27 de setembro de 2007

O coro das nenas cantoras

Cando estedes a ler esta entrada, a bon seguro que xa estaredes enterados do que hoxe publica a prensa. Se non é asi, recomendovos vivamente que leades a Voz de Galicia para saber como se desenvolveu a comparecencia no Xulgado de Cambados de Alexandre Aguin e as duas membras do GRUMIR polo asunto das listas do Pais Vasco. Polo que leemos na Voz de Galica, parece ser que o persoal cantou como un reiseñor decindo o que dende este e outros blogs se ven decindo dende fai tempo: Que Cachuli estaba o tanto de toda a operación. Pero non só estaba o tanto como nos presumiamos, senon que agora sabemos, pola declaración d@s implicad@s que todo se facia dende o seu despacho, cos medios do concello e coa súa dirección. Se este home tiveran algunha dignidade (cousa que cada vez dubidamos mais), esta mesma mañan debera presentar no concello a súa dimisión como concelleiro e na Mancomunidade a súa dimisión como xerente do parque de bombeiros. Pero perdede coidado, que esa breva non vai cair pois este persoal ten mais cara que espalda e xa sabedes o que di o refrán "Chamame can e botame pan".

De todos os xeitos, independentemente da gravidade dos feitos que agora se enfronta coñecen, as mulleres e homes de Ogrobe deberamos pornos a pensar un pouco como actuaba este elemento. De confirmarse a acusación que onte ser verteu durante mais de 6 horas de declaración no Xulgado de Cambados, atopariamonos non so cun delicto de uso ilegal e fraudulento de datos, senon tamen de uso dos bens públicos para a comisión de actividades delictivas. E a min, a verdade, xurdeme a pregunta. Si esto se facía para falsificar listas electorais, que non se faría con outras cousas mais productivas (polo menos no plano económico) ?

Como apuntabamos en outas entradas do blog, Cachuli debera irse tentando os machos e ir preparando o petate. Deciamos no seu día, que cando a Brigada de Delictos Urbanisticos empeze a chamar a declarar a alguns funcionarios do concello en relación con algunhas obras e expediente, iban a cantar "A Traviata". Xa se lle adiantaron estos, pero a bon seguro que algun funcionario estará afinando a voz para el tamen interpretar a súa partitura. Seguro que Cachuli e Cía hoxe van estar menos tranquilos que onte, ainda que mais tranquilos que mañán.

Neste turbio serial, so nos queda por saber cal vai ser a saida do Mentireiro Manipulador. Teremos que preguntarlle o noso paxariño se ainda quedan algúns dos de 500 que axuden a amañar a cousa ainda que coñecendo o elemento, non sería nada extraño que vendo como está soplando o vento, tamen el collera outro rumbo. O tempo nolo dirá.

43 Comentários:

Às 11:37 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu tiven ocasión de ler xa a columna de MM, e é curioso que así coma na Voz as manifestacións da imputada din "as firmas non son miñas", no Faro di MM que a imputada puxo de puño e letra tanto os datos coma as firmas.
Sen comentarios.

 
Às 11:33 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

eso tamén o pon no Diario de Arousa, o que significa que os da Voz meteron a pata

 
Às 12:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

FIYOS DE PUTA AO PAREDOM

 
Às 9:38 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

como votante de esquerdas que son estou enoxado por todo o asunto e penso que hai que levalo até o final mas opino que está sendo empregado maliciosamente por certos colectivos e politicos de Ogrobe para tapar a palpábel inficacio do governo en temas de política social. Como diria un castizo. Menos samba e mais trabalhar

 
Às 11:38 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pedirialle o anonimo comunicante das 9:38 cales serian as politicas sociais que teria que aplicar este governo e que non está aplicando, pois ate donde eu vexo, estase traballando (e moito) cos maiores (convenio ca piscina de Portonovo), cas mulleres (diversos cursos de formacion con saidas laborais reais), co tema das familias que perderon as suas casas nas riadas de novembro, etc. En todo caso sou concente de que poidera haber moitos mais temas, de ahi que lle agradeceria o anonimo que as dixera para que todos estiveramos o tanto, todo eso sen perder a prespectiva de que este governo so leva 100 días.

 
Às 7:14 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

o PP de Perez armou un belén confundindo o Concello co Partido e pensando que el era o señorito andaluz (Cachuli) de todo, agora que lle destaparon o asunto non ten mais que facer: dimitir e a traballar dun carajo dunha vez, que é moi sano.
A Susi do Grumir tamén è responsable pero fíxo o que fixo para servirlle ao seu amo.

 
Às 11:46 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

A voz non meteu a pata, a cantora dixo o que pon a Voz, quen non di o correcto é o Faro, coma fai siempre. Non vin o Diario da Arousa.

 
Às 11:53 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

COMUNICADO DO GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DO GROVE.

O grupo de Goberno do Concello do Grove, formado por concelleiros do PSOE, BNG, EU e PG en relación coas informacións de prensa, do día de onte, das dilixencias que segue o Xulgado de Cambados pola fraude das listas do Partido Popular no País Vasco quere manifestar o seguinte:

1. Que temos plena confianza no labor da Xustiza, razón pola que acordamos personarnos neste caso en defensa dos intereses do Concello do Grove e dos seus traballadores afectados pola fraude. Actitude que manteremos en futuras accións xurídicas que podan derivarse e que afecten a este Concello ou aos seus traballadores.

2. As declaracións do ex alcalde, Miguel Angel Pérez, exculpándose e procurando sinalar a unha traballadora como responsable única desta fraude lamentable son, cando menos, dunha absoluta perversidade. No mesmo sentido exculpatorio, non asume as súas culpabilidades e procura desviar a atención aducindo utilización política dos Xulgados, e das persoas, por parte do grupo de goberno deste Concello.

3. Sen prexulgar as responsabilidades penais que podan derivarse das actuacións xudiciais en curso, existen responsabilidades políticas polo mal uso que se ten feito dos bens, instalacións e traballadores do Concello, presunta malversación de fondos públicos derivados da mestura e confusión do que é a Institución Municipal e o Partido Popular.

4. Como xefe local do Partido Popular, o ex alcalde, incorreu en diversas actuacións rexeitables, que derivan na súa terxiversadora pretensión de desviar a responsabilidade da fraude a outras persoas, razón pola que esiximos a súa inmediata dimisión de todos os cargos públicos. Demanda que trasladamos aos seus xefes políticos inmediatos, dado que este proceso desenvolveuse no seo do Partido Popular, ben sexa por dolo ou ben sexa por imprudencia, Rafael Louzán, Alberto Núñez Feijoo e Mariano Rajoy, para que procedan en consecuencia e eviten ser considerados cómplices desta fraude.

 
Às 5:23 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

estou dacordo con todo pero Ogrobe precisa de mais politicas sociais. Basta xa de andar co tema este. Todos sabemos o pasou e é hora de mirar adiante, xa se encargarán os tribunais. Penso que se está evitando tratar de temas mais importantes para o povo. Mais política de esquerda, mais traballo e menos revanchismo. Son votante de esquerdas en Ogrobe.

 
Às 7:47 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Sería revanchismo por en mans dos Tribunais se apareceran temas para elo ou pola contra sería unha obriga legal dos cargos públicos no exercizo das súas funcións?.
Eu que comezo a estar un pouco decepcionado son tamén consecuente na apreciación seguinte, o que non se fixo nos oito anos de goberno do PP, resulta evidente que non se vai facer polo actual goberno municipal nin en 100 días nin en 6 meses, cómpre dárlle máis marxe alomenos 8 meses. Que se están a facer cousas, ninguén pode dubidalo, que se poden facer máis cousas e mellor tamén, e creo que vai sendo hora de coller o touro polo cornos (traballar arreo) para entre outras cousas:
1º.) Dárlle saída ao PXOUM, no prazo marcado dun ano, e se hai moito follón porque se alongaría máis no tempo unha solución ben sinxela é solicitar que o faga a Xunta de Galicia, a partires do que xa que está feito.
2º). Coñecer cales son as causas da parálise do proxecto do Centro de Saúde, xa que creo que co avance do PXOUM publicado, non tería que haber problema ningún. E conveniente que nos presupostos do ano que ven estivera contemplada unha dotación orzamentaria para o proxecto. É urxente facelas xestións Sr. Alcalde.
3º). O mesmo que para o centro de saúde vai para o novo pabillón.
4º). Reestructuración do traballo no Concello para unha millor optimización dos recursos humanos e técnicos, que dean como resultado unha maior eficiencia nos servizos, podendo polo de agora acurtar o tempo na expedición de determinados documentos.
5º). Comezar a artellar os presupostos do ano 2008, que lle dean xogo as distintas Concellerías, que polo de agora están atadas nos seus presupostos limitativos.
Como vedes eu dariame cun canto nos dentes se se votaran a andar estas cinco cuestións e se no caso do 2º. módulo da Escola Taller xa está encamiñado, pedirlles aos munícipes que actúen do mesmo xeito para os outros temas e a nosa Vila gañará en benestar da súa cidadanía.

 
Às 1:58 da manhã , Blogger Escévola disse...

AS opinións do amigo votante de esquerdas fanme pensar en que algo vai mal nesta nosa democracia. Digoo porque se consideramos revanchismo peticións de dimisión e de investigación respecto destes temas estamos dando carta branca á corrupción e aos corruptos. Dito de outro modo, parece que debemos aceptar que comportamentos como estes dos que estamos a falar ultimamente son unhas nimiedades, que tampouco son para tanto ou , o que é ainda máis perigoso, consideramolos como normais. Hai que darse conta que non estamos falando de corruptelas menores ( se que iso se pode aplicar a calquera corruptela política), estamos falando de delitos graves. Isto é asi porque falamos de comportamentos propios de monarcas medievais, da confusión do público co privado.Falamos de fraude electoral, pero non só iso, tamén falamos da utilización de datos persoais e privados de traballadores para cometer ese fraude, falamos de empregar aos traballadores públicos como se fosen traballadores a soldo dunha persoa e dun partido político e, por último, falamos de outorgar postos de traballo público a persoas a cambio de que traballen non para todos senón para uns determinados políticos baixo as ameazas de que os favores hai que pagalos e que un traballo implica vasalaxe. Pois ben eu considero que son delitos importantes e non simple revancha, e tamén creo que se o consideramos revancha e cousas polo estilo dificilmente lle imos pór coto a estes comportamentos, e dificilmente nos poderemos queixar despois de que certos políticos son uns corruptos. Hai que darse conta de que a esta xente lles permitimos nós, os cidadáns, ser así; se os botásemos para as súas casas e lles esixiramos responsabilidades estes comportamentos serían menos. Pola contra, se consideramos estas cousas como un chiste e os deixamos ir cando nos demos conta non seremos cidadáns senón vasalos.

 
Às 2:04 da manhã , Blogger Escévola disse...

Ah, por certo Conroibo que o outro día non che contestei: rematei no 2005 e fun claustral desde que saiu Senén Barro por primeira vez ate a aprobación dos novos estatutos. Non che podo dicir a data na que se aprobou no claustro a condea porque non estou seguro de que se producira, só creo que si que se produciu pero podes ter ti razón. Onde si se produciou foi na Xunta de Facultade de Historia,Xeografía e Hª da arte entre os anos 2001 e 2004 pero non sei en cal en concreto.

 
Às 8:57 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Visto e leido ese comunicado eu non entendo o que dí a chosca do porto de meloxo, salindo no periódico defendendo ao seu gurú. Está clara a presunción de inocencia, está claro que non se xuzga, que se recollen as declaracións de prensa e en base a elas se opina, e está claro que non son opinións dun concelleiro, que é un comunicado dos nove que gobernan. A Unesco dí que analfabeto estructural é quen non sabe interpretar o que le, non o que non sabe ler. A sosa Otero sabe ler pero non sabe interpretar o que le, logo é analfabeta estructural. Outra arroutada dos pepeteiros que andan cun desnorte descomunal.

 
Às 2:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Amigo Escévola, a día de hoxe aínda non podo chegar a entender ese longo letargo da Universidade Galega como Institución Pública Autónoma, non debemos de esquecer que o Dictador morreu o 20 de novembro de 1975. A existencia de causas obxectivas e subxectivas son evidentes e entre elas podo incluír unha moi significativa: a non ruptura democrática co anterior rexime, ou como ben titulou o escritor local Manuel Lueiro: "Cronicas de unha transición intransigente".
Dicía o outro día Víctor Santidrián ponente nunha das mesas, que tamén hai que falar da represión ata ben chegados ás postrimerías do franquismo, agás claro está que non se queira falar desta segunda etapa represiva, pois así non se tocaría o papel que "algúns" tiveron na denominada "transición".

 
Às 10:33 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

A avogada de Susi Otero desminte hoxe no Faro de Vigo o enfoque que este mesmo periódico lle dou a noticia de que fora ela a que asinara os papeis das listas do País Vasco. Aclara que susi so cubreu algúns datos e foi por orde do ex alcalde. A pesar de todo o propio redactor do Faro remata a crónica pretendendo volver a confundir. Esto non me parece honesto e se cadra hai que empezar a darlle a razón a todos os que falades contra este xornal e , ademáis, insistir en que o único periódico que está a dar información seria é la Voz de Galicia. E non podemos esquencer que La Voz de Galicia sigue a ser un periódico de dereitas, ou liberal coo di o seu Presidente; evidentemente non é A Nosa Terra pero, polo menos, resulta profesional aínda que non se pode deixar de ter en conta que sigue a ser, como foi sempre, como dixen, de dereitas.

 
Às 11:43 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Moi atinado esta ultima entrada e baixo o meu parecer aclara perfectamente cales son as relacións da prensa no caso concreto de Ogrobe. Por unha banda, un periódico (O Faro)con un correspondente para o que todo lle vale e que fai anos que perdeu a dignidade (si algunha vez a tuvo) e por outra banda, A Voz que defendendo como fin os mesmos valores que O Faro, neste caso concreto intenta ofrecer unha información mais veraz e contrastada ainda que supoño que neso algo terá que ver a profesionalidade dos seus correspondentes.

 
Às 12:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Creo que aljún dos escribidores sobre colledores de billetes da quinientos terá que cambiar de zona, na outra riveira da ría xa non o ajuantan porque saben do seu vicio. E por aquí empezamos a saber ben quen é.
Outra vez: boicot ao Faro, e boicot ao escribidor sobre colledor. E moitas cartas de protesta a Vigo, non a Vilagarcía que alí manda el e non o seu jefe un papón, ao que lle sube polas barbas, jodéndolle de paso a vida ao fotero Ouviña e a algún outro coleguita do periodico.

 
Às 1:05 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

CONROIBO FASCISTA TODOS SABEMOS CLIENTE DE QUEN ES E COMO ELES IRAS AO PAREDON

 
Às 8:29 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Mijel monta un chinguirito co Mendes e poñervos a traballar, ti na brasa e el na caixa dos cartos, soplando billetes da 500 euros pola cara

 
Às 8:22 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Se Conroibo fose fascista, moito tería cambiado o mundo, estariamos no mundo ao revés.

 
Às 8:41 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Anda o meu amigo Mendaz disfrazado por estes lares, e o insulto parece ser o seu. En fin que lle imos facer!.
Se por casualidade ides as hemerotecas, collede o publicado da época de Ned Flanders, e confirmaredes o que vou dicir, no 99,99 % das veces que saeu unha noticia que tiña como protagonista a Ned, para nada nese mesmo día lle daba a oportunidade a posición para contrarestar o que dicía. Collede o que hai hoxe publicado e veredes que cando sae algo do Concello, na maioría das veces aparece (por excelso privilexio do Mendaz) a opinión do PP para desvirtuar a noticia. Sónche técnicas da contrainformación e niso o Mendaz é un autentico artista da manipulación e da intoxicación informativa.

 
Às 8:56 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ley 7/2007, de 12 de abril, del Estatuto Básico del Empleado Público. Disposición Adicional Segunda. Funcionarios con habilitación de carácter estatal.
1. Funciones públicas en las Corporaciones Locales:
1.1 Son funciones públicas, cuyo cumplimiento queda reservado exclusivamente a funcionarios, las que impliquen ejercicio de autoridad, las de fe pública y asesoramiento legal preceptivo, las de control y fiscalización interna de la gestión económico-financiera y presupuestaria, las de contabilidad y tesorería.
1.2 Son funciones públicas necesarias en todas las Corporaciones locales, cuya responsabilidad administrativa está reservada a funcionarios con habilitación de carácter estatal:..
. b) El control y la fiscalización interna de la gestión económico-financiera y presupuestaria, u la contabilidad, la tesorería y recaudación.
Esta Ley es un mandato constitucional al legislador, si bien ya en la Ley de la Función Pública de la Admón. Civil del Estado del ano 1984 se recogía más o menos, así como en la modificación posterior de ésta, esto ya es definitivo: la prohibición expresa que dichos puestos, entre otros, los desempeñen interinos, eventuales o con contrato administrativo. Se produce una situación alegal que los actuales gobernantes deberán de resolver y sacar las plazas a concurso en el próximo año, vienen obligados a ello y eso que algunos tuvieron el privilegio de estar así años y años y alguno mandando más que el Alcalde.

 
Às 10:16 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ou dito en roman paladino: Molinos debe ir preparándose para deixar o posto que esta ocupando de maneira provisoria a un funcionario con habilitacion de caracter nacional, e dicer, alguen a quen se lle poida esixir responsabilidades. Penso que xa lle chegou ben de chupar da teta.

 
Às 12:16 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Con Xan Lamelas de concejal de empleo vai ser moi dificil facer que se vaian os Molinos e demáis... foron eles os que o truxeron. Ese neno confunde o cargo co sindicalismo do seu padre espiritual e si non chega acojonase para facer que entren a sua hora ou que non tomen cafe de hora e tres cuartos.

 
Às 11:07 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

O Grove entrega as Centolas de Ouro

Será, na tarde do sábado, no cine O Mariño, nun completo acto cultural

As Centolas de Ouro, principal recoñecemento público anual do Concello do Grove, que nesta edición de 2007 premian o traballo e o compromiso, serán entregadas o sábado, día seis,nun acto ao que están convidados todos os veciños.

O grupo de goberno quixo renovar este acto, deixando atrás o modelo de xantar institucional, para convertelo nunha actividade cultural destacada. Continuando, dese xeito, o estilo iniciado coa celebración do Día da Patria Galega, ou a máis recente estrea da longametraxe O Novo Emden.

A organización do acto acto foille encomendada ao concelleiro Antón Mascato, que deseñou un completo programa no que se inclúe música en diversos formatos, visionado cinematográfico e varias intervencións. Así actuarán o bandoneista uruguaio Artigas Anelo; a Big Band Jazz Vincios, que intrepretará música swin; e a cantante galego-arxentina Lorena Lores, que ofrece un concerto de tango e canción tradicinal galega renovada nos seus propios rexistros, que serán os encargados da animación musical. Na parte audiovisual poderá verse a proxección cinematográfica da primeira película de ficción realizada en Galicia, en 1916, que ten moito que ver co acto e que da que a organización reserva o título como sorpresa, xa que ese será un dos momentos destacados noite, xunto coas intervencións a xeito de louvanza dos premiados que estarán a cargo de Dolores Vázquez, presidenta de Emgroves, Francisco Iglesias, Patrón Maior da Confraría San Martiño, Xosé Avelino Ochoa, presidente da Asociación pola Memoria Histórica do Grove, ademáis do concelleiro de cultura, Antón Mascato.

As Centolas de Ouro 2007 serán entregadas por Montserrat Prado Cores, delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria; María Xesús López Escudeiro, delegada provincial da Consellería de Cultura; Fátima Linares, directora Xeral de I+D da Consellería de Pesca, e José Antonio Cacabelos, alcalde do Grove, acompañados polos concelleiros Victoria Canoura, Noemí Outeda e Jorge Olleros.



No cine O Mariño, ás oito da tarde, comezará o acto de entrega das Centolas de Ouro 2007 que este ano recaen en Esperanza Casas; os traballadores e traballadoras do Grove no Gran Hotel da Toxa, que estarán representados neste acto polos seus compañeiros Ana María Caneda Álvarez e Manuel Bea Oubiña; Carmen Bea e Antonio Domínguez, do Hotel Villa Juanita; e o artista e intelectual, Isaac Díaz Pardo. Será conducido pola presentadora de informativos de Antena 3 Televisión, Lola G. Alfonso, nacida no Grove, sen dúbida un valor engadido a esta completa programación.

 
Às 6:31 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

CONROIBO, MOITO CHE JUSTA OPINAR, PERO XA TE OLVIDACHES DE QUE ESTUVES COMENDO ESTOS ANOS???????. AHORA NON VAIAS DE LISTIÑO POLA VIDA, QUE METRAS CHUPASTES DA TETA, CALASTE A BOQUIÑA NOS PLENOS E DÉSTELLE O AMÉN A TODO, E AGORA COMO XA NON COMES DO TEU AMIJASO NED FLANDERS VEÑA A DARLLE LEÑA O FUEJO.

POR CERTO JÚSTAME O TEU COMENTARIO O RESPECTO DO QUE NON SE FIXO CO PP, NON TE OLVIDES QUE TI TAMÉN FOSTES CONCELLAL NA OPOSICIÓN E NUNCA APORTASTE NADA, SEMPRE ESTIVESTES AHÍ COMA QUEN NON TEN A NINGUÉN.

 
Às 7:33 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Sigo afirmando que a telepatía psicodélica desde o sillón da oficina é mala pois se asemella un pouco a ciencia infusa que nega a existencia da realidade máis cotián, e logo creen ver xigantes donde só existen muíños; polo tanto é normal que acaian fenómenos como o das 6.31 P.M.
Cando un quere descoñecer feitos obxectivos a insidia amosa a súa triste faciana, e inda por riba moi pero que moi cabreada, como se a un se lle achinaran os ollos polo estreñimento. ¡ Que lle imos facer!. Quizais recomendarlle un laxante para aliviar as penas.

 
Às 7:53 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Amigo conroibo, polo que vexo saíuche unha admiradora que parece ter unha lingua bífida e a cousa non che está para bromas; iso sí non ten puta idea do que fala ou tenta o que fixo sempre, falsear, intoxicar, manipular e non se decata que cando cuspe contra do vento, o cuspe cáille enriba.

 
Às 8:41 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Tranki Conroibo. Si se poñen asi é porque debe de joderlle moito. Lembrate do "braman, logo cabalgamos". No fondo hai que recoñecerlle que teñen un laureado maestro na arte da infamia, a calumnia e a maledicencia. Que che vou dicer eu a ti !!!

 
Às 11:01 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Conroibo, non sabia que foches concelleiro, en q época?.

 
Às 10:02 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Fun o sábado a ver o acto das Centolas e quedín alusinando por ser moi bo todo o que alí vin. Nivelaso a tope. A quen lle acorda ajora Cores (non fixo nada) e Jansa (Lueiro era un buen hombre aunque fue comunista), a quen lle acordan Chesqui e Katelo que querían manter a comida da Toxe e listo. Hai moita papanatada neste noso Jroviño. Xa iba sendo hora de poder ver outras cousas.

 
Às 10:03 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Fun o sábado a ver o acto das Centolas e quedín alusinando por ser moi bo todo o que alí vin. Nivelaso a tope. A quen lle acorda ajora Cores (non fixo nada) e Jansa (Lueiro era un buen hombre aunque fue comunista), a quen lle acordan Chesqui e Katelo que querían manter a comida da Toxe e listo. Hai moita papanatada neste noso Jroviño. Xa iba sendo hora de poder ver outras cousas.

 
Às 10:27 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Totalmente de acordo co comentario anterior. Hora era de que en Ogrobe se empezaran a facer as cousas con xeito e donde os veciños poidan participar (daba gusto ver o cine cheo de xente), e non "quedarse a porta do hotel" mentras os señores comen e se impoñen os centolos. Magoa que abaixo, no recinto da festa, poucas cousas cambiaran, empezando polo inclito Muiñeiro. Agardemos que en vindeiras edicións tamen cambie a partitura nese sitio.

 
Às 8:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Conoso a Conroibo desde fai moitos anos, é o tío máis legal que podes botarte á cara.
Para o con das señoritas: Cree o ladrón que todos son da súa condición.
Non sería millor o tiro na caluga, terrorista oral de merda a modo dun suicidio traxicómico!.

 
Às 12:12 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Conroibo=Chesky?

 
Às 4:19 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu coñezo a tres conroibos e 2 deles foron concellais

 
Às 7:14 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

As hemerotecas como fontes documentais son probas irrefutables do que dixo cadaquen, e tamén do que fixo cadaquen ao igual que os programas electorais.
Houbo unha vez un concelleiro de Turismo que propuxo facer do campo de aviación da Lanzada o grande aeroporto internacional de Galicia na cuestión da elite turística, e para elo propuña a súa adaptación aos vos charter que tiñan como meta e fin a Illa de A Toxa e como atractivo irresistible o imán do Casino.
Afortunadamente a cuestión era un espellismo que se difuminou, pero a persoa que a propuxera chegou a dirixir o noso concello e segue a manter como o Mago Antón un ilusionismo que encandila, cada vez menos, pero que fai que o lume aos ollos dos demais desapareza, porque xa se cree un bombeiro con experiencia.

 
Às 7:47 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Tamén quero sumarme ás reflexións publicas e positivas do acto organizado pola Concellería de Cultura por mor da entrega das Centolas de Ouro, pero tamén para felicitar ao Padroado e ao Goberno Municipal por dar un xiro importante na Festa do Marisco que permitira recuperar actos que estiveron secuestrados ao coñecemento e participación da súa cidadanía.
Non quero polo de agora facer críticas en negativo a respecto dalguns aspectos da festa para que non se diga ou se argumente de contrario polos meus "amigos" (con amigos desta "calaña" para que preciso inimigos) que tento desestabilizala.
Deixaremos pasar a Festa (en boa lóxica así mo pediu un amigo) e despois reflexionaremos publicamente sobre o que un observa aínda que elo sexa froito da súa apreciación persoal.

 
Às 12:24 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¡viva la Falange!

 
Às 6:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Vivan fujas

 
Às 1:46 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

viva miguel angel perez y su mujer modd y sus hijos todd y rodd

 
Às 1:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Remítome ao dito no comentario en Patriotas

 
Às 4:15 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ayda cambia de moso tía que non tes problema pa lijar, xa sabes que hasta te confunden no jrove cunha brasileña e de paso de compañias pelijrosas fai falta terter mala suerta pa faserte con tantas e tan malas amistades

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial