23 de julho de 2007

Colegas

Hoxe non vou falar da vida politica municipal. Deixemos que a Barbi, Cachuli, o Rabizo, a Caralla e o resto do especiamen purgue e reflexione sobre os seus "pecados" pois co a que teñen a bordo e para reflexionar abondo. Hoxe, quería falar sobre o secuestro da revista "El Jueves" polo xuiz Del Olmo, parece ser que a instacias da Fiscalia.
Moitos telepredicadores puxeron neste fin de semana o grito no ceo por este, de certo, ataque a libertade de expresión. Tamen como era natural saliron a palestra os redactores de "El Juves". Claro que meus admirados dibuxantes e redactores deberan tomar boa nota daquela frase de Bertol Brech cando decía " ...... logo viñeron a polos comunistas pero a min tampouco me importou pois eu non era comunista, agora veñen a por min, i e cando me decato que aqui hai algo que non funciona", pois o citado xuiz non e a primeira revista que pecha. Antes de "El Jueves" ordenou pechar "Egunkaria" e moitos periodistas e dibuxantes aplaudiron con menor ou maior entusiasmo aquela decisión. De aqueles lodos veñen estos barros.
Pero non é so "El Jueves" ou "Egin", ou "Egunkaria". Son as actitudes que se escoitan e se leen estos dias o que chama a reflexión, porque nesta historia tamen hai quen esta a favor da medida. Son os mesmos que non se cansan de chamarlle dictador a Hugo Chavez porque non lle renova (que non pecha) a concesion para emitir a unha emisora que non tiña ningun empacho en declarse golpista e chamar un dia si e outro tamen a un levantamento civil en Venezuela. Ou son os mesmos que puxeron afeder os árabes a raiz das caricaturas contra Mahoma.
Esto é o que ofende. A doble moral que se usa segun sexa o penitente. E no transfondo de todo, a real familia sobre a que só se poden decir alabanzas (que guapiños, que listos, que elegantes, etc. etc. ) por unha profesión periodística cada día mais sumisa e menos critica contra o poder divino e imperial. Eso aquí claro, mentras o orellas grandes de Inglaterra podemos poñelo de chupame domini.
Cansan de decirnos que somos unha democracia moderna e consolidada. Eso só será certo cando aquí todos os cidadans sexan iguais ante a lei ( o rei non pode ser xulgado), cando non teñamos que aturar un xefe de estado por inspiracion divina ou por sangre, en definitiva, cando se lle podan chamar as cousas polo seu nome, o pan pan e o viño viño.
Neste enlace podedes ver unha interesante montaxe sobre "El Jueves" e o seu secuestro.

59 Comentários:

Às 2:06 da manhã , Blogger Escévola disse...

Estou moi de acordo contigo, aquí o que pasa é que os medios e políticos producen unha mensaxe de que no caso do terrorismo se poden retorcer as leis como e canto se queiran. Cando foi o de De Juana moi pouca xente dixo que en realidade estaba na cadea por ter escrito unha serie de artigos en Gara e non polos asasinatos ( que xa cumplira esa pena), entón retorceuse a lei para que pasara máis anos na cadea xa que os anos que pasara eran poucos, pero eran os que tivera que cumprir por lei. O caso de Egunkaria ou de Egin tamén foi unha cousa parecida ( de feito o Tribunal Europeu amparou a Egin anos máis tarde) pero tamén daba igual porque "eran de la ETA" e hai máis exemplos. O que quero dicir é que baseándose no odio da poboación aos terroristas, o estado está cometendo auténticos atropellos xurídicos co consentimento dunha poboación mal formada e informada. En Alemaña poñían en liberdade hai uns meses a unha terrorista da Fracción do Exercito Vermello, condeada a centos de anos, tras pasar 20 na cadea ( cumplindo así a súa pena real) e non se montou todo o que se montou aquí. Quizais porque os alemáns saben perfectamente que de retorcer as leis para casos particulares nos que a sociedade o respalda non soe rematar en nada bo pois despois pode tocarnos aos demais.

 
Às 3:59 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Moi ben Gonzalo moi ben

 
Às 10:37 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

"é que baseándose no odio da poboación aos terroristas".

¿eló tí non te consideras "poboación"?

"Quizais porque os alemáns saben perfectamente que de retorcer as leis para casos particulares nos que a sociedade o respalda non soe rematar en nada bo pois despois pode tocarnos aos demais"
Pois eu non teño ningún medo de que retorzan as leis coma tí dis rapás. Iso de que pode tocarnos ós demáis, ¿pensas delinquir?. Senón é así deberías estar tranki meu.

 
Às 12:23 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Para o anonimo das 10:37. O que che están decindo, entre outras cousas, é que en Alemania hubo un homiño de nome Adolfo que chegou o poder por medio dos votos, logo pasou o que pasou (pero o mais carallo e que xa se sabia o que podia pasar).
Cando se permite retorcer as leis desa maneira, os cidadans deixamos de ser presuntos inocentes para convertirnos en presuntos culpables e non te esquezas que deso, naide, absolutamente naide, esta libre.
Cando teñas tempo, recomendoche que leas un libro " El honor perdido de Katharina Blum". Aparte de ser un caso absolutamente certo e de actualidade, pasou en Alemania.
Aqui, non fai moitos anos, tres mozos por ser mozos e do Norte (non, non eran vascos, eran de Santander)foron brutalmente asesiñados por uns matarifes e intentouse botar toda a terra do mundo sobre aquel asasinato. Menos mal que non o conqueriron, pero non seria polo que axudou o poder para que eso pasara. Por desgracia, hoxe en dia, desta ou doutra forma, en nome do terrorismo os poderes de todo o mundo seguen bordenado a lei diariamente. Elementos como Bush, Berlusconi, Asnar e cia eran - son - os principales interesados en que sigan existindo estas cousas.

 
Às 8:38 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Así que como Juana xa cumplira a pena polos asesinatos hai que deixalo solto para que cometa algún máis. Que lle parecerá eso aos familiares das persoas asasinadas?Que opinará a xente do Pais Vasco que está amenazada por ETA. Soltemos a todos os terroristas e que sigan matando ou mellor non os encerremos máis e que campen ás súas anchas privando do dereito á vida a quen eles lles veña en gana. Porque claro ¡eles non incumpren a lei!

 
Às 9:07 da tarde , Blogger Panaide disse...

Agora é cando empezamos a bajear de verdade...Ousexa amigo anomimo anterior,segundo se desprende do teu comentario ven sendo que os terroristas malos malinos,os compinches deles,os presuntos (e postos a baxear,os que os votan) terían que estar toda a súa vida pudrindose no carcere,non?.E digo eu...xa postos,porque non os gaseamos a todos e morto o can morto a rabia?,e máis dende aquí animote a que collas o teu pau de sacho e te dediques a repartir xustiza entre todolos "terroristas" desalmados desta "nosa grande e libre" Espanha e si che quedan ganas e seguro que algún coma ti se che une,seguide por eses "rojillos independentistas" que so buscan o desmembramento da "nosa" patria...Un consello,non te esquezas tamén de pasarte pola redacción de "El jueves" que lle faltaron o respeto os nosos "cercanos y campechanos" membros da casa Chupopt...digo Real.

Mira que se me está enchendo a vena "patriotica" e xa me vou quentando...

Seguro que si agora berro "Viva Espanha" "Viva o Paquiño",algún persoaxe do noso pobo ainda se pon firme...Manda carallo canta incultura e canta ignorancia temos.

 
Às 1:40 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Amijo panaide eres un cúmulo de contradiccións que cos teus comentarios desacreditas a moitos nacionalistas que creen na democracia e no estado de dereito. Fai favor e fala por tí, que quen non pensa coma tí non ten porque ser ignorante nin analfabeto.

 
Às 3:50 da manhã , Blogger Panaide disse...

Agora vai resultar que tampouco entendemos o sarcasmo...Eu falo dende a miña ignorancia de non ter unha carreira universitaria,pero que conste que das vivencias persoais e da "universidad de la vida" tamén se sacan opinións ;) .

 
Às 5:59 da manhã , Blogger Strashnij disse...

esto da politica e a ostia penso eu, todo o mundo pode ter a suas crenzas e ideoloxias, pere chegado o momento, da igual en quen creeras(ou votaras) eles, os politicos van facer o que lles sala do carayo, sin importarlle nada o que a nos simples mortais opinemos.

 
Às 1:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

A todos os que inxuriades contra a xente en xeral e contra a dignidade humana en xeral dende a impunidade mailo anonimato vos pediria un exercicio de reflexión. Aquel que pon unha bomba contra unha persoa ou atenta contra ela pola sua ideoloxia politica, non defende a democracia nin a liberdade senon que defende o fascismo miala epoca do terror. Creo que nas carceres hai casos moito mais humanitarios e moitos mais dignos de apoio popular ca os de un terrorista porque todo o mundo ten dereito a unha segunda oportunidade e a reintegrarse socialmente e a demostrar que pode facer as cousas ben pero un terrorista cando sae pola porta o primeiro que fai e plantexarse como volver a atentar.
Lle pregunto a aquel que defende o terror que pasaria se a bomba collera unha perna da sua nai, deixara ao seu pai en cadeira de rodas ou desfigurara o rostro da sua filla..¿como te sentirias?
Ademais soltar a De juana Chaos por unha folga de fame como se se tratara da pataleta dun neno pequeno supon que o resto dos presos teñen exactamente o mesmo dereito senon se trataria dunha desigualdade comparativa e de seguro que hai moitos casos que merecen mais o terceiro grado e maila posta en liberdade.E un EStado que defende a legalidade non o pode consentir. Cada vez que alabades o terror, tirades abaixo a democracia.Cada vez que utilizades este medio para insultar a xente en xeral, aos nosos veciños, como se estivesemos nun estado fascista ferides de morte á democracia. ¿Porqué non alabades a Platón que foi unha persoa que non dudou en da-lo todo pola sua cidade, polas suas ideas e polos seus valores?

 
Às 2:08 da tarde , Blogger Panaide disse...

A ver...Creo que se nos está indo a perola a todos un pouquiño non?.Penso ( e estou por afirmalo) que nestes comentarios ninguén defende o terrorismo,nin ós asesinos que no nome da "independencia" dun pobo matan a xente que non ten culpa ningunha de nada..
Aquí do que se fala é da terxiversación das leis que os partidos de turno fan con fins partidistas.Eu persoalmente penso que cada un ten que cumprir coa pena que se lle impute nun xuizo,pero sempre seguindo as bases que se tipifican no codigo penal.
Por certo,eu son Nacionalista,demócrata,antiterrorista e republicano (a ver si agora xa queda claro dunha vez).

Antes de marchar,vou deixar unha pregunta no aire....Se todos contra os que atenta a banda terrorista son victimas do terrorismo,digo eu...Nunca vos preguntachedes porque hay tantas asosiacións de victimas diferentes e que non todas comulgan unhas con outras????.Victimas sí,pero antes deso PARTIDISTAS..

 
Às 4:05 da tarde , Blogger Strashnij disse...

amigo panaide , tes moita razon en eso das distintas asociacios de victimas, a razon penso eu a parte de partidismo, e que non tod@s as victimas lle ven a mesma solucion o asunto, nin buscan o mesmo tipo de compensacion para algo incompensabel, do mesmo xeito, que ida e mais triste que hai persoas que apoian este tipo de terror. Esta claro que esto non deberia pasar, que todos deberiamos estar unidos, pero non so as victimas, senon todo o mundo, os que somos victimas en potencia, os que apoian estes atroces actos e todo dios. xa veriamos asi como a cousa non teria tanto exito.

 
Às 6:21 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

a santo de que o facha juan jose caneda aguín xuez de paz de o grove foi o que leu o bando de onte, a quén se lle ocorreu tal cousa e cal e o motivo.

 
Às 7:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pero leuno, e máis decía o que decía. Increíble.

 
Às 10:22 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¿E porqué no Grove hai xa duas asociacions para a utilizacion de artes tradicionais de pesca como hobbie se é un pobo de 11.000 habitantes? ¿e dous ou mais equipos de futbol? ¿e varias de turismo? Porque onde hai xente, existe a diversidade de opinións, pero eso non lle da dereito a ninguén a insultar a nadie por non pensar igual, nin a masacrar a ninguén, nin a dicir que somos un pobo nin unha nazon manipulada polo odio aos terroristas, xa que ainda que nalguns puntos poidamos estar en desacordo, alguen que mata por ideoloxia politica está comentendo o maior atentado contra a dignidade humana, e o peor crimen e delicto que se pode cometer. O que se vota de menos e unha politica de Estado consensuada contra este tipo de barbaries, onde participen PSOE, PP e todolos partidos con representación politica. Pero os cidadans non estamos manipulados cando non queremos deixar que nos vacilen con De Juana Chaos, Otegui ou outros terroristas. Que loiten coa palabra e coa democracia se queren e se non que se vaian porque as cárceres nos supoñen moito gasto para os cidadans.

 
Às 11:24 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Nos anos 50, alguns hoxe destacados persoeiros israelies (nomeadamente Ariel Sharon)metian bombas que masacraban sen parar os ingleses e os palestinos. Eso esta escrito e recoñecido internacionalmente. Nos anos 60, Ben Barka e compañia facian o proprio nos cafes e supermercados frecuentados polos franceses. Nos anos 90 esa mesma situación se repetia en Kosovo e Serbia. Os dirixentes desas organizacions que colocaban bombas e que tamen mataban a xente inocente son e foron recibidos por Juanca, Felipe Gonzalez, Asnar, Zapatero, Rajoy, etc. e con honores de xefes de estado. Aqui ninguen se parou a pensar 5 minutos porque un deses "terroristas vascos" en vez de estar a tomar potes cos seus colegas, esta a meter bombar ou a pegar tiros que o poden meter na cadea, no mellor dos casos, durante 20 anos. Eso no millor dos casos, no pior, dar malvas. Entramentras, os que masacran todos os dias a poboacion de Irak, os que masacraron con napalm e bombas a poboacion de Vietnam, ou a de Serbia, ou a de Granada ou ........ esos son ilustres e eximios dignatarios que os recibimos no aeroporto de Baraxas con tres xenuflexions. E ben certo que a historia sempre a escribiron os vencedores pero é hora de que os que nunca fumos nin seremos vencedores nos pararamos un pouquiño a pensar no mundo que nos rodea e a mirar un pouco menos a TV. E non digo mais non vaia a ser que me acusen de apoloxia do terrorismo pois tal e como van as cousas por estos lares, por menos estase en Alcala Meco.

 
Às 12:25 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Sr Carlo Lema
Nós non temos nada que ver cos israelies nin cos da fronteira para fora pero as normas internacionais e o protocolo está para respetalo. Outra cousa é o que ti penses. Os representantes doutros países non deixan de ser eso, representantes doutros paises, e doutra nacion, e eso hay que respetalo. Tamén os talibans, lle poñen un burka as mulleres, as apedrean ata matalas e as tratan como bultos e non por eso as mulleres do mundo lles fumos a poñer unha bomba lapa á porta da casa. Ainda que se nos rebelaramos mais de un tería que correr.
¿que conseguen coas bombas? ¿CANTOS ANOS AS LEVAN POÑENDO? ¿conseguiron algo ademais de sesgar vidas e incipar o odio?
Si só hai que ser un pouquiño intelixente e utilizar ese ben tan prezado de vez en cando.

 
Às 3:39 da manhã , Blogger Escévola disse...

Amig@ sufraxista: Cando eu me referín neste blog ás manipulacións que existen no tema do terrorismo referíame precisamente a discursos como o teu. Primeiro disnos que a diversidade é marabillosa pero só mentres non inclúa diversas solucións e análises do problema terrorista. Boa contradicción. Despois sempre podemos opinar sobre o tema pero se nos saímos algo do discurso oficial entón xa somos sospeitosos de connivencia cos violentos, esta ben. Obviamente eu condeo a violencia dentro dun estado democrático como modo de expresión política pero iso non quere dicir que comparta a solución policial como única ao problema. Se queres póñoche uns cantos exemplos de manipulación. O caso de Nafarroa Bai é paradigmático, para gran parte do estado é unha forza sospeitosa de terrorismo. Isto é así porque nesa plataforma hai dúas escisións de Batasuna; Aralar e Batzarre pero resulta que se escindiron precisamente por condear a violencia. Entón cando non condenaban porque non o facían e agora que o fan tampouco vale. Despois recórdoche que España é o único estado europeu cun caso probado de terrorismo de estado (os GAL) e os seus promotores lonxe de estar na cadea están na rúa amnistiados por PSOE e PP ( vese que eses eran terroristas doutra clase). O estado tamén pechou Egunkaria e Egin e despois tivo que volver abrilos por orde do Tribunal Europeu pero iso non saiu nos telediarios. Despois todo o mundo ten dereito a unha segunda oportunidade menos os de ETA disnos ti, do que deduzo que logo estes teñen que estar no cárcere sempre pois ainda que cumplan a súa condea non nos parece ben que saian e buscamos calquera método para voltalos a encerrar. Despois temos o caso das ilegalizacións, se un foi militante de Batasuna non pode ir en ningunha lista electoral xa que entón a contamina e polo tanto se ilegaliza. Este proceso xa esta no Tribunal Europeu e segundo xuristas europeus moi importantes pode ser que se anulen en 5 ou 6 anos as primeiras ilegalizacións feitas con ese método. De Juana xa cumplira a pena polos asasinatos e estaba condenado por ter escrito tres artigos en Gara non por matar a ninguén, pero eu iso tampouco o escoitei nos xornais. Despois vemos que a democracia consiste que goberne o PP nun pobo de Euskadi con 27 votos mentres a lista anulada de ANV conseguiu máis de 300 e aos do PNV e EA outros máis de douscentos. Está claro que non hai manipulación ningunha por iso xa verás como se van anular as listas do PP de Euskadi con xente que non deu o seu consentimento. Por último, Batasuna ten arredor de douscentos mil votos logo o problema non debe ser tan facil de solucionar e a idea de que se vai acabar co terrorismo só mediante a loita policial ten graves eivas. Tanto é así que te reto a que me digas un so conflicto de terrorismo con base social ampla que fose derrotado pola policia en toda a historia contemporanea. Xa cho adianto, non hai ningún, todos as bandas terroristas disoltas pola policia non tiñan apoio social ningún; onde houbo base social a solución foi sempre negociada. Por iso cho repito para evitar malas interpretacións eu estou en contra do terrorismo pero non me veñas acusando de nada con discursos totalmente simplistas cando estamos a falar de problemas moi complexos e de dificil solución, porque se a solución fose tan simple onde vai que se tivese acabado con ETA.

 
Às 5:26 da manhã , Blogger Panaide disse...

Sufraxista:Gustame moitisimo a túa utilización da demagoxia barata de conversas de taberna.
Segundo ti tamén deberiamos rendir honores os talibáns que viñeran visitar o "noso país",máis que nada por eso do protocolo ó que ti te refires...Ahm a eses non porque son todos un atajo de terroristas que ponen burkas a las mujeres...Pero os dirixentes dos paises "civilizados" sí,porque eses non fan terrorismo,eses levan "la paz por el mundo"...Hipocresia,demagoxia e menos de dous dedos de frente...Agora chamarasme radical,machista ou a saber o qué...Un saudo

 
Às 8:55 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

O Bando do Día da Patria foi pactado polos nove membros do Grupo de Goberno, con acordo unánime. Asinado polo Alcalde e redactado polo concelleiro de cultura. Foi lido polo Xuíz de Paz porque representa unha figura institucional, non partidaria, e non andamos sobrados delas no Grove. Por certo, a todo o mundo lle gustou moito ese acto, polo ben organizado, pola elegancia nas maneiras e polo simbolismo que consigueu transmitir. Non sendo aos pepeteiros. Sempre hai quen teña unha pedra que guindar.

 
Às 12:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

amigo explik ando, non critico o texto o cal me pareceu correcto, critico o persoaxe que o leu xa que nin nacionalista nin de esquerdas e o tipo, e non deberíamos caer no papanatismo institucionalista, de seguro que no grove hai persoas nacionalistas e de esquerdas mais axeitadas para dito acto, e que tampouco teñen unha significación partidista, algúns dos que estivemos alí se nos revolvían as tripas o escoitar o que escoitabamos por boca dun facha, que nin cree no nacionalismo nin nos valores da esquerda.

 
Às 1:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Se caímos na tentación de facer coma antes pero do outro lado, estaríase a facer o mesmo. Nin o concello é nacionalista, nin comunista nin socialista nin dereitista,¡é dos mecos!. De "tódolos" mecos. Que eu coñeza este home, o seu pai e a súa nai, naceron na nosa vila e ten tanto dereito coma tí e coma min a leer algo ó que convidaron. Alabo esa normalización e pacificación social, que xa bastante alborotado anda o patio como para botar máis leña ó lume. Na miña opnión o de antonte é un acto para unir bontades e sentimentos , non ideoloxías. Parabéns meus ó equipo de goberno.

 
Às 9:50 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pregaríalle a dona do blog que colgara outra vez o artigo de Xosé-Manoel Beiras sobre a ruptura da tregua por parte de ETA, creo que sería moi interesante.
Quero creer que o Goberno do Estado está suxeito á Constitución, ás Leis e ao resto do ordenamento xurídico ¿ non sí?.
Volvo reiterar a intoxicadora mentira lanzada polo PP no caso De Juana Chaos, non se deixou libre a ninguén. De Juana Chaos legalmente cumpreu a súa condena. Foi condenado por un Tribunal de Excepción (que casualidade os tribunais de excepción están prohibidos pola Constitución Española), cal é a Audiencia Nacional por unhos delictos de opinión, e o Tribunal Supremo tivo que enmendarlle a plana a Audiencia Nacional. Resulta que algúns falan de respectar as Institucións pero cando caen chuzos do revés (ao que pensamos e ao que queremos), o respecto convírtese en desacreditación e xa non nos vale o que diga o máximo organo xurisdiccional do Estado. É mentira que a De Juana Chaos o soltaran e reitero novamente o que dixen e volvo dicir ¿ é liberdade para alguen que este custodiado pola Policía nun centro médico?.
Sinto discrepar pero eu non estou nin pola pena de morte, nin pola Lei de Talión, nin siquera pola cadena perpetua e os que pedides que a CE non se toque pois para alguns de vos é o Sacro Santo Santorum, dogma de fe infalible, só a tedes que acatala e nela como cuestión primordial está recollido o da reinserción social do delincuente, se un non se quere reinsertar, pois sinxelamente cumpre a pena, pero non hai que esquecer que o Estado é o primeiro que ten que cumprir coas Leis e Regulamentos cos que se dota, infrinxilos xa se sabe ao que conduce a que organismos internacionais, sexa o Tribunal de Dereitos Humanos, sexa o Tribunal de Xustiza de La Haya condene ao Estado Español e iso para calquer País no plano internacional é vergoñento.
Xa temos unha Lei Antiterrorista e a min sinceiramente que pasei pola dictadura dun rexime totalitario non me gustan para nada os Estados Policiais.

 
Às 9:56 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Agora resulta que algun de nos quere facer o mesmiño que facían os outros, pero claro está sen parecernos aos outros. ¿Cómo se come iso?. Estou ao cento por cento co que se fixo, iso non quer dicir que no vindeiro poido haber persoas que aínda non sendo nacionalistas e de esquerdas poidan leer o manifesto, a min váleme calquera home de ben, sexa mariñeiro ou carpinteiro.

 
Às 10:20 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

propoño entonces que para o proximo ano sexa juan fujas o que lea o bando, amen.

 
Às 12:34 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu creo que a figura que buscaron os do cuatripartito para a lectura do Bando é correcta: o xuiz de paz, e o cuatripartito non debería e así o fixo valorar as cuestións persoais de dito xuiz que si pode ser chocante para algúns, pero en eso debemos de diferenciarnos os de esquerdas, de non facer "clipches" da xente, limitouse a lectura dun texto consensuado e punto. Adamáis creo que é un texto moi respetuoso e axeitado que para nada debería molestar ós do PP que non foron ó acto, que lin en www.todogrove.com porque lle chegou moi tarde a convocatoria, ¿acaso si lle chegara con unha semana de antelació estarían? lo dudo. Tamé aproveito para felicitar a esta web todogrove.com por publicar o texto integro do Bando no que podemos ver que para os que non o teñan fresco que para nada é un texto polémico.

 
Às 12:59 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

aquí ninguén criticou o texto, o que se critica e o lector do mesmo, eu propoño que para o ano o lea karlos carballo, para ir facendo amijos.

 
Às 1:02 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

O meu apoio, recoñecemento e gratitude ao Concelleiro de Cultura, a quen non coñezo personalmente, polo moi bo traballo que fixo cos actos do Día Nacional de Galicia. Preguntei como fora a unha persoa do gobreno e díxome que o fixera todo el, en menos dunha semana,e que os seus colegas quedaron pasmados do ben que saira todo, da reacción da xente e da moi boa posta en escena de todo o que alí pasou. E a quen critica tanto ao Xuez eu preguntareille ¿si ten un problema legal vaise a negar a que sea este Xuez quen atanda o seu caso, ou a recoller unha partida de nacemento porque ven firmada por el?
Felicidades de verdade ao novo equipo, por acordar facer ese acto, e ao de Cultura polo ben que o fixo, incluindo as persoas e o que as persoas simbolizaban. Por fin estamos nun tempo novo, e eu vexo ao PP moi lonxe. Seguramente o Xuez non é de ezquerdas, pero comparalo co falangista Fujas é pasarse moito.

 
Às 1:16 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

está claro que cando non hai argumentos dinse tonterias, eu e os que critican o xuiz non o criticamos por xuiz sinón polas suas ideas politicas, e si me pos na tesitura de comparalo con fujas pois alomejor quedome con fujas, mira por donde.

 
Às 10:08 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pero de onde sacas tí as ideas do Xuíz, ¿cando e onde se manifestou?, ¿en qué sentido?, ¿onde milita? Non ten militancia política, fai un labor social importante e decente en Cáritas e nunca se meteu con ninguén; xa che vale... tipos coma tí fan ben en preferir á falange de Fujas. Veña oh, menos talibanismo!

 
Às 11:58 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu propoño unha cousa: a partir de xa podedes facer un carné para todos os simpatizantes das vosas ideas e para todos aqueles que compartan a vosa ideoloxía.
Despois poñedes unha patrulla no Bao e todos aqueles que non teñan o tan preciado carné que non pasen do ´Bao para dentro.
A verdade é que aforrariades moito tempo en intentar linchar a quen non pensa coma vos

 
Às 2:04 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

talibans son os que non aceptan a critica, todo o que fan os demais está mal pero todo o que fan os meus está ben, pois non, e si queres coñecer as ideas do facha, preguntalle a quen viveu os anos da primeira corporación democrática e de esquerdas, xa que o facha era periodista, e foi un ariete contra ese goberno e defensor a ultranza do amijo bea gondar, xa vos vale democratas, agur e boa viaxe.

 
Às 9:19 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Os meus parabéns tamén ao Concelleiro de Cultura e a ver si lle vai pagando a Facenda o que dbe que xa vai sendo hora

 
Às 9:19 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Atención: volve Méndez, o maltratador, moi rabioso porque non consigueu él a exclusiva da acosadora laboral Malina, nin o das listas do PP nas vascongadas, nin o dos contratos de Pérez, nin o da oinvestigación por Delitos Urbanísticos, nin nada de nada, porque se lle quitan aos chivatos, non é naide. Ollo aos concellais do Bloque, vai a por eles. E La Voz arrasando nos quioscos.

 
Às 9:12 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Xurxo por que non escribes co teu nome en vez de anónimo. envexa é o único que ti tes.

 
Às 4:12 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

A Voz arrasando nos kioskos? eu creo que alguén vive nunha nube, eu vou todalas mañans a dous kioskos a buscar prensa para os meus negocios e eso non é o que me parece a min, para nada e ademáis preguntadelle aós kioskeros cal venden máis e sobre todo cal preferen vender, e outra parece que por aquí todos lemos a prensa, pois non se nota porque ainda non fai un mes o último EGM solo lle daba subida ó Diario de Arousa e Faro de Vigo, mentrás que La Voz baixaba as ventas.
A min dame igual ao fin e o cabo pero leo e escribo de vez en cando nestes blogs que aproveito para felicitar aos creadores ainda que non poida estar de acordo con algunhas opinións e xa van varias veces que sacades este tema das ventas e dos chivatos e como que se nota que algunhas persoas estan interesadas en inducirnos a ler uns determinados medios como si foxemos ignorantes, falemos dos problemas do Grove da politica e deixemos que se aten os xornalistas entre eles que ao fin e o cabo estan traballando para as suas empresas cos seus intereses e seguro que ningún deles ten como obxetivo ou meta o grove como seguro que o teñen alomenos algúns polítcos que non deixan de ser veciños nosos.

 
Às 11:16 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Es que los tiempos cambian que te es una barbaridá! Atención, atención, ide a todogrove.com a velas fotos do Concurso de Pesca de O Isco. ¡Impresionante! ¡Alucinante! ¿Cómo puidemos ter un Alcalde tan hortera 8 anos? Mirade o atuendo do ex cociñeiro reconvertido a pijo: Niqui con profusión de bandeiriñas españolas, bigotillo recortado ao máis puro estilo Tetuán e, sobre todo, o colmo : as gafas de sol colocadas por riba dese pelo tan mesto, tan engominado, a modo de estética de Chueca e as gafas de ver no seu sitio. Quien te ha visto y quien te ve.

 
Às 1:22 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu sempre escribo co meu nome. Non é o lugar indicado para debater sobre OJD, EGM e vendas. Iso si, A Voz de Galicia é o periódico líder indiscutible en Galicia e líder indiscutible en Arousa. As nosas vendas cuadriplican as do Faro no conxunto da edición. Con respecto a O Grove, estamos moi satisfeitos da evolución das nosas vendas. O lector grovense confía en nós dende hai xa moitos anos e segue a facelo. Certamente a envexa non está entre os meus defectos. Teño moitos, pero ese non. De verdade. Estaría moi ben que o anónimo que me pide que escriba co meu nome predique co exemplo. Eu sempre emprego o meu nome. Son lector deste blog, aínda que escribo pouco porque con moita frecuencia se fala da Voz e non me parece ético opinar. Un saúdo.

 
Às 2:04 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Hola eu son o anonimo das 4:12, agradecer a Xurxo que aclare este tema das vendas que non teño porque dudalo pero como decía antes non era a impresión que a min me daba no kiosko,pero de todas formas hay moitos máis kioskos ós que eu non vou claro e supoño que ti teras números, aproveito para felicitaros tamén polo traballo que facedes e que vai a mellor, pero bueno eu sigo lendo o Faro tamén, a verdade é que fai anos que compro os dous a diario e dende fai un tempo o Diario de Arousa e creo que si te queres facer unha idea o máis aprosimada da realidade do que pasa no pobo tes que ler ao menos dous distintos, pero creo comparado con outros concello que o espacio dedicado a o grove é un luxo e supoño que sera porque aqui pasan cousas e tamén nestes blogs podemos topar cousas interesantes moitas veces, ainda que baixo o MEU punto de vista algúns ataques persoais, rifi-rafes entre uns e outros, batallitas de si La Voz o el Faro non me aportan moito e non deixa de ser palla, e o unico que fai e deslucir ou facer pasar desapercibido outros temas interesantes que surxen ás veces.

 
Às 5:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O mais carallo era que no artigo falabamos da real famulia e do papel da prensa. Para retomar un pouco o debate (pois entrar nun debate sobre Xurxo ou Mendez penso que está fora deste lugar) recomendariavos que botarades un vistazo a este enlace e logo seguimos debatendo (que é do que se trata)

 
Às 6:32 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Perdoade por seguir falando do tema, pero quero subliñar que en absoluto se trata dun debate entre a miña persoa e o redactor doutro xornal. Creo que todo o mundo merece un respeto polo seu traballo e como xornalista espero que moita máis xente compre un ou máis xornais. Iso é bon. Dende aquí grazas aos lectores do Grove, que son moitos, esixentes e moi intelixentes.

 
Às 7:54 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Mimá¡ Mimá¡ Vante comer no medio do pan, mira tí que escribir "do Grove". Maña vamos mercar.... o Hola que ese sí que ten información.

 
Às 12:18 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Bueno, e postos a falar, que pasa na Confradía ???. Que foi desa baixa a todo correr ( o mesmo tempo que enviaba curriculums a todo mundo) da outrora poderosa secretaria Kati Montesinos que agora parece que caeu en desgracia. Non ten que decir nada o Patron Maior ???. E, por certo, que fai no medio desa historia o funcionario posto pola Consellería de Pesca que leva mais de 10 anos missing ????.
Haber quen me pode decir algo dese love history

 
Às 12:03 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O xoves día 2 de agosto, ás nove e media da noite, na Casa da Cultura Manuel Lueiro de O Grove representación da obra de Teatro

ÁS VECES SENTÍMONOS TAN CANSOS QUE FACEMOS ESTAS COUSAS, da compañía NOVE DOUS TEATRO.

Entrada libre restrinxida para maiores de 18 anos. Organiza a Concellería de Cultura do Concello de O Grove.

 
Às 1:56 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu como moitos cidadáns desde concello e de todo o País, estou verdadeiramente escandalizado coas novas que se están a publicar durante toda esta semana, e que teñen sempre ao mesmo protagonista aínda que en escenarios diferentes: O Partido Popular. Podemos falar das irregularidades en contratacións no Concello de Ribadumia (Gobernado polo PP) e denunciadas xa polo Consello de Contas, podemos falar dos orzamentos da Cidade da Cultura e das "minutas" que recibeu o seu deseñador (Gobernaba o PP) e denunciadas tamén polo consello de contas, podemos seguir falando das listas do PP en Euskadi(denunciadas xa polos propios afectados), podemos falar e non falamos, molestame o silencio pois son todas elas actitudes constitutivas de delicto e semella que quedamos durmidos...
ESPERTEMOS!!

 
Às 4:41 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu tamén creo que paga a pena mercar o hola! os cotilleos son máis creibles que na voz

 
Às 8:59 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Soy funcionaria en el ayuntamiento del Grove, ayer tuvimos mucho ambiente, varios concejales y ex concejales con el ex-alcalde; estos ultimos estaban muy nerviosos por las noticias del juicio a Miguel Ángel Pérez y le oí decir a unha de mis compañeras ya estamos avisando a todo el mundo de que no compre La Voz de Galicia, que es todo mentira. Por cierto que los ex concejales y el ex alcalde estuvieron todo el tiempo agachados en la oficina técnica de urbanismo. Desde dentro os lo digo muy claramente, ya era hora de que alguien hiciese algo por cambiar la mafia que tenemos aquí: gracias a Clara por denunciar sus problemas, y gracias a ese periódico por dar todas las noticias.

 
Às 10:57 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Menos mal que no medio dese clan ainda hai alguen que salta o corcho. Polo menos ainda existe xente que se pode asquear de certos comportamentos. Avante e que cunda o exemplo

 
Às 8:41 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

o.j. eres unha mintireira. eu tamén son funcionario no concello do grove e iso que dis non é certo. Ninguén se agachou en ningún momento de nada. Clara non ten problemas e tí sábelo, e ela quen os crea e se mete con todo dios. Sempre nos está a despreciar a todos e o único que anda a pedir todolos dias é aumento de sueldo, pero claro como ti ahora tes un tio no goberno seguramente queres a plaza que xa querías antes. ¿Verdad María Péres?, sobriña de Antón Mascato querías ser directora e quedastes de conserxe e véñenche moi ben as acusacións de Clara. Qué lástima me das. A ver si aprendes a respetar a todos os que traballamos contigo e a non decir tantas mentiras que ninguén te aguanta

 
Às 10:52 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Soy O.J. y no soy sobrina de ningún concejal, si lo fuese tendría un grave problema ya que no podría presentarme a ningunha oposición. Lo que dije es cierto y lo sabemos las persoans que no somos del PP, ni siquiera los votamos, pero es que ya estamos hartos y hartas de tanto abuso y desprecio del trío del barrio bajo. Quien insultó a María Pérez y a Clara Melo se ha equivocado de persona. Allá quién insulta de oídas, y hace daño a quien no se ha metido con él, o con ella. Allá quién no soporta ver a SU partido en la oposición. Allá quién se dedica a sacar documentos del ayuntamiento para beneficiar a sus anteriores jefes. Son delitos y antes o después lo van a pagar.

 
Às 5:20 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O.J. xa se ve o boa traballadora que es, que no teu horaio de traballo dedicaste a ler os blogs. Eso da mostra de que xa tes o sídrome do bo traballador: quere traballar e o corpo on lle deixa. Se traballaras mais seguro que non terías tempo para estar de cotilleo. De ahí a túa envexa polos demais funcionarios, de ahí que che veña moi ben que se metan cos teus compañeiros, porque dese xeito ti pasas totalmente desapercibida María.
Por suposto que te podes presentar as oposicións: xa se encargan os teus familiares de facerche os informes falsos de colaboradora

 
Às 11:32 da tarde , Blogger Perico disse...

Maria Perez non é santo da miña devoción, pero ai que reconocer que é unha persoa cunha carreira universitaria e con algun master que está traballando como porteira do concello. Outras, cun simple curso de 30 horas son directoras da casa da cultura, da biblioteca e do arquivo. Penso que sobran os comentarios.

 
Às 10:58 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Ola son eu outra vez e estou de vacacións e como non está moi bo tempo de plaia, pois ando leer os blogs. Nin se me ocurriria usar o ordenador do concello para cousas non relacionadas co meu traballo. Fai un barrido polas miñas entradas aquí e verás que non é en horario laborable, solo vacacional, xa me queda menos por certo, polo que me vou despedindo deseando que mellores do fígado que xa pasou un mes desde que os que ahora gobernan entraron e apartaron á basurilla pepetera. Sigues confundido de persona. Allá vós, mi alma. Sinto os problemas de Marinita, pero sinceramente creo que os buscou ela sola, por actuar como si fose a concelleira de cultura, ministra de bibliotecas e xefa de relacións públicas do axuntamento. ¿Tanto poder para acabar sendo acusada por unha compañeira de cousas moi graves? ¿E que pinta de amarillo a UGT metida a defensora do demo?, ¿tan mal lle vai no axuntamento frente ao poderío de Comisións que ten que comer as cajadas das jaivotas pechugonas? Ja, ja, ja...

 
Às 6:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

a o.j Como é que si estás de vacacións superas o que estaba acontecendo no Concello? Veña xa deixa de tomarnos por parvos que sabemos perfectamente que eres ti, sobre todo cado te vemos escribindo ou que te crees? Así que carreira e un POSIBLE master. Non me fagas rir, foste ti quen se presentou á plaza de conserxe, nadie te obligou e se non che gusta deixaa para outros que sobra xente que a merece moito máis. Bueno, tamén te presentaste a outras plazas pero os teus méritos non che deron para entrar a pesar dos certificados falsos que presentastes e que che fixeron os teus familiares e ahora andas detrás de outro familiar para ver se te enchufa onde ti queres. Claro que creo que o tes moi crudo

 
Às 12:13 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

E noon che parece bastante merito que tendo unha carreira e un master da sua especialidade se hubera presentado como conserxe ???. Xa esta ben de botar os familiares por diante. A non ser que penses que ela agardaba un dia que o seu tio fora concelleiro e pudera ascender. Si e asi o que pensabas (xa que eres un pouco retorcidiño, eh) deberas saber que para eso debese facer un concurso entre o persoal do concello, que non se fai - ou se debe facer - polo sistema dixital. Para eso xa tiñamos a Cachuli e Marinita. De nada.

 
Às 2:13 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Retorcidiños son os que falan mal dos seus propios compañeiros de traballo e intentan ascender presentando certificados falsos (que llos fixo un tío seu, non o actual concelleiro). ¿Ti como sabes que ten carreira e un master? Creo que estades moi mal informados. De todolos xeitos non me apetece falar mais dela que xa me aburre.
Todos os funcionarios trepas, falsos e cambiachaquetas deberían saber que o goberno cambia cada 4 anos e, ao mellor, no 2011 ao que lles dan pasaporte é a eles por moitas carreiras que teñan (si é que as teñen). De nada
Se gobernara o PSOE solo, outro galo cantaría. Pero algún día o veremos

 
Às 9:35 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Mala cousa esa a de que con cambio de goberno teña que haber cambio de funcionarios. Si aqui se esta a falar de cambiar alguns persoeiros (que non son funcionarios) e porque d@s que se fala é un persoal enchufado de mala mameira e totalmente incapacitadas para exercer calquera funcion publica). Os funcionarios publicos por definicion deberan ser eso, funcionarios o servizo do publico que é quen lle paga e non o servizo do goberno (ou dos porseiros) de turno. Asi nos luce o pelo.

 
Às 11:38 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Ola: estarás aburrida pero con esa cabeza enferma, malina e quente que tes e o moito que rajas tamén debes saber quen foi a que presentou un título falsificado para aprobar unha oposición do axuntamento. ¿A que sí? E agora métete outra dose de tranquilizantes, anda. Pero tranqui, xa se fará público eso tamén. Xa hai máis denuncias de funcionarios e funcionarias, e opositores e opositoras, e os medios de comunicación teñen o deber de informar de asuntos de interese público (un axuntamento é un organismo oficial, público) e polo menos hai dous que fan o seu traballo, teñen ese deber de informar e a xente o dereito a ser informados. E a mafia yovaniana nada pode facer contra eso, agora toca limpeza.
Sei o que pasa no axuntamento porque afortunadamente hai xente que non ten medo desa mafia interna, e fala con libertade.
Mentres penses que son outra persoa, todo ben, porque cometes dous erros: un encirrar contra tí a esa persoa e xa lle abonda co seu carácter forte; outro confiarte comigo e ir soltando cagaditas xa que pensas que son manipulable e da túa corda floxa. Non imaxinas o ben que o paso leendo os bloges e os periódicos, nos que se te menciona moito ultimamente, corazón loco.
Que sepas que pola miña incorporación ao traballo vou ter que abandonarte pronto. Pero seguireiche a pista, porque como delincuente tes moito mérito.
Ah, non queria olvidarme de felicitarte pola evolución de ideas (retorcidas) que exhibes, del Partido Popular al PSOE, con parada intermedia en UGT, con axuda da outra histérica localista, ufff que sudores frios nos entra aos socialistas véndote rondarnos, si non nos chegaba coas fracturas anteriores ves ti agora pedindo paso... virgencitadelcarmenque diosnoscojaconfesando...

 
Às 8:21 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

What words...

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial