5 de agosto de 2007

Rúa das Tapas

Todalas cidades e vilas importantes teñen unha rua significativa. Asi, en Sevilla atopamonos coa Calle Sierpes, en Barcelona a Diagonal, en Madrid a Gran Vía, en Vigo, Principe, etc. etc. entre moitas outras.
No noso pobo, o insigne e nunca esquecido Cachuli tamen quixo que tiveramos unha rúa significativa. para el, Peralto, Lordelo ou a 14 dician pouco e quería que Ogrobe sonara fora dos nosos limites con forza suficiente. Asi, de comun acordo co seu Tecnico Municipal, deseñaron e levaron a práctica a Rúa das Tapas. Como xa os veciños deste pobo sabrán, o de rúa das Tapas non ven por ser unha zona donde se poidan saborear os ricos petiscos que cando vas tomar un viño ou un refresco che poñen en algun bar, senon que neste caso o nome venlle dado polo numero de tapas (mais de 50) que foron quen de colocar na rúa Barqueiras (aproximadamente 300 metros de rúa). A bon seguro que non hai rúa no mundo donde proliferen tal numero de tapas por metro cadrado, asi, non é de estrañar que un grupo de mozos deste pobo este tramitando xa o de poder incluir a esta rúa no libro Guinnes dos Records.
Protestaban fai uns dias os veciños polo ruído que facian ditas tapas o pasar os coches sobre elas. Hai que recoñecer que temos uns veciños que non merecemos. Só protestaban polo ruido (que me imaxino tiña que ser un tacatá de non te meneas) Menos mal que os veciños non protestaban polo impacto visual da obra. Senon fostesdes vela todavía, pregariavos que vos acercarades por ali para ver tal adefesio de obra. O mais caralludo do asunto e que o Técnico Municipal (por chamarlle de algunha maneira) ainda anda campando os seu respetos polo Concello. O seu amplo curriculum unelle agora o de ser o autor intelectual da Rúa das Tapas. Polo ben da estética, do sentido comun e da tranquilidade dos veciños de Ogrobe, agardemos que o novo gobermo municipal lle atope a este Técnico un traballo mais acorde coas suas habilidades.

6 Comentários:

Às 1:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

É verdadeiramente chamativo e incluso cómico, mais o que realmente tería que preocuparnos e que a oficina técnica municipal siga estando dirixida por semellante CACIQUE. Sabedes a cantos metros está da praia o famoso edificio de Rons, e sabedes quen é propietario dun piso nese edificio?....... Pois si o mesmillo aparellador municipal.

Manda collóns!!

 
Às 6:53 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Respecto a iso creo que estás errado. O edificio sí respeta a liña de 20 metros da servidume de protección de costas. Antes de darlle ó peteiro hai que ter coñecementos. A túa actitude desvirtúa calquer crítica que queiras facer. Sintoo pero é así.

 
Às 10:39 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Juan Pueblo pregunta: Por qué non podía firmar certificados do Concello durante moitos meses, mentras seguía servindo a determinados promotores e actuando según quen pague e canto pague? Juan Pueblo responde: Porque estaba incurso en un porceso de prevaricación do que parece que sale non condenado, xa que ten pasta na vija para pagar o mellor bufete de avogados, absolto por falta de probas para condenalo, haber se no Grove xuntamos esas probas. O que non será posible sen as denuncias dos veciños afectados en Rons, en Borreiros, no Carreiro, na finca de Pedro, ou dos ecoloxistas pola súa casa que legalizou na Siradella, facéndolle un gran favor a seu coleguilla Suso Jaroto...
Non nos gusta nin Sicilia, nin Marbella, nin Colombia, e este parece que fixo os seus estudios neses tres lugares do vicio de atracar (barcos).
Non pararemos ata velo fóra da Península do Grove, e que leve con el á Emparellada, ao irmán e ao fillo da emparellada, e con eso os veciños do Grove aforramos un pastón que todos cobran da vaca leiteira do axuntamento. Chupóns, palanquíns, e presuntos prevaricadores. E vixiados todos os da oficina técnica pola Garda Civil, que os sigue en cada movimento, cita ou visita. Polas súas amistades peligrosas.

 
Às 12:08 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Tranquilos. Podedes creer que o interfecto está mais acojonado do que vos podedes imaxinar. Se non se tumbou antes non foi porque tivera bos avogados, senon porque non se quixo seguir para diante cun delito claro (falsedade no tema da obra de Kinito). Por moitos cartos que teña na vija e moi vos abogados que teña, un pouco de tranquilidade que desta vai, e si nos sabemos mover ben, non sera precisamente para a rúa, senon a facerlle compañia a Roca.
Tranquilidade e animo.

 
Às 8:40 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Propoño dúas rúas de Pontevedra par entrar non Record Guinness, unha a que vai por diante do Palacio de Congresos e Consevatorio, 7 pasos de peóns en menos de 300 metros de rúa, algúns deles non teñen nin pés nin cabeza. Se queredes ver unha rúa a que a sabedoría popular bautizou como rúa das tapas, é a que vai desde Campolongo por diante do antigo Cuartel cara Carrefour, e non fun capaz de contalas, son innumerables. E falando de planchas de ferro, hai unha en Peralto desde fai máis de 7 meses, porfa, acordarse de que fai un ruído de noite que tremen os pilares dos edificios.

 
Às 8:44 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pregunta: No que se refiere a obra de Rons, o volume de edificación é o mesmo para o que se concedeu a licencia?.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial