12 de abril de 2007

Entre pillos anda el juego

A verdade e que o que esta a pasar no noso querido pobo no tema das oposicions do concello, podia ser una emulacion da famosa pelicula de Eddie Murphie e James Belushi de principios dos 80, porque ese é o fondo do asunto, un problema de pillos e non o arranque de honradez "contra la corrupcion" de unha funcionaria despechada. E certamente curioso que cando está as portas de rematar o seu mandato o noso benquerido Ned Flanders queira deixar atados e colocadiños os seus peon de confianza, e asi, a a cantidade de oposicions e prazas que se cubriron estos ultimos días. Ned Flanders ten claro que non vai recuncar, e antes de irse, hai que pagar os favores a todos aqueles que axudaron a montar esta "enganisada".
Porque eso e no que se convirteu o concello de Ogrobe. Na finca particular dunha xente que entrou "daquela maneira" e agora ainas que facer fixas. Se valen ou non eso é o de menos. O importante e deixalas colocadas. E polo medio, aparece os nosos inefables homes do bigote. Ned Flanders e o técnico muncipal, enfrentados co secretario. E que si eu quero colocar a esta e si ti queres colocar a outra, pero no fondo, e un tema de pillo a pillo .
Pero como ten este home morro de decir que el non sabe nada do tema cando a mais de un amigo lle asegurou que antes de irse do concello iba a facer fixa a sua secretaria particular. Xa hai que ter morro.!!!. Porque será que nestas prazas só se presenta xente da casa (porque os que se presentan de fora non teñen nada que rascar).
E que acaso a convocatoria da praza de arquiteto municipal, recorrida polo BNG non é un caso claro de enchufismo !!!.
Por estas e por outras moitas mais cousas, son polas que o 27 de Maio ten que entrar un aire novo no concello. Por estas e moitas mais cousas que este e outros Blogs temos denunciado ( e outras moitas que nos chegan pero que non temos documentadas polo momento), son polos que este persoal ten que desaparecer da vida politica municipal. Porque o concello non pode ser unha axencia de colocacion de amigos. Porque os procesos para a contratacion de persoal deben ser abertos, participativos e democraticos para que se premie a capacidade e o merito e non o servilismo. En fin para facer un concello o servizo das cidadans e non de catro espabilados. Por esa e outras moitas razons e polo que o 27 de Maio, hai que BOTAR o PP fora do concello.

11 Comentários:

Às 9:55 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Lamentablemente a cousa do enchufismo nos concellos non é solo do PP sinón que donde goberna o PSOE e o BNG ou calqueira outra forza politica, usase exactamente o mesmo, senón para non ir moi lonxe vexamos os xornais de fai días o PP de Vilagarcia acusa a Gago de enchufar a xente do PSOE, o PSOE de Cambados acusa o Touris de querer enchufar os do PP, non nos enganemos neste tema tódolos partidos utilizan a lexislación tan endeble que temos para enchufar cada un os seus. Propoñolle os grupos politicos que si queren acabar con esta nefasta práctica, modifiquen a lexislación e en vez de facer as bases e as probas non propios concellos que se fagan a nivel da Xunta e con unha lexislación menos light.

 
Às 10:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O que dí o anónimo é certo, no Intecmar dependente da Consellería de Pesca (psoe) están enchufados sin pasar ningún tipo de proba entre outros a portavoz do Psoe de Sanxenxo e o fillo do portavoz do psoe de Vilanova, nas Consellerías do Bng mas de lo mismo, efectivamente entre pillos anda el juego (PP-PSOE-BNG)

 
Às 11:02 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Sabeis por qué Antón Mascato aceptó ir de número 2 en el Bng, pues porque enchufaron a su mujer en la Xunta.

 
Às 11:33 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

OS anonimos que queren meter a tododios no mesmo saco, pedirialle como militante do BNG e funcionario na Xunta que me dixera quenes son esas persoas do BNG e en que consellerias foron (segun eles) enchufados. Afortunadamente, en politica, ainda esiste xente con dignidade, ainda que a alguns anonimos lle pareza raro.

 
Às 11:41 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Anton Mascato foi xa de nº 1 polo BNG de Ogrobe cando ser do BNG, por desgraza, non era fácil, e voa proba delo foi que ser concelleiro desa organizacion sinificoulle facer a mili en Melilla montando mais gardas no deserto que un mono. Que agora algun malnacido veña dicindo que vai de nº 2 por que - segun el - a sua muller foi enchufada na Xunta é , cando menos, patético e moi proprio de xente despreciable.

 
Às 10:09 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Non son do BNG, pero podo afirmar porque o coñezo que a afirmación que se fai sobre Antón Mascato e falsa, nin él nin a súa compañeira se prestarían a tal cousa, aínda quedan persoas integras, si que comparto a critica primeira porque e certa nos concellos, pero cando se afirma algo hai que ter probas, sinón simplemente son falacias.

 
Às 7:36 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

si queredes ver ENCHUFES en grande mirade para o concello de sanxenxo, que nestes 8 anos non traballan mais que fillos do PP.
Esperemos que cambie esto a partires de 27 de maio.
VOTA BNG SANXENXO

 
Às 8:38 da manhã , Blogger anton disse...

Son Antón Mascato, só quero agradecerlle a Xosé Manuel, a Arturo Rei e a Xan Caneda as súas palabras. Con mención especial para Xan, porque concorre ás eleccións municipais nunha candidatiura diferente da miña, podía calar e non o fixo. Nese tipo de actitudes é onde se distingue a ética da esquerda.
A Arturo dicirlle que é certo eso das guardias no deserto de Melilla, e tamén que estiven medio ano nun pelotón de disciplina, todo o día trotando e coa mirada sempre no chan, nun intento militar de humillar aos díscolos. No meu caso por non votar a favor de facerlle unha homenaxe á bandeira española en 1983, algúns lembraredes a famosa guerra das bandeiras, que propuxo nun pleno o alcalde inesquencible Bea Gondar, a acta daquel pleno chegou, por correo urxente, á Capitanía militar de Pontevedra que me denegou a prórroga por estudos. Non esquecerei nunca ao Coronel do Tabor de Regulares no que me meteron, xunto con outros rapaces vascos, cataláns e tamén galegos: "no os voy a obligar a respetar la bandera española; os voy a obligar a amarla y defenderla con la vida si ello fuese menester". Non puden evitar lembarme de Chrlot no Gran Ditador, vendo a aquel implicado no golpe do 23 de febreiro, na Tejerada.
A Xosé Manuel dicirlle que non só hai que identificar aos corruptos, se os hai, tamén aos que se dedican a sulfatar veneno ocultándose no anonimato.
Á do anonimato que me acusa de estar en política por favores do poder, só dicirlle que estou en política dende antes de ser maior de idade, que nunca deixei de estar. A miña parella hai moitos anos que non está no paro, aprobou unha oposición, do grupo A, hai máis de dous, tendo o seu posto de traballo nunha consellería que xestiona o Psoe. A covardía e o veneno envolto no anonimato, non é maís que infamia trampona.

 
Às 8:46 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Conozo ben a Antón Mascato, desde que eramos pequenos, é un tipo decente, honesto, moi preparado e un gran traballador. Con xente coma el outro galo nos cantaría no Grove. Votade por el e xa o veredes...

 
Às 7:31 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Meter no mesmo saco a todos Deus, cando menos é unha afirmación moi arriscada, é absolutamente mentira que todos sexan iguais!. Eu coñezo moitas das bases que se fixeron nos gobernos locais dos BNG e mesmamente as composicións dos Tribunais donde están todos os partidos, incluso os sindicatos o problema é que os partidos políticos e xa non digo os sindicatos nos fan os deberes, se unhas bases son arbitrarias o que deben de facer é impugnalas diante dos Tribunais. Que estamos de acordo en que as bases deben de responder os principios de capacidade, igualdade e méritos, iso xa o pretendeu o BNG en O Grove e foi moi meritoria a súa elaboración daquela moción proposta donde se fixaban as bases para un novo modelo de elaboración coa participación de todos para facelas e coa participación de todos no Tribunal donde este só velaría pola aplicación da Lei, coa eliminación de que o Tribunal fora arbitrario nas súas valoracións, fixándose criterios para que isto non sucedese. O PP, xa que as bases segundo a Lei as elabora o sr. Alcalde, rexeitou a moción. Iso pode mudar no futuro, basta que o Alcalde elexido delegue esas funcións na Xunta de Goberno Local e ista elabore un documento xeral de baremación aplicable a todas as oposicións, e despois engadirlle as cuestións específicas a cada unha delas, así como o BNG optaba ben pola eliminación da entrevista ou rebaixar a puntuación, pois entendía que é unha auténtica esaxeración dárlle o 45 por cento de puntuación sobre o total aos participantes na concurso ou concurso oposición. Incluía tamén moitas máis cousas, como dárlle transparencia, que cadaquen soubera a puntuación que tiñan os demais, etc..., sería un auténtico troco nas formas e na concepción.
Non me vale que faga a Xunta as bases e as probas, os concellos deben democratizarse e rexirse por normas que non sexan arbitrarias para que cada persoa que acuda a unha oposición saiba que o Tribunal vai cumprir coa súa obriga legal e non vai tirar descaradamente cara ninguén.

 
Às 7:47 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Fai milenios que non entraba neste blog. Descoñecía a falsa, inxuriosa e calumniosa acusación concreta contra do meu amigo Antón Mascato, sabía que a súa compañeira Cruz estaba en expectativa de destino por ter aprobado unha oposición, e non precisamente esta información me foi subministrada por parte de Antón, senón de Cruz. Nin siquera, e iso que falamos por tlf. ou nos carteamos por correo electrónico de xeito cotián me comentou nada, iso sí hoxe dime que na Voz da Galicia me chaman puntilloso, quisquilloso ou algo así. De sabelo con anterioridade tamén secundaría as afirmacións dos meus caros amigos Xan, Xosé-Manoel e tamén de moitos outros que non saben desta falacia cobarde e inquisidora que se volve na contra de que a lanzou. Por certo o que non di Mascato é que a Consellería donde sacou a oposición a súa compañeira é a de Traballo, para que fique máis nídio aínda.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial