20 de junho de 2007

Memoria Historica

Subimos hoxe o cartaz anunciador da Mesa Redonda que o xoves 21 ás 20 horas terá lugar na Galeria Sargadelos de Pontevedra. Para os que se lle enche a boca todos os dias falando de non remexer no pasado e deixar as cousas como están, agradecerialle que, na medida do posible, leeran os cargos que se lle facían a moita xente. Todos eles foron presos, moitos sofriron desterro e alguns foron fusilados. Por si alguen tiña algunha dúvida, lembrarlle que o seu "delicto" foi permanecer o lado do goberno legalmente constituido. Aquí os rebeldes, traidores, sátrapas e asesiños, adicaronselle rúas, edificios e foron merecedores de prebendas e honores. Asi se escribe a Historia !!!!


5 Comentários:

Às 1:12 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

"Los departamentos de investigación en España, siguen el modelo de hace siglos". Isto o afirmou Ernesto Estrada onte, que é un investigador, Premio Academia Internacional de Química. Unha cousa semellante dixen eu sobre o papel das Universidades Galegas, nos primeiros anos da democracia sobre o papel non revulsivo e un tanto agochado de non remexer no acaído na nosa terra nesa época de escura barbarie, de traer a luz do que realmente pasou, e o dicía deixando á marxe as excepcións individuais que exercían nelas é que ían por libre. Poñía en dúbida o papel da Universidade como Institución Pública neste aspecto.
Algúns "intelectuais", e un local poñía en solfa todo canto eu ía reflexionando. Desexo que desta vez non se metan co investigador amentado. E volvo reiterar o afirmado daquela: 1º). Non houbo fronte de guerra en Galicia. 2º).- Déuse unha guerra sen cuartel, de auténtico exterminio, por parte dos golpistas. 3º).- O maior delicto por parte dos asasinados, fusilados, represaliados o foi estar ao lado dun goberno lexítimo e ser simples militantes de Partidos Políticos e Sindicatos, ninguén desas persoas tiña delictos de sangue.
Se trasladamos eso ao día de hoxe e que te cepillen polo feito de militar nun partido político non tén nome.

 
Às 2:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

xesús maría facédelo moi ben os de ogrobe que andades nesto, hai que fecilitarvos e animarvos a seguir. tedes moita habilidade e facedes un mundo de cousas pero cecais conviria abrirvos un pouco a mais xente a moitos nos gustaria intentar axudar e non sabemos como hai que facer

 
Às 1:39 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Que te fusilen non pero que te menosprecien si é noraml hoxe en día. Hai xente que é insultada, discriminada e acosada tan solo por non esconder as súas ideas políticas. ¿No si?
Se estamos nunha democracia todos temos libertade de pensamento e libertade para expresar as nosas ideas, pero sempre sendo respectuosos cos que teñen outras.
A discriminación tampouco tería que ter o seu sitio nas crenzas políticas e, en troques, é unha das que máis se da.
E tende en conta que a veces unha depresión pode ser igual de mala que un fusilamento cando te leva ao suicidio.
O que hai que ter claro é que ningún de nos somos quen de xulgar aos demais polas súas ideas, sempre e cando as defendan con dignidade e sen facer dano a ninguén.
Eu puiden ser testemuña dos insultos profesados contra militantes de certo partido, simples militantes de base, en plena rúa e non creo que sexa xusto.

 
Às 2:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Primeiramente de corazón: é de agradecer que non fagades chegar esa palabras de ánimo. Tentamos facelo o mellor posible, moitas veces non acadamos os obxectivos propostos ou temos que ir a trancas e barrancas pero como somos humanos os erros tamén teñen cabida na Asociación. Por suposto que desexamos que nos botedes unha man, e neso estamos ampliando a Asociación con novos membros, polo tanto tal é como afirmamos na presentación da mesma a porta está aberta a todas aquelas persoas que teñan algo que dicir, e máis aínda que teñan folgos para traballar, pois a Asociación non está só contemplada para un periodo histórico concreto, senón para remexer, para mergullarse na Historia do noso pobo e dala a coñecer, máis tamén nela as persoas que contribuiron a facela, serán parte dos nosos estudios e das nosas divulgacións, para por en valor o traballo que fixeron. Esa sí é unha firme promesa da Asociación.
No nome da Asociación, obrigado.

 
Às 10:59 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Ay Xesús María, ay!!! se a xente soubese de onde ves.... ¿Xa non estás na asociación?.

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial