29 de abril de 2007

Trampons !!

Teño que recoñecervos que unha das miñas debilidades en tempos de eleccions e mirar as enquisas que todos os domingos publican a maioria dos xornais. E non é outro o motivo que o de gardalas e despois escacharme a rir, porque, como xa dixen en outra ocasion, fallan mais que unha escopeta de feira.
Se vos fixades ben e sodes seguidoras das mesmas como min, veredes que fai 15 dias, o candidato do PSOE por Vilagarcia, gañaba por maioria absoluta. Agora xa non e asi e quen sube e IU. Veredes como antes do dia 27 as cousas poñense como se teñen que poñer ( e dicer, quen ten que pagar vai pagar) e o PSOE e o PP suben. E non so vai ser eso en Vilagarcia, vai ser a tonica xeral en todos os concellos. Non importa que a percepcion da xente ( que é quen finalmente vai decidir co seu voto) sexa completamente outra. Eles o que van predicar e outra verdade e nadie se vai lembrar o dia 28 o que dixeron en datas anteriores. Entre outras cousas, porque o dia 28, veredes, nadie perdeu.
Claro que hai medias verdades que son as mentiras mais grandes. E asi, publicamos o que queremos e o que non interesa. E, por exemplo, unha enquisa realizada por unha moi importante empresa de Madrid, a nivel de todo o Estado e que colleu a Ogrobe como mostra nesta zona, nunha entrevista con 800 CHAMADAS e que lle da agora mesmo a o BNG 5 concelleiros, 4 o PSOE e 6 o PP, e cadanseu o PG e a IU, esa, como non interesa, non se publica, e amosarasenos para la, para o dia 13 de maio como "IMPORTANTE AVANCE DEL PSOE EN TODA LA COMUNIAD AUTONOMA". Xa o veredes. Pero non fagades caso d enada, o dia 27, votade o que decida o voso corazon.
Non fagades caso, de aqueles, que non son quen de levantar a voz, cando a Princesa de España (a mesma Letizia que sendo periodista de TVE e na epoca do Prestige veu rodar a Ogrobe e queria que lle enseñaran as zonas limpas) vai parir a unha clinica privada deixando desa maneira en moi mal lugar a Sanidade Publica.

2 Comentários:

Às 7:46 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

As enquisas preelectorais fánse á carta, cunha clara tendenciosidade. A pesar do que se di de certas empresas que teñen unha relativa credibilidade, pode ter credibilidade razonable unha enquisa feita a traveso de chamadas a teléfonos fixos, donde non se dan por segmentos de idade nin tampouco o número de chamadas iguais totais por cadaún destes segmentos?.

 
Às 8:24 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O blog xa me parese un resesario. Actualidade xa!.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial