11 de junho de 2007

Funcionarios

Enterome pola prensa que os funcionarios do noso concello andan enfadados polo que delas se di nos medios de comunicacion (supoño que, modestamente, tamen se referiran a este blog) e que eles non fan nada malo, pois por non facer, fai moito tempo que non dan licenzas de obra.
Non sei canto persoal traballará no concello de Ogrobe pero supoño que non serán menos de 200 entre unha cousa e outra. Veño de revisar os artigos do blog dende fai un par de meses para acá, e só atopo comentarios (nunca insultos - faltaría mais -) contra un reducido e privilexiado grupo de funcionarios, case todos eles membros da oficina de urbanismo. Eu non sei se considerarán un insulto poñer negro sobre blanco o que e unha percepción - ou sexa que unha funcionaria da oficina de urbanismo sexa a muller dun promotor, será legal, pero ético, a verdade non mo parece e xa se sabe que a muller do Cesar non só debe ser honrada, senon que debe de parecelo. En canto o resto das aludidas ou aludidos, que lle pregunten os veciños de Ogrobe que penson dos homes dos bigotiños ou que alguen nos conteste cantas denuncias ten tramitadas en firme no ultimo ano o atleta fotógrafo.
En realidade, e como me comentaba onte o meu compañeiro, non sei se eses FUNCIONARIOS non estarán mais preocupados polo que lle pode cair a partir do dia 16. Sen o paraguas/apio de Cachuli e cunha persoa que meta o fuciño e poña no seu sitio o técnico municipal, unido o que xa está investigando a Policia Xudicial, o papel de algunha funcionaria pode ser moi embarazoso e poden sair o descuberto cousas que ate agora estiveron soterrados, como expedientes sen resolver, sancions que non se executan, informes que non se corresponden, etc. etc. Os proximos tempos parece que van ser farturentos en novedades dese departamento.
Valiente traballo lle queda os novos rectores que poidan entrar a partires do proximo sábado. O pobo de Ogrobe precisa de unha rexeneración democratica e cidadá que traia de novo a ilusion e as ganas de tirar para diante a este pobo que, como non nos cansamos de dicer, levar 8 anos de apatia total. O reto queda lanzado.

36 Comentários:

Às 3:55 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Os funSionarios e funSionarias saben perfectamente, que a famosa EMPARELLADA, non chega nunca antes das nove e media e marcha cando aínda non é a unha, supoñemos que porque non pode deixar que lle enfríe o nidito de amor de Rons ao seu EMPARELLADOR. Por favor que marchen os dous pa Marín polo mirmo presio. Outra que tal baila é a da casa da incultura, todo o traballo que fai é andar, cual lorito, detrás dos do Pepé e que agora está asustada porque vai ter que empesar a abrir a biblioteca todos os días, non cando a ela lle da a gana. E non digamos nada de Molinos, que está acojonado pola auditoría que lle vai caer enriba, e as chanchulladas da festa do marisco, e outras. E xa veremos que pasa cos que hasta falsificaron certificados para acceder a determinados postos de traballo... Se os novos gobernantes son mínimamente intelixentes poñen un reló para que fichen todos os "palanquíns do axuntamento".
E así empezan a respetar a aqueles e a aquelas que fan normalmente o seu tranballo, que os hai e son moitos... Empezando polo servicio da recollida da basura, seguindo por boa parte da policía local e moitas das persoas que son persoal contratato. E xentiña coma Carabel é declarado non apto para o servicio. Por decencia e sobre todo polo respeto ao persoal ao servicio do concello, que os palanquíns empesen a traballar, pero que non sexa coma sempre, os primeiros días sí, e logo nada de nada.

 
Às 6:50 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Creo que detrás deste nome "Marina Domínguez Graña" está un que vai na lista do BNG. Non estaba mal que confesara a súa identidade

 
Às 8:06 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Está moi ben esto de predicar co exemplo, non vou defender a ninguén e pareceríame deplorable que a tal "Marina" fose na lista do BNG pero facer esta acusación dende o anonimato non deixa de ser chamativo

 
Às 12:43 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Un pode ter os amores ou amorios que lle de a gaña. Sin comentarios.
outra cousa e que uns funcionari@s se lles dé ou se crean có poder para pensar que ó Axuntamento e deles e que poden facer ó bo e ó malo.
Penso que as cousas non son nin brancas nin negras;¿Que hay que rachar con ese ambiente cargado e que cheira SI. Pero con tranquilidade. e a cada quen o seu.
non todo o mundo cosea do mesmo pé nin é da mesma forma de pensar, nin siquera se contaminou.
Creo que non e bó nin intelixente, tomar esto como si fora unha cruzada, Asi eu non ó apoio.
Respeto a entidade da tal Marina. respira BNja-ja por todo os seus poros, pero bueno, este e un país demócratico, e si él ou ela quere manterse no anónimato "con comillas"perfecto

 
Às 5:01 da manhã , Blogger Escévola disse...

Home digo eu que de todos é sabido que os funcionarios do concello non son precisamente os homes máis traballadores de Ogrobe. Seguro que algún traballa o que debe pero na inmensa maioría parece que pouca chapa pegan. O gran problema do funcionariado dos concellos é que á maior parte deles lles regalan a praza en vez de ter que conseguila nunha oposición. Normalmente son concursos bastante amañados donde puntúa máis un curso de trinta horas que unha especialidade universitaria e cousas polo estilo. Ao final trátase de contratar a colegas e "fillos de" así que tampouco é raro que despois pase o que pasa. Respecto do anonimato non sei cal é a teima de pedirnos á xente dos blogs que demos o noso nome, todos podedes escribir nos nosos blogs e nunca vos pedimos o nome só que sexades educados, despois o que queira poñelo que o poña e o que non pois o mesmo.

 
Às 10:49 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Non entendo a camipla por que se mete coa vida privada dunha ou dun funcionario. mete coa súa profesionalidade. Perdes argumentos. Pero si empesamos a emendar ti seguro que tamén tes moi do que falar, ou o teu "xefe" de lista, ou....

 
Às 11:25 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Unha aclaración, non critico o anónimato o que si critico é ás persoas que identificándose como anónimas si o critican

 
Às 12:02 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non entendo o dos anónimos. Esto é un blog, logo José Manuel Carlos Pérez Fernández é un anónimo. O bó dos blogs é que os nomes e, con eles, os encasillamentos que as persoas exercemos inconscientemente, desaparecen. Así, só queda o importante: a idea.

 
Às 12:23 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Os funSionarios e funSionarias saben porqué me meto na vida privada do EMPARELLADOR e da EMPARELLADA; é porque esa vida privada é a que esplica que a EMPARRELLADA se cebe cunha compañeira sendo do Tribunal de oposicion e acusando de paso ao Secretario de pasarlle o examen á súa secretaria. O EMPARELLADOR quere facerñe a vida imposible ao Secretario porque non lle firma todas as ilejalidades que fixo, e fai, o técnico en CAZOS URBANISTICOS. E pa eso prestouse a súa EMPARELLADA, como se prestou a figurar como propietaria de determinadas mangancias en edificios, coma Rons, meu. Por eso me meto, me la refanflinfla o que fagan, non sendo cando ten que ver cunha trama de corrupción, neso estamos. Non teño jefe, estoy jubilado.

 
Às 3:15 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Toda razon camilopla. Da sua vida privada cada quen pode facer o que lle pete , pero cando a sua actuacion incide no ambito do publico, e neste caso, presuntamente, por cousas que afectan a todo un pobo, cadaquen ten que asumir a parte de responsabilidade que lle toca. En outras palabras, non se pode estar na misa e repicando.

 
Às 7:55 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Camipla, parese mentira que sexas presisamente ti quen critica aos funsionarios. Acaso non lembras que ti fostes durante moitos anos un deles e que non destacastes nin pola túa boa atención ao público nin pola túa puntualidade (tamén entrabas e saías cando che viña en gana) e moito menos polo teu bo facer no traballo. Ou acaso non eras o tesoreiro?
Que rapidamente esquecemos o que nos ten conta.
En canto ao de falar das personas que traballan no Concelo creo lembrar que un pariente moi cercano teu opositou varias veces a unha praza e ti xa tiñas o favor pedido aínda que che saleu mal porque non quedou precisamnete entre os tres primeiros. A ENVEXA é un mal moi espallado nesta vila

 
Às 10:28 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non teño moito practica nisto dos blogs pero unha amiga contoumo e a verdade e que me parece unha vergoña o que esta a suceder ali. Entre os emparellados que xa podian estar fora, o Molinitos que fai pasar pola pedra a todas as moziñas que queiran traballar ali (pobres pais, que pensan que as suas fillas estan ben colocadas e resulta que estan ben emporcadas), o metro e medio da que ten unha xoieira, quese cre moi importante e resulta que ten unha obra mais que ilegal e que os contratados teñen que pagar os seus dereitos no devandito negocio e os ochoas que parecen que proliferan e que estan todo o dia lendo o xornal. A ver si os novos gobernantes fan unha limpa a fondo e deixan o concello no lugar que lle corresponde.

 
Às 1:04 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Hay camilin camilin. Precisamente tu hombre? Pero es que a estas alturas aun sigues por ahi? Cuentanos tus fantasmadas otra vez anda¡ La del barco que atracaste¡ La de tu viaje a Alemania en moto con bache incluido¡ Pero que fantasma eres chico... Por cierto, el recaudador que se llevo tantos millones no era amigo tuyo y de molinos? Denunciasteis esto? A quien habia contratado? No era a una de tus hijas? Que pasa? Que no te le dan chollo a tus hijos en el ayuntamiento por el que tanto hiciste?

 
Às 9:19 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Este blog ten moita chicha, eu non deixaría de participar nel por nada do mundo mundial, ahora que os meus compis do axuntamento se animan a entrar nel e opinar do que está salindo. Un que se dedica a facer fotocopias de todo é Casal e pasarllas aos da súa peña, si el falara sabíamos todo o que leva pasado nestes anos, foi moito tempo no archivo e eso dalle moita cultura dos asuntos palanquineros. Alguien xa anda falando de que temos que facer un pacto de silencio, que estos que entran veñen a por nos e non nos convén. Menos morro e mais traballo que si nos chaman palanquíns é por algo. E pa acabar é a verdá o que se está contando, pero hai móito mais.

 
Às 2:16 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ja, Ja, Ja, a mi Plá, me la replanfinplá. A quien van a chingar es a vosotras, EMPAREJADAS, APAREJADAS, APAREADAS, ou como os chamedes, acabaredes ENREJADAS, con vuestro EMPAREJADOR MUNICIPAL. Repito, niñas, Ja, Ja, Ja, a mi Plá, me la replanfinplá.

 
Às 2:16 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ja, Ja, Ja, a mi Plá, me la replanfinplá. A quien van a chingar es a vosotras, EMPAREJADAS, APAREJADAS, APAREADAS, ou como os chamedes, acabaredes ENREJADAS, con vuestro EMPAREJADOR MUNICIPAL. Repito, niñas, Ja, Ja, Ja, a mi Plá, me la replanfinplá.

 
Às 4:12 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Plural de Méndez: mendeces.
Faro en chino: falo
Gomina no pelo: cerebro contaminado
Oráculo (oral+culo): lame cú
Boikot ás Mendeces
!Non compres o falo! (é prostitución)
Cerebro contaminado: cabuxa excitada
Lame cú, indecencia de xuntaletras, que limpa con papel de periódico

 
Às 5:32 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pero ¿Casal traballa no Axuntamento?

 
Às 9:45 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

No axuntamento cobra, traballar, traballar traballa no Louxo. Pero sabe todo derde que Pepe Lores era alcalde, e logo o Masa, e o fillo do Potro, e Moureliños, e Taboada, Luis Caamaño, Galiñanes, Lina, Cachuli. Hai si o Jaro cantara.

 
Às 12:11 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pámendes fala de mendez do Faro, espero que tamén fales do valiente que lle rajou as rodas a Enrrique por sacar fotos do mitin final do BNG. Machote, ¿libertá de expresión?

 
Às 12:48 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eso de querer ligar o mitin final do BNG coas rodas rajadas o coche de Enrique, ten moi mala baba, por ser un pouco educada e non decirche abertamente que o que queres facer con esto e relacionar unha cousa coa outra. Menos mal que Enrique sabe quen é cada quen.

 
Às 3:03 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ajora falades mal de mendes (os do bng) e durante os ultimos dous meses solo escribeu ben do bng, como non o insultabades como agora?, tendes mais cara que corpo, sodes uns trampons, e a Enrique eu sí digo que foi un do BNG o que lle jodeu o coche, cando salja a lus, diredes que foi un exaltado e que non é afiliado. O Grove e un pobo pequeno e todos nos coñecemos, así que menos lobos coherentes, jajaja

 
Às 3:06 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Si tes o que unha persoa ten que ter, e dices quererlle tan ben a Enrique, deberas decir XA quen foi ese, segun ti, militante do BNG que lle pinchou as rodas. En caso contrario, o que estarás a demostrar e que eres un Mendez da vida. E perdoa polo insulto.

 
Às 1:38 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Non insulta quen quere sinon quen pode e ti non podes, e a min sobrame o que hai que ter.

 
Às 5:15 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu sei certamente que si foi a noite do fin de campaña cando lle rajaron as rodas e tamén raiaron un lateral, e máis estuben con el ó día seguinte tomando cafe e coincido a menudo con el polo Grove ou de marcha e máis nunca nunca me fixo ningún comentario negativo do BNG, mais ben ó contrario creo que é afin, que fora esa noite da que pensar e si foi algén do BNG creo que meteu a pata ata o fondo.

 
Às 10:33 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Non sabía que o tal Enrique é Miguel Muñíz, o dirtector de O Grove Quince. O irresponsable que relaciona ao Benegá cos danos ao seu coche debería reflexionar sobra esa afirmación. Son varias as persoas que militan no BNG e son colaboradores dese excelente suplemento (Luís Rei, Xesús María González, Antón Mascato...) ademáis de amigos. Ninguén no Grobe ten dudas sobre o bon facer desta persoa, polo que non cabe mesturar cousas tan graves dese xeito irresponsable. Saúdos a Miguel, na seguridade de que el mellor que ninguén sabe que non ten nada que ver o Benegá con eso. E se alguén sabe quen foi, que o diga e que pague os gastos que lle ocasionou, polo menos.

 
Às 12:29 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O dia da famosa festa do BNG (que aclaremos foi o ultimo dia de campañA), houbo polo menos 3 festas máis: A da Alternativa Meca, a do PP e a de EU. Curioso que o presunto denunciante, só mencione a festa do BNG. Claro como normalmente cada vez que fan unha festa os do BNG de Ogrobe queima todos os contedores de lixo, coches, etc. etc. por eso se relacionan. Meus Deus, canto autoodio e maldade !!!

 
Às 3:44 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Alguén pode interceder para que o río volva ao rego, acaben as enchentas e cada incontinente lle pida permiso á cabeza antes de falar. Pax, Paz, Peace, por favor, incluído Manuel Méndez, que sei que le este blog. Un xesto de boa vontade por parte dos que tiran a matar nos Blogs e do que ten un xornal para expresarse.

 
Às 3:56 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Certamente houbo mías festas de finde campaña, pero creo que nesas outras festas-mitines non se puso a caldo a Mendes nin ao faro de vigo como se puso en Vado... e creo que o Enrique ou Miguel Muñiz traballa en dito medio, o mesmo que publicou ese mesmo día a noticia da Carmen Castro. É todo moita casualidade non credes¿? Eu coñezoo dende máis de 10 anos cando estaba na asociación Siradella e daquela falabase que era do PSOE que incluso o tentaran pa ir nas listas e tamén os de EU, polo tanto penso que é de esquerdas, pero ainda sendo do PP creo que non se merece esto pois sei de boa tinta que el non clasifica as persoas pola cor política. Deixar a miña mostra de apoio a Enrique e rexeitar calquer actuación deste tipo.

 
Às 4:22 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Enrique ten máis clase ca vos e ainda que supera que foi un do bloque non andaria por ai comentandoo, falaría coa persoa ou con algún responsable do bloque. Que pouco o coñecedes, non vos deberiades permitir escribir unha soa linea del aqui asi gratuitamente.

 
Às 8:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Que teñen que ver as actuacións manipuladoras e intoxicadoras do Mendaz, co actuar limpo do Miguel, agás que traballan para o mesmo medio informativo, pero alonxados o un do outro como a noite do día?. A que ven iso de pretender enguedellar unha cousa coa outra?. Porque cada vez que se fala do Mendaz, sae o das rodas, que interese espurio ai para facer relación?.

 
Às 9:48 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Estou de acordo totalmente co comentario anterior, eo leo a prensa a diario e entendo que Mendez fai e o redactor do grobe e Enrique leva o do grove15 que para min non ten en absoluto nada que ver o que fai o Mendez e mais eu nunca vin nada de Mendez no suplemento e pareceme moi interesante, outra cousa é a relación que ten o enrique co mendez, non sei si o seu jefe ou simplemente traballan para a mesma empresa, tamén é certo que noticias de Mendez van ilustradas con fotos de Enrique "Muñiz". Pero nunca o vin tomando notas ou que enrique firmara ningunha noticia, quizais sea un chivato do outro pero polo menos esa impresión non ma da e menos despois de seguir ogrove15 que ten unha línea editorial totalmente distinta a de mendez...

 
Às 3:00 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Estou de acordo coa entrada anterior ainda que o de chivato pareceme excesivo, si traballa no xornal é loxico que trate de barrer para a casa

 
Às 12:09 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Estou en condicións de asegurarvos que o que conta o das rodas de Quique é o propio Méndez, que mira este blog e se crispa cada vez que entra, nunha nova tentativa de ensuciar ao Bloque. Nin Quique, nin ningunha outra persona pensa eso, non sendo Méndez, que a el veulle moi ben esa merda da roda pinchada...
Quique, ánimo, e non te preocupes no Bloque saben distinguir entre as personas e o resto da suciedá.

 
Às 8:19 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Preocupame esta ultima entrada. Haber si sabemos o que decimos. O BNG non pincha rodas, as pincha algún desalmado, algún extremista...
E si ti sabes distinguir espero que non estés decindo que "o resto da suciedá" se lle pinchará as rodas por falar mal do BNG ¿NON?
O BNG terá que aguantar as criticas como aquí ser verten contra Aida, PP, PsOE e PG. ¿OU Vos non podedes ser criticados?

 
Às 9:08 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non me creo que Mendaz lea esto senon seguro daria máis caña, ademáis como vai saber él o da roda de Quique, si Quique non dixo nada a nadie sobre o bng menos ia decirllo a Mendaz, ou acaso vai Quique por ai chorimicando... creo que esta entrada da roda foi calquera que lle oeu a quique e xa o relacionou co do mitin final do bng...

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial