14 de junho de 2007

Grazas

Esta mañan levantamonos coa nova de que La Voz de Galicia falaba dos blogs que sobre temática municipal se editan en Ogrobe - Cousas de Ogrobe , Cartas desde Delfos e este que é tamen o voso, Xarabal. Debemos estarlle xa que logo agradecidos, e é unha gran alegría e un motivo de animo para seguir adiante, polo menos para esta vosa servidora, que o traballo destes blogs salga mais ala que da propria rede. Tal e como reza o encabezamento deste blog, intentamos ser un lugar de encontro para tod@s aquel@s que cren na esperanza e que apostan por un pobo mais humano e solidario e o recoñecemento que hoxe nos fai La Voz de Galicia animanos a seguir neste camiño que encetamos, pola nosa banda, van ala xa 5 meses.
Moitas grazas a todos aqueles que nos siguen día a día, cas súas criticas e as súas aportacións, de maneira moi especial a Éscévola, fameneghra, Anton Mascato, Carlos Lema, camipla, conroibo, a lexion de anónimos, etc. etc. e tamen a todos aqueles - a maioria - que nos leen ainda que non participen dos comentarios. Que non se corten e participen, xarabal, somos todos e entre todos podemos - imos - axudar a facer un mundo millor.
Grazas a moit@s anonim@s veciñ@s que me facilitan información que de outra maneira sería imposible que tiveramos coñecemento dela. Grazas por partida dobre porque en moitos casos estiveronse xogando o posto de traballo e nalgun caso, algo mais.
Grazas a meu compañeiro (o "arrexuntado") pola moita pacencia que ten conmigo, polo seu apoio, polas súas apreciacións e a súa mesura, por aturarme.
Grazas por estar ahi, aqui, na rede. Porque xuntos podemos. Grazas e Sempre Avante

9 Comentários:

Às 12:58 da manhã , Blogger Escévola disse...

Moitas a felicidades a todas e todos os que facedes este e os outros blogs pero sobre todo a todos os que nos adicades un ratiño da vosa vida para compartir connosco temas e preocupacións. Moitas grazas a todos os que nos comentades, corrixides ou nos abroncades mediante os vosos comentarios pois é voso e para vos cada un destes espazos que creamos na rede para o debate e a conversa. Por certo eu non me enterei de que saiamos no xornal ate que o lin aquí ( Xarabal como sempre vas un paso por diante jaja). Ah e saudos para o xornalista que nos adicou esas liñas e un pouco de tempo para lernos.

 
Às 8:58 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Non me gustan os anónimos, nin os seudónimos que ocultan a verdadeira identificación das persoas, aínda que non conteñan insultos, gústame saber que estou interpelando na rede a Xesús María González, a Xan Caneda, a Paco Iglesias, a Viki Canoura, a Avelino Ochoa, a Luís Rei, a Carlos Otero, a Xan Lamelas, a Gogue, a Chesqui, ou a calquera outro amigo, ou amiga, por poñer exemplos que sei que son simplemente referencias nominais, sen base real na rede en moitos casos (e que me disculpen por citalos). O único que me gusta dese anonimato é o que agocha aos mantedores, ou mantedoras, dos blogs: Sol, Marina e Escévola.
E gústame porque, elas e el, non procurarn a rendibilidade persoal do seu enorme esforzo, porque como non sabemos quen son, onde encontralos na vida, pois non van poder tirar os réditos do seu bon facer. E grazas tamén á Voz por difundir ese traballo dos tres. Que non nos falten, que hai moito de vento fresco neles, e de exercicio de liberdade de expresión. E se vos parece ben, animarvos a escribir con nome e apelido, que así sabemos con quen falamos e de paso melloramos o estilo e evitamos descalificacións simplistas. Bon vento para todas e para todos.

 
Às 11:42 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Grazas a Xarabal, a Escévola e a Sol por poñer na man de todos a posibilidade de expresar as nosas inquedanzas e opinión; aos intervintes, coñecidos, semicoñecidos e descoñecidos pola súa participación; e grazas tamén a este "Sitio Paresido" -ou, coma puña hai tempo na entrada do pobo, Oh! Grove- por darnos a tod@s tanto xogo á hora de falar, comentar, tentar de arranxar, e incluso botar unhas boas risas por unhas veces e torcer o xesto por outras.
Por certo, hoxe hai 30 anos das primeiras eleicións democráticas, nas que a xente, toda ela, puido por fin dicir o que pensaba e o que desexaba sen censuras, represións nen medos. Penso que tamén é de xustiza agradecer que, tal día coma hoxe, 30 anos despóis, a liberdade de expresión forma parte consolidada da nosa sociedade, coma un elemento máis -cecais un dos máis importantes-, á hora de convivir coma cidadáns plenos en dereitos.

 
Às 2:14 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

De verdade que non merezo as vosas grazas e que teño que vos estar moi agradecido a todos vós (incluso aos anónimos) por mostrarme a outra cara das miñas opinións. O nivel do blog é magnífico e gústame especialmente a ausencia de insultos. Hoxendía para estar verdadeiramente informados hai que ler La Voz (permitídime a lizenza) e blogs como o Xarabal. Noraboa e grazas de todo corazón polas boas palabras que tendes para o noso traballo. Prometo que tamén haberá agradecementos cando esas palabras sexan de crítica constructiva.
Saúdos.

 
Às 4:43 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Sigo moi de perto todo o que por aquí se comenta. Creo que a pluralidade e heteroxeneidade nun marco de convivencia como este,tén que ser o marco referencial da vida diaria, dun sistema democrático no que ninguén debe de sentirlle alleo a participar.
Discrepo do meu amigo Antón Mascato, pois a persoa que poña enriba da mesa unha cuestión, penso que é o de menos, o interesante é a idea que dá lugar ao debate sereo, pacífico e racional, donde a plasmación dos argumentos e as lóxicas razóns e non tan lóxicas,teñen para cadaquén,unha vez analisadas, un determinado valor, e elo sempre se agradece.
Seguide con estas boas feiturías pedagóxicas e non perdades a costume de tentar convencer pola vía da palabra, primeiro paso de chegar aos feitos que fagan posible que outro mundo poida chegue ser mellor. Parabéns!.

 
Às 8:05 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Coincido con Xesús María.

 
Às 7:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu o que penso é que todo isto non é real, porque non se reflexa a opinión ou inquedanzas de todo aquel que accede a estes blogs. Verdade Sol Costas??, ti de censurar e escribir o que che convén sabes ben.......Sempre falan os que máis teñen que rascar, ou é que Fredi Bea é familiar teu, Sol Costas??, porque se forades vos os "cocheritos", xa vos escoitarían fai tempo máis alá do inferno. É unha pena que se deixen pasar por alto cousas importantes que suceden no pobo, como é a situación de acoso que están pasando as mulleres da fábrica ISABEL DE GALICIA, insultos, dos compañeiros/as, vexacións, etc, ou é qeu ti Marina eres tamén das "non fixas discontinuas de Jaravilla"???. Ou que ineptos con escasa preparación como o home da Chacarela fajan declarasións nun periódico de tirada provincial no seu apartado "o Jrove quinse", sentindose menos "cocherito" que nadie. Nadie di nada ó respecto, estades máis preocupados das tonterías que mellor vos poñen ó sol, que máis quenta, claro.

 
Às 7:51 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eiquí non hai liberdade de expresión, hai novas formas de propiedade intelectual donde opinan 4 personaxes. Podedevos sentir orjullosos.

 
Às 8:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Manda carallo na Habana. E logo, a ti prohibironche falar nada ??. E que acaso non estás expresando a túa particular opinión. ??

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial