13 de junho de 2007

Sentidiño

Lemos na prensa de hoxe (cando falo de prensa, no caso de tratarse de Ogrobe, estou a referirme a periódicos ou radios cun minimo de credibilidade profesional, non a panexíricos nin a panfletos escritos o dictado) que por fin parece ser que xa hai acordo para que o PSOE,BNG,PG e EU teñan a responsabilidade de gobernar Ogrobe a partires do dia 16.
Polo que estuvemos lendo e escoitando estos días, o parto parece ser que non foi cousa fácil e esta servidora ten que recoñecer publicamente - e asi o manifestei - que non daba un peso por el. O final, parece ser que na decision do PG, que era a chave para acadar esa maioría absoluta, pesaron mais as promesas da Xunta de Galicia que as do Rabizo, e que o candidato do PG deberonlle de parecer máis serios os argumentos das 3 forzas de esquerda que os que lle pudo amosar Cachuli. Ou que pensou tamen na que pode vir nos proximos meses como consecuencia das investigacions que ten en marcha a Brigada de Delictos Urbanisticos e non queria que o collera ese touro ..... ou en todas elas xuntas, ide vos a saber.
O certo é que os intentos e presions públicos e privados que me imaxino tivo de soportar Fredi Bea (o ultimo deles por medio dun artigo publicado onte que, coñecendo quen o escribe, o menos que da a sua lectura, son nauseas), tiveron que ser tremendos. Dende entornos de supostos amigos, ate me imaxino, o entorno familiar, pasando por unha rebaixa considerable do que podria cobrar nun ou noutro sitio non foron quen de facerlle cambiar de opinion. Unha quixera seguir pensando (de verdade que o creo) que nesta decisión non pesaría para nada ningún tipo de favor persoal/profesional para ningun compañeiro de candidatura. Mais que nada, polo que diran.
Outros que tamen tiveron que aguntar do lindo nesta ocasion, ainda que estos xa deben de estar curados destas batallas (ou como di meu compañeiro "xa temos caio" son os do BNG. Teño que dicer que en algun momento pensei que non os querian no goberno, pois a vista das Delegacions que lle daban, mais ben parecía que lle estaban decindo que non aceptaran. Dicideme sinon, se non é para escapar, que, coa que está caindo, che dean a concellaría de Urbanismo, ou a de Comercio, que leva consigo o Mercado e co conflito latente das regateiras e a Confraría (¿pero non é o Patron Maior o padriño intelectual e politico do alcalde ?, a que xogan esos ). Pese a todo, e nun exercicio de responsabilidade e - de ser certa a noticia - de intelixencia politica, parece ser que a Asemblea Local do BNG apoiou os seus concelleiros para seguir adiante con este goberno. Dicia un comentario neste blog fai uns dias (penso que antes da Asamblea do BNG o martes) que se o BNG rexeitaba a entrar no goberno, seria un suicidio politico. Do pouco que coñezo a esa organización - meu compañeiro e militante - sei de boa tinta que esa apreciación non pesa para nada nas valoracions do BNG . A vista está que cando o BNG se tivo que pronunciar pola capitalidade de Galiza, os concelleiros de A Coruña defenderon publicamente a necesidade de que fora Santiago de Compostela, ou mais perto, a infranqueable oposición a celulosa de ENCE dende o goberno local do BNG de Pontevedra, so por citar dous casos significativos. A bon seguro, que na decision da Asemblea do BNG pesou bastante mais a oportunidade historica que se presenta para o pobo de Ogrobe de cambiar as cousas, de facer un pobo millor, mais habitable, lonxe da especulacion, do amiguismo, do enchufismo e do despotismo, en definitva, un pobo mais saludable.
Os cantos de serea de alguns xuntaletras mintireiros, os agoreiros das sete plagas, os inquisidores de baixa estrofa, os aprendices de entrenadores metidos a aprendices de bruxo, en definitiva os derrotados, non poderán acabar ca ilusion que 3647 cidadans depositaron co seu voto nas catro candidaturas asinantes do acordo. Magoa pensar que a cortedade de miras de alguns, o infantilismo politico e os problemas de orde persoal, que nunca deben sair da esfera privada, impediran que este acordo se completara totalmente ca incorporacion da Alternativa Meca pois sigo pensando que os postulados defendidos por esta organizacion estan mais perto do goberno catripartito que do PP. As forzas do próximo goberno non deberan escatimar esforzos para xuntar mais cidadans arredor deste proxecto ilusionante. Como decia aquel lema da Fronte Sandinista "Implacables en el combate, generosos en la victoria". Pois eso.

35 Comentários:

Às 12:04 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Cita da pax web do BNG-Ogrobe

"Carlos Álvarez reclacou a necesidade de creación de documentos urbanisticos pero tamén da necesidade dun governo que faga cumprir a todos por igual as leis."
Queda todo dito....

 
Às 12:18 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Moy ben, pero ¿que pasa? solo BNG e o unico que fai as cousas, con mais SENTIDIÑO responsabilidade, mellor, pensando no pobo, nos ciudadans, etc,etc, e etc.
De verdade nos santos non creredes, pero dende logo , os altares si que vos subides.
Estades cheos de imperfecions (para min claro) como os demaís, (e con esto que se me entenda, non quero decir que todos os partidos sexan iguales). Pero calquera volo di.Ese e o problema, apenas escoitades, si puserades un poiquichiño a orella a espabilar, o mellor conseguiades mais sinpatizantes.Pero pode ser que pensedes que xa vos chega cos que tendes.Pois ben, como di esta muller chamada MARINA con un compañeiro militante do BNG Adiante e con SENTIDIÑO

 
Às 1:04 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Unha sola puntualizacion o comentario do anonimo das 12:18
EU con un concelleiro (que vai estar durante a semana en Vigo)= 2 concellarias.
O PG cun concelleiro = 3 concellarias
PSOE con 4 concelleiros = 7 concellarias e a alcaldia
BNG con 3 concelleiros = 4 concellarias.
Penso que sobran os comentarios. Imperfeccions, seguro que temos a hostia delas, santos, para nada, pero o que naide nos pode negar e o traballo, a entrega e a coherencia. Agora, podes pensar e decir o que che veña en gana

 
Às 3:47 da manhã , Blogger Escévola disse...

Home digo eu que se alguén sae perxudicado no pacto ese é o BNG. Con tres concelleiros vai ter unha área máis que o PG, ademáis deixanlle as que máis problemas poden dar no futuro e ainda por enriba din que o reparto foi moi xeneroso, sen dúbida, pero para os demais. Tamén hai que dicir que o BNG parece que ten que sacrificar os seus intereses lexítimos para facilitar un goberno mentres que os demais poden pedir a lúa. Xa me parece que o BNG ten unha postura xenerosa de máis para que tamén lle esixamos que firme calquera cousa e non reclame unha cota de poder que as urnas lle deron. Eu non digo que sexan santos pero si son os únicos que, como se di no artigo, son capaces de manter postura ainda que esta sexa impopular. Hai moitos exemplos: foi o único que se opuxo a creación de tres universidades que agora se demostrou que en moitos casos se solapan ( historia na USC e en Vigo, cando nesta última so hai 4 alumnos por curso) e xeran un malgasto de recursos, o mesmo cos aeroportos e os xa citados no artigo. Esto pode parecer unha tontería pero non vin eu que cando lle fan perder votos as demais forzas políticas manteñan a coherencia. Ademais teño que recordar que xunto con ERC é o único partido asambleario no estado, coa conseguinte democracia interna. Está claro que ten as súas imperfeccións pero a verdade é que na nosa vila non abundan as opcións coherentes. Non quero facer un panexírico pero tamén me parece que a caña sempre a reciben os mesmos cando eu non vexo que a merezan.

 
Às 4:20 da manhã , Blogger Escévola disse...

Ao Zola ese que escribe no panfleto ese de Vigo xa lle adico un artigo no blog porque senón en vez dun comentario escribo un testamento. A ver que vos parece.

 
Às 9:26 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Tuven acceso a unha gravación en MP3 realizada onte día 13 de xuño, ao mediodía, nunha tapería de Vilagarcía, moi próxima ao mercado, e acompañada dunha secuencia de video gravado cun teléfono móbil, bendita tecnoloxía ao alcance de calquera, na que un destacado dirixente do Partido Galeguista, do Grove, con estética bítel pasada de moda e gafas llonlénon, despotrica contra o Bloque do Grove con frases como "eu xa lle dixen que mande aos do Bloque a tomar polo cú... que seguramente nos pasamos bastante co que pedimos nas anteriores, pero desta vez quedámonos cortos, debiamos pedir moito máis, e este papán entraba polo aro..." Preocupado polas consecuencias que a investigación da Brigada de Delitos Urbanísticos poden ter sobre as Urbanizacións de Raeiros (xa son coñecidas as fotos co cartel de Obra financiada por el Banco Gallego) o elemento este dí "e que se jodan que en todo San Vicente perderon votos e eso que levaban a dúas persoas dalí na lista... xa ves para que lles valeu o que fixeron co Aparthotel de Balea..." Acompañado dun elemento calvo e de bigotiño, eufórico porque ese mesmo día o Falo de Méndez lle daba cobertura aos seus ataques ao Bloque, falando a título peronal, non como dirixente político, xa que este chaquetero é único na camuflaxe, agora son vicesecretario do Partido Galeguista, agora non, agora son o hortera supino que lle move os fíos ao pupilo. Viralatas profesional, bancario oculto. Xa o dixo don Avelino Pousa Antelo, dirixíndose a Francisco López, Chesqui, traidores, aproveitados e sinvergonzas, eso é o que lle quedou a aquelas siglas históricas que ensucian cada día. Na Coruña, en Sanxenxo, no Grove.
Quen gravou igual nos fai o gran favor de colgar o tema na rede, para que este sátrapa quede co cú ao aire, para sempre.

 
Às 9:36 da manhã , Blogger xarabal disse...

Si o queredes colgar, pasadeo
xarabal@gmail.com

 
Às 9:50 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Aída e polo tanto A Meca están só próximos aos seus interesen, entre os que se topa a súa vinganza persoal contra o PSOE

 
Às 11:04 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

qUE MARAVILLA, Fredi xa é bóa persóa. E de esquerdas. E dos nosos.... de verdade que algúns dos que facedes comentarios dades pena. Facedes comentarios sectarios según vos vaia no voso (licito) interés. menos analisis e mais autocrítica!!

 
Às 11:12 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

OUtra cousa, arrexuntado de Marina fai unha analisis do reparto dsa concellalias. Tan malos negociantes son os do BNG? Son tan vos os do PG? Spn tan vos os do pSOE? Está claro que no goberno fai falla xestión é habilidades para negociar. Visto o visto Fredi quedase corto... ¡¡fan falla mais galeguistas nese goberno!!
Deu

 
Às 11:58 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Compañeira Marina, tamén podemos falar de REGANOSA e eu dese tema sei moito e das purgas stalinianas, así nos foi en O
Ferrol.
Máis análises pero tamén máis autocrítica, sen elo é imposible corrixir os erros que se cometeron e comenten; ben sei que no BNG nunca é o momento, sí o de pasar eternamente páxina.

 
Às 12:02 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Perfectos non somos. Sufrir sufrimos coma campeóns. Fechar non nos fechamos como demostran as candidaturas que cada catro anos se presentan ao Concello. ¿Debemos borrar os currúculums dos nosos militantes para non ofender sensibilidades?.
¿De verdade ten algo de estraño que pidamos que a Concellerías de Urbanismo e as de Vivenda e Solo teñan a mesma estructura no Concello de Ogrobe que na Xunta de Galiza? ¿Non vai ser o governo galego o principal interlocutor e financiador de esta concellería ou concellerías?
Claro que si. ¡Que pacencia temos! ¡Canto aguantamos e que consecuentes somos!

Ao mellor queríades que as durísimas autocríticas que nos facemos nas nosas asembleas as publicásemos aquí... O de algúns ou algunhas non é morbo, é anonimato de confundidor aproveitado.

 
Às 12:04 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ten razon meu fillo cando di "Pau se bojo, pau se non bojo". Se tensan a corda, os do BNG son uns intransixentes e non queren un goberno de progreso, e si non a tensan, son parvos. Xa me estan empesando a cair ben.

 
Às 12:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

ui ui ui.... que mal sientan las críticas. No teneis la verdad absoluta!!

 
Às 1:19 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O Benegá ten moitos defectos, xa o creo, ten eivas e dificultades de moi diversa índole. Demasiadas veces, despois de falalo dentro nas asembleas, e decidirmos levar adiante unha determinada acción política, cremos tanto nela que non sabemos explicarlla á xente. Somos malos comunicando, facéndonos entender, dígoo porque así o creo. Pero tamén temos algunhas virtudes, e creo que unha das principais é a coherencia, a consecuencia, co que pensamos. Non andamos a tumbos ideolóxicos. Cando hai anos decidimos non entrar no goberno presidido por Antonio Galiñanes, ao que sí apoiamos na investidura, fixémolo e aturamos ata a fin dese mandato coas consecuencias. Ninguén con cabeza política pode acusarnos do resultado, da febleza, daquel goberno. E agora decidimos, tamén en Asemblea, e con voces contrarias e críticas, entrar no goberno que vai presidir José Antonio Cacabelos; e farémolo tal e como nolo ordenou a nosa militancia, sen asumirmos a concellería de Urbanismos porque tal e como defendemos durante todo o proceso negociador non é unha concellería delegable, por lei é competencia da Alcaldía. Durante os días nos que nos reunimos para avanzar nese acordo, que parece ter ramatado, mantivemos con nítida claridade un criterio de negociación por fases: primeiro estudar se eramos capaces de entendernos e soportarnos; despois analisar as prioridades e confluencias programáticas; logo deixar ben definidas as áreas de traballo de cada concellería e finalmente adxudicar as responsabilidades. En contra doutras opinións que pretendían camiñar polo proceso inverso dende o reparto de responsabilidades.
Nunha negociación de catro forzas, con varias persoas representando a cada organización non é doado entenderse. Houbo acordos e desacordos, momentos tensos e outros relaxados; tensión e distensión; imposicións e concesións; en calquera caso todo argumento e estratexia é lexítima cando un senta nunha mesa negociadora. Moitos de nós eramos conscientes de que entre a xente do Grove había moita expectación, e que se falaba de moitas cousas que eran certas e de moitas que non o eran. Algúns fomos acusados de tensionar máis que de ceder (refírome ao BNG); outros impuxeron a lei do poder que da a chave do candado (refírome ao PG); mentres outros agardaron a que lle deran o que pedían sen entrar en confrontacións (Eu e Psoe). Esa é unha visión subxectiva e parcial do proceso, a miña, que tiven que escoitar de todo sobre a nosa actitude nesa mesa de negociación. Seguro que non compartida polos demáis. Díxeno antes e repítoo agora. Chegouse a un acordo que será escrupulosamente respeitado polos tres concelleiros do Benegá, porque como dixo o Che Guevara, "a bravura necesaria no combate non pode estragar a tenrura da paz; porque arrincar algunhas flores non impide que volva cada ano a primavera..." Eso é unha mesa de negociación, un paso adiante e outro atrás, unha tensión á que sucede a distensión, e nela só sobra unha actitude a do que non quere chegar a acordos. Non era o caso, desta vez, por eso temos ese acordo para catro anos, que nós, o Benegá cumpriremos coa mesma intensidade, rigurosidade e implicación coa que traballamos para que fose posible.

 
Às 1:21 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

E serto queste joberno estará cheo de xente nova, TITULADA, e JASP. Pero tamén e certo que BNG nos está dando imaxen de que non queren participar por que eles non son "alacalde". ¿ou non? Encheronse non mitines disindo que ivan formar grupo de projeso si fasia falta pero pensando para si mismos que oBNJ sería alacalde. E pasaron a campaña falando mal dos "impuros" jalejistas e de Cacablos e ahora saleulle o tiro pola culata, non están pola labor. Os do PSOE tamén desian que ivan a un jrupo de projeso o ijual que EU. E o PG que querian un goberno amplio.
E tamén queren turismo. Desideme si eso é non querer reventar o pacto.
tedeo claro, cada un vai a tocar poder e os do bnJ non son santos, o ijual que os demais, na misma medida.
me supoño que a os jalejistas o PP lles debeu ofrecer moitísimo, calquer tipo de prevenda, e di moito de Fredi que rexeite esas tentasións e aposten por un grupo de progreso. Cando menos certa honrrades.

 
Às 2:03 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Hai moita desconfianza entre os catro grupos do tripartito, e iso vai ser un problema gordo á hora de gobernar.

 
Às 2:10 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Baixo o meu ponto de vista o proceso negociador (por parte dalgúns) está a ser lamentábel xa que semella que se fai a través dos meios de comunicación, cando a única nova que debería sair é a da solución final, exista ou non exista acordo. Desta forma o único que se consigue e crear friccións absurdas, presións inxustas e inimigos irreais.
Até donde eu sei o xoves pasado aprovouse un preacordo que debería ser refrendado posteriormente polas asembleas dos catro partidos implicados, máis resulta moi significativo que antes de celebrarse algunhas destas asembleas certos VIDENTES se adicaran a intoxicar a opinión pública anunciando cal era a posición dalgún destes partidos.

 
Às 2:22 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

aquiles onde tes o teu talón, na cabesa? se falas de catro forsas será un cuatripartito...

 
Às 2:22 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

É que o que pasa é que sempre hai algún disposto a soltar mendeces (ai, non, perdón, dise "memeces") para desvirtuar a información, encher a cachola da xente de fume e de ideas falsas, co fin último e único de reventa-lo proceso e descaradamente varrer cara a casa dos Simpsons.
Como ben di o anterior intervinte, os membros do cuatripartito deberon ter a boquiña pechada antes de chegar a algo definitivo nas negociacións. Esperemos que xa governando sepan falar e calar o que se deba en cada intre, polo ben deles, do concello e de todo o pobo. Para oir mendeces sobran memos que as digan.

 
Às 2:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ó das esqueradas! falas de Lameliñas, supoño porque ajora é o novo chichi de méndes ao que infla de rejalos e conto, coma antes con pichabrava, que ajora xa non o quere

 
Às 3:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ós do BNJ. Se querédela carne tamén haberá que roelos juesos. ¿ou non?. Un saudo a tod@s, cabesa e sorte. Pensade que o listón do último mandato é tan baixo, que a pouco que vos esforsedes a xente recoñeserávolo.

 
Às 4:05 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Para o arrenxutado de marina,o AGORA meu amigo sobra, eu penso LIBREMENTE casi sempre, non me tes que dar ti permiso, o igual que eu non yo teño que dar a ninguen.Eso si , coidome moito de que a miña opinión non insulte, nin coaccione a naide, ofender xa non sei,porque certamente casi xa non esta nas miñas mans.Porque segun o refraneiro Non ofende aquel que quere sinon ó que pode.
Respeto o anónimo das ´9'23, da grabación do MP3 e do animo que lle dou Xarabal ou sea Marina,para colgalo, Para min e de vergoña, pero ¿como se poide chegara a esto? donde esta a defensa da intimidade das persoas, donde nuha conversa particular e intima, non poida expresa o que pensa(sexa ou non conpartido, por outras persoas)pero é a LIBERTADE de esa persona nunha conversa PRIVADA.Esto debese de defender , sin ningunha duvida, porque , me parece a mi , que si seguimos por ese camiño,TODOS E cando digo TODOS e TODOS, podemos se victimas de esa barbarie.
Eu non sei que pretendia escoitar ou atopar o que fill@ eso, pero penso que nesta INQUISICION se nos esta indo a olla.A miña mais enerxica repulsa a estos métodos tan de outros tempos, sento que Marina alente esto.

 
Às 4:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

CHESQUITO ESO PÁSACHE POR BOCAZAS E TRAMPÓN, DE CONVERSA PRIVADA NADA, NUN LOCAL PÚBLICO E CON OSTENTACIÓN CHELESCA, COLLÉRONTE NOUTRA MENTIRA E JÓDESTE POR TONTOCÚ, NON VEÑAS AGORA RECLAMENDO MORAL QUE CHEIRAS A PODRE DE MISA

 
Às 4:22 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Que os apostais a que Besadita agarra la pasta del ayuntamiento como el remero, soys como todos, moveis el culito por la gansa... y encima pijos de izquierdas, puajjj.

 
Às 6:32 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

"Virgencita de mi alma que me quede como estoy" . Nin esta nas miñas mans nin pretendo darlle permiso a naide para falar. Supoño que tampouco terá naide que darma a min para dicer o que penso sin faltarlle o respeto a ninguen. En canto o da privacidade das grabacions, perdone que discrepe desa privacidade cando nas mesmas - presuntamente - se está a manexar (por ser suaves) os intereses dos veciños de Ogrobe , e dicer, tamen dos meus.
De todolos xeitos, queria rematar facendo mencion a aquel refran castelan que di "No las hagas, no las temas".

 
Às 6:49 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O anónimo das 4.05 non pode ser quen se di que é porque se fose o que se pensa que é non tería tantas faltas de ortografía. Porque o que se pensa que é, é intelectual e, polo menos, sabe escribir.

 
Às 6:55 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

A un dos anónimos anteriores, chico, perdoa que me trabuquei entre cuatripartito e tripartito. Anímote a que poñas un nick aos teus comentarios e así veremos tamén cando te equivocas e así nos descojonamos todos. En canto á gravación do MP3 na que sale Chesqui despotricando contra o BNG, é certo, eu tamén escoiteina. De vergonza. Este tipo é escoria.

 
Às 9:07 da tarde , Blogger Escévola disse...

Primeiro darlle as miñas felicitacións a Marina e ao seu arrexuntado por ter congregado no seu blog e facelos partícipes a algúns daqueles que antes só os querían pechar e polo éxito que está a ter con esta súa bitácora. A todos os demais si vos pediría que fagades un esforzo por manter un mínimo de argumentación e educación xa que ultimamente hai moitos comentarios pexorativos e insultos. Respecto da grabación non teño unha opinión moi definida pero o certo é que os grabados distan de ser persoas individuais xa que un é membro da executiva galega do seu partido e cando un pasa a ser personaxe público as súas opinións políticas teñen interese público. O que hai é que ter coidado co que se di en público. De todas maneiras tampouco facía falta que o dixera que xa todos o sabíamos. Ou el non permitiu gobernar ao PP despois de ter despotricado contra el e dimitiu despois para ocupar un alto cargo nunha fundación manexada pola Xunta do PP? Casualidades. E ademais dun home que lixa todos os días xunto cos seus compañeiros unhas siglas históricas que deberían pertencer a todos os galegos, unhas siglas que ampararon a personaxes ilustres da nosa historia da talla de Castelao, Bóveda, Risco, Vilar Ponte... e que por mor delas foron asasinados ou exiliados polos bárbaros, que se pode esperar? Pois eu digo que só cousas como estas e ladronadas similares.

 
Às 9:32 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Anónimo das 1.21: Cóntame outro conto de Alfredo Bea. Ti asumirías o risco de que nas próximas eleccións xerais, nas autonómicas e nas municipais, non desapareza o PP do mapa galego por moitos anos?. ¿ Non é millor e moito máis cómodo apostar e estar co cabalo gañador: Xunta e Goberno Central e acadar a curto prazo réditos?. Non existe magnanidade ningunha na decisión de Alfredo Bea, existe unha estratexia, na que Catelo amarra o que amarra e Chesqui tamén e é a aplicación práctica do pan para hoxe e para mañá pois así se dan as condicións, mentras se se decantaran polo PP, sería pan para hoxe e fame para mañá. Así de sinxela é a cousa.

 
Às 6:06 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Canto rencor se "entrelee" nos comentarios de algúns pro-BNG. Mirade, perdestedes as eleccións o igual que as perdeu o pSOE, EU, PG, Aida e PP. Pero vos ainda mais despois de facer unha campaña tan visionaria de arrasar con todo (dadelle as jrasias o voso candidato pero non é culpa do pobo). E agora fixose un cuatripartito legal e honrroso que eu aplaudo. Do mesmo xeito que o ano pasado gobernou o PP e fai oito tamén, e fai 12 o PSOE...
Que o odio e rencor vos deixen ver os pinos que ahi detras deste pacto,que vos deixen ver a debilidade humán (Cacabelos, Fredi e Carlos si deixan os seus respetivos traballos terán que vivir de algo ¿non?), e que vos deixen ver que moitos de vos, as veces, vos trabucades. E non pasa nada si se recoñece. (alo menos vai ser divertido ver a algúns que ahora xa tocan goberno ver como cambian o seu discurso para xustificar que xa cobran) je,je,je

 
Às 11:19 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Criticades a Chesqui por que fala mal do BNg.... pero si vos o estades o poñedes a parir aquí!! que pasa con vos?? ¿a caso tredes patente de corso para poñer a caldo dos demais que non sexan os vosos??
O problema de chesqui e que o colleron falando mal do BNG (o igual que podedes escoitar a uns e outros poñendo a caldo os demais, e falo dentro do cuatripartito).
Seguro que os que militades dentro de formacións politicas vos afartastedes de escoitar os vosos respetivos lideres mal dos chamados partidos de esquerdas.
Non veñades agora a rasgarvos as vestiduras por que alguén destacado do PG fala mal do BNG. Seguro que os do BNG poñen a caldo a chesqui.
E xa sei que sodes democratas.
O problema de chesqui (si eso e certo) e que o grabaron, pero nada mais.
Deu

 
Às 11:57 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

o problema de chesqui foi que o grabaron e que o colleron na mentira que contou hai catro anos de que el non se vendía e outras lerias... O problema de chesqui é que xa non pode decir que el é compañeiro dos nacionalistas, como galeguista, por que lle amolaron a pose progre cun mptres e un teléfono móvil. E ten que calar a boca porque igual llo poñen todo colgado en internet, para vergonza pública dese siniestro personaje...

 
Às 11:57 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

o problema de chesqui foi que o grabaron e que o colleron na mentira que contou hai catro anos de que el non se vendía e outras lerias... O problema de chesqui é que xa non pode decir que el é compañeiro dos nacionalistas, como galeguista, por que lle amolaron a pose progre cun mptres e un teléfono móvil. E ten que calar a boca porque igual llo poñen todo colgado en internet, para vergonza pública dese siniestro personaje...

 
Às 10:38 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

ESO de que non compremos a o Faro e de coña.
¡¡compremos a Voz que xa som dos nosossss!!!
Alcohol alcohol alcohol...........

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial