1 de junho de 2007

Iceberg

Anda Ogrobe revolto. A noticia adiantada por este blog nesta madrugada causou unha profunda conmocion no pobo, afeito a que aqui se fagan autenticas barbaridades pero que a hora da verdade nunca pasa nada. Parece que desta volta a cousa vai en serio e o noso Cachuli local (antes Ned Flanders) esta, como se di vulgarmente "cagadito". Moitos veciños dician hoxe porque esta operacion non se fixo fai 15 dias, ou sexa antes das eleccions. De todas as maneiras, ainda que so se fala dos Raeiros esta que vos escrebe pode asegurarvos que o caso Raeiros e unha minima parte do que se está a investigar, de ahi que algunh@s funcionari@s do concello estean realmente acojonados pois a todos lle ven a memoria a operacion Malaya e cousas similares. Eles sabran porque estan tan preocupad@s.
Alguns haber como van a explicar esos aumentos do patrimonio, totalmente iloxicos cunha nomina. E dende logo non lle vai valer o recurso de poñelo a nome de outra persoa pois eso xa o fixeron en outros sitios e iso so valeu para meter na allada a mais xente. Quen lle iba a decir o colega de Cousas de Ogrobe que a Pantoja local podia acabar outra vez da man do seu Cachuli. Ate nesto Ogrobe ten un pararelismo similar o de Marbella.
Como vos decia, esto non fixo mais que empezar. Dentro dunhas semanas ou uns meses, van ter que pasar polo xulgado para declarar alguns funcionari@s do Concello con Cachuli a cabeza, asi como os restantes membros da familia Simpsons que coa sua sinatura permitiron este estado de cousas en Ogrobe. Ese sera o momento cando algun ou algunha se cagará pola patita e cantará como a Pantoja. O que ven a continuacion nesos casos xa o sabedes todas. O noso Alhaurin particular, chamase A Lama.
A estas alturas do conto, gostariame saber que é o que pensa e di agora a persoa que asegun ela, mais sabe de urbanismo en Ogrobe, a socialista de toda la vida que lle daba igual pactar coa dereita que coa esquerda, a mesma que salia hoxe retratada con Cachuli no periodico do Mentireiro. Algunhas veces, os bombeiros son incapaces de apagar os fogos, sobor de todo, cando eses fogos son iniciados por eles mesmos. A/0 que queira entender, que entenda e que valora en que xardin está metido.

22 Comentários:

Às 2:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O sr. Mendaz está a facer o seu traballo de apoio a Ned Flanders, xógase moito. Di Ned, máis ou menos, que o que se fixo é para dinamitar as conversas e pos suposto que el non sexa Alcalde. Esta intervención chega un pouco tarde, debería de terse feito moito antes das eleccións. Os medios para nada falan de que no caso dos Raeiros a Comisión Provincial de Urbanismo denegou en primeiro lugar a licenza por creer que non se axustaba á legalidade, daquela a promotora era Samar 52 S.L. que recorreo a decisión perante a COTOP e a que non sabedes vos quen era o Conselleiro?, sí o sr. Cuíña, que admiteu o recurso e polo tanto lle deu licenza previa, pero que enorme casualidade o mesmo día no que o sr. Conselleiro asina o recurso a Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra dá o seu visto bo. O Concello de O Grove, remitéulle unha documentación á Consellería de Pesca, e por dúas veces esta lle pide explicacións das causas da remisión. Eu non sei se a devandita obra (incluído o cierre) está fóra da demarcación de costas (quizas por que non mediron desde o deslinde feito ata o muro de peche) pero se un ve o plan achegado pola actual promotora IMPROIN, verá que os cen metros non encolleron, pois desde o deslinde ata o muro de peche só está a estrada e por certo a estrada non tén os 100 metros. Pero a cuestión non é esa, claro que poden escoller unha fórmula para burlar a Lei, facer unha división en partes alícuotas do terreo como modelo de xestión empresarial, pero a parcela no plano físico é indivisible, co cal aínda que se venderan os apartamentos de forma individual, estas vendas non poden acceder ao rexistro da propiedade. Pero á marxe disto e da solicitude pola promotora de constituír una sociedade para a xestión turística do "aparhotel", creo que as autoridades deben ir máis aló na investigación, pasar polo Rexistro da Propiedade de Cambados, ver o que hai, así como se o Rexistrador desestimou algunha pretensión individual, e indagar se hai persoas que mercaron de xeito individual, aos que puideran non térlle dito para o que era, co cal estariamos diante dunha estafa. Pero ao que ía, as autoridades o que deben de perseguir tamén é que realmente exista actividade hoteleira ao remate do ano, de non ser así poderían instar a caducidade ou nulidade da inscrición da firma hosteleira no rexistro da súa actividade, así como instar, (incluído o concello) a nulidade da licencia urbanística para a que se concedeu, sen entrar a valorar se a licencia municipal estaba caducada ou caducara cando comezaron as obras.
Por certo como vai a licenza de primeira ocupación, se non se axusta á realidade da licenza urbanística tamén pode haber problemas, ou é que xa se lle deu polo Concello?.

 
Às 2:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O Sr. Alcalde en funcións está tranquilo pola obra de Raeiros.
Pero pode estar tranquilo cando en máis de 600 expedientes urbanísticos no fixo nada para abrir eses mesmos expedientes para a reposición da legalidade, cando non fixo nada para que a maioría deles ou unha parte importante caducaran, cando non fixo nada por cobrar euro ningun das sancións, cando non fixo realmente nada para paralizar as obras ilegais, cando concedeu algunha licenza a pesar das denuncias da P.L. que decía que non se axustaba á concedida, cando aínda non derrubou ningunha obra a pesar das ordes dos tribunais?. A verdade eu se fora el non estaría tan tranquilo.

 
Às 4:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Que o sirvengonza xuntaletras metido a periodista iba a facer o seu papel non o poñiamos en dubida ninguen. Entrar a valorar se en Rairos hai ou non delicto, pode ser unha boa manobra de distraccion tendo en conta que no seu dia a empresa chegou a contratar os servizos xuridicos dun prohome socialista (que por certo o dia das eleccions se paseaba polos colexios de Ogrobe coa chapa de apoderado do PSOE, ollo o piollo), pero o fondo do asunto que esta a investigar a brigada de Delictos Urbanisticos (que esos si que len e toman note deste e outros blogs) non é ese. Hai licenzas concedidas de maneira mais que irregular (vexase artigo do 26 de febreiro) , ou algunha promocion da Urbanizacion Montemar que se lla da, se lle quita e se lle volve a dar licenza de ocupacion dunha maneira escandalosa, está o tema dunha urbanizacion xunto a ponte da Toxa, está o tema do incremento patrimonial dalguns persoaxes publicos, etc. etc. sin deixar de lado a labor dun funcionario municipal, moi afeizoado a fotografiar todo pero nada activo a hora de a tramitar os expedientes, que, ou moito nos tememos ou como non poña en marcha as suas antigas capacidades atleticas, non lle vai dar tempo para fuxir.
E iste é o fondo do asunto e neso coincidimos con Marina. O dia que chamen a declarar a algun funcionario ou funcionaria, veredes como todo este castelo de naipes se ven abaixo. Entre outras cousas, porque alguns concelleiros e concelleiras o unico que fixeron foi asinar e mirar para outro lado pero aqui, como en Marbella, quenes se aproveitaron foron os Cachulis e Rocas. A Pantoja, como moito, conquireu permiso para a obra do irman. Igualiño, igualiño que ali abaixo. Agardemos que o resultado final sexa o mesmo.

 
Às 12:28 da manhã , Blogger Peter Punk disse...

Implicado de balde nesta deshistoria, vexo pasa-la prensa local po-la TFT e decátome de que toda provén das mesmas fontes. Especialmente as asinadas po-lo famoso MMM (a última é de mentireiro). As declaracións, reiteradas ate a saciedade, semellan os últimos latigazos da cola separada do lagarto. O que de primeiro eran arrebatos de rabia diante da jeta implacable do noso EX convertíronse na ledicia de saber que as augas, para ben ou para mal, coma as do Rasoeiro, irán sempre ó MAR.
Para mín non abonda facer cábalas encol do asunto Raeiros. Aparte de non se-lo único nin o mais sangrante, anque sí ó mais espectacular, podemos quitar a interpretación que queiramos da ardua traxectoria dos seus intentos de aprobación. Ós veciños non nos fai falla 5 anos de Dereito Civil para coñecer que, de sempre, ERA patrimonio de Balea, ERA superficie a protexer compensada para os propietarios, ERA unha perla senlleira da constelación que atesoura San Vicente de Ogrobe. Agora é un pechado de pedra e formigón, amais un antecedente nada modélico para as vindeiras xeracións de constructores.

 
Às 1:33 da manhã , Blogger Escévola disse...

Ben ao fin parece que o imperio da lei chega a Ogrobe, non foi sen tempo. Ben tanto nesta vila como noutros concellos cercanos calquera que pasee un pouco por aí xa ve que o urbanismo é un escandalo, non fai falla para iso ser arquitecto nin avogado senón ter un pouco de sentidiño. Tema aparte é o do home ese do Faro, sempre está co mesmo con Flanders e de vez en cando con EU. O que eu non sei é que tipo de formación ten ese home para falar así como se fose "el Oráculo", non hai cousa da que non saiba nin tema que non domine. Ademais de Oráculo tamén debe ser moralista porque sempre está dando leccións de ética e comportamento e escribindo como se os lectores fósemos idiotas e non puidesemos formar a nosa propia opinión. Así lle vai ao seu xornal.

 
Às 10:41 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Facede o favor de ler o que publica o Faro e o que publica A Voz, cada día, dende que comezou o asunto da intervención da Brigada de Delitos Urbanísticos. No primeiro caso, o trampón engominado fáille o traballo sucio a Cachuli (que está diarreico perdido) e ponse a limparlle a porquería do expediente. No segundo, a xente da Voz mantén unha postura neutral de información, sen traballar ao servicio do PP.
Alguén xa pideu que lle fixeramos boikot ao Falo de Méndez, pois é o momento de insistir nese boikot, nunca comprar ese bodrio enfermo que publica un xuntaletras barateiro ao que se lle chafou o de ser o xefe de prensa do Concello do Grove (xa acordaran ata os sueldo, uns tres mil euros netos...) que xa lle prometera Cachuli polos servicios prestados, e que agora non cobrará... Méndez eres un indecente, mafioso e servil ao poder... Lixo das jaivotas-.

 
Às 12:10 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Teño moitas janas de ver esa denuncia. Porque ¿habrá algo denunciado non? Ou todo e fume? A poli de delitos urbanisticos di que todo e unha maniobra electoralista ¿que significa eso? Face favor e leede tamén o Diario de Arousa do domingo. A min esto empeza a darme a risa.

 
Às 1:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Por hixiene mental, agradecerialle os letores deste e doutros blog que pasasen dos escritos do MMM. É bastante mais devertido e barato "El Jueves" e ademais non te pos de mala uva.
En canto o tema das denuncias, debemos distinguir o seguinte:
1) Hai denuncias de partidos (BNG) e particulares, anonimas, internet, etc.
2) Froito desas denuncias interven a fiscalia por medio da recen creada Brigada de Delitos Urbanisticos.
3) Agora toca estudiar todo o mogollon que levaron. Dende o meu mediano coñecemento de profesional do dereito, podovos dicer que hai cousas máis que gordas para levar por diante a alguen,. Por exemplo, o artigo publicado neste blog o 26/02/07 baixo o titulo SABIAS QUE ou o pubricado o 4/02/07 na que pola sua importancia creo que compre reproducir aqui :

Sabíasque.....

O 11 de xaneiro do 2003 a CM de Goberno do Concello de Ogrobe concedeu licencia de obra (Exp. 336/01) a favor de Manuel XX para a construccion de 2 vivendas unifamiliares adosadas na parcela nº 8 da Urbanizacion Montemar, se ben o promotor é a empresa ALBA AYOS S.L.

Sabías que a Oficina Técnica Municial (para entendernos , o Aparellador do Concello) o dia 12 de xuño do 2003 emite informe favorable de primeira ocupacion, afirmando que as obras se axustan a licencia concedida (Exp. 286/03)

Sabias que o 23 de xuño do 2003 a Policia Local de Ogrobe emite parte de denuncia de que as obras NON SE AXUSTAN a licencia concedida, dado que en vez de DOUS ADOSADOS son CATRO OS CONSTRUIDOS..

Sabias que o 8 de xullo do 2003 a Oficina Técnica Municial (para entendernos , o Aparellador do Concello) volve a emitir un novo informe en sentido contrario o que dixera 25 dias antes.

Sabias que o 21 de agosto do 2003 o Secretario do Concello emite informe no que en sintese manifesta a) que as obras non se axustan a licencia concedida, b) que procede ordenar a suspension das obras. (Escrito de saida do Concello 5870 de 27/08/03)

Sabias que a Norma Transitoria 5 da Urbanizacion Montemar (paragrafo segundo, folla 9) SO PERMITE A CONSTRUCCION DUNHA VIVENDA POR PARCELA.

Sabias que o Sr. Alcalde non ordena tomar ningunha medida o respecto: Nin paraliza as obras, nin procede a suspension da licencia nin nada de nada.

Sabías que os catro chalets en cuestión foron vendidos, o promotor colleu os cartos, nadie foi sancionado e aquí os que teñen cartos e poder fan o que queren

Como veredes, son so duas perlas, e desas hai para dar e tomar. Pouco tera que investigar o fiscal e a Brigada de Delictos Urbanisticos para atopar evidencias mais que notables para meter a Cachuli e compañia na Lama... e eso sin falar dos incrementos patrimoniais de alguns persoeiros.

 
Às 3:33 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Os do BENEGÁ debían estar organizando unha ruta turística pola Península de O Grove, na que os que desexen acompañar poderán visitar as marabillas ás que fai referencia a documentación incautada pola Brigada de Investigación. Cada unha das grandes movidazas marbellís serían explicadas por diferentes ex-concelleiros que denunciaron no seu día a súa progresión ilegal e o conseguinte pelotazo, co dedo sinalando para Cachuli e Pantoja, e Roca. Avisade do día e hora de concentración. Esta iniciativa social non conta con subvención de Albayos; Florencio; Vivencio Rubirosa; Varela de Improín e Outón. Pero tampouco conta co asesoramento técnico de Alfonso de Marín, emparellador muñicipal, e da súa colega Jovaina; e n¡nin seqyuera está prevista a sustadora asistencia de Lolitiña Caralla ocupada en acarrexarlle documentación ao seu inmobiliario particular, esa ALUMBREA comunidade de bens gananciales, tan honrada...

 
Às 5:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pode confirmarse que na especulación de Reiros o arquitecto foi un tal Carlos Berride, coñlecido dirixente do Psoe, e ex concelleiro en Vilagarcía; e que o asesor legal, foi, ou é, un tal Elias Lamelas, tamén dirixente do Pesoe e ex-concelleiro do Grove, e que por eso Cascabelos, anda calado coma un peto por eso, e por algho mais... ¿é verdá que hai tempo lle mandarton amenazas aos do Bloque para que retiraran as denuncias...?

 
Às 9:44 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

12.10 PM;
Pois a min non me dá ningunha. Se é risa que nos máis de 600 expedientes por infraccións urbanísticas (557 no ano 2003), non se parou unha obra ilegal, non se abreu un só expediente de reposición da legalidade, caducaron mogollóns de expedientes, non se cobrou un puto euro por sancións, concesións de licenzas ilegais, non obedecer as sentencias xudiciais de derrube, non paralizacións da obras por parte da Xunta, etc, etc.... dánnos omisións no exercizo do seu cargo e non perseguir ilícitos administrativos, inclusive penais, prevaricacións de libro, falsidade en documentos públicos, posible malversación de caudais e algún que outro máis. Se iso che parece de risa, segue rindo porque non che interesa que ti teñas que pagar máis impostos cando se o artista actuara no seu cargo como está obrigado, pagarías menos e por suposto os veciños tamén.
Por certo non sei que pinta en todo esto a COTOP e o seu Director Xeral de Urbanismo ¿ porque habendo decretos de paralizacións de obras ordenados por Urbanismo, e incluso no obra de Borreiros se atreveu a afirmar publicamente que non ía executar a orde de paralización, non se denuncia perante os Tribunais por desobediencia?. Quizais non sexa de extrañar que non se actúe toda vez que o ínclito Director dixo que obra de Raeiros se podía legalizar. Demisión xa!.

 
Às 10:22 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu incito a movilización cidadán para facerlle un boicot a MMM e polo tanto a sua empresa, FARO de VIGO, é a única maneira de que non lle tomen o pelo a xente do grove. En canto lles empecen a baixar as ventas xa se cuestinarán que foi o MMM.

 
Às 10:30 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

NON AO FARO DE VIGO, boicot. Por un respecto a nosa xente.

 
Às 2:31 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Tamén opino o mesmo, si conseguimos unha boa parte da xente de ogrove que non lea e non compre o faro de vigo, seguro que conseguimos cambios neste periodico. O Faro de Vigo traballa para o PP, non da información contrastada, é unha información tendenciosa e con un único fin, manter ao PP no poder e seguir comendo da mesma man. Estou polo boicot ao FARO DE VIGO

 
Às 6:00 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Estou totalmente de acordo co anónimo das 9:44. A min tampouco me da a risa toda esa deixadez de funcións. Esto é o que tiña que publicar a prensa, e dunha vez por todas, que o pobo abra os ollos.

 
Às 8:11 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Andan algúns PePeteros de escribidores do verso máxico, incruso ousan dicirlle a este ou a esteoutro partido político o que deben ou non deben de facer. !Eles agora saennos co código ético!. Os que levaron ao Estado Español a unha guerra ilegal, os golpistas a nivel internacional, os que tentan crispar a sociedade con cousas que só eles ven, os que nas súa casa teñen mil e un problemas e agora pretender arranxar os problemas dos demais na creencia de que só eles teñen razón infinita. Afortunadamente existen personas que saben pensar de por sí e son libres para decidir, non están atados e quero creer que obraran en consecuencia da maneira máis leal para O Grove.
Adicado a un tal Fco. Casal.

 
Às 7:42 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

eso eso eso... a pincharlle as rodas a Enrrique. Non me jodades quen foi o DEMOCRTA ANIMAL que fixo semellante cobardia!!! Eu solidarizome con el. Non sei como ningun dos chamados democrtas fan ningunha alusion o asunto. Asta me asades!! ¿quen é mais fascista??

 
Às 11:19 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Aparte do aprezo persoal que sinto por Enrique e que me honro da sua amistade, por suposto que condeno calquera mal que se lle poida facer os bens del, ou de calquera persoa, que no lexitimo desempeño do seu traballo poida sofrir. Por desgraza en Ogrobe xa estamos mais que afeitas a esas actitudes cobardes e mezquinas, que, por desgraza, neste caso non é a primeira vez (a Manolo Mascato por exemplo) e que desexaría que SI fora a ultima. Animo compañeiro, ningun mal nacido vai ser capaz de pechar esa ventá a realidade que reflexa o visor da tua camara.

 
Às 9:48 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Descoñecía o acaído ao amigo Enrique, nin cando foi nin como foi. Grazas por informar. Vaia a miña solidariedade con Enrique e a miña máis absoluta repulsa contra dos bárbaros (por non chamarlle outra cousa)que fixeron tal cousa.

 
Às 5:21 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Yo conozco a Enrique y el otro día le vi que llevaba la rueda de repuesto y le dije si pinchara y me respondió que le aparecio rajada sin más pero no me comento nada del BNG, creo que fue una casualidad y alguien quiere mezclarlo para desprestigiar al BNG.

 
Às 4:14 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Facía dias que non entraba a ler o blog e facía moito tempo que non escribia nada porque xa está todo dito pero ao chegar a estas entradas e ver o do coche de enrique! esto xa clama ao ceo, non veñades con disculpas de mal pagador, eu levome con el e creo que medio grobe tamén e solo podo falar ben del, si necesitas algo e el pode axudarche está ahí, non sabe decir que non e antes de discutir con alguen ou quedar á mal prefire perder, dende logo o do coche non ten perdón de dios, imaxino que non sería nadie do bng propiamente dito pero si algún do entorno ou que se deixou levar polos comentarios que aquí se verten amenudo sobre o faro e el foi a victima, xusto a persoa que nunca lle faria mal a nadie a proposito e podedes estar seguros de que lle afectou o tema este, porque el non se toma as cousas a lixeira. E digo esto porque eu estudie con el, teño salido moito de carallada con el e tamen fun socio de Siradella que el presidía e tamén estuben ao seu lado cando pasou momentos familiares dificiles como a morte de seu pai. Calquera que lle fixera mal a enrique sea do partido que sea cajouna totalmente, e eu pola miña parte deixarei de ler este blog e de falar del porque si se chejou a esto e que xa algo non vai ben. Non todo vale. penoso.

 
Às 5:50 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Para o anonimo das 4:14. Levo lido ben de comentarios sobre os desperfectos o coche do buenás de Enrique e non acabo de ver por ningures a relación ca xente do BNG, a non ser a que parte do primeiro comentario que liga este feito coa festa do BNG ( que recordemos, foi nunha discoteca e que coincideu con 3 festas máis en Ogrobe).
Non entendo despois desto xa que logo ese interés en deixar cair calquera sombra de dubida sobre o BNG ou seu entorno, a non ser que o que se queira e poñer en marcha un ventilador para emporcar todo.
A ultima parte do teu comentario é nese aspecto definitorio ; Disque vas deixar de ler este blog e de falar del. Eu digo, e que terán que ver as churras cas merinas. Acaso, por poñer un exemplo, vas deixar de beber tamen a cervexa "Estrella de Galicia" (digo polo de estrela e galiza). Por favor, teñamos un pouco mais de cordura, ou como di Marina, de sentidiño e non saquemos as cousas do testo. Por outra banda, Enrique sabes que estamos contigo.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial