17 de julho de 2007

Fagamos caixa

Xa rematou o ¿campionato? de tiro o pombiño e a estas alturas os nosos hosteleiros locais deben estar moi enfrascados contando as moitas ganancias deixadas polos matarifes nestos nove días. Se temos en conta o que se decia para xustificar este evento, xa temos safo este veran. Agora pode chover ou cair neve que a campaña xa está virada. Os moitos cartos que nos deixaron nestes días os "deportistas" do tiro van a posibilitarlle facer fronte as obras de millora que teñan que facer nos seus establecementos hosteleiros para que, o vindeiro ano, poidan acoller a mais matarifes, xa que este ano non deron a basto en dar comidas, copas ou aloxamentos.

O mais tremendo desta historia, e que a gran maioria da xente de Ogrobe acreditou desta historia. Falar con moita xente e chorar. Naide e capaz de xustificarche de donde saen eses cartos que din que se manexan nestos dias (polo menos os que veñen a mirar os fogos o dia do Carme vense polas ruas e polos bares), naide é quen de dicirche si a medio ou longo prazo este tipo de turismo vai ser bo ou malo para un destino turistico que pretende ser de calidade. Moito miramos para a limpeza das rúas, para os servizos os turisticos, pola oferta cultural, etc. etc. pero nadie parece cuestionarse o efecto que artigos sobre o tiro de pichon aparecidos estes dias en prensa do Estado e inclusa en algunha Europea, pode ser beneficioso para os intereses turisticos de Ogrobe.

Millor farian os noso hosteleiros locais en mirar cun pouco mais de prespectiva esas cousas. A politica do pan para hoxe e fame para mañan, nunca foi boa cousa e dende logo a de matar pombiños os que previamente se lle corta a cola para deixalos todavia mais indefensos tampouco. Ainda que se maten "ecoloxicamente".

7 Comentários:

Às 8:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Unha opinión moi respetable a túa, como outra calquera.
Pero quizais unhs poucos, moi poucos non deberiades decirnos ós demáis o que temos que pensar, podese estar en contra do tiro ó pichón, eu estouno, pero querer pechar os ollos á realidade non, a poboación a xente do Grove non está concienciada e os hosteleiros fan o seu traballo, non deberiades largar contra eles. Defende ou defendede a vosa postura pois estamos nun estado de dereito pero sin abasallar ou pensar que os que non pensan coma vos estan tolos ou son uns incoscientes, na manifestación xa vimos o que a xente do grove quere ou non quere, pasotismo en todo caso. Os "ecoloxistas" collestedes esa bandeira e non a soltades, non sei como non vos cae a cara de vergonza, pois hai aberracións ecoloxicas máis graves na comarca e no Grove e non se vos ve por ningunha parte, ben que non falades das contrucións e empresas de xente afín a vós. Solo buscades o medático e eso dende o meu punto de vista vos desliximita para outras actuacións.

 
Às 10:43 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Nada mais lonxe da miña idea a hora de escribir o texto obxecto do comentario que o de decirlle os demais o que teñen que pensar. O que si intento con todalas miñas forzas e expresar - con argumentos - porque estou en contra do tiro de pichon , por razons de tipo ecolóxico, de estética, de defensa do medio ambiente e dos que nel conviven, por non inculcarlle as xeracions vindeiras a cultura da morte pola morte, e por razons de tipo económico, pois como decia no texto e agora repito, penso que o futuro do turismo de calidade non pasa por ese tipo de "atractivos". Igoal estou equivocada e o mundo vai por outro lado. O certo é que a propria HESPERIA era a principal interesada en que non se celebrara. En Catalunya por exemplo, esa práctica está prohibida e a nivel turistico me parece que non lle vai mal de todo.
Para rematar, so decirlle o amable anonimo que por suposto eu collin esa bandeira e non a solto ate polo menos que se erradique ese "deporte" e fago eso porque sou consecuente co que fago e co que defendo e iso para min, non é motivo para cairme a cara de vergoña, mais ben todo contrario. Persoalmente os que son "ecoloxistas coma ti" , e "eu tamen estou contra o tiro de pichon", soname moito a aquel que cando se fala dos gay tamen resulta que ten un amigo que o é. Non teño por ningunha banda que mire intereses ilexitimos nin immobiliarios, alá cada quen coa sua concencia. A miña e a dos meus, afortunadamente estache ben limpa e ainda podemos mirarnos o espello todalas mañans cando nos peitemaos. Espero que o antedito non che ofendera, nunca foi esa a miña intencion, pero cando se defende as cousas co convencemento de que che asiste a razon (eu fun unha dos 27 votos do BNG nas primeiras eleccions, nestas ultimas xa fumos 1300) o numero siñifica ben pouca cousa.

 
Às 2:35 da manhã , Blogger Escévola disse...

A verdade é que sobre o tiro ao pichón hai unhas cantas cousas que conviría aclarar. A primeira é que se o chumbo contamina ou non, non é cuestión de opinión senón que é unha cuestión de analisar as augas e punto. Digoo porque sempre parece que é unha cuestión de opinión e non é así. Segundo, dixéronse unha chea de barbaridades como a de que se os perdigóns contaminaban o chumbo dos pesos da pesca tamén. Esto é unha soberana tontería xa que non é o mismo o chumbo fragmentado que o macizo e ademais non é o mismo que este sempre sumerxido que que se use e se recolla, pero sobre todo non existen grandes concentracións de chumbo fragmentado polos pesos das canas de pescar. Terceiro, deuse unha absoluta esaxeración co tema dos ingresos derivados do tiro ao pichón na hostelería meca. A miña familia é hosteleira e non vivimos do tiro, acredito en que deixe certos beneficios fora do complexo hoteleiro da Toxa pero para nada nas cifras que se derón que superan con moito o impacto razonable dun evento dese tipo. Con todo isto quero dicir que existiu unha certa manipulación respecto do tema e como sempre unha serie de argumentos con pouca base ( o do chumbo dos aparellos é de risa), coma sempre ocorre en temas medioambientais surxiron as dúbidas de si contamina ou non como se fose unha cuestión de opinión cando é algo froito de análises científicas. Respecto ao anónimo das 8:49, non sei porqué cada vez que se nos critica aos blogueiros sempre ten que sair o tema de "claro como sodes de tal ou cual partido". Obviamente temos a nosa ideoloxía pero esta non é un argumento que empreguemos nos artigos, a miña ideoloxía non é máis que unha cosmovisión que obviamente condiciona as miñas reflexións pero non me da ou quita razón , nin me da ou quita argumentos. Denunciamos todo o que nos parece denunciable ou polo que temos máis interese ou coñecementos .De feito temos mail para que a xente mande cousas que lle importen pero o que non somos é a policia da vila, que para iso xa hai outros que cobran por eso.

 
Às 3:47 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Eu son o das 8:49 PM e alegrame a aclaración que me fas a continuación Xarabal pois por ai ian os meus tiros, quizais non me expliqueib ben pero comparto a aclaración e para nada busco a confrontación ou as descalificaciós gratuitas, non dudo de que ti sexas todo o que dis pero deixame que eu poida dudalo de outra xente que se considera ecoloxista e non por esto te sintas sinalado, porque no fondo creo que estamos no mesmo barco.
En canto a escévola non podo decir o mesmo, ainda que si tes razón en moitas cousas como o tema do chumbo e tamén o dos ingresos que evidentemente se amplificaron eu tamén che podo decir que son de familia hosteleira e si que é unha gran inyección económica, ainda que como decia Xarabal para min persoalmente non é unha razón de peso para que se práctique pero entenderas e eu entendo que si haia xente que o valore, por eso digo que é falta de concienciación e eso non se arregla con unha manifestación de xente de fora que ben ó grove decirnos o que lle gusta ou o que non, creo queé máis un tema de educación e traballo a medio prazo, non confio nos radicalismos e creo que despois de tantos e tantos anos co tema do tiro, non hay porque montar unha crise en torno a esto, máis ben hay que loitar ano a ano, este ano conseguiuse o dos perdigons, pois loitemos ahora para que nun par de anos teñamos platos en vez de pichons e desta maneira seguira o tiro e toda a económia que se move arredor. Pero non sexamos todo Xa! e que quizais se perda para sempre e non entre 1 euro.
En canto ao que comentas escévola de que todo o levamos a un grupo politico ou ideoloxia pois pode que teñas razón pero desde logo polas entradas, comentarios, e temas que sacas a debate creo que é obvio que prima unha ideoloxia concreta e non vou decir que non o fagas, se non me gusta non escribo e punto pero si me das a opcion de escribir deixame que mostre as miñas impresións e esas son as que teño, eu creo que saen moitos casos a diario nos xornais e incluso aquí algunha vez que caen en saco roto sin embargo outros que as veces parecen máis vanais be que se lle quita fio, e non me molesta eh! pero deixame decilo! ás veces non vemos o lixo no ollo propio e eso confundenos para ser obsxtivos con outras cousas, que millor haberia que ser autocriticos e facer unha conversa construtiva que ao fin e o cabo nos beneficiaria a todos no conxunto.

 
Às 9:41 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Non hai que demostrar que o chumbo contamina, sobran os informes técnicos, por esa razón foi sendo retirado de conducións de augas (antes todo en chumbo) e sustituídas por derivados plásticos. Ata nos famosos soldadiños de chumbo foi determinada a norma de ser eliminado e sustituído por outros materiais. O mesmo pasa co mercurio, que ven de ser retirado ata dos termómetros de toda a vida (e mira que era bonito cogar coas boliñas máxicas, cando escachaba o termómetro); e do que tampoucoo temos que demostrar que contamina. O chumbo ten que saír fóra da ría, sexa o dos perdigóns, o que hai en pesos de liñas e canas de pesca ou en aparellos, nasas ou demáis artes.
E manos falsedade co dos perdigóns ecolóxicos, nin cerámicos nin doutra caste. Non é compatible o ecoloxismo, a defensa da natureza, co maltrato e coa matanza de animais, aos que se fai sufrir cortándolle antes a cola para que os escopeteiros fagan diana de xeito máis doado e se sintan uns campións.
E do do turismo, pois qué lle queres, eu non vexo eses presuntos ricachos polo Grove, mercando, comendo ou durmindo. Sí vin coches aparcados na Toxa, moitos deles entran pola mañá e marchan á tarde e como non consuman güisquis no campo do tiro, non vexo qué outro consumo fan. E as aposta ilegais, sen pasar pola Axencia Tributaria? Tamén defendemos eso? Pero o que peor me parece do comentario do que lle contesta ao Xarabal é eso de que veñan os de fóra do Grove a decirnos o que temos que facer, pero home aínda non demos aprendido que non hai fronteira no Vao, que o mundo é libre e a transmisión de ideas tamén o é. Tes o mesmo dereito a pasar desa manifestación, que os ecoloxistas do Salnés, ou de Birmania, a virnos dar exemplo de civismo e compromiso. E grazas a todos por procurar non insultar, non mentir e non faltarlle ao respeto aos que nos len, que son moitos neste blog do Xarabal.
E para rematar, os meus parabéns aos dez do Grove, conteinos, que estiveron nesa manifestación, e dos que non dou o nome (concelleiro e irmán do ex-alcalde incluídos) para que non os abrasen os integristas do antiecoloxismo. O tiro ao pombiño ten data de caducidade, e eso sabémolo todos e todas no Grove. Mellor ir pensando noutras maneiras de traer xente xunta nós, porque se cadra caduca xa para o ano.

 
Às 1:54 da manhã , Blogger Escévola disse...

Para o anónimo: está claro que podes opinar e dicir o que queiras e eu encantado de que o fagas. Non me entendas mal, non me refería a iso; referíame a que tampouco podemos escribir sobre todo o que pasa. Eu por exemplo misturo noticias de Ogrobe coa historia (que é a miña profesión) e moitas veces non se me ocorren cousas das que escribir. Quero dicir con isto que sempre se nos acusa de falar dunhas cousas e non de outras pero a verdade é que nunca se nos din cales son as outras. Todos temos un mail nos blogs para que a xente mande temas e, polo menos a min, ninguén me suxeriu ningún. O que intento dicir é que, fora de que cada un escribe do que quere ou lle gusta, todos os que ás veces criticades que non digamos outras cousas tampouco dicides cales son e iso a min non me parece moi xusto. Por certo eu pola miña parte encantado de que participedes tamén cando non estades de acordo en algo e oxalá toda esa xente que nos critica na rúa ou nos bares ( o outro día na Marquesina estaban criticando os tres blogs algún concelleiro do anterior goberno) se anime e participe, pois estes cadernos son para todos os que queiran participar.

 
Às 3:05 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Lóxicamente novas alternativas turísticas hai qe buscalas para todo o ano. O que existe actualmente turísticamente neste pobo son Sol e praia en Agosto, Semana Santa, A Festa do Marisco, O Tiro o pichón e nada mais por desgracia. Despreciar o tiro o pichón nestes momentos da forma que o facedes moita xente e vivir de espaldas o pobo considero un pouco suicida e de descoñecemento do tema, este acto realmente deixa moitos cartos neste pobo e probablemente non se den conta xente como ese superconcellerio " Antón Mascato" que claro en Vigo donde el reside non se da conta que aquí a xente vive do mar e do turismo e non do funcionariado. Agora mesmo quitando o tiro de pichón en Xullo o nivel de contratacións no vran reduciriase moitisimo. Con esto non digo que este a favor da matanza de animales pero non estou a favor da xente que fala dende fora do sector hosteleiro sen aportar novas ideas para desestacionalizar o turismo e tratando de eliminar as poucas actuais, esto por si hai algún que non se enterou que a política vai de negociar non de impoñer. Unha das ideas novas para deseacionalizar o turismo pode ser a cultura, sempre que non nos enteremos dos actos desta noite as cinco da tarde. Xarabal eu tamán votei o bloque pero non coñecia a quen levaba Carlos de número 2 si o chego a saber non o voto

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial