9 de julho de 2007

De médicos e pacientes

Quedei o ultimo dia en falar do tema da asistencia sanitaria que padecemos as veci@s de Ogrobe. Na vispera de irme de vacacions, o meu sogro pideume que lle collera a vez para a consulta do seu medico na Casa do Mar. Tal e como fixen en outras ocasións, entrei na paxina http://www.sergas.es/ e soliciteille a cita. A primeira sorpresa foi cando a mesma se me da para dentro de 10 dias (era a primeira data que se me ofrecia). Resignado - que remedio - o meu sogro esperou ate a data sinalada. Chegado o dia, subeu o Monte da Vila e a sua sorpresa é que o seu médico ainda sigue de baixa (leva mais de 1 mes) e que polo tanto non lle vale de nada a vez que ten e ten que pedir outra para cando teña livre algun dos que estan no Monte da Vila. Imaxinaredes as pestes que botou o bo do meu sogro con toda razon.
Eu preguntome, ¿non había maneira de avisar a xente que tiña concertada a cita?. Como poden estar sen atender os pacentes dun medico que leva mais de un mes de baixa. ¿ E que acaso non se estan a cubrir as baixas laborais que se producen por enfermidade ou accidente?. Mandase un medico de reforzo para os turistas que nos visitan pero en cambio non se manda para suplir unha baixa. Que se pretende con eso?. ¿E que queremos encrespar a xente e que perxuremos todos os días contra a Seguridade Social?.
E evidente que ainda que cambie o goberno, se non cambian os postos intermedios/altos que son os que levan estas cousas, a politica vai seguir sendo a mesma. Asi pasa co Sergas, con Pesca, etc. Asi pode pasar tamen no noso concello si siguen estando nos mesmos postos, aquelas persoas postas a dedo por Cachuli e funcionarizadas polo seu dedo protector, aqueles elementos que se apuntan o partido que ganan e en vez de ser fuincionarios o servizo dos veciños son lacaios o servizo do gobernate de turno, aqueles técnicos que valen para un roto e para un descosido, etc. etc. . Imos a darlle un tempo prudencial o novo goberno para que nos amose a sua autentica vontade de cambio, As visperas dende logo non son moi alentadoras. Pedimoslle sen demora a/o responsable dos temas de Sanidade que se mova a arranxe esta situación. Os veciños, seguramente llo agradecerán.

Mea Culpa: Na anterior entrada faciamos referencia a actuacion de Xacarandaina como un logro da xestion do concelleiro de cultura Anton Mascato, cando en realidade era unha actuacion xa concertada polo anterior concelleiro Jose M. Cores. Estamos ben seguros da capacidade organizadora deste e doutro tipo de eventos por parte de Anton Mascato, pero neste caso, e de xustiza darlle o Cesar (Cores) o que foi produto da súa xestión.

17 Comentários:

Às 11:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

De sabios é recoñecer os erros. Supoño que ninguén dubida da capacidade organizadora do Novo Concelleiro.
Pero hai algo no teu artigo que non dou en entender: ¿Que teñen que ver os funcionarios do Concello no mal funcionamento do SERGAS?
Creo que se lles poden atribuír moitos erros pero non son culpables de todos os males que acontecen no pobo

 
Às 2:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

A contradicción é unha faceta máis da condición humana. A existencia de contradiccións para os que facemos emprego do método analítico non xenera maiores problemas na súa resolución cando se dan contradiccións primarias e secundarias. O PP vive na incoherencia das contradiccións primarias ou esenciais de xeito permanente e iso ao parecer ten posibilitado por parte dun sector da sociedade ("os de sempre"), a súa incongruente aceptación, mentras noutros casos, en sinxelas contradiccións secundarias: cuestións nimias-, cando son outros os que as fan, non teñen por eses mesmos elementos, nin de loxe a ben igual trato, máis ben este tipo de actuacións xeneran un efecto dominó no sentido contrario: a pecatta minuta elévase á categoría dun auténtico problema cando en realidade non existe tal cousa. Contradiccións primarias téñense dado nos posicionamentos políticos do PP, ao afirmar unhas cousas en Galicia e manter postulados contrarios en Madrid (troco de cromos en Navarra e en Canarias, nesta última xa non vale o que afirman a respecto do partido máis votado). Isto para "alguns" parece ser normal, mentras para "outros" non deixa de ser unha esquizofrenia política que merece tratamento sintomático e urxente.




Anónimo dijo...
Creo que sería bo partir de que por parte da sociedade dominante (status) se dá unha dobre moral hipócrita: Aqueles que non querían o aborto, fervientes defensores da familia e do nacionalcatoliscimo, mandaban as súas fillas a abortar a Londres (tiñan medios abondo), eses mesmiños que onte se opuñan á Lei do Divorcio non tiñan reparos ninguns, nin remordementos en acodir ao Tribunal da Rota para que lles "bendeciran divinamente" (cartos por medio = bula) as nulidades dos seus casamentos por falta de consentimento e outras historias, son eses mesmos os que hoxe se enchen as bocas de coa palabra democracia, eses mesmos que rachan os saios aquí, mentras acolá os seus fan política de terra queimada, valeirando as arcas públicas con soldos millonarios, esos mesmos que enchufan por doquier aos seus (Louzan versus Deputación de Pontevedra) non poden aturar que outros os desaloxaran do poder nas furnas, para eles é cuestión dun monopolio asoballador e cuasi feudal con dereito de pernada; o funcionamento do sistema democrático e o de menos, a fin xustifica os medios.

 
Às 6:54 da tarde , Blogger Escévola disse...

A respecto da sanidade quería decir un par de cousas. Está claro que é manifestamente mellorable na vila e no conxunto de Galicia pero debemos ter en conta que os culpables non son , con caracter xeral, os profesionais da sanidade. Todo o mundo lles botamos a culpa e os abroncamos polas esperas e outras deficiencias pero en realidade eles soen estar de acordo con nós. Os culpables están nas institucións que pasaron máis de 15 anos sen convocar unha soa oposición a médico, que os botaron para Portugal ou Gran Bretaña e agora se dan conta de que non temos o persoal preciso. Eu teño moitos amigos médicos e todos animan aos seus pacientes a pór reclamacións por escrito nos hospitais ou centros de atención primaria porque como din eles: "e que eu non podo atender a unha persoa en 3 ou 4 minutos como queren que faga para poder reducir as esperas". A solución como en moitas outras cousas é contratar xente e darlles aos profesionais as condicións que merecen por capacidade e por cualidades.

 
Às 7:15 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

NON HAI MÉDICOS NO CENTRO DE SAÚDE E HAI MÉDICOS DO GROVE TRABALLANDO NO MONTE REMOTO DE PORTUGAL. ATA CANDO?

 
Às 10:51 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

¿Eló si traballan coma a amioría dos traballadores as 8 horas diarias?
Ou máis facil aínda. ¿Se prohibimos ós medicos que traballan na sanidade pública traballar tamén na privada?
O carallo disto é que todos sabemos que son un grupo de presión moi grande pola súa función social e imprescindible,
pero que moitos ven niso unha oportunidade e tratan de sacarlle o máximo rendemento. É vergoñento e noxento que se vas a un médico con consulta privada che apaña a cita na pública para unha operación. En moitos casos ese é o maior activo que teñen estes elementos. Que conste que non quero xeralizar pero cada vez sucede máis.

 
Às 12:49 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Os do BNG xa teñen o seu propio parladoiro ou que? porque acabo de ver na web www.todogrove.com 4 ou 5 noticias deles!! casi a diario, vamos apañados! Bena posicionandose... quen ten cu ten medo

 
Às 2:08 da manhã , Blogger Escévola disse...

Todos os médicos cos que teño relación entran a currar as sete e saen as tres, 8 horas. Ademais cada cinco días teñen unha garda que dura 24 horas e despois a súa xornada normal de 8 horas. Aqueles que só traballan na pública cobran un complemento de exclusividade como calquera outro traballador do estado. Ademais a maioría non son funcionarios xa que este ano é o primeiro no que se convocan as oposicións despois de máis de 15 anos, soen ter contratos por meses ou por un ano. Ben para todo isto deben estudar 6 anos de carreira, facer o exame mir ( normalmente outro ano máis preparándoo) e despois unha especialidade que dura de 3-5 anos.Eu non sei onde vedes todos eses privilexios.

 
Às 9:12 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Sinto decir obviedades pero ás veces é necesario pensar. Hai excelentes profesionais da sanidade pública, que fan moi ben o seu traballo, que atenden á xente con corrección e dedicación, que non traballan tamén na privada, e que polas tardes preparan informes, amplían estudos, renovan coñecementos, contrastan a información, participan en grupos reivindicativos de melloras na saúde pública... No Grove temos un deses exemplos, chámase Santiago Santidrián, e ten o seu posto de traballo no ambulatorio de Vilagarcía. Non falta ao traballo, os seus pacientes están encantados, e fai todo eso que vos dixen. E si o cito é como exemplo, porque sei de moitos e de moitas máis. Que me disculpe el por metelo neste fregado.

 
Às 9:12 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Sinto decir obviedades pero ás veces é necesario pensar. Hai excelentes profesionais da sanidade pública, que fan moi ben o seu traballo, que atenden á xente con corrección e dedicación, que non traballan tamén na privada, e que polas tardes preparan informes, amplían estudos, renovan coñecementos, contrastan a información, participan en grupos reivindicativos de melloras na saúde pública... No Grove temos un deses exemplos, chámase Santiago Santidrián, e ten o seu posto de traballo no ambulatorio de Vilagarcía. Non falta ao traballo, os seus pacientes están encantados, e fai todo eso que vos dixen. E si o cito é como exemplo, porque sei de moitos e de moitas máis. Que me disculpe el por metelo neste fregado.

 
Às 12:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Releendo o artigo obxecto do comentario, é evidente que os tiros non van polos profesionais da saude (que de todo haberá, como en todolos sitios), senon polos xestores (alto persoal de perfil político da Consellería de Sanidade) que é a que perpetúa este estado de cousas. Os médicos, ao final e como todo Dios, teran que facer o seu traballo e non será culpa deles que se pechen camas nos hospitais ou que non se cubran as baixas laborais

 
Às 3:58 da manhã , Blogger Escévola disse...

Xa sei que non ten que ver co tema pero é que acabo de velo agora, ¿non vos parece que o Bea é bastante demagogo?. Digoo porque xa é a segunda vez que o vexo dicir que vai reformar algunha ordenanza para solucionar un problema, neste caso o ruido, que non se solucionaba pois por que o anterior goberno e algúns funcionarios non tiñan interese en facelo. As motos estas ruidosas xa eran "multables" antes, outra cousa é que se tivera algún interese, como as motos outros moitos ruidos. Non sei parécenme temas importantes pero que non se solucionan con recetas máxicas e novas ordenanzas.

 
Às 9:24 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Se foran dos nosos sería maravilloso, que xa era hora, que xa se nota o cambio, etc,etc.
POr certo, ¿qué me dis da noticia que sae en todogrove.com respeto ó do control nos mercados? Pero ¿sería tan intrépido o reporteiro gráfico coma para cheirar que a policía local ía estar ahí nese momento? O que cheira mal é o pataleo que algúns tiveron con certo medio. Agora que xa temos todos a favor (excepto o imposible diario de Louzán(Arousa) , pero este cébase máis co SOE que con nós)os medio xa son "obxetivos. ¡Canta "Mendizia"!

 
Às 9:29 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pois xa era hora de que alguén tome medidas, sen ter medo ó que dirán ou por onde nos darán. Gobernar é tomar decisións, quen non as toma que se quede na casa.

 
Às 1:28 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

o shi lalalá stou borraxo, xarará.

 
Às 3:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

credes que o reporteiro gráfico foi avisado da operación antixoguetes? acaso si fora avisado non sairian mellores fotos? porque notase que estan desde algo lonxe coma "os roubados" acaso chaman a uns medios e a outros non? ou sinxelamente non puido ser casualidade que anduvese por ahi facendo fotos da festa, que todos sabemos que anda coa camara colgada, acaso ahora tamén é a noticia de que sairan esas fotos e non o feito das pistolas perigosas en si, acaso a alguen non lle gusta ver as noticias ilustradas coas fotos? ou é que o fotografo tiña que absterse de facelas si ten a operación diante dos ollos? eu pola miña parte felicidades pola fotos, ademáis tamén sairon noutro medio fotos doutro operativo coas pistolas enriba do capo do coche da policia local, e seguro que esos non tiñan un fotografo aquí como o ten o Faro, non os avisarian non? que mala ostia tedes meteros co traballo das persoas e obviades o realmente importante.

 
Às 3:28 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu non sei si o avisaron ou non, en todo caso cada un ten os seus contactos e as súas fontes e esas fotos non perxurdicaron a nadie e nin creo que os axentes se molestatan porque despois eles ben que sairon nas televisións mostrando con todo detalle as pistolas. Eu como o anterior tamén o felicito por esas fotos. Parece que vos jode que algunhas perxoas traten de facer ben o seu traballo e non estean ao voso lado de lameculos ou facendovos as beiras coma outros. Solo hay que ler a prensa nos últimos 15 días, o de antes non pero o de ahora tampouco.
Malas linguas coma algúns que nestes medios se expresan solo para falar mal e envenenar son os que fan que alguhas persoas cos ganas de facer cousas polos demais deixen todo de lado e algún caso conocemos todos e de xente valida que de repernte desaparece da vida social ou politica, sinxelamente porque todo dios e a criticar e poucos a colaborar. Damos pena

 
Às 10:22 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Líchedes as declaracións do tipo do Colexio Médico que pide para os todos os médicos da sanidade pública o plus de exclusividade, aínda que traballen tamén na privada? Seica se sinten discriminados os que teñen dosu chopes. Eu quedín asustada de que ninguén lle mande un obús (dialéctico, que unha é pacifista, ollo) ao medio e medio do furo do supositorio. Eso xa non é ter cara, é ter un desprezo absoluto pola xente que cotiza todos os meses á seguridade social.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial