23 de abril de 2007

Dialogo de pichones

Pola sua orixinalidade, interese e claridade para todos aqueles apostolos do tiro de pichon, reproducimos un artigo aparecido o sábado en La Voz de Galicia, edicion Arousa:

(XURXO MELCHOR)
ESTE ES un extracto de una conversación tan ficticia como posible. Tan inventada como real:

-Golfiño, soy Milito.

-¿Qué tal jefe, cómo estas?

-Preocupado. Me dicen que has prohibido que en el pueblo del abuelo de mi mujer maten pajaritos, con la de pasta que les deja el asunto, que se les llenan los hoteles de tipos apasionados por el noble deporte de acribillar a balazos a las crías de las palomas.

-No es eso, Milito, que a mí los pichones esos me la refanfinflan, pero es que es ilegal porque cualquier día le meten un balinazo a alguien, que es que no cumplen ni una medida de seguridad.

-Pero Golfiño, que me cuentan que te han ofrecido poner bollas y pantallas y no sé que más.

-Sí jefe, pero eso no sirve, que vamos a prevaricar.

-Pero es que tenemos elecciones y yo les prometí que podrían matar a los pichones, así que les dices que está todo arreglado. Que nos vas a amolar muchos votos.

-Pues a ver cómo hago para no quedar como un don nadie.

-Pues eso.

19 Comentários:

Às 5:00 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¿Cómo vai a facer de agora en diante o candidato do PSOE se se ve na necesidade de facer cumplir a Lei e ten presións en contra? ¿Quén está por riba: a Lei ou os intereses sectoriais?
¿En qué carallo cree o PSOE?

 
Às 8:42 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O psoe quedou cú ao aire, por acojonados diante da chusma que se sulfura para facer populismo. Os do Bloque foron os únicos coerentes, e tamén os do Pepé que cree neso do deporte de elite para todos os Flanders do mundo. Cacabelos empezas ben....

 
Às 9:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

MILITO É EMILIO TOURIÑO, O PRESI DA XUNTA, GOLFIÑO É DELFIN, ALVAREZ O SUBDELEGADO DO GOBERNO. SOLO FALTA CACABELITO, O PAPANSITO, PARA COMPLETAR O TRIO DE PICHONCITOS.

 
Às 2:10 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Hai cousas nas que non pensaren -se pensan- os representantes turísticos: non pensaren no efecto negativo que produce no potencial turista con destino a O Grove que alí se celebren campionatos de tiro de pichón. A mentalidade do viaxeiro actual, e do futuro, é a de ir cara a lugares que respecten o medio ambiente e a natureza. As vilas nas que se celebran espectáculos salvaxes son, frecuentemente, e cada vez máis, rexeitadas por viaxeiros con conciencia medioambiental. No noso caso cunha cuestión engadida ó espectáculo salvaxe e minoritario de matar os pichóns como é a de que se perxudica a principal riqueza que é, no Grove, o Medio Ambiente. así que será importante empezar a medir as consecuencias, de cara ó futuro, de manter como atractivo turístico unha salvaxada e empezar a cuantificar os danos e perdas derivados de manter tal anacronismo para señoritos

 
Às 11:24 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Estaba buseando e vin o teu blog. MI, está moi ben ser de esquerdas e todo esto pero... o turismo de calidade e de cartos, e eu non os teño, mais ben me defino como turista de bocata. E os do tiro de pichon son pijos, señoritos, rancios e todo o que queirades pero entran dentro dese "Turismo de Calidad" que tanto buscamos. Non a calquer precio (os novos perdigós disque son ecolóxicos)por eso eu digo si o turismo de calidade... e o tiro de pichon. Antes de contestarme, tede en conta que teño dereito a vida (como as pombiñas), así que non me fusiledes.

 
Às 12:00 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¿Qué hai do pibe?¿de viaxe turística?Se fosen outros... Polo menos sentirase cómodo, alí menos mal que "hablan castellano".
POr certo en certa lista solo falta fujas, por que entre imprentas, e campañadas lévano claro.
Se Franco levanta a cabesa... péjase un tiro, de .... fariña.

 
Às 6:53 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Quero afirmar que alomenos desde o ano 2000 os organizadores do tiro de pichón os fixeron ilegamente, a lexislación internacional que España ratificou e interna o prohibían no tocante a munición empregada. Elo coa anuencia das autoridades que foron permisivas e estiveron mirando para outro lado. Se a empresa non cumpría as medidas de seguridade o problema non é dos que se opoñen a este tipo de eventos, a culpa é única e exclusivamente súa, tempo de abondo tiveron para corrixir todos as deficiencias. Eses mal chamados empresarios da hostelería que tiran a matar contra dos ecoloxistas na defensa do Sacrosanto Santorum do Turismo deberían de preocuparse máis doutras cousas, por exemplo de non explotar como auténticos negreiros ao personal con contratos de 4 horas e traballando 12. O outro día falaba cun amigo sindicalista que nun hotel de Sanxenxo chamaran a miña muller e lle ofrecían un contrato de traballo de 4 horas pero tiña que traballar 6, iso sí comía alí. A miña muller lle respostou que non necesitaba 2 horas para comer que xa ía comida da casa, e lle dixeron que as demais empregadas de haber un trato "legal", sentirianse discriminadas, aparte que xa levaban así 40 anos. Digo eu, ¿seguirianlle pagando igual que fai 40 anos?. A cuestión é que meu caro amigo sindicalista díxome que o da miña muller non era nada comparado coas situacións que había por aí adiante, incluídas esas dos contratos de 4 horas que traballan 12. E despois queixanse que non poder abrir por falta de personal, coa práctica de ser auténticos chuchadores.
E digo eu ¿ vai Facenda controlar as apostas e timbas ilegais?. De ser así ¿habería tiro de pichón?.
Sei que se moven auténtica fortunas, e que quen organiza o tiro pode solicitar a concesión administrativa para o xogo, só que iso pasa por unha serie de trámites e terían que pagar impostos as apostas, de non ser así, neste caso o xogo é competencia da Comunidade Autónoma, estariase a defraudar a Facenda e a Facenda somos todos, polo tanto eu como defraudado esixo das Autoridades que se controlen as apostas caso de que se fagan ilegais e estaría disposto a asinar un escrito con outras personas para denunciar este feito, pedindo o control pertinente por parte do Subdelegado do Goberno. Non podemos permitir como cidadáns que as Autoridades poidan prevaricar ou facer deixadez das súas funcións no exercizo dos seus cargos e menos que á costa nosa defrauden os demais coa invocación da patente de corso do turismo.

 
Às 8:06 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non podo por mais que estar dacordo co "conroibo" sobre as suas denuncias sobre a explotación de alguns mal chamados empresarios. pero outra cousa e a relevante econmia que se move o arredor do Tiro de Pichon. Iso non se pode negar...
Ultima hora!! A Olleros estanlle movendo a silla por parte dos socios de Hosteleria por non haber defendido como se debe o Tiro de Pichon. E eu me prejunto... terán juevos a votalo fora?? (nin de coña, creo que teñen medo que ñe entre outra cajarria como cando lle falaron de ir cabeza de lista do PSOE e o rapas se poida desnutrir)

 
Às 9:59 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Para o Anonimo das 2.10: Ahi le has dado, como se di agora. Como podemos presumir de turismo de calidade (que non ten nada que ver co turismo de elite -anonimo das 11,24- e basealo na matanza indiscriminada de aves ou animais. E a todo eso, con terreos afectados polo convenio de Ramsar. Vamos que menudo papelon para os que teñan que facer os proximos catalogos turisticos.
Por outra banda, se en verdade, en 9 dias de tirada se deixan tantos cartos en Ogrobe, moitos millons deben de gañar esos da hostelaría, pois cada vez que se lle pon pora a algo, non falan mais que de perdas millonarias (carretera da lanzada, campo de golf, etc.etc.)

 
Às 2:44 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non e incompatible para nada a legalidade co tiro de pichón (aínda que eu estou na súa contra).
Que a empresa cumpra todas as normas legais, pero tamén como afirma Conroibo incluídas as apostas.

 
Às 7:55 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Polo que sei xa fai unhos meses, disque ía demitir despois das eleccións.

 
Às 7:56 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Olleros

 
Às 7:42 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non sei se estades ao loro, pero quen non era partidaria de que non se celebrara o tiro de pichos era Hesperia, pois ao parecer xa tiña apalabrada a súa celebración en Andorra, claro está noutro Hotel de Hesperia.

 
Às 11:17 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¡Pero manda carallo¡
Resulta que poñendo a parir ós demáis, e onte aparece no suplemento do Faro de Vigo unhas declaracións dunha persoa,admirable por outra banda, que vai nas listas dos do ladrillo dicindo que ve con bos ollos, que siga o tiro ó pichón. ¡Pero a ver se vos aclarades meus reis!

 
Às 8:29 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Iso pode deberse a contradiccións secundarias non a primarias, o cal non deixar de ser unha pequena minucia se o comparamos coas contradiccións primarias do PP e do PSOE, pero claro para eles todo está permitido, incluso o reparto de cheques do erario público e xa non falo da recollida das copias do pasaportes donde Louzán sae na foto recibindo un, pero claro aquí os da canallesca calan.

 
Às 8:52 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¡O peixe morre pola boca!.

 
Às 10:01 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Manolo Campaña vai na lista do Bloque, pero non é militante do BNG, é independente e como tal expresa a súa opinión, e por certo falou de que había que cumprir coa legalidade. Cal é o problema?

 
Às 10:01 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Manolo Campaña vai na lista do Bloque, pero non é militante do BNG, é independente e como tal expresa a súa opinión, e por certo falou de que había que cumprir coa legalidade. Cal é o problema?

 
Às 3:06 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¿Que che pasa?
Os teus ollos ou o teu PC, ¿non che deixa ver os comentarios anteriores respecto ó comentario do blog(q)ueiro?.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial