11 de setembro de 2007

O dereito a saber.O Grove 19 a 22.09.07



55 Comentários:

Às 7:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

http://amis95.blogspot.com/2006/12/y-lleg-la-guerra.html

 
Às 11:16 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non estou en contra de esto pero penso que se está dando demasiado bombo a estas cousas. Eu demando politicas sociais e un concello próspero non vivir no 2º mundo no que o PP nos deixou

 
Às 12:05 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

pòis eu si estou a favor de que se fagan congresos coma este no grove, que non haia que ir a Santiago para ver e escoitar cousas como as que se tratan neste. Política social sí, pero historia e cultura tamén, e dignidá para os mortos, presos e represaliados. Pola memoria do meu abuelo e dos seus irmáns masacrados polos franquistas.

 
Às 9:01 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

efectivamente, pero parece que ao bng so lle preocupa a memoria historica

 
Às 9:26 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Como ben dixo Nicolas Avellaneda "Os pobos que olvidan a sua historia, estan condenados a repetila". Xa non é so un problema de memoria, é, nin mais nin menos, un problema de xustiza. E si é o BNG a quen lle preocupa eso, Chapó para o BNG.

 
Às 1:45 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

E a corrupción urbanística, e a situación de marxinalidade da lingua, e o estado calamitoso do noso Patrimonio (Castriño, Adro Vello e Pazo de Meirás, incluido) e a animalada do tiro ao pombiño, e a caída do turismo no Grove, a situación de persoas con dependencias, o desemprego que medra e a extensión das novas tecnoloxías... ao BNG preocúpanlle moitas cousas, pero tamén a retirada de símbolos fascistas, o coñecemento da Historia, e a cultura en sentido amplo. Moitas cousas lle preocupan ao BNG. E procura traballar por termos un País mellor, máis culto, mellor formado, máis xusto e menos dependiente.

 
Às 5:10 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

A pesares do que co meu alcume sinalo quero dicir que estou moi en desacordo coa política que dende a concellaria de cultura fai Antón Mascato, que me parece un satélite caido gracias á popularidade que actos como o que se vai a celebrar e polo cal me congratulo. Penso que non é a persoa adecuada para ese posto porque por moitas cousas das que teño tratado vese que non está moi na honda do que pasa en materia cultural fora do pais. É a miseria do BNG, que confunden internacionalizacion con globalizacion e non fan mais que secuestrar as inquedanzas do povo.

Quero mais cousas, de mais calado social ademais de homenaxes aos republicanos e retiradas de simboloxia fascista, das que me congratulo como veciño.

HE DICHO!

 
Às 6:19 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non Mascato na "honda" non está, asegúrcho eu. Agora, eso si, na onda está e moito

 
Às 6:55 da tarde , Blogger Escévola disse...

É curioso que sempre que se fan actuacións no eido cultural sempre saian esas manidas opinións de " si iso está moiben pero as cousas importantes que?". Ainda considerando as políticas culturais como cousas menores, argumento co que non estou de acordo, non sei que terá iso que ver con que non se fagan outras cousas noutros ámbitos "importantes". Parece que a política cultural impedise facer política social ou económica. Resulta máis rechamante ainda cando falamos da concellería de cultura e polo tanto, de actuacións culturais. Ademais que se saiba as persoas ( e máis os gobernos onde hai máis de unha persoa afortunadamente) son capaces de facer varias cousas á vez, digo eu.

 
Às 7:16 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu tamen son votante do BNG e digo que cos "catro euros" que lle quedaron dos orzamentos a concellalía de cultura e facer o que se leva facendo nos 3 ultimos meses ( e que ainda hai que tirar deles ate fin de ano, Anton Mascato o millor non está na "honda" (sic) cultural como di o votante do BNG pero dende logo xa me gustaria a min que calquera gobernante fora quen de sacarlle tanto partido a tan probe partida orzamentaria.

 
Às 11:32 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pois ata o de agora os orzamentos eran os mesmos e ben que se estiraban. Pode alguén dicirme que é o que se fixo nestes tres meses? Eu non vin nada que non fora subvencionado e pagado por outras institucións, claro que ao mellor necesito lentes ou mellor dito, un microscopio?

 
Às 1:02 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

"Pois ata o de agora os orzamentos eran os mesmos e ben que se estiraban". Non sei se este comentario fai referencia a actuación dos Rolling Stones do ano pasado na Praza de O Corgo. ¡¡Pero de que estamos a falar!!.
Nestes tres meses organizáronse actos na Praza de Arriba, en Pedras Negras, na Praza de O Corgo e na de Santo Antonio, pasando por actuacións na igrexa de San Martiño, na Casa da Cultura e no Cine O Marino e hoxe botaron a andar unhas xornadas a bordo do "Nieves" con contidos diferentes pero todos eles relacionados coa cultura e organizados por esta concellaría..
Entendo que gusten máis ou menos pero non se pode negar o evidente que é a súa existencia.

 
Às 1:58 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Fai alguns anos, cando alguns que ainda andamos por aqui, xunto con outros que por desgraza xa nos deixaron procurabamos facer algo neste pobo, traindo por exemplo a Xocaloma, Raices da Terra e Suso Vaamonde, alguns elementos, poñianos a feder. Naquel entonces, un bo camarada, xa desaparecido chegoulle a decir a algun deles " Si queres para a proxima traemosche a Sinfonica de Berlin".
O certo é que todos queriamos traer a Sinfonica de Berlin, pero, como "mama non estaba na casa", tiñamos que conformarnos cos que nomei mais arriba, sobre todo abusando moito do buenas de Suso Vaamonde que por riba de non cobrarnos nada ainda se encargaba de levar no seu coche a outros músicos que, por suposto, tampouco cobraban un peso.
Con cartos, influencias e baixando a orella, podense facer moitas cousas e traer a grupos de moita sona e cache como en Sanxenxo e Cambados. O carallo e facelo sin que lle coste un peso os cidadans, que a ultima hora son sempre os que pagan.

 
Às 1:53 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

"Non hai mellor sejo ca o que non quere mirar, que disía o meu abuelo".
Organizar o Día da Patria. Limpar Adro Vello e empezar co expediente de recuparación do Castriño e Adro Vello. Cambiar o modelo de museo decimonónico de Moreiras por un actual Centro de Interpretación axudándose en organizacións de base como Dorna Meca, Etnográfico Mascato e a Confraría. Recuperar a Casa da Cultura para Arquivo e Biblioteca que abra todo o día e os sábados. Traer a Biblioteca Xoán González Millán dende Nueva York. Negociar un espacio alternativo e digno para facer Cultura con condicións. Facer unha ordenanza de Normalización Lingüística para o Concello. Negociar cos dos Montes a restauración de bens patrimoniais como Muíños, lavadoiros e fontes. Montar catro exposicións en San Vicente, no Neves e dúas na Casa da Cultura. Facer actividades en diferentes lugares como Balea, San Vicente, Virxe das Mareas, San Antonio, Praza de Arriba, no Corgo (concertos, cine ao aire libre e
conferencias)e montar un Congreso que trae ao Grove xente de todo o estado: xuices, xornalistas, catedráticos de Universidade, realizadores de cine, historiadores, escritores,
estreas de películas,proxeccións audiovisuais, concertos de música... Participar nos órganos do goberno que se reune todas as semanas duas ou tres veces. E traballar no que lle da de comer. Eso solo o que sei eu, que o trato algo. Nin cadela no caixón e inventando cultura, debe ser cousa do mago Antón.

 
Às 2:11 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O problema da Cultura no Grove é que foron vintecinco anos de cultura populista, con Pérez, Taboada, Lina Bernardez, Bea Gondar e tal facendo queimadas e festiñas. Aqui o que se mova da horterada vai jodido. Todo o que non sea as nosas miniñas bailan hoxe no Corjo, xa é cousas de estirados. Todo o que non sea o meu fillo canta hoxe no coro catequesis, non interesa. Temos mamado tanta cultura de andar pola casiña que non damos asumido que hai mundo máis alá do puto bao. Que entre o vento e limpe o ambiente gris dun carajo dunha ves.

 
Às 7:05 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pareseme moi ben JUAN, pero casi todo o que mencionas non deixan de ser intencións non feitos, e algunhas delas xa moi manidas e repetidas:
- Limpar Adro Vello, pareceme que se ven facendo cada dous ou tres anos ao longo dos ultimos trinta.
- Recuperar Adro Vello, e outra frase feita de todolos anos e gobernos.
- Recuperar o Castriño soname a novo, pero decatarse hoxe en dia do seu estado, quere decir que non se coñecía de antes. Pois no seu estado de expolio leva mais de vinte anos. Hai que vir mais polo Grove!!.
- O de cambiar o módelo museístico de Moreiras, é unha frase moi bonita, veremos si ten algun signficado no futuro ou si se queda soio nos titulares de prensa.
- O de traer a biblioteca de Xoan Glez. Millán creo que xa estaba aprobado, de todos modos, de momento é un mero titular de prensa.
- No tocante a actuacións e concertos, creo que deberíanse espallar polo concello, non centralizalas na sua casa. HAi que ir polos barrios.
- Negociar un espacio alternativo e digno para facer Cultura con condicións, e outro bonito titular de prensa, sobradamente repetido nos ultimos anos. Veremolo feito algún dia??
- O da organización do Congreso e moi loable.

En todo caso xa digo que son titulares de prensa e agardo que non queden en iso.
A seguir currelano

 
Às 11:09 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

queremos rockandroll no jallejadas

 
Às 12:54 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

A min tamén me parece moi ben Juan
- Organizar o día da Patria: media hora
- Limpar e recuperar Adro Vello prometido en tódas e cada unha das lexislaturas
- Moreiras? O que quedou feito pero con outro nome
- A casa de cultura xa tiña arquivo e biblioteca e cada mes abre menos horas
- Concertos? Cine Cales? Os de tódolos anos pero en menor cantidade e calidade?
- actividades nos barrios? Creo que ti máis eu non vivimos na mesma vila: en Balea e San Vicente? Virxe das Mareas? Cando? Ah... refíreste a unha actuación no clube náutico. Perdones mil!!!!
- Menos mal que as asociacións do Grove aínda fan algo, aíndfa que sexan Como o chamades? miniñadas?
- Un congreso da memoria? Nos tempos en que estamos organízase en 10 minutos, sobra xente que quera participar
- Traballar no que lle da de comer? Perdón pensín que hasta ahora os concellales non estaban liberados e non traballaban no que lle daba de comer, solo nas concellalías, pero vexo que estaba equivocado. Claro, claro todos cobraban por organizar as cousas do axuntamento e podían pedir excedencia. unha vez mais perdón pola miña ignorancia e felicidades ao Mago?

 
Às 8:29 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

O anonimo da 1:54 ai que recoñecerlle polo menos unha cousa:
E dificil en tan poucas lineas plasmar tanto odio, xenreira e mala hostia. Segue asi machiño

 
Às 10:35 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Son de Virxe das Mareas e este ano fixemos a festa que non se fixo desde había uns dez porque nos axudou cultura, pagando o grupo de música tradicional e actividades pos rapases. Tamñen nos ofreceu cine ao aire libre.

 
Às 11:35 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Con respecto a las Jornadas "O dereito a saber" quisiera referirme al privilegio de que se celebre en O Grove -que no es Santiago, Vigo o A Coruña- el estreno del documental sobre el Endem, que días más tarde se proyectará en la TVG. Un estreno es un estreno y, sin duda hay que agradecer a la Asociación por la Memoria el que cuando se inició el rodaje hubiese pedido que este estreno se celebrase en O Grove, deseo que la productora , ahora cumple. No sé si será más o menos glamouroso pero me parece realmente interesante e importante, a pesar de que no conozco el contenido. En todo caso será un privilegio. Si sabeis cómo conseguir una entrada y el precio agradecería que lo indicaseis aquí.

 
Às 12:36 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Visto no blog dese Congreso.
A entrada é debalde.
Ás 20.30 con invitación.
Ás 22.30 sen invitación, libre ata completar o aforo.
Eu tamén felicito ós da Memoria, e ó concello do Grove por este Congreso de moito nivel.

 
Às 12:45 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Po das o8,o5.
Meu a ti quen te pon é a Malina, xa tes que ser retorsido, pa non ver a realidá e de paso a maldá.

 
Às 12:46 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Po das o8,o5.
Meu a ti quen te pon é a Malina, xa tes que ser retorsido, pa non ver a realidá e de paso a maldá.

 
Às 7:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Din que a memoria dos homes de hoxendía dura 3 meses. Lembrades a sobrantía cultural que fervía en Ogrobe fai un ano, dous, dez?. E a cantidade de actuacións que se levaban a San Vicente (que tamén existe), Balea, Reboredo?. Para que a cultura ferva no pobo ainda nos faltan un par de anos luz, pero penso que este é o camiño. Música, lectura, teatro, patrimonio, lecer, FALAR, relacións, asociacións de buscadores de sombras de cón... Aos anónimos que dubidan da mellora cultural unha pregunta namais: ¿De Adro Vello cándo oiron falar?. Levo recortado a prensa dende hai dezaseis anos. Cada 2 anos un recorte: alguén dafora que se interesa por él, unha pala que lle pasa porriba, as herbas crecidas... Falarei con alguén do Inserso para ver si quedan prazas para Tarragona e saibades, logo, o que é conservar (e sacar partido á vez) ó Patrimonio. Adro Vello é unha fonte inesgotabel de teatro, literatura, museo, arqueoloxía, historia... NOSA. Durmímonos demasiado,e solo fai falta unha cousa: EMPEZAR. Ah!, e para o rockero, eu non quero o "black dog" de Zeppelin no lugar do "trebón" de LuarNaLubre, amais teño o "hell bells" no coche.

 
Às 6:42 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Estou por un grobe culto, informado e con estudios, estou por un sitio no que se primen os conocementos e a formación, por un lugar no que os cartos non sirvan para mellorar os coches, vestir mellor e consumir mais, estou por cecer en sabiduria, e para eso fan falta xentes no goberno do tipo dos que están. non boto en falta a Cores, Janza, Fontán e Pérez.

 
Às 9:02 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

QUEREMOS ROCKANROLL NO PUEBLO

 
Às 2:42 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

pos vai o sabado ver os da brigada de vítor jara, moito pa quen quere música

 
Às 9:59 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

NON ÁS CÁMARAS DE VIDEOVIXIANCIA DE FREDI BEA.

 
Às 12:38 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Noraboa ao superintelixentehiperactivo que só en 10 minutos organiza un congreso, eu non sei como non te contratou a Xunta do PP con ise "curriculum vitae". Non sabía que tiñamos a un superxenio na nosa Vila e que ademais afirma que sobra personal para organizalo.
A min sinceiramente me producen arrepíos determinados comentarios sobre Antón Mascato, non fai falla que o defenda nin o vou facer, so un comentario: leva uns poucos meses e toda a artillería vai na súa contra, incluso pedíndolle contas da desfeita que fixo o PP, pero axiña nos esquecemos de moitas cousas, a estrada de O Grove-Virxe das Mareas botou un montón de tempo paralizada, máis dun ano na anterior etapa do PP, ninguén, agás determinados propietarios deu chío, agora levamos unha obra que eu propoño entre no Record Guinnes (por certo xa lle gañou con creces á de Virxe das Mareas) que é a estrada de O Grove a San Vicente como vía terceiromundista, grazas por suposto ao PP. As hemerotecas están aí para lembrarnos que cada ano se ía facer o seu arranxo, tiveron a enxeñería xenética de levantar máis de 6 klms. e que se atopa nunha lamentable situación e que emprega unha parte importante da cidadanía. De quen depende a obra: da Deputación Provincial. Quen goberna na Deputación?. O Partido Popular. Ten graza que o PP non se preocupe da ignominia a que nos tén sometido a Deputación. Nin Deus da chío. Eu que me considero un home radical, no arranxo dos problemas que nos afectan, e tendo en conta a paralización real da mesma, proporía que se Rafael Louzán se nun prazo razonable non remata a obra que comenzou fai anos (colocación da primeira pedra), sexa declarado polo Concello de O Grove, como persona non grata, se ese é o camiño, esgotada a vía do diálogo, benvida sexa.

 
Às 11:55 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Antón Mascato non é caído sátile do ceo, ten unha traxectoria laboral, persoale política sen tacha ningunha para sí quixeran moitos, centolo de ouro na Festa do Marisco de hai uns anos co goberno do PP e por suposto co Visto e Prace do Patronato da Festa do Marisco.

 
Às 4:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

ANTOM MASCATO ESPANHOLISTA FÓRA DA NOSSA PÁTRIA

 
Às 6:21 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Para o anonimo das 4.18 P.M.: A nosa Patria Portugal?. Eu como Mendez Ferrín prefiro non mudar de o imperialismo español polo portugués, a pesar de estar en contra de ambos os dous.
O teu parece saído dun atrogallo ao comer tantas bolachas ou producto da isolación de estar moito tempo á raxeira do setembro.
Polo que se ve, aplicas aquelo de se non eres dos meus, eres o meu inimigo. Ou branco ou negro, para ti non existen máis cores na escala sinestésica.

 
Às 11:06 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Veño de ver O NOVO ENDEM. Aparte do mitin do BNG que tivemos que trajar (menuda verjonsa Xan e Chesqui por irsevos das mans este proxeco tan fermoso); e que moitos ajuantamos por respeto.... o documental estivo moi ben levado por estes rapaces do Grove. Faise un pouco de aturullo tanto nome, pero a historia paga a pena escoitala. Voulla a recomendar a miña abóa.

 
Às 11:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

temos que aprender no Grove do abuelo este de valladolid. con 2 cojones meteuse no ayuntamiento a prenderlle lume. tiñamos que facer o mismo con carlitos besada, fredi e 4 mais dentro.eso si que seria democracia

 
Às 10:30 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Para o das 11:06 : perdoa pero eu non vin ningún mítin do BNG. Vin un acto ben organizado, ata elegante, e políticamente neutro. Hai que desterrar a mentalidade de grove-grove-grove e ver algo máis alá do Vao. Teño a máis completa seguridade de que a xente de fora do Grove que estivo no acto tivo a mesma sensanción, sen perxuizo de que o documental mereza , ou non , un óscar. Pero eso, claro, non se lle poderá achacar ó goberno local. Parabéns paa a organización e ,espero que as dúas xornadas que quedan, especialisimamente a do sábado teñan o mesmo éxito e penso que todos deberiamos facer o esforzo de acudir. Para saber e non falar, coma tantas veces, de oídas.

 
Às 2:10 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Acompaño as xornadas xa que me interesa o tema, estuven en todos os actos e creo moi sinceramente que son de moita calidade. A conferencia do profesor Carballo foi exraordinaria. A presentación do Emden moi brillante, especialmente a historia do cine no Grove que fixo o concelleiro de cultura e tambén o discurso doalcalde e o do presidente da Memoria. Vin tamén a porección da señora Genovés e pareceume impresionante, e excelentes as palabras de Margarida Ledo. O do sábado, co señoir Díaz Pardo e as mesas redondas pode ser outra excelencia. E para remate o concerto da Brigada Vítor Jara. Non podo menos que felicitar aosque organizan e criticar aos que laragan tonterías, é obvio que non pisaron ese cine recuperado.

 
Às 2:22 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pro extraterrestre lusista que lle chama españolista a Mascato solo disirlle que non ten nin puñetera idea de quen é, e como pensa, pero nin putísima idea, díghocho eu, marsianito, que o conoso de toda a vida e xa era nasionalista de moi novo. Este sí que estaba en Riasor, fundando o Bloque, e aí sije, dando o callo vintesinco anos despois. Vaite embora co teu rollito talibán. E aprende algho polo camiño.

 
Às 5:26 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu tamén asistin á presentación do documental e felicito aos organizadores do acto moi ben levado e ameno cunha exquisita posta en escea, e tamén fantástico o documental en si, felicidades para SAGA. Esta claro que con actos culturais coma este de calidade si podemos encher espacios coma o cine o Marino, que estubo ata a bandeira, e para os "escepticos" que miren as fotos en www.todogrove.com donde se ateigado o cine, tamén aproveito para felicitar á xente desta web polo esforzo e traballo que están facendo seguindo puntualmente todolos actos culturais e importante que suceden do pobo escapando de facer valoracións amarillistas ou partidistas, sinxelamente contado o que hay e sin "salir da cuncha", incluso poñendo varias fontes nalgunhas noticias. Algún día deberiamos dedicarlle algún artigo ou entrada a esta xente que se molesta en cubrir estas cousas e das cales disfrutamos todos, e digo de boa tinta porque teño familiares fora que me falan que se enteran do que pasa no grove por esta web ou ben cantidade de fotos. Volvendo ó tema que me trae aquí, pois felicitar ao concello e pedirlle que non baixen o listón deste tipo de actividades, que ogrove merece máis e seguro que coa nova impronta deste goberno melloramos culturalmente e o exemplo de que facendo as cousas ben e dunha forma actrativa poden ter exito como o demostran estas xornadas, que mañan ou nuns meses poden de ser de algo totalmente distinto pero polo menos con esta calidade, a seguir asi

 
Às 11:29 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ogrovetolerante.blogspot.com un blog no que se fala dos temas actuais e que nos afectan a todos

 
Às 2:52 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ese blog atufa a pepé, con color naranxa e todo. Sabe aljien si e verdá que os netos do potro foron ó cine nas xornadas do franquismo para jalear ao seu Jués de cabeceira.

 
Às 3:25 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu non sei si foron a jalear o xuiz ou non (haberia que ter moito valor para facelo, ainda que dese persoal podemos esperalo todo), pero o que si che podo garantir e que foron porque eu os vin.

Pese a todo, creo que as xornadas foron un exito e deberan ter unha continuidade pois vai ser a unica maneira de poder facerlle frente a toda esa caterva mediatica que dende a extrema dereita quere botarlle terra - inclusive con sentenzas xudiciais ad-hoc - a todo o que pasou no 36.

En canto os "anaranxados", pasemos deles.

 
Às 4:00 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Benquerido amigo/a
Creo que es un pouco radical nas túas manifestacións. Tí es o único irrespectuoso e intolerante. Ti es o que coas túas verbas estás a faltarlles ao respecto aos do PP, ti es o que amosa unha clara intolerancia cara todos e todas os que non compartan a túa ideoloxía
Recoméndoche que fagas un profundo exercicio de reflexión e humildade a ver si podes acadar un pouco da educación da que fan gala os que ti chamas “anaranxados"
Os homes e mulleres do PP son tolerantes, respectuoso, solidarios e demócratas, adxectivos todos eles que non se poden aplicar a ti nin a todos aqueles que amosan o teu mesmo talante radical.

 
Às 8:39 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Xa saiu a avogada silveireira....

 
Às 9:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Que siñifica para ti ser radical, irrespectuoso e intolerante ?. Acaso criticar a xuizes que emiten sentenza sin escoitar as partes, que desbotan manifestación feitas por persoas que viviron esa situacion, simplesmente porque non estan feitas con rigor cientifico ???. Ou acaso é ser intolerante, irrespetuoso e radical criticar a eses elementos, ex-terroristas condenados que cada mañan dende o pulpito da COPE ou dende alguns periodicos piden unha nova guerra civil e verten toda clase de mentiras e insidias sobre a poboacion, intentando que aparezan como verdugos os que simplemente foron unhas victimas por ser fieles o goberno legal, e que os sublevados, golpistas, asesinos e terroristas aparezan como salvadores da Patria.
Si eso é ser radical, intolerante e respectuoso, ben vidos sexan estos epitetos.

 
Às 11:08 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

As Xornadas realmente importantes. Técnicamente moi boas. Este é o xeito de traballar. Noraboa ó Concelleiro de Cultura.

 
Às 1:53 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Historiadores, xornalistas, avogados, profesores universitarios, catedráticos de dereito penal, directores de Televisión, escritores, xuices, investigadores, avogados, cregos, todos sentados nunhas mesas falando de diversas problemáticas e co denominador común do dereito que as persoas temos a coñecer o noso pasado, e a liberdade dos investigadores e historiadores a investigar sobre os acontecementos históricos... Aquí sobran os adxectivos facha ou progre, todos tuveron a ocasión de falar e seren escoitados. Todos tuvemos a oportunidade de aprender. Así é como se fan as cousas, sen adxectivos, con traballo serio, científico. Esas xornadas propias de ámbitos universitarios foron en Ogrobe, e dunha grande altura. O meu aprecio e felicitación aos que as fixestes.

 
Às 6:35 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Os meus máis sinceiros parabéns a Antón Mascato, como Concelleiro de Cultura do Concello de O Grove, e a toda a organización destas xornadas, que sen desmerecer nadiña de nada, a pesar do apuntado por Santidrián que faltaba algun persoeiro do Corpo de Arquiveiros, estiveron moi por enriba das circunstancias ou máis por enriba do que se esperaba, nos niveis humano, didáctico, técnico e científico. A min persolamene non me gustou nadiña a defensa a ultranza feita polo Profesor Lourenzo Prieto no que atinxeu ao papel feito pola Universidade como institución nos primeiros anos do potsfranquismo e mesmamente xa na democracia, e todo porque unha persoa así o manifestou do papel desta alleo á realidade e preocupación polo tema. Pola contra un profesor intervinte nunha mesa, ao parecer da Universidade de Sevilla, recoñeceu que en toda Andalucía o papel da Universidade neste tema fora un pouco triste e que agora se apuntaban ao carro por moda, aqueles que antes lle poñían toda clase de trabas e de atrancos.
Que eu saiba, que me corrixan se digo o contrario, a Universidade Galega como Institución, a pesar de sofrir nas súas carnes a represión franquista, non ten emitida ningunha condena do réxime fascista de Franco, que creo é bastante sintomático, pero é máis non anos posteriores, incluso en plena democracia, nos plans de estudios dos nosos licenciados en Historia, o tema da Guerra incivil, está totalmente desaparecido, cuestión ista que tamén é sintomática. E a miña crítica non o é a aquelas persoas que desde a Universidade estiveron e están a traballar de xeito individual, independiente que agora, desde os poderes públicos se esté a potenciar e apoiar o tema. Falo da Universidade como estamento, como institución, como entidade pública.

 
Às 2:15 da manhã , Blogger Escévola disse...

Amigo conroibo, estou de acordo contigo con que a Universidade debe xogar un papel máis activo na investigación histórica en Galiza, digoo así, en xeral, xa que non só neste campo existe certa falta de actividade. Outros campos están bastante peor, un é o tema dos pobos prerromanos da Gallaecia e outros son o reino suevo e o reino de Galiza na Idade Media. Todos estes temas son escamoteados dos temarios do alumnado por medo ás interpretacións políticas que se poidan facer desde os medios e por medo a implicarse en controversias historiográficas moi viciadas. Sen embargo, non estou de acordo contigo no tema do franquismo e o golpe de estado militar. Eu estudei historia na USC e o certo é que o tema do franquismo e o golpe militar ten unha asignatura adicada de forma exclusiva ( historia do mundo actual II impartida por Lourenzo Fernández Prieto ou pola profesora Aurora Artiaga) e ademais é tratada en outras asignaturas ( tendencias historiográficas actuais II ou historia contemporanea de Galiza). Todas estas asignaturas son troncais ou obrigatorias polo que son cursadas por todos os alumnos. Máis aló o departamento de historia contemporanea da USC conta co maior arquivo de historia oral do franquismo compilado por alumnos,profesores e investigadores; e colaborou de sempre na localización das fosas de asasinados no franquismo. No tema da condea, eu si que creo que esta xa se produciu de forma oficial no claustro da USC. Creo que ás veces deberiamos botarnos algo de culpa a nós mesmos como sociedade por non adicar recursos á investigación e por consentir que desde diversas institucións se lle poña toda tipo de trabas. É certo que hai pouca investigación histórica en Galiza pero tamén é certo que eu coñezo moi poucos historiadores que poidan levar a cabo esa actividade xa que para ningún é a actividade que lle dá de comer e diso terá algo de culpa a sociedade digo eu.

 
Às 7:50 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

SI VALE, BEN, PERO AS XORNADAS FORON NO GROBE E ABERTAS A TODA A XENTE. ESO SÍ É LEVAR A UNIVERSIDADE Á XENTE, E FÍXOSE, E FOI NA NODA VILA E EU ESTOU AGRADECIDO POR ESO QUE É NOVO PARA NÓS.

 
Às 10:20 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Record con cincuenta comentarios neste artigo do Blog do Xarabal. Mais lectores ca O Falo de Mingo. Moi ben por tí Marina.

 
Às 4:41 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Falando do amigo do falo de mingo.. ainda ninguen me explicou que pasa cos billetes de 500€. quen llos daba e quen os collia, e por que traballo periodistico?

 
Às 8:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Amigo Escévola:
Descoñezo de que quinta eres na Universidade, o cal sería un dato moi interesante para rebatirme amistosamente o que afirmo.
Coincido plenamente no que dis a repecto do Reino Suevo e demais, a verdade e que non quería chegar a tanto, só limitarme ao que vivín nas Xornadas. No que atinxe a importancia do Reino Suevo, que é un auténtico fito histórico, desgrazadamente non estamos noutro País donde sí se estudiaría a conciencia, dándolle a importancia que se merece, aínda que algún que outro "histeriador" non poida negar con aquelo de si pero no, a evidencia do que supuxo.
Tamén por curiosidade e perdoa a miña insistencia, poderías dicirme de que data é a declaración do Claustro da USC?.
No resto do teu comentario, estou contigo, non sen antes agradecer as persoas que están a perder o seu tempo e cartos do seu peto, como ti dis, nalgo que non lles dá de comer, o seu labor neste campo.

 
Às 10:50 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

A prensa de hoxe é tal cual a realidade, os matices e os puntos de vista son fundamentais:

La Voz carga o acento no principal: Pérez é acusado da falsificación por unha imputada.

Faro de Vigo, di que si pero que non: Una trabajadora declara que falsificó las listass, pero coaccionada por el ex alcalde.

Diario de Arousa, di que Pérez di que Otero exonera ao PP ao recoñecer que encheu ela os formularios.

Son os titulares.

ÉCHE COMA O MISTERIO DA SANTÍSIMA TRINIDÁ.

TRES CONTOS DISTINTOS E UNHA SÓA VERDADE:

CAJÁCHELA MIJELITO, CAJÁCHELA.

TOCA DIMITIR, XA TOCA. CAJÁCHELA.

 
Às 7:55 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Por unha vez e sen que sirva de precedente, o artigo de Francisco Casal deu na diana, polo atinado das súas reflexións.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial