29 de maio de 2007

Quen lle da vento !!

Logo do acontecido cas eleccions do pasado domingo en Ogrobe, unha chega a conclusion de estar a vivir nun pobo de coña. Aquí si que hai café para todos como predicaba nos albores da transicion o inefable Guerra.
Resulta que todas deciamos que a saida de Ayda do PSOE e a constitucion da Alternativa Meca iban a supoñer unha considerable perda de votos para o PSOE e a hora da verdade, resulta que ese partido gana mais votos e erixese en vencedor. ¿Como debemos ler esto?. Por outra banda, a actitude dese partido xuntamente coa de Ayda no tema da aprobacion do convenio dos Raeiros, non so lle supuxo un castigo, senon que ganan votos os dous. Hai alguen que poida explicar esto ???.
Porque si o electorado castigou o BNG por non ir o pleno (cousa na que non creo nin de coña que fora ese o motivo da sua baixa), debera premiar a EU por ir (cousa que tampouco pasou).
Dos resultados do PP, penso que a naide lle sorprenden, baixan en votos e concelleiros, mais ou menos na linea que todas as quinielas predecian (agás a de Pedro Jeta Benavides) pero todo o mundo lle recoñece que ten un electorado que, ate que veña un goberno diferente e de verdade vai manterse nesa linea.
Resulta verdadeiramente chamativa a caida en votos do BNG. Cando case todas as quinielas lle daban 4 concelleiros, a realidade volveuse terca e condenounos os 3 que xa tiña. Algo que non se entende moi ben a vista do traballo desenvolvido polos seus concelleiros o longo da lexislatura e a boa campaña levada a cabo nestos ultimos 15 dias, xunto coa lista que presentaban, cuios postos de cabeza representaban un bo perfil politico e xestor. Parece que a xente e bastante reticente a hora de darlle a responsabilidade de gobernar a xente do BNG. Medo que parece non ter coa xente do PSOE, xa que despois de todos os Cristos cos que nos obsequiaron o longo da lexislatura, de presentar unha candidatura totalmente desconocida a nivel politico e que o unico que ofreceron o longo da campaña eran ser amigos de Torito e Zapatero, foron quen de darlle o cuarto concelleiro que nin o mesmo PSOE no sono mais feliz soñara nunca.
Pero asi e a politica en Ogrobe. Dicese que en democracia o pobo nunca se equivoca. Esta servidora, vades permitirme que dubide bastante desa afirmación e que pense que , unha vez mais, e van moitisimas, volvemos a meter a pezuña. Non ten xeito a proliferación de chiringuitos politicos como o que aquí se da, nin que se premie desa maneira a incoherencia politica (PSOE-Ayda)., ou o pior resulta que eu estou enganada e o que prima é ser un pouco/moito sirvengonza, tragar con todo, roubar un pouco mais e si a xente nos pide unha ponte, deamoslle unha ponte ainda que despois resulte que non teñamos rio donde colocar a ponte.
O 16 de xuño remata o prazo para constituir a nova corporación municipal. Penso, a vista do pasado en outras épocas, esto vai ser un autentico chalaneo. Dende logo, co mando a distancia da deputacion provincial van poder facer maravillas. E senon o tempo.

13 Comentários:

Às 5:06 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Tal e como son as cousas, e contando que nin dios nin maría santísima vai conseguir un pacto de estabilidade de cara aos vindeiros catro anos, penso que todo isto rematará con Mr. Flanders lucindo o bigote no sillón central por ser a lista máis votada, Frediño remando coa corrente que lle diga Flanders (coa brúxula de Chesqui por se acaso) segundo en qué momentos, A-ída balanceando suavemente as súas carnes e os seus vestidos cara dúas bandas según lle conveña, e a esquerda con cara de micajonamirilla tratando de porlle freo aos remeiros, aos bigotudos e procurando que a roupa de certo armario non salga por fora.
E digo eu: ¿temos o que merecemos, temos o que queremos ou é que o Jrobe (si, con J, total qué máis da) realmente ven sendo unha avanzada dos marciáns e todos estamos abducidos por extraterrestres independentes?
Visto o visto, e se ao final isto vaise converter nunha Marbella, case que me vou á de Málaga, alo menos alí chove menos...

 
Às 5:25 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

En democracia hai un principio: Os votos teñen razón e a votación non se equivoca. E se o resultado da votación é contrario ó que un defende e no que cree quere dicir que non o soubo esplicar axeitadamente; polo tanto fallou a comunicación. Entón a cuestión é: Non houbo un interlocutor adecuado para transmitir a postura do BNG. No Salnés o BNG fracasou e non ocorreu así no resto de Galicia, especialmente no Barbanza e no Morrazo. En O Grove, coas súas facilidades puntuais para sacar un resultado espectacular, parece evidente que a figura, -tan retocada,e tan guapiña nos carteis electorais- de Carlos Álvarez non conectou co electorado e a súa postura de facer unha campaña en plan institucional e indo de sobrado, resultou un fracaso. Así que non queda outra saída: a dimitir e a preparar as novas eleccións.

 
Às 5:48 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

A un concello do Condado do Tea, chegou unha vez un ministro para facer a campaña ás municipais e o primeiro que prometeu foi facer unha ponte nova, como aquel concello non ten río dixéronllo polo baixiño os seus compañeiros de partido e o gran ministro, sobrado coma poucos, espetou enseguida: Veña póñovos o río tamén!...
Igual pensades que é unha broma, pero non, foi unha verdade coma unha casa consistorial. O mesmo que o de facer un metro en Pontevedra, que dixo o candidato Telmo Martín... e así todo.
E no Grove pois resulta evidente que é moito máis simple colocar ideas falsas, que verdades coma puños; que o populismo, a bronca interna e a falsedade cotiza en votos. Aínda así, non esquezades que 1.200 votos son moitos votos, se non chegan para gobernar teremos que pensar no que fixemos mal, pero sabendo que hai unha liña que nunca podemos cruzar: a da deshonestidade, a da humillación a do vale todo con tal de mandar... porque ou somos doutra pasta, ou non somos nada. Moitas, pero de verdade, moitísmas grazas á xente que confiou outra vez en nós, nos homes e nas mulleres da candidatura do Benegá.
E ánimo porque aínda é posible retirar ao PP do goberno local... e nese empeño debiamos estar todos e todas.

 
Às 7:16 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Era visto que o clientelismo de última hora teria vantaxes electorais. Si a filosofía do Pater P... funciona no rural é porque ainda non nos desfixemos das vendas oculares. Hai xente de a pe que, en todo o día, só vé o cartel dun arrepiante bigotudo con pinta de militar. Hai xente a carón nosa cunha esfera moi limitada. Eso é o normal. A realidade urbanística, por pór un exemplo, que se baralla a cotío nestes blogs é, para eles, ciencia-fición. Logo penso que o BNG precisa ser, de novo, o do zapato na mesa, sen deixar de ser o da teimuda constanza amai-la lanza do pobo. Creo que o único que pode desenganar á xente é o contacto diario, a comunicación e, cando fai falta, saír á rúa con eles si a tiranía segue instaurándose e o abandono espallándose. Penso que hai que apelar á implicación de cada persoa. Será duro, perderemos cartos e tempo, e ainda serán moitos os que verán ó demo no BNG. Pero será un paso padiante. A memoria das persoas é como a homónima dos ordeadores: hai que refrescala. Debemos escomezar mañá.

 
Às 8:28 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Con respecto o comentario do anonimo das 5:25 teño que mostrar a miña discrepancias en base o seguinte :
a) En democracia, si tamen pode equivocarse o pobo, senon explicame si foi correcta a eleccion de GIL en Marbella ou a do alcalde xenofobo e racista do Egido por poñer so 2 exemplos.
b) Sera que os do BNG do Salnes son marcianos e os da outra banda da ria ou Monforte ou Mondoñedo son uns fenomenos . Non será acaso que nesta banda da ria existen outros intereses (inmobiliarios por exemplo) que fan que aqui a sombra do PP sexa moi alongada. Non deixes de fixarte nos datos do PSOE que tampouco son para dar botes precisamente. Por certo, sabes quenes foron os mais sosprendidos do resultado do pasado domingo: Os do PSOE.

 
Às 8:48 da tarde , Blogger Escévola disse...

Bueno eu quero opinar sobre dúas cuestións. A primeira o BNG, os resultados do BNG do Grove son dos mellores do partido no Salnés. Nesta nosa comarca o BNG parece incapaz de acadar un crecemento claro. Son da opinión de que o problema do BNG no Salnés é o mesmo que nalgunhas cidades ( o Salnés ten en moitos casos un electorado de perfil urbano), este é acusa un perfil moi institucional dende hai oito anos que lle resta visibilidade fora das institucións xa que non ten medios informativos afíns. O BNG do Salnés realiza pouco traballo na base social e nos colectivos sociais e está demasiado centrado nas institucións o que lle fai dificil diferenciarse do PSOE en moitos lugares. Outro tema é o PSOE meco, teño que dicir que estou moi sorprendido polos seus resultados pero teñen explicación: ten un voto moi consolidado no Grove, recórdovos que xa foi o máis votado nas autonómicas polo que en realidade non ascendeu tanto como pode parecer. O que convirte O Grove en sitio distinto é a proliferación de chiringuitos e a fragmentación electoral que imposibilita a formación de gobernos sólidos.

 
Às 8:50 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Autocrítica,please, que é un xeito de honestidade. E menos chauvinismo: Non hai diferencias sociais, xeográficas, históricas ou o que se queira entre o Morazzo e o Salnés, nin co Barbanza.

O BNG precisa facer "exame de conciencia" simplemente porque fracasou, porque fracasar son os resultados de Vilagarcía, Grove e Cambados. Ou acaso no se saíu con outras expectativas?

 
Às 8:52 da tarde , Blogger Escévola disse...

A respecto da formación de goberno eu apostaría por PSdeG-BNG-EU forzando a Ayda a votar na investidura un tripartito de progreso ou a deixar gobernar ao PP. Eu non sei se ela é progresista ou non pero o seu electorado si, polo que se deixa gobernar ao PP tamén desaparece do mapa nas próximas e hai un chiringo menos. Se prosperase o tripartito este non sería tan sólida e necesitaría apoios eventuais para gobernar pero paréceme que sería unha boa opción fronte á dereita ou a un goberno catro que a min xa me parece demasiado.

 
Às 9:08 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu aventurei a suba do PSOE, pola inercia da onda de estar gobernando en Santiago e en Madrid, e elo se pode explicar de xeito doado, porque o PP machacou a mensaxe daquelo do goberno amigo, amais que o PSOE (nin o PP) non precisan nin facelo ben para levarse o gato a auga (exemplo Cambados). O BNG aparte de facelo moi ben ou ben, o custo que implica acadar un bo resultado (neste caso sería sobir só un Concelleiro) é dobre. Lembrade a miña previsión era de 4-4-1 (no pior dos casos e 5-4-2, no mellor dos casos sendo optimista); agora ben tamén haberá que deixar de mirarse sempre o envijo, ver no que se errou e corrixir o que faja falta. Sempre se pode xustificar o que se queira: Que se a campaña xirou como experimento-preludio dunhas primarias (xerais), que se a bipolarización da mesma (PP-PSOE), etc, etc..., máis tamén é posible un erro na metodoloxía da campaña en Ogrobe no plano dun discurso demasiado institucional e non máis agresivo de pór en evidencia todo o malo que fixo Miguel Pérez (dárlle caña), no que tamén inclúo os debates da Casa de Cultura e o de Tele Tinto. Non incidir o suficiente na corrupción urbanística (o que podería ser o tema central). Ao mellor -non o sei, porque non teño datos fiables-o alcaldable non ten o suficiente gancho ou tirón para o electorado. Aventurei que para o PP a baixada dun concelleiro era segura, máis tamén que sería probable a baixada dun segundo, pero nisto trabuquéime, pois en realidade non mo esperaba. Ter en conta a formidable máquina electoral do PP, está practicamente intacta, moitos anos de prácticas clientelares e caciquís, moitos anos de enchufar-colocar ao personal que xenera dividendos, máis tamén son consciente de que os trocos en Galicia non se dán da noite para a mañá, e o son a medio e longo prazo. Eu desexo e espero un goberno que non sexa do PP, e a todos aqueles que arrouparon tanto a Alfredo Bea como a Ayda Filgueira, pideréilles, de conformidade coas mensaxes electorais, que cumpran o prometido: aquelo de que en primeiro lugar está Ogrobe e en segundo lugar outras cuestións nas que polo de agora non vou entrar (cuestións secundarias que se poden volver inevitablemente en principais, o cal podería resultar non ético, aínda que sí por suposto lícito). De aí que os achegados a ambos os dous, lles fagan ver que o prometido é débeda. Uns e outros xa teñen a experiencia do que fixo o Mijeliño cos seus votos na aprobación dos presupostos, e do outro só seguir traballando coa constancia e co tesón, coa honradez e coa honestidade de sempre.

 
Às 12:42 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Nunha vitoria ou nunha derrota como é o caso podense buscar as disculpas e explicacions que se queiran pero dicer que o BNG e moi institucional e realiza pouco traballo social a nivel de Ogrobe é non coñecer a candidatura: Anton Mascato e o seu traballo, Lina (ecoloxismo e movemento social), Rosa (movemento sindical), Luis Chan (comunidades de montes), etc. etc.. Para que seguir. O mesmo que o comentario de conroibo cando dice que o problema foi non darlle mais caña a Mijeliño. A bon seguro que si esa fora a estratexia e os resultados foran os mesmos, o problema nese caso hubera sido que o BNG adicouse a sacar cousas negativas e que a mensaxe debera ser en positivo.
Os comentaristas, pedirialle que non se fixaran so en Ogrobe. Que miren para Catoira, Vilagarcia (Nando Casal e Castro raton, dous descoñecidos), o caso de Sanxenxo, etc. etc. e logo intenten darnos unha explicación que sexa coherente e que se sustente en feitos palpables e contrastados e non en explicacions de mal pagador.

 
Às 2:21 da manhã , Blogger Escévola disse...

Para o anónimo das 8:28: Coñezo moito o movemoento social nacionalista pois formei e formo parte de algunhas organizacións. Reitero o argumento do alto perfil institucional do BNG nos últimos anos, non só no Grove senón en todas partes e se queres cítoche organizacións antes importantes e que agora están divididas ou practicamente desaparecidas. Podemos falar dos CAF-CAE( hai anos mobilizaban sen problemas a 5000 estudantes só en santiago, hoxe son 20 rapaces que non se sabe o que fan), a división que a UPG provocou en Adega e que deu lugar a outra organización, os cristos na Mesa, os escándalos en Galiza Nova e podería seguir un bo rato con diversas organizacións abandoadas desde hai uns anos. Se queres douche algún dato máis pero creo que son suficientes. No BNG de Ogrobe se se quere pensar que se ten un tecido social forte, pódese pero non sería máis que obviar unha realidade patente.

 
Às 10:49 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu nunca dixen que o BNG de Ogrobe tivera un tecido social forte, pero deso a dicer que os seus militantes están fora do tecido social é moito dicer. Vamos, que non creo que esa fora a causa fundamental da súa derrota.
De todolos xeitos son da opinión de que algo mal se debeu facer pero non acerto a saber o que foi.
Agora só queda tirar para diante e millorar (inclusive no aspecto da penetracion social) ainda que despois lles digan que dominan as organizacions nas que entran (Foi real, pasou no seu dia, cando en realidade eran os unicos que curraban duro)

 
Às 11:21 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Ahi ahi ahi.... a autocritica para os demais ¿e para nos? Non me dijades tamén que janamos, que ivamos arrasar e non arrasamos, que ivamos ter por primeira vez alacalde nazonalista e non o temos.....
¿A que me cheira esto?....
Sexamos criticos con nos mesmos para mellorar e non caigamos nos erros dos que tanto criticamos.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial