1 de janeiro de 2008


Pois mira ti que xa e jana de montar lerias. Estou referindome como vos podedes imaxinar, o tema da ubicacion da depuradora de augas residuais que menudo xogo nos deu neste remate do ano. Unha, pode entender a queixa das veciñas e veciños da Virxe das Mareas xa que estan no seu xusto dereito de desconfiar de todo canto se lle leve para aquel barrio, pois ate o de agora case nunca foron cousas boas. O que xa resulta mais dificil de entender (ou o millor non), e a actitude de alguns persoeiros que queren recuperar un espazo publico que apenas cheiraron. Alguns queren ter o protagonismo que algun xuntaletras lle deu na sua epoca de patron dos empresarios locais (probes empresarios locais con este patron !!) pero agora, como ferreiro, parace que a cousa non e a mesma. De todolos xeitos, e como xa dixemos en algunha ocasion, ai que recoñecerlle que e como o prebe que esta en todos os pratos, pois o mesmo esta a fronte da reivindicacion dos do truel como na urbanizacion dos Raeiros ou nesta ultima batalla, contra a instalacion da depuradora na Laxe de Rons. Quero sospeitar que a el non lle molestaran os presuntos cheiros da depuradora, pois ata a do Giso non creo que puderan chegar nunca esos cheiros e dado o pouco tempo que pasa no seu taller ai pouco lle poderia afectar.
Resultan tamen chamativas as actitudes de outras persoas. Persoas que deberan estar moi preocupadas por toda a merda que se esta a verter o mar que e o seu medio de vida e que ate o de agora non abriron a boca e que no momento que se quere poñer freno a esa desfeita do medio ambiente ( e do seu medio de vida), rebelanse como perfectos hooligans. Ate o de agora non importaba que a merda se botara a caño aberto para a ria convertendo a mesma nunha cloaca, pero si o que se fala e de poñerlle freno a este mal, cunha instalacion modelica que esta a funcionar en outras lugares da provincia as que inclusive se invitou os veciños para que comprobaran o seu funcionamento e que viran con seu proprios ollos que aquelo non so non contamina senon que axudou a rexenerar un banco marisqueiro que estaba podre, nese caso, todos os esforzos para bombardear esta iniciativa son poucos. Creedeme se vos digo que ai cousas que son moi dificiles de entender, como a de certas persoas metidas en politica para as cales, a depuradora no Corgo non iba a causar cheiros pero en Laxe de Rons si. Patetico.
Doutra banda e para rematar o ano tivemos a espantada de Touriño no Parlamento para non votar a favor de enviar o informe da Cidade da Cultura o fiscal e que sexa a xustiza a que investigue se realmente se cometeron delictos ou non. Parece ser que o argumento esgrimido polo Presidente de todos os galegos foi o de non xudicializar a vida politica. De ser certo esto, coido que debemos poñernos a tremer e empezar a cuestionarnos se realmente estamos nun reximen democratico ou nunca republica bananera, pois o que o Sr. Touriño esta a dicer e nin mais nin menos que os delictos que cometan os politicos non deben ser xulgados. Quero pensar que con esta actitude non estara a gardarse as espaldas suas ou de algun dos seus cara o futuro (hoy por ti mañana por mi)pero en todo caso, flaco favor se lle esta a facer a democracia con actitudes deste tipo. Os politicos, como calquera cidadan pero maxime neste caso que estan ai coa nosa confianza, deben ser os primeiros en dar e rendir contas pola sua actitude e comportamento e diante do menor asomo de ilegalidade deben ser os poderes publicos en poñer en mans da xustiza estas presuntas faltas. Aqui, todo o peso da lei cae sen ningunha vacilacion cun ladron de galiñas ou un trapicheiro, pero para os ladrons de luvas blancas e cuellos almidonados, levantase un muro de proteccion que para calquera democrata e moi dificil de entender. E si quen avala estas actitudes e por riba o teu Presidente, o asunto tornase xa preocupante.

8 Comentários:

Às 1:14 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

M.M. / O GROVE La Junta Local de Gobierno de O Grove abonó diversas facturas, que podrían rondar los 51.000 euros, correspondientes a las obras de reforma de la casa consistorial, a pesar de que esos trabajos todavía no han comenzado.
Las fuentes consultadas indican que se trata de un trámite o una práctica administrativa habitual, y matizan que se abonan los trabajos a pesar de que aún no fueron realizados para así no perder la subvención concedida, pero en cualquier caso garantizan que las labores pagadas por anticipado se llevarán a cabo.
Al parecer, la aprobación de las facturas se hizo con el visto bueno de todos los integrantes del gobierno cuatripartito que preside José Cacabelos Rico, actuando como fedatarios tanto un secretario como un interventor accidentales, toda vez que los titulares de esas plazas estaban de vacaciones en el momento de la aprobación de las facturas.

 
Às 7:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Claro que o noso alcalde, poderia aproveitar para preguntarlle o Rabizo ... o qué? se pensan rematar a carretera de San Vicente-Ogrobe algun dia ou si pensan facer as obras que primeiro pagan e despois veremos se se fan. Ou millor, "como agora governan os nosos", podemos facer o que nos saia dos ...
Esta e a igualdade que imparten os do psoe e bng?. Como nos millores tempos do difuntiño.
Claro que postos a preguntar, tamen lle poderia preguntar por...
Marinita, son as tuas propias verbas...

 
Às 1:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Marionetas e cine no Grove


Día 4 de xaneiro Venres:

Ás seis da tarde no Cine O Mariño.

Entrada libre ata completar aforo.

Actuación do Grupo de marionetas Os Monicreques e Kukas.

Coa obra Sen Título.

Espectáculo de gran formato, no que se mesturan marionetas e actores teatrais, dirixido a todos os públicos co que queremos transmitir a maxia da creación artística conxugando os monicreques, a acción de pintar en
directo, a informática, o vídeo, a poesía, e a música dun xeito sutil, sinxelo e moi divertido.


Día 4 de xaneiro Venres:

Ás dez da noite no Cine O Mariño.

Entrada libre ata completar aforo.

Proxección da película O Partido
Producida pola grovense Emma Lustres.


Dentro do Ciclo Cinemas Dixitais que organiza a Concellería de Cultura do Grove todos os venres, ás dez da noite, do mes de xaneiro, correspóndelle a unha das mellores obras da cinematografía galega dos anos pasados: O Partido. Unha produción da grovense Enma Lustres, que contou coa articipación dun destacado elenco de actores, entre eles están Carlos Blanco, Manuel Manquiña, ou Antonio Durán “Morris”.

Este film é do ano 2006 e foi dirixido por Juan Calvo en el cóntase a historia de dignidade dos traballadores dunha fábrica do metal que foi mercada por un grupo transnacional e que padecen as mudanzas impostas pola nova xerencia. Como a situación interna da fábrica se deteriora, alguén propón facer unha xornada de convivencia organizando un partido de fútbol entre s novos dirixentes e os antigos traballadores, o que remata por se converter nun gran reto.

 
Às 9:32 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

E Marinita ¿xa lle está facendo imposible a vida ao novo compañeiro de traballo?

 
Às 1:42 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Jejeejejj dixo a Blanca Cao que se vai a encadear, vai dar justo, encadeada, e de paso que se poña en bolas, e así vamos a nomeala "LA NENA DEL PARAGÜAY" jajjjajjaj...vaiche ser voa vilavoa....xa veremos como sije o sejinte capitulo...! Eh prejuntome eu, a sue defensora e asera, a basileña, si, esa mesma, a Ayda, tamén se vai a encadear e a poñerse en bolas, como justa tanta asss morenasas do brasil...! jejjejeje, a ver se lle deixan os seus maromos...

 
Às 10:19 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Quero felicitar a Diana Otero por ese brinde ao sol, comprensible a súa actuación pola aproximación do Antroido.
Non chego entender esa mistura de allos con bojallos.
Saudiños.

 
Às 10:02 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

"""Jejeejejj dixo a Blanca Cao que se vai a encadear, vai dar justo, encadeada, e de paso que se poña en bolas, e así vamos a nomeala "LA NENA DEL PARAGÜAY" jajjjajjaj...vaiche ser voa vilavoa....xa veremos como sije o sejinte capitulo...! Eh prejuntome eu, a sue defensora e asera, a basileña, si, esa mesma, a Ayda, tamén se vai a encadear e a poñerse en bolas, como justa tanta asss morenasas do brasil...! jejjejeje, a ver se lle deixan os seus maromos..."""

Este comentario, ¿e de un de esquerdas ou é dun jilipollas machista reprimido?.
Cada ves entendo menos.

 
Às 4:22 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Please, me poderíais informar quiénes son esos dos que al parecer vociferan, sí esos dos de bigotito?.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial