28 de janeiro de 2008

Aprendices de bruxas

Logo de estar case un mes fora da circulacion derivado por probemas familiares que me obrigaron a trasladarme o meu pobo de orixe, chego a semana pasada e atopome con varias novidades entre as cales non queria deixar pasar por alto, a iniciativa da concelleira do PP, Diana Otero para amordazar os blogs discolos, moi na linea da politica do seu partido.
Debo confesar que cando me enterei da inciativa desta muller e lein o seu comunicado, a primeira reación foi "pasar" olimpicamente dela, pois penso que unha lectura sesuda do escrito deixa ben en evidencia a esta aprendiz de bruxa para quen os limites a liberdade de expresion deben ser fixadas por persoas de orden e de ben pensar... como ela por exemplo. Non sei como casará esta actitude coa escoita diaria de sua emisora de cabeceira (a COPE por exemplo) con insultos, desprezos e calumnias contra todo aquel que non pensa como eles, pero este fin de semana mais de unha coñecida me fixo ver que, o que cala otorga e como non estou en absoluto de acordo co expresado no comunicado da aprendiz de bruxa e polo que me decidin a facerlle unha serie de puntualizacions:
A concelleira do PP encheselle a boca falando de dereitos fundamentais, de dereitos humanos, etc. etc. mencionando incluso a Kant (cousa rara en este persoal, pois como ven debera saber, as formulacions éticas de Kant estaban en contraposición as formuladas por Santo Tomas de Aquino, probablemente máis próximo o pensamento da nosa dilecta concelleira).
Para a aprendiz de bruxa, termos como calzonazos, pufero, palanquin, a emparellada, etc. etc. son constitutivos de delicto e polo tanto debe ser perseguido a autor/a ou a dona do blog. Entendemos que acto seguido, se persiguirá tamen os baixos, os coxos e os que non teñen o pelo loiro, e todo eso porque a nosa concelleira "aprendiz de bruxa" non lle gustan esas cousas. Claro que a Diana Otero tamen debera pensar que os veciños de Ogrobe non lle gusta a xente que prevarica, a que permita facer barbaridades urbanisticas que hipotecan o futuro de Ogrobe, os que facian do concello a sua finca particular aproveitando o cargo para colocar os sus achegados, os/as que usan o seu posto de traballo para enriquecerse, etc. etc. etc., pero pareceme evidente que a Diana Otero, como toda boa aprendiz de bruxa, esas cousas son pecata minuta que a nadie lle importan, agás catro iluminados que "se adican a insultar nos blogs". En todo caso, Diana Otero debera meditar e pensar en que barco esta enrolada e deixar de facer de aprendiz de bruxa, non vaia a ser que descargue unha tormenta e non teñamos barco abondo para aguantar os golpes que nos poidan vir, pois donde rascar, ai abondo.

31 Comentários:

Às 3:27 da manhã , Blogger Escévola disse...

Primeiro de nada, benvida e agardo que eses problemas tivesen unha feliz solución.
Xa te botábamos de menos por aquí e incluso había quen pensaba que igual te meteran no caldeiro jaja.
No meu último artigo escribo sobre algo que creo que tedes que ver e que
deixa co cu ao aire a todos estes "paladíns da democracia" instalados no PP local. Refírome ao trivial que teñen no seu blog no que denigran a Castelao,Pousa Antelo, Nunca Máis e ate ao estatuto do 36. E iso só na parte adicada ao nacionalismo.
Por iso vos deixo a nova en Chuza para que a vexades e miredes o que hai: http://chuza.org/
historia/
n-trivial-do-pp-do-grove-denigra-
a-castelao-beiras-
nunca-mais/

Miradeo que non ten perda.

 
Às 3:29 da manhã , Blogger Escévola disse...

Ohh, puxen mal o link. Aí vai:
http://chuza.org/historia/
un-trivial-do-pp-do-grove-
denigra-a-castelao-beiras-nunca-mais/

 
Às 10:15 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Parece ser e segundo lle botan enriba os malas línguas que Antón Mascato ata é culpable de que aos cativos non se lle repartan os chupa-chups. Menuda panda!, pero claro está ninguén discute que que alguén poida facer beneficios a conta dun determinado macrofestival donde van 50 persoas en tres días.
Extraña sobremaneira que o BNG este desaparacido como ornanización e moito máis na defensa dos seus Concelleiros, donde fican aquiles anos donde por moito menos e por acusacións moito menos graves a organización saía arriando estopa con posicionamentos políticos na defensa dos seus e das súas actuacións?. Dá mágoa e así nos vai.

 
Às 10:46 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Para nada creo que o BNG este desaparecido como organizacion e moito menos deixe sen amparo os/as concelleiros, pois o que fai cada un deles non o fan a titulo privado senon como organización que é en definitiva quen marca as lineas básicas de actuación.
Outro tema e se se lle pode e debe dar cancha a "niñadas" como as de Con Negro e outras que levan xa acontecido. Fai ben o BNG como organización e os seus concelleiros como tales non facer caso nin gastar un minuto das suas enerxías en defenderse de tales ataques pois penso que os mesmos ataques por si solo se descalifican.
En todo caso e altamente chamativo que o groso dos ataques, dende que esta corporación botou a andar se dirixan case en exclusividade contra Anton Mascato. Moi ben o debe estar facendo, cando se botan tanto o seu pescozo. E evidente que os de sempre saben donde está a autentica forza de este goberno

 
Às 12:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu penso que, xa sen entrar en debate sobre os insultos, non insultos, etc., o PP local está quedando a altura do que son, visto que como non teñen argumentos para facer oposición, nen programa, nen ideas, nen política, só lles quedan as pataletas de colexio e as tonterías sen sentido. Menos mal que non teñen eles o goberno.

 
Às 1:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Coincido Carlos Lema co que afirmas de Antón Mascato, no outro teño que disentir: De que data é o último comunicado ao medios do BNG por parte do seu Consello Local ou do seu Responsábel Local?.

 
Às 1:39 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Nos últimos tempos o labor do BNG decaeu no plano organizativo. Iste é un mal endémico que arrastra o BNG desde fai moi tempo e non só é no caso de Ogrobe. Algunhas causas xa as coñecemos: persoas válidas no plano organizativo que ao pasarse ao traballo institucional como cargos públicos, deixan un valeiro que non se tapa, pero tamén unha visión errada de que o plano institucional (que a pesar de ser importante) enche o actúar da organización, e iso non é bó, pois deben de ser dos planos distintos e ao mesmo tempo complementarios. A eiva debe pasar por afortalar a organización, adicándolle máis medios e recursos e adicarse menos ao plano institucional.

 
Às 1:43 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

E pensar que o artigo de Marina iba sobre a "Torquemada" de Diana Otero.
Pero non, resulta que o problema é si o BNG decaeu no plano organizativo.
Como militante do BNG, podo garantirvos que a organizacion a nivel local está mais viva que nunca, celebrando os Consellos Locais todos os martes (con asistencia non so dos membros do Consello), funcionando as comisions sectoriais que asesoran os concelleiros, cun incremento da militancia durante o ano 2007 do 35 % dos membros, etc. etc. Probablemente o que expresan os anonimos (polo menos alguns) nos seus comentarios, sexa mais un desexo que unha realidade, pero, como decia o poeta, "os mortos que vos matades, gozan de ba saude"

 
Às 2:31 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Compañeiro ou camarada, para o próxima vannos a comer as papas e de seguir así -sinceiramente ogalla me equivoque- se sacamos un ou dous será un éxito.

 
Às 2:12 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Asi, asi, sempre dando animos. Si xa estamos vendo como nos vai a ir o conto dentro de 3 anos e pico, imos doados. Millor seria gastar as enerxias en arrimar o lombo e tirar para adiante, se tal mal esta a organizacion.
Eche o que ai

 
Às 2:33 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Somos unha potencia, de 20 a 40 anos ximnasia e de 40 anos en adiante ata a cuarta idade ximnasia. Ula igualdade?.

 
Às 4:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Esta ben eso de dar ánimos, pero está mellor ter conciencia crítica, falar das deficiencias, das debilidades, dos erros: sen flaxelacións, e sen lambernos as feridas. Autocrítica, camaradas...
Persoalmente non creo que o BNG esté na súa mellor época, pero tampouco na peor, falta compromiso, esforzo e máis militancia. Non chega con ter tres concelleiros e concelleiras, que nin son magos, nin torpes; sen organización detrás, pouco poden facer. Non?

 
Às 2:45 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Con respecto a manifestación que levou por lema GALIZA NON SE VENDE, escoitánse voces interesadas de que as máis de 10.000 persoas que foron á mesa, ou alomenos a grande maioría delas son resentidos do BNG. Eu sí podo afirmar que a grande maioría son simpatizantes do BNG e que o fixeron conscientemente para amosar a súa crítica ao BNG de que hai cousas que teñen que mudar, o que antes non lle valía ao BNG na oposición non pode nin debe valerlle agora que goberna. Como ben me dicía un militante do BNG e membro do seu Consello Nacional, que esperaba que se tomara por parte do BNG nota da manifestación, ao que eu respondin que non vai ser nada doado polo autismo que non só predican, senón que exercen algúns.
Creo que o comentario ou reflexión último deu de cheo na diana.

 
Às 1:35 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

De resentidos nada. Militantes, simpatzantes, base social do Benegá sí. E non fomos añlí conra o Benegá. Fomos alí para chamar a atención sobre determinada deriva ideolóxica da forza política que fundamos, que fixemos crecer e que sostemos. E lembrade que no Benegá temos dereito a expresar públicamente a nosa discrepancia, respetamos as regras de xoogo internas, pero cando discrepamos podemos, e debemos, decilo. Alí fomos varios de Ogrobe, e algúns dos que ocuparon e ocupan cargos de responsabilidade na nosa organización. Non é unha manifestación contra o BNG, é unha manifestación en defensa do País, o que nos moveu sempre.

 
Às 1:41 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Na coincidencia plena coa última reflexión e coas dúas anteriores a esta.
Só desde a autocrítica e a crítica a desterminados comportamentos errados se poden corrixir, espero e desexo que o BNG saiba afrontar a mecánica correctora, non só polo seu ben, senón polo de Galiza.

 
Às 1:42 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Na coincidencia plena coa última reflexión e coas dúas anteriores a esta.
Só desde a autocrítica e a crítica a desterminados comportamentos errados se poden corrixir, espero e desexo que o BNG saiba afrontar a mecánica correctora, non só polo seu ben, senón polo de Galiza.

 
Às 12:56 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

A esta que chamades emparellada ou aparellada, non lle importou romper un matrimonio e desestructurar unha familia con muller e tres fillos pequenos. Rompeu tamen a sua pero, de seguro que lle fixo un gran favor al que foi o seu home e pai dos seus fillos. E tivo a desfachadez de negalo durante un tempo, ata que a cacharon nas patacas e non lle quedou outra. Ahora vai de non se sabe ben qué porque perdeu a dignidade.Ven certo e que, as mulleres que se lian con homes casados, son mulleres de segunda clase, e as provas me remito. Se fas chanchullos e enganas a os teus, non sorprende que fagas chanchullos e enganes no posto de traballo,tentando meter o fillo baixo corda e con sobresueldo,ou en calquera sitio. Con lurpias asi, da medo pensar quen manexa os fios de este noso concello. O que e coherente vai selo pra todo. En fin, que onde as dan as toman.

 
Às 1:37 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pero non che da vergonza falar da vida privada dos demáis? Gustariache que falaran da túá? Seguro que ti na túa casa tamén tes que rascar así que ten un pouco de dignididade e cala a boquiña
E ao administrador do blog xa lle vale: eso é respeto e libertade de expresión?

 
Às 11:05 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Esa é a doble moral da xente do Pepé, fan o contrario do que predican: están en contra do aborto e do divorcio, pero son as que máis usan eses dereitos que lles conseguimos as que estamos a favor de decidir cando queremos parir, e con quen queremos vivir e ata cando. Defenden a familia como modelo supremo e dedícanse a rachar a das outras, e de paso a súa. Mirade pa eses tres puntos filipinos que temos no Pueblo: a emparellada, a experta en insultos nos blogs e a da casa da cultura. ¡¡¡Vai tres exemplos de dobre moral!!!! E rajando de tipas honradas, elas, o modelo de muller pepera. ¡¡¡¡JJJJOOOOODDDDEEEEEREEEERRRRR!!!

 
Às 11:27 da manhã , Blogger xarabal disse...

A administradora do blog (que non o administrador) ten por norma non censurar comentarios. Todo o que pode facer e dar de baixa todo o artigo, cousa que so faria no caso de aqueles comentarios que induxeran a xenofobia, o enfrontamento civil ou a calquer outra tipificada como tal no codigo penal.
Compartindo, ou deixando de compartir o que decian os comentarios anteriores, parece evidente que , mal expresado ou ben expresado, o comentario que se escribeu non deixa de ser moi diferente o que moitas persoas expresan na rua de maneira coloquial sen que por eso se meta a naide no xulgado. No pais do "non as fagas, non as temas", ninguen esta livre de que lle pasen estas cousas.
A pesar de todo, sigo pensando que o obxecto do artigo nada tiña que ver coa emparellada e si con outras persoas que, se chegaran a detentar o poder teño moi claro que serian unhas perfetas Torquemadas. A esa xente seria a quen lle haberia que dirixir os comentarios, pois donde rascar, teñen abondo

 
Às 2:06 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ou sexa que non ves xenofobia...non me jodas.
É un comentario totalmente machista e ti sábelo. Atenta contra a dignidade das mulleres e ti sábelo.Lémbroche que hai leis que defenden o dereito á intimidade a ao honor das persoas
Dubido moito que sexas muller porque se o foras non permitirías que as seguiran descriminado dese xeito no teu blog. Eso tamén é xenofobia ou nono sabías
Marina sinceramente deixas moito que desexar como muller (se é que o eres) e moito máis como persoa (se é que o eres)
A min paréceme unha total falta de respeto pola túa parte o non suprimir esa clase de comentarios.
Pero bueno creo que non se pode esperar nada máis de ti... deixa que algún día che tocará a ti e depois que argumentos vas a utlizar?.A quien hierro mata a hierro muere. .
Por certo a doble moral tela ti anónimo. Anda da o teu nome e xa se encargará alguén de airear a túa vida ¿Gustaríache iso? Non verdad. Eres un cobarde misógino, un racista e un desconsiderado. Nos teus comentarios fas gala da túa boa educación...si señor.

 
Às 3:46 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Como ves a saúde das asembleas locais do BNG?.
Home, non hai unha norma ou un paradigma para falar desta cuestión. Creo que existe unha grande diversidade canto á vitalidade, dinamismo, participación e incidencia social, En todo caso, os problemas de morneza, rotina, ou falla de participación son decorrentes de dous aspectos, aquí e agora. Un, un certo desentendemento da vida política orgánica por parte dun importante sector da afiliación e dous, un certo cansazo dalgúns elementos dinamizadores que ten a ver coa súa integración en tarefas de goberno ou institucionais. Mais vólvoche dicer que é moi perigoso facer un xuízo conclusivo de carácter xenérico. O debate coa finalidade despois de actuar na sociedade está certamente un pouco esmorecido en muitos lugares. Non se pode responsabilizar en exclusiva aos responsábeis políticos ou ás estructuras de dirección porque é como se houbese unha ósmose entre falla de participación e tendencia á rotina burocrática.
Paco Rodríguez dixit en A NACIÓN GALEGA EXISTE, CONVERSAS CON FRANCISCO RODRÍGUEZ (A Nosa Terra).

 
Às 5:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

EFECTIVAMENTE, HAÍ QUEDA DITO: LIBERDADE DE EXPRESIÓN. COMO BEN SE DIXO "DONDE LAS DAN ....LAS TOMAN". ¿ou hai algo de mentira en todo o dito anteriormente?. Si é así , que se rectifique, ... por favor.

 
Às 11:15 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Parece ser que os Faro de Vigo e en concreto a Redacción en O Grove non saben donde queda a Laxe de Rons, pois nin siguera saben para donde queda o Norde. Por suposto, resulta evidente que a Laxe de Rons non e o millor sitio posible, eu tamén querería que fóra alá na costa e que a tubería fóra a varios quilómetros, agora ben formularse iso é un tanto inviable desde o punto de vísta económico. Párece lóxico que en base ao interese xeral, aparte doutras cuestións como por exemplo é preferible, porque queiramos ou non algo vai cheirar, que no caso de prexudicarse, afecte a menos persoas que non a todo casco de O Grove, donde non só pola cuestión do turismo, existen máis de 3.000 persoas, independientemente que se se precisan máis de 7.000 metros cadrados, recurtaría espazo para o hipotético porto pesqueiro e polo tanto habería que rechear moito máis espazo marítimo, cando hoxe é norma contraria facer isto. Outra cuestión que ninguén dixo, agás algúns coa boca un tanto pequena porque claro se dis que Garavilla traballo durante moitos anos sen depuradora e toda a merda aí ao mar, que non contaminou, aínda agora da cando en vez, antes queimaba os gases, agora como iso implica máis custes é preferible que todo o vecindario e aledaños (Porto de Meloxo, Meloxo, etc, etc..., cheire o permufe; pois iso aínda así de cando en vez as soltas cara ao mar son bastante cotiáns, pois a depuradora non funciona no que atinxe ás bacterias (istas mórrenlle) con auga de mar. Por certo cando van controlar istas emisións?.
Algún pseudoecoloxista confunde as morrasas, a carón do daquela campo de fútbol das Xesteiriñas e de donde está Mariscos Escacha cara a Ostreira, co lugar da Laxe de Rons, máis ben coa antiga canteira donde presumiblemente vai ir a depuradora e coa zona xeográfica que vai desde esta ata Garavilla, zona totalmente degradada e donde o que se afirma da riqueza da fauna, os paxaros que din, para nada se axusta á realidade. En fin cadaquén pode creer o que queira creer, a realidade é a que é: ide por alí e veredes o estercoleiro que é toda isa franxa, restos de canta cousa hai, entullos, porcallada, ...

 
Às 2:55 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O escrito anterior paréceme ben fundado, vese que debe ser dalguén que sabe de ecoloxía, de economía e de política. O que non sabe o comunicante anterior é que no Plan Xeral que nos tiñan os do PP xusto á altura de Laxe de Rons, entre a estrada de Katanga e Boibas, había pintada unha gran mancha rosacea que indicaba que ese chan ía ser convertido nunha morea de urbnanizacións, tipificado como S.U (solo urbanizable) de pisos a esgalla, e curiosamente unha vez máis apereccían nesa promoción o ex alcalde e algún dos seus socios no asunto do ladrillo... Imaxinade o prezo deses pisos se teñen de veciño á depuradora, valerían o mesmo se teñen vistas á EDAR? Pois eso explica moita da movida do bombeiro (in)voluntario de Ogrobe, tócalle no peto e pon aos pardillos de Fer Meis, Alex Aguín, Chuco Carballo e Vana Otero a traballarlle para el alporizando á xente. Chegou a ofrecer eses terreos en venda a baixo prezo, através dun testaferro de pouca monta, porque sabe que os do goberno non van cambiar de idea, non sendo que haxa cartos para colgala da Siradella.

 
Às 3:04 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O escrito anterior paréceme ben fundado, vese que debe ser dalguén que sabe de ecoloxía, de economía e de política. O que non sabe o comunicante anterior é que no Plan Xeral que nos tiñan os do PP (co visto bo dos ex-comunistas) xusto á altura de Laxe de Rons, entre a estrada de Virxe das Mareas e Boibas, había pintada unha gran mancha rosa que indica que ese chan iba ser convertido nunha monta de urbnanizacións, tipificado como S.U. (solo urbanizable) de pisos a esgalla, e curiosamente unha vez máis apereccían nesa promoción o ex alcalde e algún dos seus sucios no asunto do ladrillo... Co emparellador de pinturillas de planos falsos.
Imaxinade o presio deses pisos si teñen de veciño á depuradora, valerían o mesmo eses pisos si teñen vistas á EDAR?
Pois eso explica a movida do bombeiro (in)voluntario de Ogrobe, tócalle na carteira e pon aos pardillos de Meis, Aguín, Carballo e Otero a traballarlle para el sulfurando á xente.
Chegaron a ofrecer eses terreos en venda a baixo prezo, através dun testaferro de pouca monta, para poñer neles a Depuradora, porque saben que os do cuatripartito non
van cambiar de idea, non sendo que haxa cartos para colgala da Siradella.

 
Às 3:56 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Tés toda a razón do mundo, efectivamente ignoraba tal "affaire", pois supoño que iso tivo lugar coa famosa movida dos que da noite para a mañá ameazaron con facer falcatrúas contra do goberno, e que agora son os que se erixen na defensa do ben común, como se efectivamente un PXOM puidera estar ao interese duns poucos de non do interesa xeral que é o que debe de primar por riba de todo. Para iso hai un remedio tallante, se o goberno non é quen de levar o PXOM adiante no prazo ao que se comprometeu que sexa a Xunta de Galicoa dunha puñeteira vez a que remate con ista situación, que por certo non habería tanto favoritismo.

 
Às 1:48 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Como vexo que o bloggerio local nestes últimos meses esta morrendo e estas bitácoras están casi missing, vou a pinchar esta cuestión para abrir un pouco o dialogo:
Nestes tempos nos que se cuestiona a discusión pola identidade nacional-territorial-local, non vai sendo hora de poñer-lle nome as cousas importantes:
Como un pais pode ter dous nomes: Galicia-Galiza
Como un pobo pode ter mais de dous nomes: O Grove-Ogrove-Ogrobe-El Grove.
Non vai sendo hora de chamar-lle a cada cousa polo seu nome???
Saudos
Deberíamos copiar de outors nacionalismos mais auténticos: En Catalunya e en Euscadi creo que soio teñen un nome para o seu pais, e para os seus pobos e cidades.

 
Às 6:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ao millor quizais deberamos comezar a respectar as Leis que nos demos, a traveso dos nosos representantes legais no Parlamento Galego e respectar como non o artigo 10 da Lei de Normalización Lingüística do ano 1983, por certo votada de xeito unánime por todos os grupos políticos que di: "Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial o Galego". Se a incumplen os particulares ata puidera ser disculpable (desde logo para min tampouco o sería), pero se quen a está a incumplir é unha Administración do Estado, Xunta ou organismos oficiais, e para afirmar que iste País desgrazadamente aínda na vía democrática non está normalizado.

 
Às 4:19 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O que tería é que actualizarse este blog, alomenos que a autora este de vacacións en Hawai ou en A Lama, bueno sempre nos queda Portugal.

 
Às 9:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ehem... o de que Catalunya e Euskadi so tenhem um nome nom pode estar mais desinformado, a verdade... "Euskadi", segundo quem fale, chamam-lhe Euskal Herria, Euskadi, e antes mesmo Euzkadi, Pa�s Basco, e o espanholismo Vascongadas, por nom falar de Nafarroa, que alguns deixam fora... Conhecemos o Principat como Catalunha, mentres para alguns Catalunha tambem som o Roselhom, o Pais Valencia e as Illes, que para outros formam os Paisos Catalans.

E a forma correcta: Ogrove.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial