24 de março de 2007

Menos mal que nos queda ....

Dicia unha cancion de Siniestro Total: Menos mal que nos queda Portugal. Aqui, eu debo dicir, menos mal que nos queda ... o BNG. E digo esto, porque veño de enterarme estos dias pola prensa, que este grupo politico ven de presentar un novo recuros, previo o contencioso administrativo contra das oposicions para nomear unha Arquitecta Municipal. Xa vos habia contado nun anterior artigo das bases da convocatoria desta praza, moi "sui generis" o gusto e praze do nos alcalde e que habian sido recurridas en tempo en forma polo BNG, contestando o concello so a unha das reclamacions ... e si non estas conforme, vaite o Xulgado.
Pois parece que por esta vez, os do BNG non van deixarlla pasar e vaN ir o Xulgado. O triste do asunto, e que cando se dirima esta caso, e a vista dos feitos o xulgado diga que hai que cambiar as bases, non lle pase, ABSOLUTAMENTE NADA os que fixeron esta CACICADA e iso que foron advertidos, do que facian.
Vaia logo por diante a miña felicitacion a xente do BNG por esta iniciativa. Hora era de que se lle empezara a por freno a todos os niveis os desmans deste persoa. Seria interesante que se confirmara se xa foi entregada a fiscalia a informacion de algunhas obras que podrian levar ate A Lama os retores da Casa do Corgo. É hora xa de por un pouco de decencia e cordura na vida municipal.

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial