11 de março de 2007

Caciques !!

Disculpademe por ter deixado tan de man o blog durante estos dias, pero como primeiro e a obligacion que a devoción, puderon mais atender o meu sogro no Hospital que a posta o día do blog (ainda que esto si que é para min e para moita xente que me envia correos, unha obriga moral).
O certo é que acabo de aterrizar e alguen me comenta a noticia de que o concello ven de convocar unha praza de Arquitecto Municipal. Por fin !! dixen eu , vamos a acabar con "el Técnico Municipal" (xa me entendedes, o do bigotiño). Pero vai e un paxariño contame que a oposicion esta mais amañada que o naipe co que xogaba Al Capone. Vaian ahi algunhas perlas :
1) Din que é unha praza a tempo parcial de duracion determinada pero non din por canto tempo!! (Seria o que determinara o mandamais de turno - o do bigote ou o alcalde -
2) O Tribunal que vai xulgar esta praza, esta composto por 6 persoas a saber : O alcalde, 2 tecnicos designados polo alcalde, un designado pola oposicion, un polo Colexio de Arquitectos e outro polo Comite de Empresa- CARALLUDO. Asi llas poñian a Enrique VIII. Resulta que en todas estas convocatorias, a lei obriga a que un dos vocais sexa designado pola Xunta, pero Nell Flanders coma sempre que lle conven pasase a lei polo Arco do Trunfo.
3) A guinda das cacicadas ponna o apartado de Valoracion de Meritos. Para aqueles arquitectos que traballaran na Admon. Local danlle 0,25 puntos por mes traballado, pero si traballou no Goberno Central, na Xunta, na Deputacion ou nunha empresa privada, grande ou pequeña, SO LLE DAN 0,01 puntos !!. Pensamos que na convocatoria os mandamases de Ogrobe, so quedou por poñerlle en que concello debia haber traballado antes a persoa que van a elexir (que vai ser unha muller, xa volo adianto) .
Bueno, pois con todas esas barbaridades publicadas, van os do BNG e presentan unha impugnacion diante desa manifesta cacicada, e o millor de todo e a resposta : Aceptase so a alegacion de que a duracion do contrato non se poñia e agora pasa a ser de 2 anos pero mira por donde, que dicen que eso non invalida para nada a convocatoria e que polo tanto non hai que ampliar os prazos (Ou sexa que si ti non te presentastes porque podia ser un contrato de 1 dia ou de un mes e agora interesabache porque e dunha duracion xa estipulada en firme, te fastidias e quedas na casa porque Nell Flander entende que eso non varia nada).
En canto o resto das alegacions, nin saben nin contestan e si non estan contento, vai a un contencioso administrativo que a min pagamo o Concello e vos tendes que jodervos e pagalo de voso bolsillo.
E asi esta a cousa, esto fan os persoaxes que temos mandando no Concello. E ollo que me di un paxariño que hai outras oposicion a vista que algunha elementa do concello quere tamer colocar o seu fillo. Polo de pronto, estan xa incumplindo as bases, pois segun me conta un concelleiro, fai unha semana que tiña que estar exposta a lista de admitidos e a dia de hoxe todavia non se coñece. Pero xa sabedes, senon estades conformes, o xulgado....... Pais Pais

9 Comentários:

Às 9:47 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

xarabal, te propoño que fagas unha enquisa para sondear os resultados electorais de maio. Unha enquisa que poida ser fiable e que a xente poida opinar libremente sin estar coaccionada por sobres como os periodicos.

 
Às 12:13 da manhã , Blogger xarabal disse...

Decia un profesor que tiña na Facultade de Dereito en Santiago, que existen 3 clases de mentiras: As mentiras pequenas, as mentiras grandes e as enquisas. Comprenderas amable blogueiro que con esas premisas e coa fiabilidade que as enquisas teñen en este pais, non me anime para nada a faguer nada deso. As verdadeiras enquisas son as que se faran o 27 de maio sobre as 10 ou 11 da noite. Esas non fallaran.
Sirva como exemplo de enquisa, no termo que lle daba o meu profesor: grandisimia mentira, a que este fin de semana sacou o xornal "Diario de Arousa". Por non facilitar, nin facilitan os datos da enquisas (cando se fixo, universo de persoas, preguntas que se fixeron, etc. etc. Estas son as enquisas burdas de verdade, as que non creen nelas ni as que as pagan porque supoño que saberás, que todas estas enquisas e as que vamos seguir vendo en periódicos que presumen de mais serios, danse baixo pago (Están as empresas periodisticas para facerlle o choio gratis os partidos !!).
Eu comfio na intelixencia - e no cabreo de persoal - para, entre outras cousas - seguir dandolle a razon a meu vello profesor

 
Às 2:20 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Perdoa o que che digo, pero cal son as vercdadiras enquisas? as que dis ti as das urnas, pero as das urnas non son enquisas, son resultados electorales, e de hai saldria o goberno, as enquisas son enquisas, ( ahora segun que nas pague salen como lle interesa a o que pague as enquisas), eu son de esquerdas, pero dun partido que ti non eres, e nas enquisas cada un, vota a ascua a sua sardiña, si non mira as enquisas de o blog de Sol Costas , E.U. maioria absoluta, pero solo son enquisas, o que conta son as urnas os que van a votar, UN VOTANTE DE ESQUERDAS que vota a E.U. , un saudo a todos

 
Às 8:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Que é un resultado electoral....? p.explo,
Si se unen as esquerdas (cuatripartito ¡menudo xou!) ¿eso sería desente?
Cando Chesqui votou por si mismo ¿eso e indesente? (e non vos olvidedes que o PP sacou 8). O normal e que os partidos teñen que asumir a sua derrota ou victoria. E premitideme decir q a chamada esqueda non asumimos a nosa derrota. Pareceme mais honrrado que Chesqui votase por si mismo e gobernase o PP que sacou 8, que BNG, PSOE, EU e IG se uniran para simplemente sacarlle a poltrona o PP. O exemplo xa o vimos nesta lexislatura que entre eles non se levan nin se trajan.
E o dijo ahora que remata a lejislatura.

 
Às 8:11 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O sistema electoral en España permite que varios partidos ou coalicións se xunten e acaden unha maioría de representación o cal é lícito. É mentira que do partido máis votado sai elexido o Alcalde, porque cando se votan nas eleccións municipais a cidadanía non está a elexir ao Alcalde, senón que elixe Concelleiros, e os Concellerios elixen Alcalde. ¿ Porque tén que se indesente que gobernen tres, catro ou cinco partidos?. En non vexo problema ningún ao contrario amosaría a cultura do pacto que non existe por ningures, pero tamén amosaría a heteroxeneidade da sociedade e non esquezas que 9 Concelleiros representan a maioría. Trocar agora as reglas de xogo porque a algun que antes lle ía ben agora lle vai mal, e facer trampas. Perdóname resulta un tanto extrano que sexas de esquerdas e avogues porque goberne a dereita. Non lle dou vento a semellante incoherencia e contradicción. maiores.

 
Às 11:48 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non estou decindo que esté encantado de que joberne a dereita. Digo que as maiorias son para respetar. Teño que recoñecer que cando se dou ese caso non souben case que respostar cando un amigo meu votante do PP me dixo.. ¿que pasaría si un partido de esquerdas sacase 8 concelleiros?.... Eso non é de respetar?? E sigo decindo que visto o visto si o chamado cuatripartito de progreso que eu defendin en contra de algun independente saira a diante esto sería peor. Teño q recoñecer que mudei de opinion durante estos anos, pero POR CULPA DESTES PARTIDOS de esquerdas. E eu si me mollín nun momento determinado para tentar de mudar as cousas. pero podo asegurarche que as veces non os diferencio.

 
Às 10:59 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Si partimos da base - e supoño qu estaras de acordo conmigo - que 9 son mais que 8, segundo a tua teoria teria que gobernar o partido que ten 8 concelleiros. Moi ben. Chegado os plenos, pregunto, Os 9 concelleiros restantes terian que votar o que decidira o gobernante con 8?. Porque de non ser asi, xa me dirias ti como iba a ser esta pelicula, teria a alcaldia o de 8 pero gobernarian os 9 da oposición. (Agás que o alcalde se pasara pola entreperna os acordos do pleno, ou o que e mais corrente, por desgracia, que un Katelo da vida virara a chaqueta e se aliara cos 8).

 
Às 4:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

No Balcón hai unha porra, coma a que se fasía na de Pitintolo, para ver cómo anda a sensibilidade electoral; nestas cousas un non sabe nunca se polo euro que custa a xente mete como resultado o que lle día a cabesa ou o corasón. O caso é que o PP non anda mal de todo, os máis danle nove, os menos seis. o Bloque é a segunda cun arco de seis a catro; logo ven o Psoe, que anda entre dous e catro; e Esquerada Unida, que anda polo un, igual que o PG, e a que sae peor é Ayda, que case non chega ao saír na maioría dos casos. En fin parese que estamos na de sempre, e como a xente da esquerda non se mova, e consiga votos temos máis PP con Fredi Bea, xa apuntado pa eles.

 
Às 8:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Reitero que o sistema electoral español é o que é, eu preferiría un sistema de elección directa, pero non é así. Nas eleccións municipais, non se elixe Alcalde, senón Concelleiros, e se existe unha maioría de Concelleiros (non o esquezamos que a maioria dos Concelleiros tamén representan á maioría dos votantes), p revio acordo elixen Alcalde. Isto se traduce tamén na Deputación Provincial, na Xunta e no Estado, polo tanto a que ven agora que nos rachemos as vestiduras?. Quizais porque lles vai mal neste caso aos do PP que antes se aproveitaron do sistema?. Aplicable tamén ao voto emigrante, agora que o PSOE lle comeu as papas ao PP, o PP pide a revisión do sistema do voto, porque tamén é certo cada vez se lle pon máis difícil o que unha persoa deles poida representar a varios votantes. Outra cousa a reflexionar aquí é se os emigrantes poden exercer os seus dereitos políticos no País de oríxe e naqueloutro donde esten vivindo.
Se afirmamos que sí, eu restrinxiría o voto dos emigrantes como fan outros países: A votar nos Consulados e Embaixadas. É indubidable que é contradictorio que se deixen votar a xeneracións que xamais estiveron por aquí, e polo tanto que non viven aquí e poidan decidir quen goberna, mentras outras persoas que si manteñen vínculos máis profundos (emigrados no Estado Español) ou mesmamente os mariñeiros embarcados non teñan a mesma facilidade. Cuestión complexa.
Voltando ao sistema electoral, non parece lóxico que se estamos no Estado das Autonomías, a representación a Europa fora por Autonomías?. Mesmamente unha Directiva da CE (hoxe Unión Europea) recomenda cando se sobrepasa unha cifra de votantes que o sistema de representación sexa máis xusto?.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial