19 de junho de 2007

Malos tempos para a extrema dereita local

Andan estes días moi deprimidos os destacados militantes da extrema dereita local. Son poucos e mal avindos, pero eso non lles impide estar moi encabuxados polos ventos contrarios que soplan no goberno municipal meco. Non lles chegaba que o Fabien Garrido, o fillo de Ramón Garrido, puxera unha e outra vez a Memoria do seu pai colgada na rede, perseguido por unha Xustiza que non é imparcial; e que os da Memoria Histórica se emperrenchen, unha e outra vez, en lembarnos os crimes que os antigos dirixentes falanxistas cometeron con veciños e veciñas de Ogrobe, que agora vense noutra que nunca tal pensaron. Vexamos o que queda daquela Fuerza Nueva de Blas Piñar: un notorio chamado Tipejo Callatetú, que mostraba a súa afección ás armas nos días do Golpe; e o fillo dun construtor local, máis preocupado en insultar a todo quisqui que na propia política, na que se mete só porque o vinagre férvelle na cabeza, e non ten outra cova na que agomitar. E pola outra banda da banda queda un descojonante personajillo que estes días nos daba a todos e a todas unhas leccións de democracia escritas con Fujas. Hai que amolarse con estes elementos. Este último, na súa vertente de escribidor e pretendida concencia crítica de Fredi Bea, podía contarlle tamén que lle pasou e que lle fixeron ao seu avó aquel terrible día de maio de 1948 . E arrea contra a unión dos votos da esquerda e do PG, chegando a dubidar da súa lexitimidade para gobernar, que a Virxe do Carme nos colla confesadas, xa que dende que el se ocupa dela, anda a probe anoréxica de milagriños, será "porque la Cofradía non nos axuda pa las fiestas". Non vos lembrades de cando o 23 de Febreiro do ano de Tejero, se presentou no cuartel para poñerse ás ordes dos funcionarios verderolos; ou cando se presentou ás eleccións e sacou menos votos que os membros da candidatura? Por eso non lle gusta nada a democracia, e ameaza con "coidadiño con tocarlle á Cruz dos Caídos, que non nos van coller desarmados". O carballudo publicador de insultos seica ten feita unha lista, con cargos, enderezos, teléfono e lugares de paraxe, dos que se moven no Grove pola banda esquerda e nos traballos da Memoria, para sacala cando estrenen "la camisa nueva". O notorio, Tipejo Callatetú, casado coa que foi "bordadora en rojo ayer", Maruja-Jefa de la Sección Femenina, seica é reincidente en estafas, cun caso anterior en Vigo, e agora encausado por unha (presunta) estafa a unha anciá, como din agora as pijas: es que te es mui fuerte!!, que o fedatario en quen a suciedade deposita a súa máxima confianza resulte máis falso (presuntamente) que Judas vendendo a Cristo sete veces, e dándolle de agasallo á súa nai, se fai falta… “te es mui fuerte, oyes!!!” e todo eso en Ourense, xunto co cura presidente dunha Fundación que fai o milagre de convertir as doazóns de velliñas en miles de millóns atracados (presuntamente), en fin outra boa peza. Máis información na Voz de Galicia . Seguirémoslle a pista a estes tres elementos da nosa sufrida extrema derretida local.

24 Comentários:

Às 11:35 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Por certo: O goberno socialista en Madrid, como unha das primeiras medidas de goberno, xa nos seus primeiros días, acordou sacar do seu sitiio unha estatua de Franco. O monolito dos ´"Caídos" é unha homenaxe sectaria a un bando e un totem da extrema dereita. Estaremos á espera de que o saquen dalí ou empezarán a dicirnos que hai que remodelar, que hai que aprobar as normas, que hai que topar a mellor solución... e pasará o tempo e, de novo, case seguro, nada de nada. Coma se o vira.

 
Às 1:24 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Como non saquen o "manolito" da Fonte do Galo xa, mecajo na mari lus. QUe o leven po cementerio ou para donde queiren, pero que o saquen xa !!

 
Às 3:30 da tarde , Blogger Escévola disse...

A verdade é que xa podían sacar o monolito ese de aí que sen tempo non ven sendo. Creo eu que xa son chegados os tempos de eliminar os símbolos que honran a un rexime dictatorial, criminal e asasino. Non valen excusas como que ten valor histórico xa que a ninguén no seu xuizo se lle ocurriría conservar unha estatua de Hitler. Ainda así non teño confianza no PSOE para isto pois hai que recordar que un dos seus grandes actos pola memoria foi facer desfilar xuntos a un membro da división azul e a un republicano. Os da división azul foron isos que foron a loitar contra o "bolchevismo" baixo as ordes do rexime máis criminal e xenocida da historia, ese que encarna a maldade política absoluta, o nazismo. Así que de xente que considera ao mesmo nivel a un republicano que xente que foi invadir un estado extranxeiro baixo ordes nazis non sei eu moi ben que esperar. Iso si confio que o BNG e EU fagan todo o posible por eliminar semellante monumento.

 
Às 5:35 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Esa pedra é unha vergonza para o pobo do Grove polo que representa. Señores Gobernantes: ¡quítena xa!
Estou seguro que a gran maioría do pobo está en contra de semellante ¿monumento?

 
Às 6:52 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Hai que cumprir o Acordo Plenario que decideu facelo por maioría da representación democrática do noso pobo. Galiñanes non foi quen, espero que Cababelos si o faga, pero ademais xa!.

 
Às 7:54 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Xa empezamos con voltas

 
Às 8:29 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pero será posible!!
Inda non entraron a gobernar e catro resentidos empezan a pedir cousas que non veñen a conto.
Existen cousas MOITÍIIIIISIMO mais importantes en que jastar os cartos, e non en trasladar un petouto que nin é un monumento, nin nada, nin representa a nadie.
Haber si collemos un pouco de sentidiño e deixamos de apoiarnos nos mortos.
A memoria dos fusilados, asesinados, paseados e outras lindezas do antigo réxime, se debe manter viva para non esquecer de onde vimos, e ise petouto mal feito e sin gusto algún -xa que está ahí- vexámolo como "un TEMPO O que non debemos voltar e debemos evitar".
E usémolo de forma didáctica para as novas xeracións de galeg@s.

Mover ese cacho de pedra debe custar uns 1.000 ou 5.000€ (dame igual), de verdade que non temos mellor cousa que facer con ises cartos? De verdade que imos jastar eses cartos en darlle gusto os fascistas? Paga a pena crear crispación e dar argumentos os pro-franquistas?
Que fagan outras cousas e rompan os cornos e solucionar problemas cotiáns que hai moitos.

Deu

 
Às 8:40 da tarde , Blogger Josito disse...

No entiendo lo que está pasando.
Esto me suena a épocas de revanchismo, de "linchamiento hacia aquellos que no piensan igual que yo".

Dejen a los muertos en paz por favor y dejen las cosa como están. Cuando se molesta a los que descansan suelen tener efectos contrarios a los deseados.

Aunque no comparto el texto integro del anterior anónimo, si concuerdo en que existen otras necesidades en El Grove mas importantes.

Buenas tardes.

 
Às 10:36 da tarde , Blogger Adycto disse...

eu non son do Grove pero, sen coñecer o "monumento" en cuestión, si que podo opinar sobre a retirada da simboloxía fascista da Galiza cun argumento ben sinxelo. Imaxínate a esa nai, pai, irmao, primo ou o que ti queiras dunha persoa fusilada, paseada, desaparecida, etc que, todos os días da súa vida, teña que ver pola ventá da súa casa ou polas rúas da súa cidade, un símbolo ou monumento levantado á persoa responsable de que o seu familiar (no grado que sexa) fora ASASINADO. Seguro que ninguén, do bando que sexa, lle gustaría.

Os cartos poden utilizarse de moitos xeitos pero eliminar a simboloxía fascista da nosa terra non é algo "pouco importante".... Iso sí, vaia por diante que non coñezo o "petouto" ese

 
Às 11:15 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non sei vos, pero ver todos os días ese "monumento" cansame. Todas as mañans espero o autobus do instituto e teño que ver unha homenaxe a homes que dunha forma ou outra axudaron a que España sufrira unha dictadura de trinta e tantos anos.
Costará cartos, pero esas 4 pedras son unha falta de respeto non só ós familiares das víctimas, senón a calquera que sufriu a represión franquista e a calquera que hoxe en día teña dous dedos de frente.
espero que o novo goberno faga desaparecer ese "monumento", e confio especialmente no BNG e en EU.

 
Às 11:22 da tarde , Blogger nen@ disse...

"Esto me suena a épocas de revanchismo, de "linchamiento hacia aquellos que no piensan igual que yo"."

Esto sonache a epoca franquista, josito, que polo visto debes añorar

Eres un ckak, contigo riome por non chorar

 
Às 1:38 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Unha vez vin a un dos que no Grove andan co da Memoria Histórica escribindo nun papel, ao pé da Crús dos Caídos, todos os nomes dos que alí están gravados, e pregunteille qué facía, a súa resposta foi:
"Quero saber quen é cada quen dos que aquí están, porque non son todos iguais, non todos foron fascistas apuntados voluntariamente á Guerra, háinos, pero non son todos. Algúns escaparon ao monte nos primeiros momentos e para salvar a vida presentáronse cando chamaron á súa quinta, como eran roxos foron destinados á primeira fila de guerra e estiveron en Teruel, en Huesca, en Asturias; moitos dos que aquí están son socialistas, coministas, republicanos ou nacionalistas que só intentaban salvar o pelexo; foron morrer querendo salvar a vida. Claro que tamén hai fascistas, voluntarios e xentes que simplemenmte foron carne de canón. Nin os fascistas poden estar contentos deste monumento, nin os de esquerdas poden botar contra el sen respetar moitos nomes que aí figuran... en fin que hai que distinguir entre os nomes, un por un, e o que o símbolo representa: a memoria dos vencedores da guerra de 1936; así foi deseñado, e levantado este adefesio estético".
Así mo contou e así volo conto, sen decir o seu nome, porque non lle preguntei se podía decilo.

 
Às 9:58 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

E ben certo que moitos dos que están inscritos no "manolito" foron carne de cañón, sacados da súa casa en plena xuventude para ir loitar contra os seus proprios irmans. En concreto eu teño un tío carnal que figura incrito nese pedrolo e que con 18 anos foi sacado un día da súa casa e levado o frente. Por outra banda, outro tio figura enterrado en algún lugar de Navarra sen que nunca nos dixeran a familia donde realmente está para poder traelo a Ogrobe. Para min eran exactamente iguais un que o outro e meus familiares tiveron - teñen - que pasar diariamente por diante dese pedrolo que - non nos esquezamos - quixo simbolizar a victoria duns irmáns sobre outros. Penso que por dignidade e por recoñecemento da memoria historica de todos os veciños, esa afrenta non pode seguir estando nin un minuto máis donde está. Se realmente queremos que exista unha verdadeira reconciliación (sobre todo entre os irmans), e hora xa de empezar a poñela en práctica. Por non falar de tres acordos plenarios donde se aprobou sacalo de donde está.

 
Às 10:33 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Compañeiros: Non o van a quitar

 
Às 11:31 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pode estar contentisimo o PP. A este goberno váiselle todo pola boca e será absolutamente continuísta. Nin siquera hai intencións de facer algo, non se anuncia nada, siguen coas mesmas mañas.
Por certo onde anda o noso escribidor favorito que desapreceu daquí?

 
Às 11:42 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Arredemo ainda non levan 3 días e xa lle estamos poñendo chatas a obra. Un pouquiño de por favor !!

 
Às 11:54 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pero home: Se nin siquera anunciaron nada. Se, por suposto, os contratos dos que fala hoxe La Voz, se van a manter, se o alcalde anuncia que vai a favorecer ós barcos clandestinos da familia do seu segundo, se o monolito segue alí, se a Alcaldía é un ir e vir de xente a pedir favores en vez de que acudan ó funcionario correspodente. Como na canción aquela "Todo sigue igual" e, añado eu, porque se sigue coas mismas mañas; se Benavides ainda segue contratado...etc,etc. Outro tema: ¿Alguén sabe qué pasa co CIT e con un burato de máis de 12.000 euros? ¿Alguén pode confirmar se se están a cobrar dietas nduplicadas: do Concello, de empresas, do CIT, pola mesma cousa?
E a todo esto o BNG facendo autooposición...

 
Às 12:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Por certo: e logo de contratistas tamén van a seguir os mesmos. porque amém haberá que revisar os procedementos de adxudicacións...

 
Às 1:00 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Deixadeos traballar. E que se equivoquen. Non poñades pedrs no camiño.

 
Às 1:28 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Revanchismo: Precisamente aqueles que asasinaron, que foron os autores intelectuais das matanzas, os executores, o exercentes do oprobio e das represións máis aberrantes, son os que falan de revanchismo. Non teñen caridade cristián ningunha, aínda queren que algunhas destas persoas sigan nas cunetas sen saber donde, e sen poden ser enterradas dignamente como seres humanos. ¡ Que indignidade vergoñenta!.
A vontade popular débese cumprir, nin máis nin menos, por respecto e xa non falo de legalidade dunha decisión do Concello tomada por maoría, que lle dá toda a lexitimidade.
No que atinxe ao actual goberno, coido que tén que darse un pulso de serenidade, xa haberá tempo para demandar esixencias, incluída a do "manolito".

 
Às 2:08 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Vaia, Conroibo... ¿Agora eres tí o portavoz da vontade popular? ¿Falas en nome de todo o pobo?

 
Às 9:53 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pois eu si que confío neles e creo que van facelo mellor ca o de antes, home non che é nada difícil, pero creo que hai xente moi boa (Mascato, Canoura), xente con madurez e capacidade (Domínguez), xente con gana de triunfar (Cacabelos, Bea, e Lamelas), xente limitada (Besada, Olleros, Noemi). Non está mal ese goberno no que seguramente os máis políticos son os tres primeiros, dúas mulleres (Canoura e Domínguez) e un home (Mascato, con Lamelas si sacude o caset que lle meteron na cabeza).

 
Às 3:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu tamén estou neso: teñen xuventude e ganas e son xente que so ten como obxectivo mellorar a nosa vila. ¡que teñan sorte! ...e a ver se empezan a gobernar

 
Às 1:00 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Nach meiner Meinung sind Sie nicht recht. Es ich kann beweisen. Schreiben Sie mir in PM, wir werden reden. cialis 20mg tadalafil viagra preisliste [url=http//t7-isis.org]viagra kaufen schweiz[/url]

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial