8 de agosto de 2007

Adeus Manolito, adeus

Enteramonos hoxe pola prensa, que o goberno local ven de aprobar por unanimidade, a proposta do BNG a retirado do Manolito da Fonte do Galo, asi como o titulo de fillo predilecto de Ogrobe a Franco. Agardamos e confiamos que esta xente sexa quen de levar a cabo un acordo plenario xa aprobado con outras corporacions pero para o que nunca se tivo a minima sensibilidade de levalo a cabo. Aqui sempre se preocupuo moito de non molestar a aqueles que puderan sentirse feridos por sacar o pedrolo. Nunca se tivo o mismo sentimento cos outros veciños de Ogrobe (a maioria) que non se sentian representados nese monolito e que perderon os bens, a libertade e a vida na defensa do goberno lexitimo. Inclusive e a maiores, alguns dos que tiñan o seu nome inscrito no manolito, foron carne de cañon, levados a forza o fronte de guerra para loitar contra amigos e irmans, Tamaña afrenta que non temos concencia que acontecera en outras partes do mundo !!!.
Estos dias estou leendo o libro "Represion e alzamento militar en Galiza 1936" de Carlos F. Velasco Souto. Libro que lle recomendaria a sua lectura todos os veciños de Orobe para que supera quenes foron esos matarifes que o mando do asesiño Franco aferrolaron este terra durante 40 anos. Logo da lectura do libro un se pregunta como pode haber algunha persoa entre nos que defenda aquel rexime ou aquel elemento. Pola recuperación da memoria historica, polo recoñecemento das persoas que sufriron, padeceron e morreron por defender a libertade e a dignidade, o noso mais firme apoio a decision do Pleno Muncipal.

15 Comentários:

Às 11:03 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Aínda hoxe temos a Franco de fillo predilecto de Ogrobe e alcalde honorífico, e xa pasaron polo concello alcaldes comunistas e socialistas que nada fixeron para acabar con eso. Das dúas, unha: ou non se enteraban, ou non se querían dar por enterados. E Franco nin é fillo do Grove, nin pode considerarse predilecto pola xente que sabe que foi un simple militar que se levantou en armas contra a República que xurara acatar, defender e honrar. Falso e culpable de miles de asesinatos, e dun xenocidio que levou por diante a centos de miles de seres humanos. El e os seus camaradas brutos (Millán Astray, Mola...) berraban aquelo de ¡Viva la Muerte, abajo la inteligencia! polo que foron condenados na ONU e declarados como Réxime Criminal. E por fin vemos que vai desaparacer do centro de Ogrobe ese monolito fascista que representa a victoria duns asesinos, sobre a xente do común que tiñan ideales de xusticia, de fraternidade e de igualdade. Viva a Répública, abaixo o fascismo. Felicidades aos nove do goberno, con mención especial para a sensibilidade de Mascato, por librarnos desa calamidá.
E que os fachas aprendan valores democráticos, de convivencia, de non violencia.

 
Às 11:03 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Aínda hoxe temos a Franco de fillo predilecto de Ogrobe e alcalde honorífico, e xa pasaron polo concello alcaldes comunistas e socialistas que nada fixeron para acabar con eso. Das dúas, unha: ou non se enteraban, ou non se querían dar por enterados. E Franco nin é fillo do Grove, nin pode considerarse predilecto pola xente que sabe que foi un simple militar que se levantou en armas contra a República que xurara acatar, defender e honrar. Falso e culpable de miles de asesinatos, e dun xenocidio que levou por diante a centos de miles de seres humanos. El e os seus camaradas brutos (Millán Astray, Mola...) berraban aquelo de ¡Viva la Muerte, abajo la inteligencia! polo que foron condenados na ONU e declarados como Réxime Criminal. E por fin vemos que vai desaparacer do centro de Ogrobe ese monolito fascista que representa a victoria duns asesinos, sobre a xente do común que tiñan ideales de xusticia, de fraternidade e de igualdade. Viva a Répública, abaixo o fascismo. Felicidades aos nove do goberno, con mención especial para a sensibilidade de Mascato, por librarnos desa calamidá.
E que os fachas aprendan valores democráticos, de convivencia, de non violencia.

 
Às 2:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Parabéns ao grupo de goberno por ter adoptado esta decisión. Gosto especialmente da naturalidade coa que se está a levar este tema, sen revanchismos, sen crispacións e con respeito que é como se deben facer as cousas.
Parabéns e adiante!!

 
Às 2:42 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Xa era hora.
É verdade que non todos os homes que aparecen no monolito foron fascistas, xa que a maioria foron obrigados a loitar. Dende o meu punto de vista non é ninunha falta de respeto quitar o monolito. Ninguen se deberia sentir ofendido. Non credes que aquelas persoas que se viron obrigadas a loitar en contra das suas ideas, si se sentirian ofendidas por ser honrados por loitar con Franco? Nonc creo que esa xente se fora a queixar por que quiten o monolito, eles serian os máis interesandos en que desaparecera con moita razón.

 
Às 12:41 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

MARINA, QUÉ CURIOSO QUE NOVAMENTE NOS ENTEREMOS DESO POLA VOZ DE GALICIA, A DA AROUSA, E POLO DIARIO DE AROUSA, E QUE NO FARO NON SALGA NIN UNHA LINEA. ¿QUÉ LLE PASA AO PROBE MÉNDEZ? PROPOÑO UNHA CAMPAÑA DE CAMISETAS CO CARETO DO TIPIÑO ESE ENJOMINADITO E ESA FRASE: ¿QUÉ LLE PASA AO PROBE MÉNDEZ?

 
Às 11:00 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Paréceme ben que se retire o monolito da fonte do galo, pero penso que sería aínda mellor erguer un monumento no seu lugar en homenaxe a todos os que perderon a vida na senrazón, un monumento pola paz e a liberdade de expresión.
Si algo nos diferencia dos fascistas é a loita pola igualdade, pola paz, polo respecto.

 
Às 1:01 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

DIARIO DE AROUSA
La retirada de una foto del Rey del salón de plenos genera polémica
La retirada del retrato del Rey del salón de plenos del Concello de O Grove por el edil de EU, Xan Lamelas, durante la presentación de un festival musical provocó un importante revuelo social.

Xan Lamelas, concejal por Esquerda Unida, decidió retirar ayer el retrato del rey de España que preside el salón de plenos municipal del Concello do Grove durante la rueda de prensa de presentación del Paraxe Festival, organizado por la asociación cultural Con Negro, y en el que colabora la concellería de Xuventude que dirige el edil de izquierdas.

Lamelas entró con los miembros de la asociación, y antes de tomar asiento, afimó que "iba a retirar un retrato que non tiña nada que ver", además de asegurar que sólo retiró el cuadro durante el tiempo que transcurrió la rueda de prensa, y que lo volvió a colocar en su lugar después de que esta hubiera concluido.

El portavoz del Partido Popular, Miguel Pérez, tildó ayer lo ocurrido de "disparate gordísimo e imporpio de calquera responsable político", y exigió que, "senón lle gusta a legalidade, que se dedique a outra cousa", ya que "non se pode respetar a que non respeta a lei e a Constitución". Para Pérez, el "proselitismo do republicanismo" es muy respetable, pero debe limitarse al ámbito privado.

Lamelas, en cambio, explica que efectuó la retirada por una sencilla razón, la coherencia con su ideología política: "son republicano e non me gusta que saia o rei detrás miña nunha roda de prensa".

El concejal comunista afirmó que acata la legalidad por la que tiene que estar presente en los plenos, pero no cree que tenga que extenderse a todos los usos del salón de plenos. En cualquier caso, asumió toda la responsabilidad política de un acto del que se manifiesta orgulloso ya que concuerda con los principios que "sempre mantiveron Esquerda Unida e o Partido Comunista".

Lamelas cree que la condición de repúblicano se explica con facilidad, ya que "como demócrata, penso que a figura do Xefe de Estado debe ser escollida democraticamente, e non por pertenza a unha determinada dinastía ou pola imposición dun dictador."

El concejal de Persoal e Xuventude cree además que el discurso republicano se va introduciendo poco a poco en la sociedad y en el debate político, y asegura que "o movemento republicano está a crecer día a día, porque aos políticos encheselles a boca falando de democracia e logo a xente comproba que non podemos nin escoller nada menos que ao Xefe do Estado".

Además, Lamelas no se olvidó de la actualidad mediática, y señaló la "enorme hipocrisía dos medios de comunicación españois, que nestes días están a criticar unha proposta de reforma constitucional en Venezuela que lle permita ao Xefe de Estado ser reescollido democraticamente, suxerindo que é unha práctica totalitaria, cando aqui censuran aos defensores da causa republicana".

 
Às 2:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

""""El portavoz del Partido Popular, Miguel Pérez, tildó ayer lo ocurrido de "disparate gordísimo e imporpio de calquera responsable político", y exigió que, "senón lle gusta a legalidade, que se dedique a outra cousa", ya que "non se pode respetar a que non respeta a lei e a Constitución""""".

MEU COMENTARIO:
MIGHELITO, QUE SEXAS TÍ O ABANDEIRADO DA LEGHALIDADE TEN COMO MÍNIMO GRASSIA, É UN BÓ CHISTE, A ESTE PASO LLE QUITAS O ESPASIO DO FARO A GOGUE... CO ENCHUFE QUE TES NESTE "PREÓDICO".

 
Às 4:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Que fiebritis de Faro tedes algúns, cando a noticia anterior está no Diario de Arousa! deberias ir a un sicologo para que che quite esa obsesión. E a todo esto que opinas da noticia?

 
Às 4:46 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pero este que se pensa que o Concello é del? como se pode ser tan chulo e irrespetuoso con esta institución que guste ou non é a que temos. Cando gañen as eleccións, que con estas actitudes nunca o faran que fagan o que queiran pero de momento que respecten. Non lle gusta o sistema pero aproveitanse del, porque él é concelleiro dentro do sistema que temos, pero para outras cousas non lle vale, como os etarras Espana No pero beneficios penitenciarios das leis españolas SI.
Dimite e acaba de estudiar que mellor che ira, politicamente estas acabado. Unha pena que unha sola acción tan absurda acabe coa túa carreira, pero si fas esto agora que poderías facer no futuro!!

 
Às 9:36 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu considerome republicán, nacionalista e dese jrupo chamado de esquerdas (que as veces non sei que é). Este rapás, baixo o meu humilde punto de vista fatalle unha fervura. ¿e por que digo esto?, pois por que me jodería que un de dereitas sacaran a bandeira galega do balcon do axuntamento ou calquiera outro simbolo constitucional.
Notase que este rapaz non ten outra cousa que facer ou non se da conta do que fai. Eso si, os empregados do Concello nin tocarlle nos seus dereitos "que los chicos-as ya trabajan mucho y tenemos que respetar y cuidar sus derechos que los negociamos los sindicatos (este dato é moi importante)". A aljúns deses si que ahi que poñelos contra a parede ¿ou non?. ESa si é a súa competencia e o seu deber.
POr esto as veces non sei que é eso de ser de esquerdas. Non sei si me explico.
Foise un facha e dictador como Miguel e cheja un aprendiz de dictador que XAN. Non sei si janamos co cambio.

 
Às 1:20 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

o manolito xa non está

 
Às 2:19 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

o anonimo das 9:36, ti tes tanto de esquerdas como teño eu de sara montiel, vaites dahí atontado, sejuro que con fujas estabas mellor.

 
Às 3:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Para o anonimo das 2:19.
Vale son atontado e de dereitas, pero non me respondeste o que digo eu sobre que pasaría si un facha reitara a bandeira galega do balcón, ou rachara coa estatua de boveda, ou pintara o cartel de "Rua Castelao", ou....
¿queresme entender ou non?... intelijente.
E sigo sendo un republicán respetuoso co estado democrático no que vivimos (pois así o quere a maioría dos galegos e españois).

 
Às 7:00 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

pois haberia que joderlle a cara a ostias, por papan e inculto.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial