19 de outubro de 2008

Mais sobre a crises economica

Moito temos leido e moito mais escoitado estos dias sobre a crises económica. Unha crises por outra banda , baixo a miña opinion, bastantes dificil de entender. Unha, na sua inorancia podia entender que as crises se producen cando de repente empezan a pechar as empresas, ocurren unha serie de catástrofes naturais que deixan o pais desabastecido ou o prezo do petróleo disparase. Aqui vemos como nos ultimos meses o prezo do barril de petróleo baixou mais do 50 % (ainda que esa baixada non se nos reflexo o publico nos prezos da gasolina ou do gasoil), e afortunadamente desgrazas naturais tampouco tivemos que padecer por esta zona, Enton, eu preguntome, que é o que está a pasar. Parece como se de golpe e porrazo os cartos desapareceran das entidades bancarias e agora fose imposible conseguir un creto ( aunha compañeira miña por un aval para alugar un piso de 500 € mensuais, pedianlle tal cantidade que nin que quixera mercar o piso!!!). Donde estan logo os nosos cartos, ou os inmensos beneficios acumulados o longo destes anos - sen ir mais lonxe, no que vai de ano levan gañado 24000 millons de euros)e unha entidade, o Banco de Santander está estes dias en negociacions para mercar entidades financieiras no exterior.
Para tratar de dar un pouco mais de lus sobre estas reflesión, achegovos o seguinte artigo de Xose Ramon Ermida. Nos proximos dias, teremos que voltar a falar deste mesmo tema, pois moito nos tememos que o duro ainda no lo teñen reservado e está por vir.


30.000 millóns, para que?

Xosé Ramón Ermida Meilán


Tras varias semanas botando peito sobre a saúde do sistema financeiro español, en contraposición coa situación que se vivía en Estados Unidos ou noutros Estados europeos, o Goberno español descolgouse cunha sorte de plano rescate que vai significar a achega de entre 30.000 e 50.000 millóns de Euros ao sector bancario. Ao igual que o Goberno Americano ou aqueloutros que optaron polas receitas máis neoliberais, os dous partidos do turno tentaron de convencernos que a medida respondía a necesidade de dotar de máis liquidez ao conxunto do sistema, e nomeadamente as familias e a economía produtiva.



Agora ben a realidade é ben distinta, e a iniciativa non ten máis obxectivo que tentar de salvar ao sector económico que nos últimos trinta anos estivo no Estado español, ano tras ano, a cabeza dos beneficios empresariais. Outravolta o aparello do estado conxugase para tentar de transferirlle as perdidas do sector bancario ás clases traballadoras, coma sempre en momentos de crise toca socializar as perdas. A medida non merecería un comentario, a pesar da súa inutilidade para facer fronte a situación económica, se non fose porque indica as claras como, e a conta de quen, se pretende xestionar esta nova crise do capitalismo.



A altura de xullo de 2008 o boletín do Banco de España recollía que o crédito total concedido polo sector financeiro naquelas datas ascendía a 962.233 millóns de euros dos que 311.279 millóns se correspondía co sector inmobiliario e 154.237 millóns co da construción. Así no ano 2000 a contía do crédito total ascendía 302.034 millóns, do que 33.559 millóns destinábanse a actividades inmobiliarias e 42.627 millóns a construcción. Que parte do aforro dos galegos se drenaría para operacións especulativas no Levante ou Canarias, de escaso éxito empresarial?. Cal é a porcentaxe da débeda bancaria que se atopa titulizada?.



Tamén en xullo de 2008 o patrimonio neto do conxunto do sector situábase en 179.927 millóns fronte aos 86.977 millóns do ano 2000. Xa que logo, no prazo de oito anos o patrimonio neto do sector financeiro multiplicábase por dous mentres os créditos ao sector inmobiliario multiplicábase por dez. E o que é máis preocupante; que parte deses 311.279 millóns, aproximadamente o 50%, teñen como garantía solo, garantía que hai que actualizar a valor de mercado cos balances anuais. Tamén así, nos últimos catro anos, tense pasado dun endebedamento neto por depósitos na banca de 50.000 millóns a outro de 232.000 millóns no primeiro trimestre de 2008.



A partir de agosto de 2007 ao sector financeiro do Estado español cortáselle a billa no interbancario, polo que xa non pode financiarse no mercado exterior. Daquela os créditos que tiña contraídos no mercado bancario internacional era de 270.000 millóns de euros en bonos e obrigas e 404.000 millóns de euros en depósitos, cantidades que tiña que devolver en cinco ou seis anos a razón de 50.000 ou 80.000 millóns ano entre cotas e intereses. Os bancos e as caixas do Estado deben pagar antes de que remate 2008 por razón de vencemento da débeda exterior e non renovación de creto 50.000 millóns de euros.



Está claro logo cal é o destino dese fondo de axuda do Goberno de Zapatero, garantir que o sistema bancario español faga fronte aos compromisos internacionais cos seus provedores, e a inxección publica será de 30.000 millóns se logran librar risco ou conseguir recursos propios ou será de 50.000 millóns se non conseguen o apalancamento suficiente. Non deixa de ser paradoxal que nos toque operar de prestamistas dos banqueiros mais, brincadeiras a parte, cómpre clarexar a sociedade sobre o destino deste fundo e desmitificar a súa funcionalidade.



Non agardemos solucións que veñan da man das intervencións en bancos de varios Estados europeos, nin das supostas inxeccións de liquidez no sistema e moito menos de pomposos planos rescate cheos de opacidade, como así mostran os mercados, dos que tanto gostan os pais da criatura. A crise aínda non chegou na súa plenitude. E este paquete de medidas para pouco máis vai servir que para transferir na súa totalidade os custos iniciais da crise ás clases traballadoras e, como consecuencia, afondar no proceso de concentración da riqueza e centralización do capital. A enfermidade é vella e chámase capitalismo, a medicación é diversa e os oligarcas xa escolleron a súa. Mentres tanto, nós a que agardamos?.

24 Comentários:

Às 4:06 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

A ver xarabal, por que non nos contas como levas o feito de ser apartado dos actos da memoria histórica`porque xa nos empezas a dar pena penita pena.

 
Às 12:39 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

PANAIDE:
Coincido plenamente con Escevola cando di que é lamentable que un fraude dese calado político quede impune..Que se cometa semellante atropelo político falsificando firmas e listas para presentar candidatos ficticios nunhas eleccións é de Republica Bananera,sin mencionar o perigo que supón para as victimas incluidas nestas listas.

O do PP daquí e de acolá xa se sabe como vai..Si podemos escorrer o bulto e carjarlle coas culpas a esa GRUMIRA mellor que mellor,pedimos a todo dios que nos acusou FALSAMENTE???, que se arrepintan, que nos defendan e que dimitan..Flanders and cia..Que carallo estades a dicir? se tiñades que ir pola calle coa cabeza gacha e pedindo perdón a todo o que se vos cruzase polo camiño..Panda de mafiosos..

En canto a "GRUMIRA" que ten nome de Cristo afeminado..Vaia elemento,independientemente de que fose ela soa ou non, había que deixala encerrada de por vida..Semellante personaxe que vai polo traballo e pola calle con esa altanería innata froito de tantos anos mamando "d@s mellores mestres que tivo"(modo irónico)..Concelleiras e alcaldes do PP, criada no seo de Perdisión Sivil..Esta "rapariga" non só non lle pediu disculpas a ningún/ningunha d@s seus compañeir@s senón que ainda (perdoenme a frase) "caja de alto" con esa altanería otorgada po-los seus "padriños e mentores" dende hay tantos anos..Preguntadevos porque ainda sendo excluida polo señor Alcalde cando foi do conflicto dos Socorreros e incluso sendo Criticada e repudiada por todolos seus compañeiros ainda segue ahí defendida ata a saciedade polos seus xefes-colaboradores-padriños??.
Tanto "amor-pena-cariño" pode dar esa GRUMIRA que por moito que digan os mandatarios do concello e de Perdisión Sivil que hay que darlle un voto de confianza,que a rapaza ten unha filla e que nos temos que apiadar dela e todas esas chorradas que os seus compañeiros e subalternos (non sabedes que ela organizaba todo o tema dos Socorreros e do Grumir o seu antoxo "asesorada e respaldada" por certos Mandatarios tipo capitulo dos Soprano?).
Asique eu lle pido a esta "señorita" que sexa moi humilde a partir de agora, que pida perdón a quen ten que pedilo e que os seus "padriños" non a defendan tanto cando saben de sobra a clase de "tipiña" que é..

 
Às 1:03 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ostia: E é A Consellería de Pesca a que da subvencións para o Museo da Salga¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡. Pero este non era o feudo do ínclito concelleiro da súa cultura ???????????????? E, ademais a xestion foi do alcalde... ¡¡¡¡Que se vaia pa Vijo dunha ves ¡¡¡¡¡ Menudo bluf este nacionalista de altos vos.

 
Às 4:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non ó, se quen tiña que solucionar esto era a Consellería do Medio Rural (como se facia nos gobernos peperos) xa que son do mesmo partido !!!
Mada carallo, agora resulta que se a Conselleria de Pesca subvenciona unha actividade relacionada co mar e porque o alcalde e un fenómeno e aqui sobra o concelleiro de cultura !!!. Probablemente, neste concello sobren moit@s concelleir@s, escomenzando polos do PSOE pero pareceme que deberamos de actuar cun pouco mais de criterio a hora de valorar o traballo de xente que ainda vivindo en outras localidades fora de Ogrobe (que non en Vigo) fan aqui o seu traballo - criticable por outra banda - pero que son quen de traer a Ogrobe eventos de calidade.

 
Às 6:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

non é por nada, senón por saber, pero a ver se es capas de contarnos algún "evento de calidade" que trouxera este concellal... e non me fales do ciclo de cine da Consellería. refírome a algo que valga a pena, eso, que sea un "evento de calidade", porque para cultura popular xa tiñamos a do PP. E falando do PP quérovos lembrar que o do Museo da Salga é do PP

 
Às 4:01 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Para calidade a actuación de Panorama hoxe no Corgo.
Gracias Emgroves por traernos este espectáculo.

Antón, vai aprendendo, que falta faiche e moita.

 
Às 2:52 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

PANAIDE DIXIT:
É eu que pensaba que o Museo da Salga era dos habitantes do pobo?..Agora enterome de que é do PP?..
Manda carallo..así vos vai PePeronistas de pau..Seguides a pensar que todo é voso..Agora me explico porque ven o voso "Santa Santorum Louzán" tanto ó "voso" pobo.."Para ver si sus tierras siguen pagando el diezmo y sus hidalgos mantienen el poder"..
Que equivocados estades..Nin este pobo é voso nin vamos a calar cada vez que digades unha tontería tal..
Saudos..

 
Às 10:33 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pero eso foi unha obra do PP, e, ademáis, xa deixou planificada a ampliación

 
Às 1:42 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

PANAIDE DIXIT:
Pero eso é como dicir que o Pabellón é de Fulano, o Concello de Sitrano, a casa do Mar de Mengano, etc..
O que hay no pobo é do pobo e quen vota o gobernante de turno é o pobo, o de querer adxudicarse logros por facer tal e cual cousa sondes vos,pero lembrade que se vota a un ou a outro politicucho para eso, para que fagan cousas por e para o pobo...Non para ir de visita-cuchipanda "turística" cos catro remoras dicindo "Vés..Eso lo hice yo".

Punto pelota...

 
Às 3:35 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

A min dime o que queiras, pero é unha obra do PP. Agora haberá que ver qué fai o bng porque hasta agora, na de na

 
Às 8:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

PANAIDE DIXIT:
Que equivocadiños estades os do PePeloteo..Sempre coa mesma cantarexa de.."Yo hice y tu que hiciste?"..
Mentras no noso concello non se faga un Pabellón de Deportes, unha piscina municipal, un auditorio e un centro de saude como hay que facer..eu seguirei criticando a todolos partidos que pasen polo sillón..
Xa sexan BNG´s, PP´s, EU´s ,PSOE´s ou PG´s..
Non ser tan fanaticuchos e mirade que durante tantos anos sempre nos faltou todo o que antes enumerei no noso pobo..E lembro que VÓS, os do partido de PrePotentes estivechedes unha chea de anos para facer que?..¿!¿!¿O Museo da Salga?!?!?!?..
Pois si eso vos fai durmir mellor alá vos, pero eu sigo sin ver esa obra faraónica que acabou cos problemas do Pobo..

"Cuando veas a tu vecino la barba cortar.."
Caladiños estariades mellor sinvergonzas..

 
Às 9:40 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Vale tío. Pues vale, ya ves que el PP sólo hizo lo de la Salazón. pero el BNG nada. Absolutamente nada. Oye: Y al menos el concejal de Cultura del PP es un tío simpático donde los haya. Pero el actual...

 
Às 11:33 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

PANAIDE DIXIT:

Estou minimamente dacordo en que Antón Mascato non é precisamente o rei da comedia, ten moito xenio e a veces peca de "cajar de alto", pero que me digas que o Meis é "un tio majete"...Apaga e vamonos
Pois nada, a partir dagora xa sabedes futuros concelleiros de este "voso" concello..Sesións de Monologos en "Menta y Chocolate" e a vivir de rentas que facer non facedes nada pero contades uns chistes de mexarse enriba...

"Manda Huevos..."...

Un saudiño..

 
Às 2:41 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

O concejal de cultura non era Meis. E desde logo calquera dos anteriores concejales de cultura desde que comenzou a democracia eran moito mais intelixentes, cultos e honrados que antón mascato.
eu non sei que fixo porque en ano e medio non se moveu nada de nada.
Cajar de alto si que caja e crese superior pero é un pobre ignorante

 
Às 11:29 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

PANAIDE DIXIT:

Entón mira ti si era "bó" o anterior concelleiro de Cultura que nin do seu nome me lembro...
Volvo a dicir que no de Antón Mascato coincido minimamente neso de que lle fallan as formas pero dicir que non fixo nada de nada...

Vos seguide votando balóns fora e traendo a "Condes de Louzán" de tapadillo para a foto dos rémoras que seguro que para as próximas eleccións gañades..(Lease esto último con ironía).
Por certo..A ver cando Flanders predica co exemplo e se conxela o soldo de Xerente..Que predicar no deserto cando sobra auga dos bombeiros é moi fácil ;)..
Sentidiño e moita modestia é o que fai falla cos politicuchos deste "voso" Pobo...

 
Às 8:19 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pois Panaide dese xeito tamén mostras que che preocupaba tanto a cultura que non sabes o que se facía.
O que vive de rentas é Mascato pois o único que fai e seguir co Certame de habaneras para poder encher o Mariño unha vez ao ano
Os seus propios compañeiros de goberno votáronno do acto da entrega das centolas de Ouro
E os da memoria histórica votáronno das xornadas.
Así que ahora xa non pode facer nin actos de memoria histórica
Aínda é bo que "sempre lle queda Portujal"
E vos o único que sabedes facer e metervos con Louzán e cos do PP.
Sondes uns sectarios que non respectades a opinión dos demais

 
Às 2:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

PANAIDE DIXIT:

Aquí ós únicos que demostrades ser sectarios sodes vós..Eu critico a PrePotencia que tendes vós , porque vós sodes os que vos vanagloriades do que sabedes facer, do que fixechedes ou do que credes que fixechedes e votando a culpa de todo o mal facer ó resto dos partidos políticos..
Volvo a recalcar que si non me lembro quen levaba Cultura na vosa "era de Ouro" do goberno, igual é porque moito moito non se fixo ;)
E ó contrario que vos, eu sí critico a Mascato..Xa dixen que o seu caracter lle pode e que seguramente non durará moito no cargo, e ó contrario que vós..eu si vexo que as cousas se fan mal digoo..Como xa dixen unha vez..Dame igual que sexa do BNG ,de EU, de PG, do PP ou do PSOE..
Hay que deixar de ser tan fanaticuchos e e ter capacidade de autocrítica..e eso vai por vós amigos PePianos..nunca vin un comentario de algún "simpatizante-fanatico-pelota" do PP criticando a xestión do "seu partido"..

Cousa que si que vin de outros simpatizantes dos outros partidos..
Mais humildade e menos PrePotencia é o que vos fai falta se algún día tedes pensado volver a gobernar..porque xa volo adianto eu..Como sigades con esas ideas e esas maneiras ides tardar moitisimos anos en volver a tocar o sillon ainda que sexa para pasarlle o bruso e limpalo ;)

Un saudo cordial...

 
Às 10:35 da manhã , Blogger Adycto disse...

Levas moito tempo sen escribir nada e, esto da blogosfera, non vale deixalo sen máis. ánimo e escribe algo novo que gusto moito de leer xarabal. Unha forte aperta

 
Às 3:40 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Levo un par de meses sin pasar por o Grove, espero que co conto da crisis non vos quitaran hastas as bombillas nas rúas... como aquí. Un saúdo e agardamoste pronto.

 
Às 3:38 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Bo ano 2009 Xarabal

 
Às 6:47 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Vaia xeito de vender fume a consellería do señor Blanco. Resulta que a semana pasada sae a noticia bomba da consellería. Van subvencionar o cambio de xanelas nas vivendas que así o desexen... Resulta que leendo con atención vexo que o orzamento é de 500000 €, vamos como moito 500 casas. De risa. Propaganda barata e da mala.

 
Às 12:14 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O millor o iluistre Anonimo o que queria e que a conselleria de Blanco (ou sexa, os cidadans galegos), lle pagasemos integramente o cambio de todas as suas ventanas. Unha cousa é que co tema do aforro enerxético a Consellaria de Industria incentive o cambio desas ventanas e axude nunha parte do seu custo e outra moi distinta e que lle teña que pagar todo o choio.
De todolos xeitos, veremos no seu dia se se agotou toda a partida e se asi fora se a propia Consellaría non aumenta o orzamento a vista das peticións.
Claro que para o Anonimo, o millor era que non se fixera nada

 
Às 12:21 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Mira que me esta a caer ben ese Fernando Blanco a min que hasta ahora viao como un oscuro funcionario. Aparte das axudas que SI SE DERON cando foi das inundacion, agora botoulle un par de pelotas no concurso eolico. E todo eso contra todo o ataque de La Coz de Galicia e o servilismo e boicoteo dos elementos do PSOE con PAchi Vazquez e Torito a cabeza. Vese que aqui se lle dou a linea de flotacion de alguns e a intereses creados de xente que pensaba sacar tallada como na epoca do PP. Por certo, donde estaba La Coz cando o PP entregou baixo corda 4000 Mw.
Agora vai resultar que como Pachi non fixo os seus deberes (extender a Rede Natura) as restantes Consellerias non poden facre nada hasta que el teña a ben decir cales son os novos limites da Rede Natura. E Torito, en vez de chamalo o orde por non facer os deberes ainda o jalea. Vai banda !!!.
Porque todo este personal non amosa as actas das reunions donde o representante da Conselleria de Medio Ambiente fai constar por escrito que nunca participou nun concurso con tanyas garantias para os administrados e un par de reunions mais tarde fai constar tamen por escrito que abandona a comisión por ordenes do seu Conselleiro (si, Pachi o de Medio Ambiente).

 
Às 8:50 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Willingly I accept. In my opinion, it is an interesting question, I will take part in discussion. Together we can come to a right answer. I am assured.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial