20 de abril de 2007

PROBES PALOMOS !!!!

De verdade, que vendo algunha cousa, unha está a piques de pedir a baixa como cidadan deste concello. Agora resulta que a economia deste concello sustentase nos cartos que deixan os matarifes dos pichons na tirada anual de A Toxa !!!. Vaia por Deus !!!. Neste Ogrobe dos meus amores, unha non acaba nunca de sair do seu asomo.
O certo é que esta polemica artificial do tiro de pichón, mais parece unha movida electoreira que un autentico problema en si. E a todo eso, como decía aquel Cuevas local, frustado político e facha reconverso (si, si, o mesmo que decia nun bar de Ogrobe vendo por TV o partido da Seleccion Galega contra a Seleccion Uruguaia: Mirade que mundo de terroristas xuntos), TEMOS QUE DEMOSTRAR QUEN MATOU O MECO.
Probe pobo, si ten que sustentar o seu negocio por 15 dias de matar palomos !!!. Se o que eses señores o que queren e dar uns tiros, que fagan unha tirada de tiro o plato e san se acabou, que deixeu os probes pichons, que nin se menean da caixa como estan do susto que collen. Claro que alguns dos tiradores, terá que recordar a súa experiencia tiradora cando nas colonias de Angola a quen se lle disparaba, non era precisamente un palomo. En algo melloramos.
E patetica a actuación das forzas vivas (incluido o candidato do PSOE, que agora se quere apuntar o tanto de permitilo este ano). Ogrobe ten que mudar a un turismo de en consonancia co seu medio (que non é pouco), atraendo a congresos, excursion, e grupos de xentes que axuden a desestacionalo e poidamos vivir todo o ano del.
Apostar por formulas como a que aqui se estivo a defender, falan ben pouco a noso favor polo mundo adiante. As veciñas e veciños de Ogrobe non merecemos ser coñecidas por este mérito de loitadores a favor dos matarifes. Ogrobe, debe ser outra cousa.

1 Comentários:

Às 7:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Conroibo dijo...
Quero afirmar que alomenos desde o ano 2000 os organizadores do tiro de pichón os fixeron ilegamente, a lexislación internacional que España ratificou e interna o prohibían no tocante a munición empregada. Elo coa anuencia das autoridades que foron permisivas e estiveron mirando para outro lado. Se a empresa non cumpría as medidas de seguridade o problema non é dos que se opoñen a este tipo de eventos, a culpa é única e exclusivamente súa, tempo de abondo tiveron para corrixir todos as deficiencias. Eses mal chamados empresarios da hostelería que tiran a matar contra dos ecoloxistas na defensa do Sacrosanto Santorum do Turismo deberían de preocuparse máis doutras cousas, por exemplo de non explotar como auténticos negreiros ao personal con contratos de 4 horas e traballando 12. O outro día falaba cun amigo sindicalista que nun hotel de Sanxenxo chamaran a miña muller e lle ofrecían un contrato de traballo de 4 horas pero tiña que traballar 6, iso sí comía alí. A miña muller lle respostou que non necesitaba 2 horas para comer que xa ía comida da casa, e lle dixeron que as demais empregadas de haber un trato "legal", sentirianse discriminadas, aparte que xa levaban así 40 anos. Digo eu, ¿seguirianlle pagando igual que fai 40 anos?. A cuestión é que meu caro amigo sindicalista díxome que o da miña muller non era nada comparado coas situacións que había por aí adiante, incluídas esas dos contratos de 4 horas que traballan 12. E despois queixanse que non poder abrir por falta de personal, coa práctica de ser auténticos chuchadores.
E digo eu ¿ vai Facenda controlar as apostas e timbas ilegais?. De ser así ¿habería tiro de pichón?.
Sei que se moven auténtica fortunas, e que quen organiza o tiro pode solicitar a concesión administrativa para o xogo, só que iso pasa por unha serie de trámites e terían que pagar impostos as apostas, de non ser así, neste caso o xogo é competencia da Comunidade Autónoma, estariase a defraudar a Facenda e a Facenda somos todos, polo tanto eu como defraudado esixo das Autoridades que se controlen as apostas caso de que se fagan ilegais e estaría disposto a asinar un escrito con outras personas para denunciar este feito, pedindo o control pertinente por parte do Subdelegado do Goberno. Non podemos permitir como cidadáns que as Autoridades poidan prevaricar ou facer deixadez das súas funcións no exercizo dos seus cargos e menos que á costa nosa defrauden os demais coa invocación da patente de corso do turismo.
6:53 PM

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial