6 de junho de 2007

Los Liantes

Alo polos anos 80 fixo época unha pelicula dos inefables Pajares e Esteso que se titulaba "Los Liantes". Estos pardillos eran dous elementos de coidado que o final sempre resultaba que acababan - permitideme a vulgaridade - cagandoa.
Neste pobo dos meus amores, tamen temos uns liantes. Son eses homes que baixo diferentes formas (IG,PG,AM, etc.etc.), se adican a deixarse querer durante 15 dias despois das eleccions, para, a hora da verdade irse o altar co galan de turno que é quen de poñerlle piso, coche e sueldo. Eu dende a miña iñorancia, penso que os partidos de esquerda de Ogrobe, ben por inxenuidade ou por constancia, sempre pensan que van ser eles os que o final leven a noiva o altar. Craso erro, non se dan conta que a noiva o que está a facer con estas manobras de achegamento-distanciamento e facer que o que finalmente a leve o altar lle suba a dote e desta maneira se consigues tamen colocar a algun sobriño ou achegado e que pague o noivo todo, millor que millor. Hai que mirar polo familia, !!!.
Deixandonos xa de coñas mariñeiras, teño que amosar a miña indignacion polo que estou vendo e lendo estos días: Que si che poño un sueldo de 6000 €, que si vou traer todas as inversions do mundo a Ogrobe, etc. etc. (por algun momento pensaron os invitados a mesa do PP que , o millor e moi probablemente o Rabizo non vai recuncar na presidencia da Deputacion), e, despois, que vai pasar cas suas promesas ???
E que acaso esa xente que se presentou como abandeirados de Ogrobe, lonxe de ideoloxias e de intereses espureos queren aparecer tamen na lotada da nosa Malaya particular. Que vai facer ese persoal si se chega a procesar a Cachuli e compañia - algunha desas noivas debe saber de que vai a cousa, pois xente da sua Agrupacion e imaxino que ela mesma tamen presentaron no seu dia denuncia diante da fiscalia - . Verdadeiramente lamentable.
Ogrobe non merece este espectáculo. Sempre a mesma cantinela despois de cada eleccion. Si en algo queren a este pobo, si están porque Ogrobe recupere o tempo perdido nestos 8 anos, si queren que Ogrobe deixe de ser noticia so por Prestiges, escandalos ou corrupcion, pedirialle a esas "noivas" que deixen de marear a perdiz, que se arrexunten , se queren, e que arrimen o lombo para axudar a construir Ogrobe que nos prometeron durante a campaña. E certamente, non e do brazo de Cachuli e compañía donde se pode conquerir eso.

28 Comentários:

Às 5:41 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

A min J. Alfredo Bea, a diferencia de seu pai, paréceme un home de palabra. Creo que se pode confiar nel.

 
Às 9:00 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu penso que o "problema" non é tanto Fredi, senón máis ben hai dous problemas: Chesqui e Katelo. O primeiro porque por máis que pretendan negalo é o que goberna dende a sombra o PG (ou IG, ou chamádelle X) dicindo cómo se deben levar as negociacións e vendéndose ao mellor postor, e o segundo porque descaradamente barre cara o PP e o que pretende é sacar tallada de Miguel Pérez en función do que lle ofreza a esquerda. Fredi aquí non é máis que un maniquí parlante que todo lle ven dado e medio decidido. E se non, ao tempo.
No mellor dos casos xa veredes como o PG se vota a sí mesmo, e voltamos aos anos da escuridade. Ou, mellor dito, seguiremos na escuridade.
Ogallá estea equivocado...

 
Às 11:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Probablemente teña razon fameneghra no seu razonamento e quenes de verdade movan os fios neste guiñol non sexan outros mais que Qheski e Katelo. De todas as maneiras, Fredi Bea xa é un pouco grandeiro para saber con quen, directamente, se xoga os cartos. Que demostre que é quen de bogar nun K4

 
Às 12:20 da manhã , Blogger Escévola disse...

Eu creo que o problema é como te fías dun político que di presentarse sen ningunha ideoloxía só para o ben da vila. Ante semellante populismo non se pode facer nada. Como é posible que un político non teña ideoloxía? Entón as súas actuacións a que responden? As ideoloxías son cosmovisións ou formas de percibir o mundo e actuar en consecuencia, polo tanto todo o mundo ten unha. Entón por que estes chiringos sempre están ocultándoa?. Ademais todos estes chiringos de quen dependen e quen os financia?Se só se quere traballar pola xente por que se reclaman liberacións e cousas polo estilo? A resposta posiblemente sexa que son chiringos montados para satisfacer as ansias de poder ou protagonismo dos seus membros e por iso poden pactar tanto con uns como con outros, porque o seu único fin é alcanzar o poder. Se non fose así sería inexplicable que unha persoa que foi portavoz do PSdeG poida pasar en tres meses escasos de ser oposición a estar disposta a formar goberno co PP.

 
Às 11:49 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pero ainda non nos demos conta que o Psoe e o PP a mesma merda é ? Eu plantexolle moi seriamente ao BNG que reflexione con este posible goberno malchamado de esquerdas, nin o Psoe nin o PG teñen ideoloxias o único que queren e repartirse o pastel. Iso é moi perigoso. Pidolle ao BNG como único partido serio nesta historia, que pense moi ben ata donde se pode chegar con estes individuos. Ogrobe necesita rexeneración democratica e iso pasa por rexenerar eses partidos que cheiran a podre.

 
Às 1:29 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O mais carallo e que aqui tratase de escoller a un malo malisimo coñecido (e probablemente pronto procesado) e uns impresentables que como ben dis, o unico que lles importa e o poder polo poder, e seguir chupando da piragua. Tremendo embolado deben ter os do BNG con esta elección, pero a xente vota asi, e durante 4 anos hai que tirar para diante e polo menos, procurar que non se empeoren mais as cousas. Eche o que ai.

 
Às 6:10 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Prejuntádelle aos que estuveron nas conversasións cal foi a actitú de cada un, con Fredi e Victor sempre nas reunións do PP, no concello, e con Katelo fasendo o paripé de que mantiñan aberta a nejosiasión, todo pa chupar a consejalia de limpesa, o moi lampaso, e sejir vivindo co resiclado do Jrove. Prejuntádella a Caneda que ajora quera ser consejal, con sueldo e na sombra. E tamén a Cacabelos, si vai baixar o sueldo de Flanders pa poñer o mirmo que ten ajora na nómina. Pois sí teredes que pensar si é que paja a pena estar nese barco que fai ajua por todos os buratos. Que se jodan, e que non se rían da xente normal outra ves... Cheira mal, moi mal... a pufo de listos.

 
Às 6:10 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Prejuntádelle aos que estuveron nas conversasións cal foi a actitú de cada un, con Fredi e Victor sempre nas reunións do PP, no concello, e con Katelo fasendo o paripé de que mantiñan aberta a nejosiasión, todo pa chupar a consejalia de limpesa, o moi lampaso, e sejir vivindo co resiclado do Jrove. Prejuntádella a Caneda que ajora quera ser consejal, con sueldo e na sombra. E tamén a Cacabelos, si vai baixar o sueldo de Flanders pa poñer o mirmo que ten ajora na nómina. Pois sí teredes que pensar si é que paja a pena estar nese barco que fai ajua por todos os buratos. Que se jodan, e que non se rían da xente normal outra ves... Cheira mal, moi mal... a pufo de listos.

 
Às 6:55 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

cheira mal, non é que cheires mal é que non as cheiras, así que lavate por dentro e por fora. saude.

 
Às 7:36 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

BNG: Menos fundamentalismo e máis diálogo

 
Às 7:37 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

unha cousa........ e si o PG apoia o goberno chamado de progreso.... ¿xa é dos noso? e si katelo e mal bicho, e si chesqui está manexando ¿como é que se xuntan con eles? ¿? e outra cousa, ¿e os nosos como negocian con xente coma esta?. Xa que xan anada por aquí que nos de algo de luz. ¿e verdá que katelo está en plan joder?

 
Às 8:03 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

POrfa: Que acaben pronto e se poñan a gobernar xa.

Apostas: Se hai acordo, que o razoable é que sí : ¿Cánto tardará Miguel Pérez en irse para Pontevedra?

 
Às 8:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

MIMÁ HASTA O CANEDA SE PICA, COMEU ALLOS. A MIN DIXERONO E SI NON É SERTO SOLO TES QUE DESIR QUE NON VAS FASERLLE DE MAESTRO AO RAPAS QUE PUXESTE DIANTE TUA. SI DE CONSEJAL NA SOMBRA E COBRANDO COMA O FILLO DO MASA. CHEIRA MAL, MOI MAL CANEDA.

 
Às 8:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non me rompádela cabeza, menos sectarismo. Non imos descubrir hoxe a honestidade de Xan caneda e o seu traballo de toda a vida pola sociedade.

O BNG ten que abrirse á sociedade: Menos Dadín e máis Mascato

 
Às 10:02 da tarde , Blogger Adycto disse...

Por cantos políticos estarías disposta a apostar 100 euros pola súa integridade?

 
Às 10:03 da tarde , Blogger Adycto disse...

Por cantos políticos estarías disposta a apostar 50 euros pola súa integridade??

 
Às 10:14 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

A realidade é que a cousa non pinta ben para a esquerda. Xa veredes como ao final, o PG volve a darlle o poder ao PP.

 
Às 10:22 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Dinme que Fredi tampouco foi á reunión do cuatripartito que está a haber agora mesmo. Coméntamo un que pasou pola sede do Bloque cando entraban todos, aínda que habería que confirmalo por si apareceu despois. As do PP non falta a ningunha, dá a impresión de que para él son máis importantes as do alcalde que as da esquerda. Revelador. Ao final pasará o mesmo que no 2003.

 
Às 12:32 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Dende logo, o do PG paréceme de ir á plaza a regatear o prezo das parrochas, pasando de posto en posto a ver quen da as mellores ao mellor prezo. ¿E esta xente vai gobernar o pobo? ¡¡Non me joder!!
E ollo ao piollo, que cheira a pacto de escadas que fede. FEDE.

 
Às 3:13 da manhã , Blogger Escévola disse...

A verdade é que canto máis tempo duren as negociacións menos credibilidade vai ter o futuro goberno, eu creo que esta é a ecuación debido ao que nos enteramos pola prensa. Na prensa obvian case calquera acordo programático, que ao final é o que interesa, e só fan referencia a soldos, liberados, etc... .Tampouco hai que crer todo o que contan. Eu non sei quen manexa o PG pero a priori non teño excesiva confianza na súa honorabilidade. Pero tamén teño clara unha cousa prefiro ese pacto que un goberno máis do PP que fora de poñer baldosas e fomentar un urbanismo demencial eu non lle coñezo máis merito. Con isto tampouco quero dicir que de carta branca para calquera acordo, o mínimo esixible é un pacto transparente e estable, pero que sexa pronto porque estase a crear a impresión de ser mercaderes do templo e iso pode danar, antes de nacer, a credibilidade dun goberno de progreso e transformador.

 
Às 12:17 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Rematou onte un proceso no
que catro forzas políticas procuramos achegar posicións, criterios, ideas e persoas á procura de cumprir coa expectativa que a xente do Grove agarda de nós: O Psoe, Bng, Pg e Eu sumamos uns 3650 votos que, a falta doutras maiorías posibles, son lexítimos para procurar o entendemento e afastar ao PP do poder local. Eso foi o que estivemos facendo nestes días dende as eleccións do 27 de maio; con reunións diarias de tres e catro horas. Fixemos o traballo todos e todas os que temos acadado actas de representación da veciñanza do Grove, con maior ou menor presenza, implicación ou intensidade, e con apoios ou axudas doutros compañeiros de cada organización... pero fixémolo.
E foi un notable exercicio de democracia, de relacións entre forzas políticas, de diálogo, negociación e posicionamentos ideolóxicos. Coñecémonos un puco mellor, e gustarémonos, un a un, un a unha, unha a unha, máis ou menos, pero fomos quen de falar, de sentarnos e compartir ideas e proxectos. Non sempre foi doado o diálogo, pero cumprimos a encomenda que se agardaba de nós. Temos o documento. E agora será cada unha das nosas forzas políticas quen terá que decidir se acepta ou non o plano de traballo que redactamos. E pase o que pase, haberá que entendelo como unha decisión libre e soberana; como un xesto de democracia e relacións políticas. Pase o que pase, estou seguro, puxemos novas bases para que, no Grove, a confrontación das ideas se poña sempre por riba dos enfrontamentos humanos, persoais. Agradézolle a todos os compañeiros e compañeiras, das catro forzas, que estiveron neste proceso de debate a súa indubidable dipoñibilidade, porque creo que foi un exemplo nítido de que a política é verdadeiramente a arte de facer realidade as ideas de transformación.
Á xente do Benegá pedirlle que considere ese documento que lle presentaremos na Asemblea local con toda a madurez, honestidade e realismo que temos acadado nesta organización.

 
Às 5:28 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pois adiante. A traballar, a pór a nosa vila a andar...e, por suposto, a gañalas vindeiras eleccións.

 
Às 9:47 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Onte, mentras lle metía un chanqueiro esparramado nunha terrasa vin pasar a prosesión (tremenda mirada me botou o cura) e aos que xa non van mandar máis ocupando o seu sitio baixo palio. Normal, son desa peña. O raro foi ver á nosa consejala, "elejante e con clase" como lle dixo ao Mendeces, fasendo méritos para ser a nova jefa do niño dos Pepeiriños. Oíches meu?, vaia vestidaso levaba a nota, color deses de aljarear e unhas flores en roxo que paresían do jardín dos diplodocus. É que despois da lesión de armario elejamte que nos arreou o Falo de Méndes, todos somos cronistas de susiedá...

 
Às 9:38 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu creo que tanto Chesqui como Catelo non pintan nada no PG en O Grove, daquela miraron os seus intereses, (Xunta e Goberno Central), hoxe están noutras mans e seguen a mirar polo seu, pero hoxe existen diferencias tanto cualitativas como cuantitativas na situación.
Non me preocupa en absoluto o PG, creo que Alfredo Bea cumprirá, o que realmente me preocupa é a posible deriva do BNG a repetir o erro histórico de non entrar a gobernar na época de Galiñanes, daquela foi un erro, hoxe na situación que se dá sería un suicidio político. Entendo que hai que mollarse, hai que pensar tamén nos votantes e no compromiso de asumir riscos que pior do que está na actualidade non vai estar, pero ademais se a mensaxe de que todos son iguais, debe desmitificarse e desde o goberno pode demostrarse que non todos son iguais, uns o son menos que outros. É aí donde o BNG ten que por a carne no asador o outro é ir de derrota en derrota.

 
Às 9:07 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

O amigo Conroibo preguntarlle que si Catelo non pinta nada no PG, que facia asistindo as reunions cos demais partidos e inclusive a reunion co peixe gordo do PP (por certo, Pachi Vazquez conselleiro de Medio Ambiente). Por outra banda, decir que foi un erro non participar no governo de Galiñanes despois de pasar o que pasou e todoas as vicisitudes que tivo aquel governo cos chesquianos e coa xento do propio PSOE, ou é falar de oidas ou o dictado (que non sei que será peor).

 
Às 12:59 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O mesmo que se dí de Catelo (asistencia ás negociacións), podería dicir de Chesqui (non asistencia) e podería estar tranquilamente, quixen dicir que en realidade quen curta o bacallau no PG en O Grove é Fredi, pois tén detrás a lista (maioritariamente) no seu peto, polo tanto aínda ue Catelo e Chesqui daquela quixeran aliarse co PP non ían ser quen de facelo. Por suposto que a postura da Catelo e Chesqui segue a ser a mesma que daquela: mirar polos seus intereses e apostan como é lóxico a cabalo gañador (Xunta e Goberno Central), incluso o medre persoal que tamén se entende.
Benquerido anónimo das 9.07 PM:
Observo que non viches a miña reflexión a resepcto da posible entrada no Goberno de Galiñans que fixen con moita anterioridade, donde os feitos viñeron a dárlle a razón ao BNG, pero elo no é óbice para manter o que digo, evidentemente daquela as condicións eran moi outras: o BNG nos estaba na Xunta, a existencia da cultura de oposición seguía asentada de xeito importante a pesar de que na época de Alfredo Bea o BNG (Antón Mascato), aceptara entrar na Comisión Permanente e levou hostias a tutiplé (principalmente da denominada esquerda hespañola). Sigo a manter que foi un erro, pois a pesar de que pasou o que pasou, de estar o BNG apostaría que non tería pasado o que pasou, pero é maís apostaría que Miguel xamais chegaría ser Alcalde de O Grove. Claro que estas hipóteses son subxectivas como as túas, pero xa fai moito tempo que nin toco de oídas nin xa ninguén me manda tomar nota ao dictado, ágás por suposto os mestres.

 
Às 5:31 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Conroibo e Contrario, só unha matización por se non quedou ben claro. En 1983 o Benegá tiña un concelleiro, a ghatitas. Era alcalde, en minoría, Bea Gondar, e a Asemblea do Bloque decideu aceptar entrar efectivamente na Comisión de Goberno, tede en conta que o Partido Comunista xa en descomposición entrara na deriva pro Psoe, aínda era a forza hexemónica da esquerda con José María Mourelos de lider, e efectivamente déronnos a escachar, chamáronnos vendidos, traidores, e outras cousas máis finas, deixaron de falarnos. Xa nolo fixeran con motivo do 23 F e pola nosa negativa a xurar acatamento á Constitución. Nós fixémolo para intentar controlar as andanzas do poderoso, e por ver se era posible que, como gobernaba en minoría, mudara o seu xeito de facer política. Démoslle cen días e vendo que todo era máis do mesmo, decidimos abandonar aquela oportunidade, e volver á oposición dura. Nós, e digo por nós Manolo Mascato, Luís Rei, Xosé Manoel Pérez Dadín, Fuentes, Alfredo Fernández, Rosa, a señora Carmen, Luís Lamelas... seguimos todos na mesma organización; eles, e digo por eles os que nos chamaron traidores, José María Mourelos, Xaquín Álvarez, Candiducho... non sei onde andarán agora, pero creo que xa non no PC. Non vos paga a pena debullar o cerebro en saber se foi un erro ou non, nunca o saberemos, só podemos operar con datos obxectivos, o que fixemos feito está, o resto son disquisicións poéticas... Asumímolo, tanto os que daquela estaban dacordo como os que non; como agora. Quen non se equivocou en política? Quén non acertou en política. Pois eso, menos trepanación e máis organización.

 
Às 2:23 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Estiven hoxe no Concello, O Grove ten novo Alcalde, creo que a maioría dos veciños e das veciñas así o quixeron (9 concelleiros representan aínda que alguns non o queiran a maioría absoluta, de aí a súa lexitimidade e legalidade).
A verdad é que este troco o necesitada o noso Concello como auga de maio. Agora con catro cousiñas, desde o comezo, con sentidido e firmeza e non hai dúbida que se notará. Creo firmemente que a cousa vai durar, e do que xa non me queda dúbida ningunha é de que o BNG vai cumprir ata o final.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial