20 de julho de 2007

Colaboracion

Un lector deste blog remiteme un artigo que polo seu interese e actualidade paso a publicalo:

Eleccions ?

Debo decir para empezar que dende fai moitos anos son un estudioso dos procesos electorais. Nunca fun seguidor dese "sambenito" que temos os veciños de Ogrobe de que estamos moi divididos e que se presentan moitisimos partidos politicos. Deberian,os que sosteñen esta teoría botar un vistazo o BOE de cando saen publicados os resultados electorais e quedarian abraiados diante do numero de partidos, agrupacions e chiringuitos que se monten polo Estado adiante. O record que recorde agora mesmo tiñao un pobo de Burgos de menos de 200 habitantes con 5 candidaturas. E non era o único.
Pero volvendo o resultado destas pasadas eleccions, chamoume poderosamente a atención o analisar os resultados en Euzkadi (por aquelo da impugnación das listas, entre outros motivos), a cantidade de pobos donde se presentaba o PP sen acadar votos. Asi, en Guipuzkoa, con 88 concellos, o PP presentabase en 76. Deles, en 5 non sacaba nin un só voto, en outros 5 sacaba 1, en 4 só 2 e asi poderiamos seguir ate donde quixerades. Valga o dato, que temos que chegar o concello 56 desta lista de 76 para que o PP pasara da barreira dos 200 votos. Claro, tamen temos o chamativo caso (moi celebrado polos golpistas que predican dende a COPE) do concello de Lizartza donde o PP con 27 votos vai ter todos os concelleiros (7). Neste concello, os votos blancos foron 142 e os nulos 186 (ó 52,39%) . Por suposto, Lizartza para o TC era un dos pobos con listas contaminadas.
Ven esto a conto cando nos enteramos que unha veciña de Ogrobe é felicitada pola presidenta do PP nas vascongadas - Maria San Gil - por dar o seu apoio coa sua aceptacion para ir nas lista do PP e defender desta maneira os valores democráticos. Xa vemos como entende o PP os valores democráticos cando esta cidadan, e teño dereito a pensar que pode non ser a única, en ningún momento autorizou nin asinou que se usaran os seus datos para ir nas listas do PP. O curioso do caso é que esta cidadana estaba naquel entonces contratada polo Concello de Ogrobe, de ahi que sexa moi loxico e lexitimo pensar que pudera ser dende o Concello de donde saira nha copia do seu carne de identidade e a sua sinatura falsificada para aparecer na sede do PP en Euzkadi. Claro, agora Cachuli non sabe nada. Louzan, mira para outro lado e se llo preguntan a Nuñez Feijoo igual contesta que é unha maniobra do bipartirto para desestabilizar o PP.
Independentemente das consecuencias de indole penal que esto poida conlevar, esta sitaucion debera levarnos a reflexionar na man de quen tiñamos o concello. Non lle chegaba usalo como se fora súa finca, senon que, presuntamente, manexaban de maneira ilegal os datos dos traballadores. Penso que non todos estaban no allo, pero para clarificar estas cousas, debera investigarse a fondo quen falsificou a sinatura e enviouna xunta cunha copia do carnet desta muller, nunha ruin maniobra partidista.
Este afan de medrar en politica dos nosos Simpsons locais, empuxados por unha contaminación da vida politica a nivel do estado (non temos mais que escoitar o trio calaberas - Rajoy, Acebes, Zaplana-) leva a situacions de este tipo, involucrando a persoas que nada teñen que ver na historia, e aparecendo como paracaidistas por interese espureos o lado de partidos en concellos que, probablemente, nin sepan donde quedan no mapa.

8 Comentários:

Às 1:34 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

e mañan máis... si solo fora de unha da que se deron os datos, polo menos teño coñecemento de 3 casos máis, e curiosamente todos de xente que esta no GRUMIR... esto traerá moita cola. Solo é o principio dos manejes do PP nos papeles do concello.

 
Às 11:13 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu creo que o PP do Grove cometeu tres delitos por cada persoa que meteu nas listas de Gupúskoa sen o seu consentimento: Falsificación de documento público, usurpación de personalidade, e quebrantamento do dereito á protección dos datos persoais (do que neste caso é responsable subsidiario o propio Concello, goberne quen goberne). Se a información que onte, xoves, e hoxe, venres, publica a Voz de Galicia (parabéns outra vez ao Xurxo Melchor e Serxio González, e o Faro sen enterarse de nada...) e á que haberá que seguir cada día porque esto vai a máis... pois temos que Miguel Pérez e Ana Isabel Domínguez poden ser demandados e postos á dispoñibilidade da Xustiza para responderen por tan graves delitos. E Miguelito decía (sempre no Faro) que os nove do cuatriparto eran uns campeóns da democracia pola presunta irregularidade na convocatoria das oposicións da Policía Local. Campeón é el: de mil metros lisos polos corredores dos Xulgados. Non che queda nada, puma!

 
Às 11:05 da tarde , Blogger Escévola disse...

A verdade é me enterei hoxe disto e é escandaloso. Haberá que ver cales son os motivos que expón o PP para poder fixar posición. Como adianto, a min o que me parece raro é que se de a casualidade de que os dous sexan de persoas que traballan para o Concello, e que ademais, parece ser que fora grazas a isto co que se conseguiran as fotocopias e tal. Isto paréceme a min que vai acabar en escándalo grave pero haberá que esperar.

 
Às 5:29 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Mi madriña si fora o Bloque o que tal cousa fixer!!!!
Demócratas de "pelo en pecho" PP, si señor.
Qué grao de cultura política ten a cidadanía que ainda lles votan sisénhó.
Saudaçons

 
Às 5:32 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Por certo, parástedevos a pensar si na vez de enterarse do acontecido pola presi PP do Pais Vasco, se enteraran por unha carta anónima da ETA?

Esta xente XOGA coas persoas dun xeito escandaloso e perigoso.

 
Às 9:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pero cómo pode ser posible que OO Faro non informe deste asunto tan grave? Entendo que é un grave desprecio ós seus lectores ou o que é o mesmo: pola envexa que lle teñen á Voz privan ós seus lectores dunha información básica.

 
Às 9:08 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Lectores que PAGAN por recibir información, e non pagan para que se lle furte esa información. Unha estafa.

 
Às 2:03 da manhã , Blogger Escévola disse...

Este tema parece que, a cada día que pasa, se torna ainda peor. Eu creo que a única saida minimamente digna que lle queda a Flanders e a algún máis é irse inmediatamente para casa. Ademais xa deberían ser os propios membros e votantes do PP os que llo demandasen. ¿ Como se pode ter a xente que actúa fraudulentamente no proceso electoral como representante democrático?, esto é unha vergoña para todos os veciños que temos que ver como estes individuos son representantes dos cidadáns e a cada día que pasan sen dimitir a pouca dignidade que lles poida quedar vana perdendo. ¿ É a fiscalía onde se supón que está, por que non investiga este caso de oficio en vez de agardar a que algún dos afectados presente unha denuncia?. Digo eu que delitos como usurpación de identidade, fraude electoral e falsificación de documento público son o bastante graves ( e máis ainda no caso de representantes públicos e partidos políticos) para que actúen de oficio. Tamén vos digo que a esta xente hai que botala do concello porque senón ningún veciño de Ogrobe se pode queixar máis dos políticos que ten; se aceptamos que xente así sexa concelleiro a culpa teraá o pobo de Ogrobe e polo tanto haberá que deixar de queixarse de se os políticos son corruptos... , porque entón o que ocorrería é que os mecos preferimos ter políticos así.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial