1 de agosto de 2007

Carta aberta o Sr. Touriño

Benquerido Presidente: Veño de enterarme que este ano vai pasar as vacacions entre nos. Bueno, o de entre nos é un dicer porque normalmente de Director Xeral para arriba alguns son pouco dados a mezclarse co persoal. De todos os xeitos, aproveitando que vai vostede a hospedarse nese chalet que hai na entrada a Balea, pedirialle que de cando en vez, mirara o frente e se lembrara da loita que fai mais de 25 anos uns veciños dese lugar de Balea sostiveron contra un especulador que quería roubar os terreos comunais e logo mirara a súa esquerda (a xeográfica) e vira o adefesio que a uns 200 metros da sua casa ten, é dicer, a urbanización Raeiros que agora, para bordear a lei alguns queren convertila en apartotel. E ainda que notarios e rexistradores hai abondo (e deso en Ogrobe sabemos algo) para cambiar as escrituras e poñelas o gusto do millor pagador, eu pedirialle que polo menos non cambiaran os criterios matematicos e que 100 metros sigan sendo 100 e non 60, e polo tanto, se lle aplique a lei XA a esa urbanización e se lle mande retranquear o muro de peche ate os 100 metros que a lei ordena que debe de estar. Pero pedirialle que o fixera xa, pois dia a dia vemos como se fan novas obras na citada urbanización por moi investigada que este e por moitas ordes de paralización que a sua conselleira de Politica territorial lle emita.
Tamen lle pediria Sr. Touriño, que xa que vai ter que circular algunha vez polo tramo Sanxenxo-Ogrobe da vía rápida que tome concencia da necesidade de que continue o desdoblamento da mesma igual que se esta a facer co tramo Sanxenxo-Barro, pois senon, o unico que estará facendo será pasar os mortos que antes se daban no tramo Sanxenxo-Barro o tramo Sanxeno-Ogrobe e a verdade é que non nos gustaria moito que eso pasase.
Se non fora moito pedirlle, pregariamoslle que si algun dia ven a vila, veña pola carretera interior de San Vicente. E facemoslle esta petición co ánimo de que a vexa e lle dea intruccions os seus subordinados de como non se debe facer unha carretera. Carretera, por certo propriedade de Louzan (perdon, da Deputacion) e que leva entre unhas cousas e outras, 4 anos a voltas. Verá os retranqueos tan raros que se fan: Muros que entran na carretera (ollo, falamos de valados, non de casas), ou a outros veciños que non eran da cor politica do Rabizo que lle mandar retirar - o seu cargo - o muro co cal agora lle queda a escasos 80 centimetros da porta, mentras a outros "dos nosos", nin se lle toca unha pedra co que vemos como o muro entra na propria carretera. Depaso, poderia negociar con ese home para ver si se digna acabala un ano destos, ainda que como agora "non mandan os nosos", o pior temos carretera ate as proximas eleccions.
E xa postos a pedir, haber si se da unha volta pola Casa do Mar (de visita, eh !!!, non queremos que sexa por mal) e se da conta da necesidade de que os veciños deste pobo poidan contar cun centro de saúde con médicos e condicións. Centro de saúde que nos foi prometido xa fai oito anos, pero que, como quen oe chover.
Xa para rematar Sr. Presidente, como nai dunha cativa de 10 anos que se ten que desprazar 2 días a semana a Portonovo, e penso que no nome de todos os habitantes de Ogrobe, pedirialle que dunha vez por todas se dignen dotar a este concello de aquelas instalacións deportivas que ate o de agora lle foron sempre negadas. A pesares de ser un dos pobos de todo o Estado que mais licenzas federativas ten por numero de habitantes, seguimos tendo o Almacen Deportivo (chamarlle pabellón seríaun insulto a intelixencia) mais vello de toda Galiza, i eso, xunto co Pabellon de Deportes Nauticos e o Campo de Futbol son as únicas instalacions das que dispoñemos. Asi, nunhas vindeiras vacacións, se o tempo non axudara e non se pudera ir a praia, vostede mismo podería gozar dun chapuzón nesa piscina que todos os veciños de Ogrobe arelamos.
Son peticións que lle fai esa súa circunstancial veciña ca espranza de que alguen lle faga chegar este escrito e o tome en cosideración.

7 Comentários:

Às 2:04 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Home está ben, pero creo que co dos mortos te pasaches un pouco. ¿non si?.Tempo ó tempo pero polo menos que cada ano caia un investimento deses, ¿non sí?. Creo que o merecemos.Inda así estamos caíndo no problema do clientelismo. Se a cor politica coincide veña oq ue faga falla, senón a joderse. E digo eu ¿non sería máis lóxico que cada concello tivese a autonomía e suficiencia financieira para decidir os investimentos a realizar? ¿Quen mellor que os mecos para analizar e propoñer o que en realidade demanda o pobo? ¿pero qué culpa terei eu ou tí ou o outro de sufrir a tiranía e o sometemento dunha administración por non votar o mesmo partido que está nesa administración autonómica ou estatal?Pero se a mesma constitución nun dos seus capítulos así o recolle, ó igual que a moderna teoría da facenda pública.
A verdade e que penso que despois do que sufrimos durante 16 anos debemos darlle a marxe destes primeiros catro anos ó bipartito para reequilibrar as balanzas infraestructurais pero sería imperdoable que se voltan a gobernar non promovesen esa política de dar a financiación ós concellos para que estes puidesen operar as súas infraestructuras e nós poderlle esixir esa responsabilidade financieira.

 
Às 2:08 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

E aproveitando o de Raeiros impida que o convenio aprobado polo concello pleno dous dias antes das eleccions teña a aprobacion da Xunta e de forma urxente se faga o poligono industrial xa que e probable que en poucos meses nos quedemos sin algunha industria neste pobo coa perda de varias decenas de postos de traballo de mulleres fundamentalmente.

 
Às 8:45 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Arte e música en San Vicente de O Grove

O venres, 3 de agosto,. ás 21.00 horas, inaugúrase a exposición de pintura de Víctor Mejuto, no Club Náutico de San Vicente. No acto intervendrán, ademáis do artista, Antón Mascato, concelleiro de Cultura, e Xosé Avelino Ochoa, presidente do Club Náutico.



O mesmo día, ás 10.30 da noite, na Praza do Club Náutico, Porto Deportivo, de San Vicente de O Grove, terá lugar a actuación do grupo de pop rock, Jailanders, un dos grupos emerxentes na nova música que se está facendo na comarca de Arousa.



Os dous actos, con entrada libre, están organizados polo Club Náutico e Concellería de Cultura do Concello de O Grove, nun proxecto de colaboración do Concello e diferentes entidades sociais. Antón Mascato salientou a necesidade de descentralizar a actividade cultural no Grove, tendo en conta o incremento poboacional que nos meses do verán ten lugar na parroquia de San Vicente.

 
Às 10:37 da manhã , Blogger xarabal disse...

xarabalDisculpade se non me supen explicar pero non era intención do artigo expresar o que o anónimo das 2:04 disse. Entre outras cousas porque estou frontalmente en contra desa forma de facer politica. Entendo que a cada pobo se lle ten que dar "polo que é" e non " por de quen é". O fondo do artigo que evidentemente non supen explicar era sinxelamente o de facer, aproveitando que imos ter tan ilustre visitante entre nos, un percorrido por aquelas eivas fundamentais que agora mesmo padece Ogrobe, e facía esto por ser "quen é" o visitante e non por sen "de quen é".
Outra historia é a da suficiencia financieira dos concellos que poderiamos estar de acordo ou non. Eu, estaría de acordo sempre e cando os ditamenes do Consello de Contas valeran para algo mais que para servir de chanza e de colgarse méritos como se fan en algunhas reunións de alcaldes proximos o Trio Calaveras. Se estos ditamenes valeran para meter no xulgado a algun persoeiro e que tivera que responder co seu patrimonio do que fai (contrtatacions ilegais, sueldos postos por decreto, non cobrar un peso por obras ilegais, etc. etc.), pero evidentemente e como che digo mais arriba, esos ditamenes non valen, por desgraza, para nada.
Estou totalmente de acordo en que despois da longa noite que pasamos, debemos de dar marxe. Penso que se ven xestos que evidencian un cambio, ainda que so sexa nas formas, pero a verdade, nunca me gustou participar da procesion das caladiñas, e penso que, xa fora de toda coña, os nosos representantes municipais deberan aproveitar a visita do Sr. Presidente para facerlle ver, non so as inxustizas sofridas secularmente, senon a necesidade de que Ogrobe se dote dunhas infraestructuras que, entre outras cousas, evite a fuga de empresas, como decia o outro comentario.

 
Às 10:38 da manhã , Blogger xarabal disse...

Disculpade se non me supen explicar pero non era intención do artigo expresar o que o anónimo das 2:04 disse. Entre outras cousas porque estou frontalmente en contra desa forma de facer politica. Entendo que a cada pobo se lle ten que dar "polo que é" e non " por de quen é". O fondo do artigo que evidentemente non supen explicar era sinxelamente o de facer, aproveitando que imos ter tan ilustre visitante entre nos, un percorrido por aquelas eivas fundamentais que agora mesmo padece Ogrobe, e facía esto por ser "quen é" o visitante e non por sen "de quen é".
Outra historia é a da suficiencia financieira dos concellos que poderiamos estar de acordo ou non. Eu, estaría de acordo sempre e cando os ditamenes do Consello de Contas valeran para algo mais que para servir de chanza e de colgarse méritos como se fan en algunhas reunións de alcaldes proximos o Trio Calaveras. Se estos ditamenes valeran para meter no xulgado a algun persoeiro e que tivera que responder co seu patrimonio do que fai (contrtatacions ilegais, sueldos postos por decreto, non cobrar un peso por obras ilegais, etc. etc.)

 
Às 3:50 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Hola xarabal: gustaríanos que incluíras nos teus enlaces a páxina: http://cousasdesanxenxo.blogspot.com/.
Grazas.

 
Às 10:01 da manhã , Blogger Unknown disse...

si por lo menos el sr touriño leyera el blog

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial