1 de junho de 2007

Xa estan aqui !!

Contame un paxariño, que nunhas horas vai sair publicado no xornal de mais tirada de Galiza, unha informacion que dende este blog vimos adiantando fai xa tempo. En concreto, tratase dunha investigacion que a xustiza esta a facer no concello de Ogrobe sobre determinadas actuacions urbanisticas, entre eles o tantas veces denunciado caso Raeiros e, esto é o chamativo, sobre a actuacion de alguns funcionarios municipais con Flanders a cabeza ainda que a estas horas, algunha querida funcionaria (ou e unha funcionaria con querido) e mais algunha outra empregada na oficina de urbanismo e que o home Alumbra como promotor immobiliario (dios, vai maridaxe) e que para colmo de males ten un familiar directo como promotor inmmobiliario pola zona da Comunidade Valenciana.
A bon seguro que a estas horas, os dous homiños do bigote están cunha descomposicion que non se menean. Non é para menos. Eso de sentir o alento da Policia Xudicial enriba tua, debe de amolar un pouco, pero, si leran este blog e se fixaran no que dicimos, a estas horas deberan estar ben surtidos de dodotis e de papel hixiénico.
O sorprendente desta historia e ver como reacionan agora algunhas que, ate onte non tiña nengun reparo en pactar con Flanders, deixando de lado e esquecendo quen é o autor do PXOM que tantos votos lle deu a ela. Con que cara se pode presentar agora esta muller. Millor seria que voltara para o armario.
De todolos xeitos e curioso como, unha vez mais e xa van moitas, volvemos a ser noticia nacional polos escándalos. En eso sempre somos numero 1. Deciamolo en outros artigos publicados o longo destos dias e faciamos fincapé na capacidade de traballo, de innovacion e na honradez das xente de Ogrobe.
Os resultados nas furnas foron os que foron e unha vez mais, e a razon e terca, o tempo, e espero que os xuizes, poñen a cada un no seu sitio. E un dos problemas - ou riquezas - da democracia.

15 Comentários:

Às 10:42 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

1. Días antes das eleccións locais aprobouse incluir no avance do PXOM unha conversión de zona forestal en solo urbano xusto por detrás da zona de Raeiros. O PSOE -sí, sí, o PSOE- votou a favor
2. A ese Pleno acudiron veciños de San Vicente que XA teñen asinado as vendas á inmobiliaria que representa o home da funcionaria da que se fala
3.A corrupción urbanística é obvia: está declarada por Decreto da Xunta ó estaren suspendidas as licencias por mor do Decreto Cuíña, do propio PP. Así que non nos rasguemos as vestiduras e menos hipocrisía porque os grupos políticos e a cidadanía levan convivindo coa corrupción todo este tempo e mesmo facendo amigables fotos de grupo e compoñendas do máis variado.
4. É preciso un cambio radical. É necesario instalar no Concello a xente de principios e inflexíbel e eu, qué queren, non vexo que os concelleiros elixidos teñan esa capacidade, non sendo Mascato.
5. Quedan cousas por sair: sobre todo as relacións político empresariais.

 
Às 11:40 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

A Voz de Galicia de hoxe, primeiro de xuño, publica a noticia da intervención da Brigada de Delictos Urbanísticos no Concello de O Grove, con indicios razonables de senllas corrupcións urbanísticas que atinxen a responsables do goberno municipal e a determinados traballadores do noso Concello. Todo esto, por suposto, presuntamente e sen esquecer que as persoas son inocentes mentres non se demostre que son culpables, e para eso está a Xustiza, á que por fin acudimos.
Eu quero hoxe recordar que foi o Bloque Nacionalista Galego, dende hai varias corporacións, quen máis ten insistido nas denuncias, en Plenos, en medios de comunicación e diante da Administración, e quen mais ten insistido na necesidade de perseguir a especulación e as prácticas de corrupción.
Por esa razón quero ter unha lembranza moi especial para compañeiros e compañeiras que o traballaron, que o padeceron e que agora poden empezar a disfrutar dun traballo político continuado e moi ben feito; porque foi xente como Fuentes, Manolo Mascato, Luís Rei, Xesús María González, Luís Lamelas, Xosé Manuel Domínguez, Lina Álvarez, Xosé Manoel Pérez Dadín, Rosa Castro, Luís Chan Lamelas e outros moitos, e moitas, que non cito e que son igualmente valiosos nese traballo de denuncia, de intervención. Especial mención para a señora Carmen Castro, de San Vicente, exemplo dunha vida enteira entregada á mesma loita veciñal, anticaciquil e pola conservación do territorio, como xa dixemos, ata ten dereito a equivocarse, porque sempre contará no Benegá co noso cariño e co noso máximo respecto. Louvanzas a eles e a elas. Ao resto dos militantes e simpatizantes, pedirlles que non renuncien á dignidade, que o futuro é dos que saben manterse de pé, dos que non dobran os xeonllos da humillación.

 
Às 3:23 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Fará un ano que o candidato do bng carlos alvarez negouse a acudir a fiscalía, según él non se podía xudizializar a vida municipal, menos lobos, e agora aparece como o redentor, e sobre o de raeiros doo pleno eu non lín que o bng estivera en contra sinón que non ian o pleno por que non estaban dacordo coa convocatoria tres días antes da votación, así que menos cara compañeros.

 
Às 3:33 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

CANDO TERMINEN NO GROVE QUE VEÑASN PARA SANXENXO, QUE AQUI SI QUE HAI TRABALLO PARA ELES!!!!!!!!!!!!!!!!!

 
Às 3:37 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

ANIMO BNG OGROBE DESDE BNG SANXENXO!!!!!!!

 
Às 4:42 da tarde , Blogger Escévola disse...

En fin parece que todo chega, as sospeitas de corrupción urbanística no Grove veñen de vello xa, igual que en Sanxenxo. Pero eran e siguen sendo polo de agora eso, sospeitas. Estou seguro de que houbo delitos pero esta caste de delitos son difíciles de demostrar así que veremos en que acaba todo isto. Respecto dos grupos políticos só o BNG e EU teñen amosado a preocupación sobre o tema e son os únicos que non participaron no cambalache de Raeiros. Os dous porque uns escolleron ir ao pleno e denuncialo e outros porque non quixeron nin participar na escenificación dunha farsa e unha tomadura de pelo pouco democrática. De todas maneiras veremos como se desenvolve esto e o que comeza a aparecer que igual quedamos asustados.

 
Às 4:46 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Espectacular,coma sempre, o noso amigo Mendez desde o seu Faro da Verdade Suprema.
Resulta que o alcalde estaba tranquilo porque a licenza era do ano 1993 e el entrara en 1999. Cagoental e eu que pensaba que Don Miguel fora membro do goberno municipal, en concreto Concelleiro Delegado de Turismo, no período 91-95, aqueles gloriosos anos denominados "Ghoberno de Benavides". Debín de soñar que foi el quen elevou a pleno aquel magnífico proxecto de convertir o actual parquing da Lanzada en aeroporto de avionetas para convertirnos na capital mundial dese turismo espesialisado.
Mendez, Mendez, vaiseche acabando o choio e vaise saber todo.
Benavidiños (outro xornalista sobre-colledor) é máis discreto porque aínda espera chupar do que ten entre mans Cacabelos.

 
Às 4:52 da tarde , Blogger LuChan disse...

Non é doado nin de balde facer acusacións dese calibre. Como ben apunta Antón, as persoas son inocentes mentres non se demostre o contrario. Cando, enrriba, hai tantos cartos no medio, o resultado pode ser a ruina dunha persoa. Ningunha acusación de taberna corre risco ningún. Creo que as artimañas e delincuencias destos señores xa estaban en boca de todo o municipio desde tempos inmemoriables, pero ninguen tiña indicios demostrables para levar diante dun xuíz. E un xuíz non é a administración. Un xuíz entendo que imparte xustiza a partires do que lle amosan diante fiscal e avogados, non da realidade cotiá que todos sabemos. E sí é a administración a que ten que facerse con esas probas, a partires dos indicios cidadás, para AUDITAR e refutar ou constatar esa delincuencia. E, para min, eso pasou onte.
Con respecto ó pleno en vísperas das eleicións, tí mesmo. O BNG non entrou a valorar si o proxecto era inviable, ilegal, agresivo co medio ou unha aberración, que de seguro que é todo iso e mais. Sinxelamente, non cabía o pleno, non tiña obxecto nesa data. E iso foi o que transmiteu non indo.

 
Às 5:45 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Luchan, e dicer, que si o pleno de raeiros e o 18 de xuño o bng podería apoialo.....malo raio me parta, entón o bng tamén xogou a electoralismo, o de raeiros co apoio aínda que sexa de todos e un PELOTASO E UNHA RECALIFICACIÓN ILICITA, ILEGAL E INMORAL e si grupos politicos de esquerdas ou pseudoesquerdas o apoian, entón que se xunten co pp e ayda e saquen a mascara, dades nauseas.

 
Às 7:11 da tarde , Blogger Escévola disse...

Que eu saiba o BNG opúxose ao plan de Raeiros. Estou de acordo con Luchan en que cando se convoca un pleno aberrante ( de forma e fondo) como aquel en que non merece a pena nin entrar a valorar o seu contido porque é unha aberración e se entras a comentalo tamén, en certo xeito, estas colaborando con quen entende así a democracia e dandolle carta de autenticidade a algo que non a ten. Outra cuestión é que ademais o proxecto sexa un pelotazo e, ao parecer, unha ilegalidade e como dixen antes os únicos que non o votaron foron o BNG e EU. Leña si pero a quen a merece que tampouco imos a mezclar todo.

 
Às 7:48 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Espero polo ben de todos que teña razon o BNG o denunciar todso isto e anuncialo na prensa, pois moita xente xa sabía que a grada civil estaba no Concello, pois como se dixo en anteriores post "todo o mundo e inocente ata demostrar o contrario", e como non sexa así haberá que pedir disculpas (digo eu, non?). ¿Ou será que esto e un cortina de fume para tapar outras cousas internas??

Con respeto o famoso pleno, entendo que non debería de celebrarse, foi puro electoralismo, pois segundo eso que din que aprovaron todos os veciños que se xunten teñen dereito a construir no monte ¿non? e non te olvides amigo escevola que ampouco estivo o PG.

 
Às 9:50 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Imos ver. Este parece o pobo de pau se bojo pau se non bojo. A estas alturas do conto dicer que o BNG podería estar a favor deste convenio se fora convocado en outra data, e ou ter moi mala uva ou non enterarse de nada. O BNG nin en Ogrobe nin en nigun lado estivo do lado dos "pelotazos", nin de que o concello de Ogrobe renuncie a parte que por lei lle correspondería nesa hipotetica urbanizacion, nin moito menos, iba a permitir que 4 espabilados sen escrupulos enganen os veciños, porque deso se trataba nese convenio. Enganar a todo Dios, proprietarios, veciños e concello para que catro CALUMBRADOS se puxeran as botas.
Por favor, deixade de mezclar a todo Dios nesta historia, pois afortunadamente ainda non todos somos iguais e alguns podemos durmir moi tranquilos.
O que teña problemas de concencia, ou coa xustiza alá eles e dende logo que o teñan moi presente os corruptos e sinvergonzas que con 1, con 2 ou con 3 concelleiros imos ser sempre consecuentes co que sempre defendemos: A defensa intransixente e ate as ultimas consecuencias dos intereses lexitimos de Ogrobe e dos seus veciños.

 
Às 2:50 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Simpson dijo...
O sr. Mendaz está a facer o seu traballo de apoio a Ned Flanders, xógase moito. Di Ned, máis ou menos, que o que se fixo é para dinamitar as conversas e pos suposto que el non sexa Alcalde. Esta intervención chega un pouco tarde, debería de terse feito moito antes das eleccións. Os medios para nada falan de que no caso dos Raeiros a Comisión Provincial de Urbanismo denegou en primeiro lugar a licenza por creer que non se axustaba á legalidade, daquela a promotora era Samar 52 S.L. que recorreo a decisión perante a COTOP e a que non sabedes vos quen era o Conselleiro?, sí o sr. Cuíña, que admiteu o recurso e polo tanto lle deu licenza previa, pero que enorme casualidade o mesmo día no que o sr. Conselleiro asina o recurso a Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra dá o seu visto bo. O Concello de O Grove, remitéulle unha documentación á Consellería de Pesca, e por dúas veces esta lle pide explicacións das causas da remisión. Eu non sei se a devandita obra (incluído o cierre) está fóra da demarcación de costas (quizas por que non mediron desde o deslinde feito ata o muro de peche) pero se un ve o plan achegado pola actual promotora IMPROIN, verá que os cen metros non encolleron, pois desde o deslinde ata o muro de peche só está a estrada e por certo a estrada non tén os 100 metros. Pero a cuestión non é esa, claro que poden escoller unha fórmula para burlar a Lei, facer unha división en partes alícuotas do terreo como modelo de xestión empresarial, pero a parcela no plano físico é indivisible, co cal aínda que se venderan os apartamentos de forma individual, estas vendas non poden acceder ao rexistro da propiedade. Pero á marxe disto e da solicitude pola promotora de constituír una sociedade para a xestión turística do "aparhotel", creo que as autoridades deben ir máis aló na investigación, pasar polo Rexistro da Propiedade de Cambados, ver o que hai, así como se o Rexistrador desestimou algunha pretensión individual, e indagar se hai persoas que mercaron de xeito individual, aos que puideran non térlle dito para o que era, co cal estariamos diante dunha estafa. Pero ao que ía, as autoridades o que deben de perseguir tamén é que realmente exista actividade hoteleira ao remate do ano, de non ser así poderían instar a caducidade ou nulidade da inscrición da firma hosteleira no rexistro da súa actividade, así como instar, (incluído o concello) a nulidade da licencia urbanística para a que se concedeu, sen entrar a valorar se a licencia municipal estaba caducada ou caducara cando comezaron as obras.
Por certo como vai a licenza de primeira ocupación, se non se axusta á realidade da licenza urbanística tamén pode haber problemas, ou é que xa se lle deu polo Concello?.
2:26 PM

 
Às 12:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Teño moitas janas de ver esa denuncia. Porque ¿habrá algo denunciado non? Ou todo e fume? A misma Brigada de dedlitos urbanisticos di que todo e unha maniobra electoralista ¿que significa eso?. Leedevos o Diario de Arousa do domingo. Haber si alguén mo esplica.

 
Às 1:53 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

a ver notin, pero de onde saeu a noticia de denuncia ?? o que saeu nos medios foi a entrada no concello da brigada da policia xudicial. os que saen na prensa do domingo son os tipicos corruptos do PP que como non podia ser doutra maneira, son picoletos. Ou é que a voz de galicia inventase as noticias ? ou é que agora o que ten credibilidade é o MMM do faro ? Pero xa está ben, seria o colmo que agora a culpa fora outra vez da esquerda ou do BNG. Como se ve o plumero. Increible estou asustado.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial