"en definitiva, un que se facia chamar "Carlos el del Crisol".
Capichi ?"

Xa che dijo meu. ¡Canto traballiño pa non traballar!jijijijiji. Ese tipo é morrer.

 
Às 4:05 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

jjajjja, vale, vale, agora xa sei quen é...! o que non traballa no del, pero sempre quere pescar... O jran amijo de M. Pérez e que últimamente sempre sae nas fotos cunha copa de viño (mirade, mirade as fotos da cea de emgrobes... en tódalas fotos sae coa copiña na man...)

En fin... neste pobo sempre ten que existir un salvador...!

 
Às 12:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Cine dixital no Cine
O Mariño do Grove


Continuando co ciclo de cinemas dixitais que se proxecta no Cine O Mariño de O Grove todos os venres dos meses de novembro, decembro e xaneiro, sempre ás dez da noite, chega á programación o film titulado Autopsia, dirixido por Milagros Bará no ano 2002. Esta película protagonizada por Isabel Blanco, Lino Braxe, Luís Zahera e Santi Prego, entre outros, conta a historia dun xornalista, Daniel Casares, que malvive do seu oficio e que intenta resolver o caso de dous asesinatos dos que intúe que teñen relación entre eles. A súa relación con Amanda, irmá dun dos asesinados fai que se involucre moito máis a fono na investifgacioón na que será unha peza fundamental a figura do médico forense.



Cinemas Dixitais é un proxecto da Axencia Audiovisual Galega, e da Concellería de Cultura do Concello do Grove para, en palabras do concelleiro Antón Mascato, “achegar o cine feito en Galicia aos espectadores, xa que normalmente teñen moitas dificultades para poder velo pola falta de interese das redes distribuidoras americanas e a súa tendencia a pasar só o cine que elas promoven e financian” Deste xeito normalízase a proxección audiovisual en galego, nos cines, as salas propias para esta actividade.

 
Às 5:24 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

que tonto de min,e eu pensando que te referias o noso patron mayor,o que paseba a cuiña pola ria e se posicionou fortemente no pp antes de pasar a ser o salvador de todos co seu ayuno mediatico,xa me parecei a min ,este e un blog para difamar a xente de dereitas,que torpe son¿
Difamar,o que aprendestedes na vosa gran escuela,o estalinismo,os disidentes,sondes uns puros fascistas,pero veña,veña seguide difamando......ao voso....

 
Às 5:39 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

hoxe cando ia para traballar, parei a tomar o cafelito diario no bar de sempre e ollei a prensa do día... Medo me da!.. disque Alternativa Meca vai neghosiar con Rosa Diez para entrar no partido desta última.

Vaites, vin o "retrato" da comisión neghosiadora, menudo escándalo! Alá foron Aida, Bombero, Xé, Uca e o mozo de Aida. ¿Cecais agasarían a Rosa Diez con algunhas centoliñas (en veda) das que Prol, o mozo de Aida descarjou durante estas semáns atrás con tanta rapidez dende o barco nejro ese no que anda a unha furjoneta?

Vaites, vaites... e despois saen na prensa os melloriños.... Hai que telos rectangulares...!

E penso eu, pois se o barco negho anda a centola en veda, que desir dun barco que se chama EDU, e logho os Grandes Soles do paraghuai..., e logho aqueles barquiños que teñen a centola colghada nas bateas dos familiares, ou os que os venden nos jalpons (menudas colas fan no Hipermercado Chapel), ou os que descarghan noutros portos e van as suas donas coas furghonetas a recoller a centola?... Vaites, vaites... por non falar do jran surtidor de Noalla e Villalonga...!

Manda Carallo na Habana....!

 
Às 5:46 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Para o anonimo das 5:24, ¿elogho o patron de cuiña non era Miguel Perez? ¿e que saira nunha foto surcando os mares nosos o timón dunha lanchiña...!

Ainda non che coñecia eu que o patron maior era do PP e que paseaba o super-conselleiro cuiñin!

 
Às 7:56 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¡ostia, qué memoria che ten a xente!

 
Às 6:08 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Que lle pregunten á familia da muller do finado de señor Paquito O Torillo que quedou sin unha man por ser tan "ben" atendida entre a casa do mar e o Hospital montecelo, que pensan da Sanidade que nos toca ós grovenses; é pa metelos na carsel é bota-la chave ó mar.

 
Às 2:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

xa sei que non vos gusta os santos da esquerda,pero o voso patron totem de prisa anduvo de guia turistico de cuiña e postulandose,no pp e donde faga falta,claro despois o mensaxe e que cuiña e dos bos,galegistas,que os fachas son os de madrid,,,,esta e calaña que tedes guste ou non,

 
Às 8:29 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Para o anónimo das 2:57, eu ainda non che entendo, ¿me poderias explicar exactamente como e ese tema de cuiña e o patrón?

Por certo, ¿quen son os santos da esquerda? ¿os santos non son sempre da dereita? e que áinda fai uns dias no vaticano case fan santisimos e 400 e pico, e todos de dereitas, ¿quen me pode explicar algho? Estarei un pouco ido.
Eu non lle dou vento a moitas das cousas que se din nos blogs.

 
Às 8:37 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pois vai ser ke a siño Cuiña lle vamos a facer un manolito e o vamos a poñer donde estaba o manolito dos caidos, porke si e dos nacionalistas bos...

Veña, ¿facemos colecta entón? (eeeeeeeeeeeeeee.... tranquilos, puxen Entón.. non Antón.... jejeje). Así podemos facer unha colecta e se nos sobra, tamén poderiamos mercar o Pazo de Meirás, ke para eso "foi un rejalo" obrijado do pobo galego!

Podese abrir conta corrente no Banco do Espiritu Santo, asi todo keda na casa...

 
Às 11:27 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Para algun desnortado: O Patron de Cuiña, era o Maior Patron de Ogrobe. Pero non so era de Cuiña, tamen ten subido a algun estrado do PP da man de Lopez Veiga para largar o seu mitin. Claro que daquela quenes tiñan o colacao eran os do PP. Logo chegou o PRESTIGE e o puma de baracoa cambiou de barco porque aquel viase que metia agua por todas as bandas.
Donde quedaron aqueles cariños co Rabiso, Lopez Veiga e Cuiña do ganchete de Katy !!!. Por certo, sabedes por donde anda agora esa muller ????

 
Às 12:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

A versión galega da vida de Ramón Sampedro no Cine O Mariño do Grove

Co título Condenado a vivir, que conta a historia do tetrapléxico Ramón Sanpedro, a industria cinematográfica galega adiantouse en varios anos á versión que realizou Alejandro Amenábar, e que tanta sona lle deu aos que reivindicaban o dereito á eutanasia e a morrer dignamente.

Dirixida por Roberto Bodegas e protagonizada, entre outros, por María Bouzas, Ernesto Chao, Rosa Álvarez e Sonia Castelo, nunha produción de Continental. Esta versión, ten todos os ingredientes para ser do agrado do público, tanto polo seu elenco de actores, como pola xa coñecida historia, como pola ben levada gravación e montaxe deste film que sorprende pola calidade da súa realización.

Proxectase no Cine O Mariño do Grove, dentro do ciclo de Cinemas Dixitais, o venres 23, ás dez da noite, con entrada libre ata completar o aforo.


O Cine O Mariño acolle de novo unha programación estable de cinema

A Concellería de Cultura do Concello do Grove continúa dotando de contidos culturais ao recuperado Cine O Mariño, e nesta ocasión súmase ao proxecto Cinemas Dixitais , organizado pola Consellería de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Axencia Audiovisual Galega en colaboración co Igaem.

Ao longo dos meses de novembro, decembro e xaneiro , todos os venres ás dez da noite realizarase a proxección de trece filmes, non comerciais, feitos en Galicia, que contarán nalgúns casos coa presenza no mesmo cine O Mariño de directores, actores, guionistas, produtores ou actrices que participaron nalgunhas das películas que se inclúen neste ciclo

 
Às 2:23 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Quen negue que en política cultural non se están a facer bens as cousas, só tén que dar resposta as actividades anuais que se facían antes?. Pondo no fel da balanza unhas e outras tiraremos conclusións non erradas á vista dos datos obxectivos que se poden contar, medir e avaliar. O contrario é dogmatismo sen sentido.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial