12 de junho de 2008

De novo por aqui

Ola a tod@s. De novo voltamos a estar por aqui. Dempois de estar fora de Ogrobe por cuestions laborais estos ultimos 5 meses, queremos volver a darlle un pouco de vidiña a esta vosa páxina. E vimos con moitas ganas e moitos animos para falar de todo, dos da oposición (existe ?) e dos do governo, que dende logo, hai para dar e tomar. Tentaremos que os proximos dias, sexan farturentos en novas. Entramentras, e pola sua importancia queremos publicar uns artigos enviados por un colaborador e lector deste blog. O artigo, referido a recente aprobacion pola UE da xornada laboral de 65 horas semanais, está asinado por Xose Mexuto.

Este luns deuse o primeiro paso para voltarmos ao pasado coa aprobación por parte dos ministros de Traballo da UE dunha proposta que pretende ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas, proposta contra a que xa se posicionou o nacionalismo galego tanto no eido político como sindical.

Esta cuestión seguro que vai dar para moito, e se provocamos o debate social poderemos quitarlle a careta a esa suposta "Unión Europea modernizadora" diante de moita xente.





60 horas traballando? O capital quer retrasar o reloxo da historia


Definitivamente o grande capital tira ao monte. Cando o fantasma da recesión se debuxa no horizonte -e non por azar, senón pola estrita aplicación do recetario neoliberal-, o capital tira a carauta posmoderna e recupera o seu comportamento ancestral de toda a vida: en época de crise, a única solución pasa por incrementar a plusvalía, isto é, por incrementar a taxa de explotación do factor traballo. Hai 90 anos que se decretou como xornada máxima as 48 horas semanais (e non por nengunha concesión graciosa, senón como produto das loitas do movimento obreiro internacional). Agora a UE -testaferro do capital máis troglodítico- propón elevar a semana laboral vixente de 48 horas até as 60 horas en termos xerais e mesmo até as 65 para certos colectivos, como os médicos.

Cuase un século despois, e nun mundo rexido por unhas condicións técnico científicas que están a anos luz das que vigoraban a comezos da pasada centuria (o que en teoría facilitaría o obxectivo de emanciparnos das longas xornadas laborais), o capital o que nos propón através dos seus fámulos políticos -Sarkozy/Merkel/Berlusconi- é espremernos máis para que os beneficios sexan maiores. Maiores para eles, claro, porque ao mesmo tempo que se incrementa a xornada laboral se propón a redución de impostos para os ricos e a privatización de servizos públicos esenciais, val dicir, a progresiva desaparición dos elementos que permiten a socialización do excedente nas economías capitalistas.

O capital quer retrasar o reloxo da historia e volver ás cavernas e quer facelo utilizando o instrumento que neste momento lle resulta máis valioso no mundo occidental, a chamada Unión Europea, un artefacto que desde os seus inicios estivo sempre ao servizo dos intereses do grande capital transnacional europeu de base francoalemá.

Se o capital propón o de toda a vida, os traballadores e as traballadoras deberíamos tomar nota e facer o propio. Están en xogo as nosas condicións de vida e sería ben que nolo tomásemos en serio.

(Non todo é tan negativo nesta ofensiva da UE contra os dereitos laborais. Ten a virtude de que quizá tire da ensoñación paralisadora a miles de traballadores e traballadoras que durante décadas caíron no engado de crer que a loita de clases pasara definitivamente á historia).

Xosé Mexuto é xornalista.


Do 2008 ao 1847: a regresión das 65 horas semanais de traballo
[GZnación / L.G. / 11 Xun 08]

A xornada laboral, por definición, é o tempo que cada traballador dedica a exercer unha tarefa para a cal foi contratado. Esta cóntase en número de horas e, segundo o contrato que nos vincule a unha empresa, sociedade... incluirá as horas traballadas diaria, mensual ou globalmente se falamos dun contrato por obra. Vintecatro horas ten o día e vintecatro eran, porén, o tope máximo de tempo para os terratenentes, propietarios, señores, etc. para dispoñer dos seus traballadores ou escravos antes de que o asociacionismo derivou en reivindicación e se articulou un regulamento para limitar o número de horas da xornada laboral.

Asistimos con sorpresa e desacougo, estes días, a unha decisión adoptada pola Unión Europea sobre a posibilidade de aumentar a 65 as horas traballadas semanalmente por un traballador. Posibilidade que, tranquilizan, será optativa pero que vai atomizar aínda máis as relacións entre traballadores facendo máis complexo o asociacionismo e elevando ao grao laboral o individualismo da sociedade.

A decisión, adoptada nunha reunión dos ministros de Traballo dos 27, consegue así unha vella petición do Partido Laborista inglés e das economías máis neoliberais do vello continente. Para a ministra eslovena neste área e presidenta esta quenda do Consello, Marjeta Cotman, o acordo alcanzado "ofrece protección para os traballadores e flexibilidade na ordenación do tempo de traballo".

A destacar a obviedade: 65 horas semanais entre seis días -os laboristas deixan que non traballemos o domingo de misa- resulta unha xornada de traballo de case 11 horas ao día. A onde nos leva este dato? Pois, alén do cansanzo, á hemeroteca.

Primeira regulación do horario laboral

A primeira regulación oficial que abarcou unicamente a duración da xornada laboral foi na Conferencia Xeral da Organización Internacional do Traballo no ano 1919. A sede foi Washington, o 29 de outubro, e foi convocada polo propio goberno norteamericano. Rematou a Primeira Guerra Mundial, a Revolución Bolxevique, tivemos unha revolta obreira en Barcelona... e acordaron que traballar era cousa de 8 horas diarias, á razón de 48 horas por semana. Isto é, oito horas ao día de luns a sábado ambos os dous incluídos.

Neste momento, precisamos volver atrás. Imos a mediados do século XIX e estamos en plena efervescencia da Revolución Industrial, unha época que devora man de obra e que precisa incluso de botar man de nenos e vellos para satisfacer as ansias da nova produción capitalista. Nas fábricas de tecido inglesas, as xornadas laborais oscilaban entre as 12 e as 17 horas diarias. Non había ningunha lexislación nin sindicato algún. No traballo, inseguridade, insalubridade, baixas remuneracións.

Houbo loitas obreiras, tamén en Inglaterra, no século XVIII. No ano 1789, por exemplo, e mentres a multitude embriagaba Francia, houbo as primeiras folgas e manifestacións, todas enormemente reprimidas polo Estado. A máis famosa, a protesta de Saint Peters Field, en Manchester, coñecida como a 'matanza de Peterloo', na que morreron 11 persoas esmagadas polos cabalos da Corte. As xornadas de traballo, máis de 13 horas ao día.

Primeiras modificacións laborais

Das trece horas imos pasar, non ao 2008, senón ao 1833, onde se produciu unha das pequenas modificacións na xornada laboral. Neste ano, establécese por un decreto

da Corte no mesmo país que os menores de 9 a 13 anos, parte da poboación activa, só poden traballar 8 horas ao día, polas 12 horas do resto da poboación.

En 1850 en Inglaterra e parcialmente en USA queda disposta a xornada de 10 horas para todos os obreiros. É neste último país onde o reclamo xeneralizado para que se limite a xornada de traballo a oito horas diarias ten máis forza, a tal punto que para lograr o obxectivo sistematicamente organizábanse folgas e manifestacións. Durante o desenvolvemento dunha delas realizada na cidade de Chicago o primeiro de maio de 1866 prodúcese unha represión durísima e sanguenta. Esa data conmemórase anualmente como o “Día Internacional do Traballo”.


Oito horas, a primeira vez

A limitación da xornada de traballo foi debatida nas conferencias internacionais realizadas polos gobernos das principais potencias europeas en 1890 en Berlín e Berna en 1905, 1906 e 1913. Calquera decisión adoptada nestes encontros ía ser ignorada co comezo da Primeira Guerra Mundial, que demandou -ou permitiu- unha enorme explotación obreira sobre todo na industria da guerra.

Despois do acordo de Washington, ao que facíamos referencia máis arriba, atopamos outro antecedente importante no Tratado de Versalles, asinado o 28 de xuño de 1919 no Salón dos Espellos do Palacio de Versalles. Neste tratado estableceuse no Art. 427 que "...o traballo non debe ser considerado simplemente como un artigo de comercio...sendo de importancia particular e urxente a adopción dunha xornada de oito horas ou da semana de corenta e oito horas como fin a obter, onde non sexa obtido..."


65 horas

Onde fica a historia, e o conseguido pola clase obreira? O PSOE, que ostenta o goberno de España e que participou neste reunión da Unión Europea, votou con 'abstención' e clamando por un “retroceso dos dereitos dos traballadores”. A normativa, agora, deberá pasar polo Parlamento Lexislativo, que deberá aprobala con maioría cualificada para que saia adiante a posibilidade de volver, como dicimos, ao tan pasado 1847.

10 Comentários:

Às 12:44 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

m alegra que vuelvas actualizar tu blog hacia tiempo que lo habia descubierto y me daba pena que estuviese dejado tantos meses. sinto no escribir en galego pero non se me da moi ben. bicos!

 
Às 4:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O primeiro aledarme pola túa volta, xa que entendo que este foro non debía desaparecer, e en segundo lugar pareceme unha nova ESCALOFRIANTE que na sociedade na que vivimos, despois de tantisimos anos de loita laboral dende os sindicatos e tamén de xeito individual por parte dos traballadores, se cheguen a plantexar este tipo de iniciativas.
En fin, se dan o paso a loita está garantizada.

 
Às 5:06 da manhã , Blogger Escévola disse...

Olas, alégrome moito da túa volta e de que sigas compartindo a túa opinión sobre estes temas connosco.

Gustaríame dicir algo que normalmente moita xente esquece ou non sabe. A UE non naceu como iso que nos queren vender da unión solidaria europea,a Europa Social...
A UE naceu coa intención de formar e regular unha área de libre comercio e como unha unión económica, todo o demais son historietas.

Só conven recordar os seus antecendentes como o CECA ( Convenio Europeo do Carbón e o Aceiro, 1951) ou mesmo como a maioria dos temas que se trataron durante a formación do Consello de Europa. Estes tratados, como outros que os seguiron, foron firmados co único obxectivo de fomentar o libre comercio.

So hai que recordar que tras o fracaso da Constitución Europea, os gobernos dos estados membros cortaron e pegaron as regulacións económicas que esta contiña e denominárono Tratado de Lisboa. Tentaron que este só fose ratificado polos parlamentos dos estados e non en referendum para evitar outro posible fracaso. Resulta que en Irlanda a lei obrigaba a ratificar o tratado mediante referendum e gañou o non pero xa andan cavilando para poder aprobar o tratado dalgunha maneira pese ao non irlandés. Isto é a democracia da UE.

 
Às 6:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

que maravilla,xa anda por aqui o blog dos bloqueiros do grove,os que nos iban a traer aire limpo ,un pxom do pobo e unha nova forma de facer politica,,,,a verdad e que nos faltastedes a vosa palabra,como sempre facendo o ridiculo con ese gran conelleiro de cultura que fai organigramas para que outros resolvan o das persoas,pero mira que sode inutiles,non valedes nin para levar pancartas¡¡¡
P:D agora a estraexia e falar da gran politica,primeiro dade contas do local ou e que a vergoña e tan grande¿

 
Às 7:38 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Para o contertulio das 6:18.
Se o concelleiro de cultura organizara el o tema do persoal do seu departamento, chamariaslle dictador e desleal por incumplir os pactos de goberno, xa que esa delegacion era de Xan Caneda (perdon, de Xan Lamelas), pero como quixo ser leal cos pactos, e sobre todo leal co seu cargo e cos veciños de Ogrobe que precisan que a Biblioteca dea servizo, entonces e un incompetente.
Asi nos vai compañeiro. Asi nos luce o pelo neste concello donde para que se puxera no seu sitio a un tio( o dos Muiños) tivo que ter un problema co alcalde, pero donde ainda siguen mangoneando como sempre emparelladores, emparelladas, roblecitos e outras herbas.
Pero claro, para ti, eso non é relevante. De nada
PD.- Outra vez que os de EU fagan unha rolda de prensa, polo menos que retiren do fondo os cartazes de CCOO, mais que nada, polo que diran

 
Às 5:20 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

PODEMOS.............!....

Podemos... gañala final contra Alemania e estou seguro de que PODEMOS acabar os tres anos de mandato do cuatripartito que nos queda, cos nosos máis e cos nosos menos, pese a quen pese...!

ALÉDOME MOITO DO BO RESULTADO DAS NEGOCIACIÓNS DA CRISE E A SEGUIR PADIANTE...! NORABOA..

 
Às 11:56 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu tamén apoiei e apoio ao cuatripartito, pero vai sendo hora xa de GOBERNAR. Porque estamos a falar dun goberno e os que nos consideramos de esquerdas, queremos ver políticas de esquerdas e non un simple continuismo do feito anteriormente. O obxectivo non ten que ser que non se rompa o cuatripartito, o obxectivo real e que se visualice o CAMBIO, e lamentandoo moito ata agora veuse moi pouquiño ou nada. Queda tempo por diante e hai que esixir valentia para abordar as situacións pois do contrario o cuatripartito durará os tres anos, pero a dereita volverá ao goberno.
Ánimo e a traballar.

 
Às 8:12 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Afortunadamente Mascato é o única persoa dentro do cuatripartito que tén nidiamente claro cal debe de ser o papel que debe de cumprir unha Concellería de Cultura e tamén por suposto do que debera ser e como debera funcionar un goberno como este, que médidas tiña que tomar cando entrou e non o fixo, agora vai ser imposible mudar algo, alomenos no plano organizativo do Concello.

 
Às 11:19 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

para defensor dos traballadores ti mascato,dasme noxo

 
Às 6:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eso é, para defensor dos traballadores Mascato, o que sae na prensa a poñer a caldo a todo o mundo, se por ti fora traballarian as 24 horas do dia.
E de dictador moito pero de leal nada. Non hai mais que preguntarlle a Noemi, a Xan, a Besada...verdad xarabal ou carlos lema ou como queiras que te apodes Antón

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial