1 de agosto de 2008

Crisis ... What crisis ??

Por fin, iba este dia a poñerme a escribir sobre os nosos mandatarios locais e como vai a cousa baixo o punto de vista desta meca de adopcion cando caeu nas miñas mans, este interesante traballo de Juan Torres e Alberto Garzon. Polo interese do mesmo, xa que coa que se nos ben enriba é convinte que sepamos con quen nos xogamos os cartos, publico este traballo para o seu debate e discusion.


Especuladores, grupos de presión, enormes beneficios empresariais... e moita hipocresía

¿Por qué suben realmente os prezos? As razos que os medios non contan

JUAN TORRES LÓPEZ E ALBERTO GARZÓN ESPINOSA

Os prezos están subindo en todo o mundo. Nos países máis probes a alza do prezo dos alimentos está provocando unha situación dramática: fame e escasez, "un crime contra da Humanidade", tal e como o calificou con toda razón o relator das Nacions Unidas para os asuntos da Alimentación, Jean Ziegler. Os prezos de materias primas estratéxicas como o petróleo disparanse e provocan subidas sucesivas en todos os mercados e suben tamén os prezos ó consumidor en case todos os países.
Achegase de novo o pantasma da inflación, pero xustamente cando esto acontece non podemos esquecernos de duas cuestions esenciais.

Desmontar o mito
A primeira é que a suba de prezos, ainda que sempre é obxecto do debate económico, é un dos fenómenos económicos conscientemente peor e máis equivocadamente analisados, pois as explicacions teóricas da inflación utilizanse para xustificar políticas radicalmente anti sociais.

Favorable a certos grupos

A segunda, que a inflación non so ten causas senon tamén e sobre todo propósitos porque, na maioría das ocasions, os grupos con poder pode mellorar a posición na distribución da renta desencadenándoa.

Manter a alerta
É por estas duas razos que conven ser intelixentes e non deixarse levar polos análises tan sesgados que enchen os medios e os discursos políticos.

A entrada do euro e alguns espexismos
Respecto os prezos ó consumo en estados europeus como o Estado Español, hai que sinalar en primeiro lugar que a sua alza non é do todo nova. A realidade é que se está producindo dende a entrada do euro, ainda que se ven disimulando gracias a tramposa configuración dos indicadores estatísticos, sucesivamente modificados para evitar que adquira rango oficial a efectiva sensación de pérda do poder adquisitivo que sinten @s ciudadan@s.

A nova especulación
E sobre a subida dos prezos dos alimentos, e incluso do petróleo e outras materias primas, non hai que esquecer que xustamente estase a producir cando os especuladores veñen de deixar os mercados financieiros como consecuencia da crise inicial das hipotecas.

Cantinela liberal...
Pero agora, como sempre, sexa o que sexa o que esté acontecendo, cando os prezos suben en maior ou menor medida, as autoridades económicas de signo liberal non teñen na sua boca nada máis que unha mesma cantinela: hai que moderar os salarios (porque os prezos suben -según din- como consecuencia de subidas previas nos salarios) e hai que subir os tipos de xuro (porque tamén din que si suben os prezos é que hai excesiva cantidade de diñeiro en circulación e para reducila hai que subir seu prezo).

Os únicos da OCDE

O Banco de España, por exemplo, xa recomendou públicamente a conxelación salarial a pesar de que o Estado Español é o único dos 30 países membros da OCDE no que o poder adquisitivo dos salarios está baixando dende 1995.

O BCE non é neutral
E, pola sua banda, o Banco central Europeo empeñase en subir os tipos a pesar das xeralizadas voces que indican que eso, en lugar de favorecer a economía e incluso os prezos, provocará unha maior crise. Ainda que, eso sí, tamén grandes beneficios para a banca e os propietarios de capital (sólo a suba que se produxo fai uns días como consecuencia da "indiscreción" do seu gobernador, nin siquera como efecto dunha medida formal, provocou un custo de 3.000 millons de euros as familias hipotecadas, ou o que é o mesmo, un maior ingreso desta mesma magnitude os bancos, o que deixa ben claro para quén traballa e o servizo de quén está o Señor Trichet).

A mwsma doble resposta
En suma, sempre unha mesma doble resposta ante a inflación que se traduce inexorablemente nunha millora dos beneficios e as plusvalías no conxunto das rendas e na maior explotación e pérda do poder adquisitivo dos traballadores.

Verdadeiras causas

Pero as verdadeiras causas das subas dos prezos hai que buscalas en outros sitios. Vexamos, por exemplo, o caso dos prezos e os salarios.

¿Farianno?
É verdade que si os salarios subiran de modo continuado eso aumentaría os costes das empresas. Pero, ¿necesariamente produciríase entonces inflación, é dicer, trasladarían inevitablemente as empresas esos custes máis altos os prezos de venda? Lóxicamente, sólo poderían facelo... se puderan.

A clave: o poder do mercado

Non é un xogo de palabras. É que as empresas poden subir os prezos cando suben os custes só se teñen poder de mercado, si se enfrentan a unha demanda cautiva (ou, como decimos os economistas, moi inelástica, é dicer, que apenas disminue cando sube o prezo). Se eso non acontece, as empresas que ven subir os seus custes salariais (ou outros calquera) teñen que reacionar de outro modo se non queren sair do mercado: mellorando a calidade, as condicions de venda, a productividade mellorando as técnicas de producción, etc.

O caso español
¿Qué ocurre no Esatdo Español? Pois que nin siquera tendo salarios máis baixos as empresas son capaces de facer fronte as subas de custes que soportan, e o que buscan é procurar ter poder de mercado e impoñer os consumidores prezos máis altos que lles proporcionen beneficios extraordinarios.

O mesmo de sempre
Os economistas do Banco de España que estudian a inflación, e os seus responsables políticos deberían ser máis perspicaces antes de decir sempre o mesmo: que hai que baiar os salarios.

Sete veces Europa
¿Por qué non mencionan o feito de que no Estado Español, donde se queixan por prezos máis altos, hai salarios máis baixos e que crecen menos, pero beneficios empresariais sete veces máis altos que no entorno europeu? Unha mostra indiscutible de que non son os salarios os que suben os prezos, ainda que non parece que eso chame a atención a inteligentsia do Banco.

Rixideces inducidas
O que ocasiona a inflación, o contrario do que os poderosos e os economistas o seu servizo nos queren facer crer, é o maior poder de mercado das empresas. Gracias a él influen no goberno para que acepte tarifas máis elevadas, para que non combata as estratexias anti competitivas e as que despilfarran millons de euros para fidelizar os clientes e así disfrutar dunha demanda máis ríxida. E grazas a él poden impoñer a seus consumidores prezos máis altos.

E isto non so pasa no Estado Español cos prezos ó consumidor.

Con alimentos e petróleo, igual
Os prezos dos alimentos ou os do petróleo, están subindo po la mesma razón de fondo: porque as grandes corporacions impoñen a sua lei, porque os gobernos as deixan facer, porque falan e falan de mercados libres e de competencia cando o que existe de verdad e son mercados sumamente imperfectos, oligopolios con máis poder que os gobernos e con influencia suficiente nos mercados como para impor prezos que constantemente lles garantan beneficios extraordinarios.

Outras razons
Sempre falan de salarios para explicar as subidas de prezos, pero nunca se refiren, polo contrario, os enormes gastos financieiros que impoñen bancos que actúan en mercados corruptos, en donde non existeu competencia prácticamente nunca. Non falan dos despilfarros en publicidade, en financiamento a grupos de presión, en inversions irracionais, nos custos que supon a especulación debido o risco que leva consigo e que se trata de conxugar logrando beneficios moi altos nas operacions exitosas. Non se di, por exemplo, que si o custe de producción dun barril de petróleo de Arabia Saudí é de uns 6 dólares, a especulación ebgade un custo de entre 30 e 40 dólares.

Nin, por suposto, tampouco falan dos custes que impoñen os grandes intermediarios.


Datos interesantes
Diversas organizacions agrarias e de consumidores calcularon no Estado Español un Índice de Prezos en Orixe e Destino dos alimentos (IPOD) que lles permiteu comprobar que os alimentos encarecense de media un 436% (e nalguns casos ate un 900%) dende o campo ate a mesa.

O poder intervir
Non se fala, en suma, do PODER para maquinar sobre o mercado, que non é algo que precisamente esté o alcance dos traballadores, nin de sua desigual distribución.

¿Hipocresía?
Se quixeran que os prezos non subiran como están subindo donde habría que actuar é sobre ese poder antisocial, desigual e nefasto. O demáis son excusas con un único propósito: facer que os beneficios suban sin cesar.

Juan Torres López é Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Málaga e Alberto Garzón Espinosa é economista e investigador na mesma Universidad. Editan conxuntamente Altereconomía.org: Outra forma de ver a economía

7 Comentários:

Às 5:11 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Xarabal, a ver si adiviñas como é que o Concelleiro de Cultura trae un autobús de libro e non a da aviso a Concelleira de Educación e pola contra si da aviso a Concelleira de Mercados?

Ai Xarabal, Xarabal, que se che ve o prumeiro! os libro teñen mais que ver coa educación que cos mercados, a ver si nos vamos enterando! Polo menos, o alcalde e o tenente de alcalde estarian avisados, non?

 
Às 9:46 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ai que ter moi mala baba para dicir o que di o anonimo comunicante. Eu estiven presente cos meus fillos nese acto, e podo asegurarche que ali estaba, aparte da concelleira de Mercados, a de Educacion (Noemi) e o concelleiro de Xuventude e Persoal (Xan Lamelas). Por contra, non vin o 1º Tte de Alcalde (Carlos) polo que a insidia que soterradamente se intenta verter no comentario, coido que queda desmontada. De todas as maneiras, si era tamen notoria a presenza dos nenos dos colexios e asociacions que forman parte dos campamentos de veran, que como o anonimo comunicante debe saber, non estan organizados polo Concelleiro de Cultura.

 
Às 10:35 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Si, Xarabal, todo o que tí queiras, pero os nenos de candi avisachelos tí, e os dos outros colectivos tivos que avisar Noemí, a quen por certo, tí non avisaches, ou é que esqueces que non avisaches a Noemí, concelleira de Educación para estar presente no acto ese?. E tí, querido Xarabal, claro que estiveches, xa te vin, organizadeiro como eres, como non ias estar! Si faltas tí, falta o teu mellor amigo.

Ven querido concelleiro de cultura, soio espero que para a vindeira, non esquezas de avisar a Noemí, non vaia a ser que che coma as papas e se che volva a esquecer novamente avisala.

 
Às 10:45 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Isto que vou dicir, non sigue o fío desa conversa.
Pero, penso que é de interese, para todos, que é o que está sucedendo no SERVIZO DE SOCORRISMO EN PRAIAS:

- 1º. O devandito servizo, está a ser dirixido en "teoría", polo concelleiro, Sr. Alfredo Bea Jr., tendo como consexeiro (non sei se con nómina ou non), ademáis de gurú e brazo executor, ó Sr. Victor Otero Prol, presidente da case "extinta" agrupación de voluntarios de Protección Civil.

- 2º. A súa vez, estes dous señores, teñen como encargada de este servizo, (non sei se de palabra, ou con contrato), a Sra. Susi Otero Magdalena, tan recordada por aquelas listas do PP, que foron enviadas á Euskadi..., xa todos sabedes.

Despois de todo este galimatías de cargos, recadeiros, sarxentos, etc...a miña pregunta é ¿SABEN OS CONCIDADÁNS DO GROVE, QUE ESTÁ A PASAR NESTE SERVIZO?.

Sr. Concelleiro de Seguridade Cidadá: penso que debería de estar a outra altura. As ameazas ós traballadores, son proprias de outros tempos e de persoaxes, con escasa ou nula formación cultural-profesional. Ameazar con retirar subvencións a agrupacións do municipio, se vostede non o sabe, é prevaricar.

Ademáis diso, Sr. Concelleiro, vostede, ten a unha persoa, (D. Victor Otero Prol), como consexeiro; o cal me parece estupendo, se vostede non ten o coñecemento necesario para desempeñar a labor. Pero o que si é totalmente ilegal, e que esa persoa, dé ordes ou esixa algo a naide, no servizo de socorrismo en praias.

Todolos anos, se fan as mesmas trapalladas, e están protagonizadas polos mesmos de sempre. Salvo este ano, que lle tocou ó Sr. Alfredo Bea, e non á cansina Dna. Ana Isabel Domínguez. Pero todo ven a ser a mesma merda de sempre.

Aproveiten ben, os cartiños que lles dan polas bandeiras azuis, e deixen de facer parvadas.

Por que este é un servizo, que segue a ser deficiente, pola vosa culpa (lease Concelleiro de Seguridade cidadá, D. Victor Otero Prol e o Sr. Alcalde), non pola culpa dos contratados-asalariados, especificado; porque de seguro que hai algún asalariado, que non está contratado.

O único que se fixo ben, foi balizar as praias. Pese á continua oposición (durante anos), do Sr. Victor Otero, petición feita polos socorristas e denegada por él, argumentando que a Lanzada non era unha praia balizable, ¿ou non era suvencionable a balización...?

Outra cousa; a maioría da xente, que é contratada polo axuntamento, carece de formación necesaria. Non quero, con isto, quitarlle o pan da mesa a nadie. Pero para este servizo é necesario contratar a xente que sexa experta no tema ou polo menos con coñecementos, como, por exemplo socorristas acuáticos titulados (non un para cada praia), persoal con formación sanitaria para atención en terra e Patróns debidamente formados e titulados. Non cursiños impartidos por calquera de Protección Civil, a correr, nun par de mañáns.

A formación custa cartos, e tempo. Non enganedes a nadie. Facendo creer que cun cursiño de nun par de mañáns, unha persoa, está preparada para facer un protocolo de reanimación cardio-pulmonar ou aproximarse e recoller cunha embarcación a un afogado.

Isto, ademáis das condicións laboráis, nas que se encontra a xente contratada, non é unha coña.

Ate agora, este Axuntamento, e esta concellería, tivo moita sorte, con que non ocurrise nada; e sorte teña, de que a quen lle ocorra, non esté respaldado por xente ben informada que sepa o que preguntar, para destapar as carencias dun servicio deficiente.

Dende aqui, rétovos a que fagades as cousas como é debido, se é necesario, co traballo, non co "asesoramento", de xente realmente preparada; se é que a vosa formación e coñecemento vos impide facelo.

Unha persoa, non ten por qué saber de todo, pero ten que ser profesional no seu traballo. O que conleva ter un cargo público; que para algo vos pagan, é: RESPONSABILIDADE E PROFESIONALIDADE.

Olvidemonos do pasado, da trapallada, dos cursiños a correr, para faceres de aspirantes a chóferes da grúa de retirada de vehiculos, socorristas e de labores de garda-xurado, do parking de vehiculos, de tanta merda e tanto caciquismo.

E ademáis de todo iso, P A G A R. O salario dun socorrista, nunca chegou a sobrepasar o mínimo legal do salario de empregados do axuntamento. Exactamente nunca pasou dos 900 euros.


Todo revirte no beneficio dos usuarios da praia, que agradecen que haia un bó servicio de socorrismo, aínda que descoñezan a diferencia dun bó ou mal servizo.

Pero máis o agradecerán si é bo.

Demoslle a importancia que ten, en primeiro lugar, as vidas humanas, e en segundo, as condicions laborais e contractuais, que fai o axuntamento.

FÁGANO MELLOR, PORQUE O FAN, REALMENTE MAL.

 
Às 12:22 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Victor Otero Prol é un asesor do concello un chupon e un fillo de puta que pensa que é un xeneral dun exército. Susi Otero Magdalena o que é a probiña é unha ignorante de merda , o Señor fillo de narcotraficante Alfredo Bea é un boca aberta que mellor estaba poñendolle o cú a David Cal. O concello de o grove está mandando por unha panda de pringaos pero que o PP que xa e desir, 1 o alcalde non se entera absolutamente de nada do que fan o resto de Concellerias, 2 o do bloque parese que está está a dar imaxen e nada mais. O fredi sin comentarios e o lamelas é bo rapas pero é un fusilaneme que mexan por el e tiña que faserlle fronte.
Estes pensan que vivimos nos tempos dos parvos pero eses tempos xa pasaron.
INFORMACIÓN = PODER

(fredi vamosche por un bozal)

 
Às 4:36 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Por certo, logo dos acontecementos que se deron neste pobo e na Confraría, para mín o Patrón Maior é sinónimo de Rafael Louzán, polo tanto, a quen se lle ocurreu nomealo pregoeiro nos actos do 25 de xulio deste pobo? Quen tivo a cabeza pensante tan quente como para querer lavala imaxe dun persoeiro tan déspota como D. Francisco Iglesias, que vai pola vida jodendo a xente, a familia, a traballadores/as, a xente que lle axudou fielmente durante anos coma a súa secretaria e que logo a machacou como todos sabemos de xeito déspota e sen sentido, nomealo para ser pregoeiro?
Xa non sei quen é mellor, se Louzán, se Iglesias ou se quen o nomea para darlle un lavado de imaxe a unha persoa que leva anos enganando a moita xente, e leva anos xogando a varias caras sempre para sair gañando él personalmente.
Estou seguro, de que a proposta saiu do seu gran amigo e colega Antón Mascato, concellal de cultura, tal para cual, que xunto con Louzan, vaia tres patas para unha cadeira.

 
Às 6:37 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Quen dixo que o Patroncito machacou a Secretaria? Intentouno, pero non o consigueu.. Eso foi o que intentou, él, a falsa da Lalo vicepatrona, a outra Lalo directiva e o noallés do tic no ollo, que pensa que por amasar cartos, xa sabe leer, e sumáronse os listos do numérico, o dos bichos, o de cuba, e outro do bao pa fora das oficinas, e a nova seño, que así todos suben de postos... vaiche boavilaboa...! pero creo que non poden con ela..
xa se verá cando saia o xuicio polo despido e os xuízos das denuncias que puxo a secretaria a eses jrandiosos compañeiros por acoso... ese acoso que permitiron os jrandes Jeques que ai na Cofradia...
O patroncito debería mirar para atrás e ver que pouca persoa é, todo polas ansias de poder que ten, todo o que foi facendo na súa traxectoria... é como o cabalo de atila, por donde pasou, foise cargando a todos... e a estes paspallás que agora están a facerlle o caldo gordo na Confraría, tamén llo farán, tempo o tempo... que o tempo pon a cada quen no seu lugar...

xa o veredes... Eu creo que a Secretaia debería falar todo o que saiba, todo todo, e deixalo ben co cú o aire, o patroncito, e a todolos seus asesores malignos e chupóteros que tanto se teñen beneficiado da confraria de ogrobe e do traballo desta rapaza a que agora lle intentan dar a patada, de todos eses que tanto saían na prensa, pero aos que era ela quen lle facia os traballos, cantos sábados, domingos, festivos, e horas nocturnas se a via salir da confraría de traballar, cargada de papeis, cantas veces se a via ir pa reunións ven cediño e chegar ven tarde, eso viámolo eu e máis todos os que frecuentabamolo Corgo, un ano, outro ano, e asi ano, tras ano...
Non viamos, pola contra, os outros empregados da Confraría, nin os directivos da Confraría...

Ese é o pago que lle da o Patroncito... ese mismo, que se lle quere, é quen é! é un pesca..ejem..no-mar! outro nome, non pode ter...! que se cree superior os demáis, máis listo, máis juapo, e maís intelixente que ninguén..! E para colmo, das últimas frases apoteósicas súas son...¡é juapísima, lístísima, e TEN CARREIRA..! avemaría purísima, pois como millóns de persoas neste mundo, patroncito, coma millóns de personas...!

Atila Iglesias, por desjrasia, ese foia a persoa a quen se nomeou pregoeiro no pobo de Ogrobe...¡

Bo acerto, sí señor, ATILA IGLESIAS, QUE POR DONDE PASA, NON CRECE A ERBA..! Estamos moi contentos neste pobo por tan vendita elección de representante...!

Po ano, eu propoño a un nazi, dame igoal, calquera, o que máis, mal fixera....!

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial