4 de maio de 2007

Os mesmos cans

Efectivamente, son os mesmos cans ainda que o colar sexa diferente. Estou a referirme como vos imaxinades, a eses partidos politicos (na xerga documentada dise " de ámbito estatal y con vocacion de gobernar") que non teñen o mais mínimo pudor e reparo que facer uso dos cartos públicos para comprar as concencias dos emigrantes. Mirade ben que o que o representante do PSOE estaba a entregar no Uruguai era nin mais nin menos que Cheques Asistencias, e dicer, diante da penuria que esta a pasar ali moita xente, intentan comprar vontades a cambio de axuda social. E logo vennos Torito e dinnos que el non sabia nada e quen ten que dimitir e a xerente da Fundación.
Estos usan os mesmos trucos e armas que usaba o PP. O vello cuxilitranca, invitabaos a churrasco, polbo e empanada, e estos, mandanos directamente o restaurante e "Pedide o que queirades". No fondo, a mesma compra de vontades co unico fin de ocupar a poltrona.
Unha, a estas alturas entende perfectamente porque nin o PP nin o PSOE estan pola labor de controlar democraticamente as votacions nos paises de Suramerica. Deste xeito, o que goberne sempre podrá xogar coa fame e a necesidade da xente, e ese e un caudal de votos que nunca falla.
O triste e que ainda haia xente que se di progresista e de esquerdas e faga estas cousas. Se para ser alcalde ou presidente dunha deputacion hai que actuar desa forma, unha teno claro que mellor e quedarse na casa.
Daqui o 27 de maio vannos comer o coco a tope, imos ter mais visitas en Ogrobe de persoeiros cas que tuvemos en todo o ano (cas honrosas excepcions da Delegada de Industria e do Director Xeral de Turismo). Vannos prometer o ouro e o mouro, a carretera de 4 carris, a piscina (outra vez), o auditorio (outra vez), o centro de saude (outra vez), etc. etc. Pero cando vos prometan esas cousas, cando vos pidan o voto, lembradevos dos de Uruguai

3 Comentários:

Às 3:53 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¡Coño!¿Non era o PP o obxetivo número un a dinamitar, dado que era o máximo aspirante?
Pois parece que agora, os canóns miran cara outra banda, e ven ó "inimigo" mellor posicionado no partido do socio de Goberno da comunidade autónoma.
¿Qué estará pasando?

 
Às 4:06 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O PP, afortunadamente, xa se dinamita el so coas suas actuacions, pero cando se fan fechorias (por non dicir unha palabra mais gorda) como a de Uruguay, e de immorales o non denuncialos. Ou acaso, que dirias se o BNG non dixera nada polo tema ???

 
Às 7:37 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Segundo novas recibidas de alén mar, o voto xa se cotiza a oito dólares.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial