13 de junho de 2007

De funcions e funcionarios

Ai que ver o rebumbio que se montou no mundo funcionarial do axuntamento co que está a sair en alguns medios (entre eles este blog) polo tema dos funcionarios do concello. Eso mais que una oficina pública parece o camarote dos irmans Marx. Até parece ser que se queria por en marcha unha conspiración do silencio co fin - de algunha maneira - facerlle fronte os que poidan entrar a partir de sábado, e que algun/as poidan seguir mantendo os seus privilexios.
Afortunadamente, todavia quedan funcionari@s que entenden que se deben os veciños e non o politico de turno. Asi, o meu informador ven de comunicarme, e que lle sirva de comunicación os novos concelleiros si e que len este blog, que estean o loro e revisen os contratos que nos ultimos días Cachuli ven de facer no concello. A este elemento, como non pudo meter a todo Dios por medio de oposicións "daquela maneira" agora meteos por "Real Dedetro" (non e un erro, polo dedo). Asi, os novos concelleiros poden revisar o contrato do fillo da EMPARELLADA, formalizado o 5 de xuño (esta ainda en periodo de proba) como conductor. Poden tamen mirar o contrato do seu chofer e sobriño realizado nas mesmas datas e por identico tempo. Dende logo os novos responsables do Concello teñen unha boa maneira de demostrar que realmente queren facer as cousas coa lei na man e traer un pouco de transparencia e limpeza a este comcello que boa falla fai ......... aparte de decirlle os funcionarios que están o servizo dos veciños - que son quen realmente lles pagan - e non o servizo da muller ou do home que cada catro anos se senta no sillon do concello. Sería o xusto e correcto.

2 Comentários:

Às 8:44 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Sen entrar en disquisicións sobre contratos, enchufismos e amiguismos diversos, chámame moito a atención sobre a deixadez á hora de facer a súa laboura por parte do persoal do concello, e non o digo coma parte integrante do mesmo -que non o son- senón coma sufridor-cidadán que un bo día e por cousa tonta de todo enterouse que a plantilla municipal, en total, rondaba os douscentos traballadores. Eu dende logo nunca tal vin, e os poucos que "habitualmente" son vistos a verdade é que de esforzo non han de morrer.
Peor se falamos deste marabilloso concello de "excremencia turística" que afundíu os cartos en rúas de cores diversas e que ten merda e lixo por todas partes, que calqueira luns aparece coma se unha distribuidora de bebidas rompera todo o estocaxe nas rúas, e que deus nos libre de ter incendios nas casas ou vandalismo (xa non digamos de haber atasco no cruce dos taxis, imos de cú).
Así que a nova corporación, e non digo por favor porque será a vosa obriga, poñede a andar este desaguisado, apretade as torcas ao persoal e facede do Grobe o sitio que ten que ser.

 
Às 9:36 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

José Antonio Cacabelos, futuro alcalde: Como votante de partido de esquerdas esixo que se anulen eses dous contratos do fillo da EMPARELLADA, non do EMPARELLADOR, e do sobriño chófer. Este Cachuli despídese facéndolle honores á súa maneira de estar en Política. Pola dignidade do personal ao servizo do Concello que non pertence á categoría dos Palanquíns, e que leva moitos anos traballando e cumprindo co administrado. Pola corrección das mañas de Cachuli.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial